narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Florencio Delgado Gurriarán 2022
Este ano o Día das Letras homenaxea a un autor de Valdeorras: Florencio Delgado Gurriarán.



CUESTIONARIO SOBRE a VIDA e A OBRA de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
1- Onde e en que ano naceu?
2- Que é o exilio?
3- Cal foi o motivo do seu exilio? Onde estivo exiliado?
4- Lembra que el é un poeta hilozoista que significa que dá voz á alma da paisaxe, faino coa personificación dos elementos que constitúen a paisaxe. Localiza e explica as personificacións nestes dous exemplos tirados dos versos do seu libro Bebedeira:

O ventiño namorouse
da rosa dunha roseira.
Negoulle a roseira a rosa
e o vento fuxiu con ela.

Casou don Godello
con dona Mencía
e van pór a casa
polo “ val das viñas”



5- Florencio dise que é o cantor de Valdeorras por que? En que libros ten moi presente a paisaxe e a fala desta comarca?

Valdeorras
Miña noiva
Miña terra;
Á beira do Sil deitada,
Para ollar a túa beleza
do mesmo xeito que a “ Venus
do espello”, nel se contempla.


6- Florencio tamén é un poeta civil, das libertades e combativo. O seu libro Cancioneiro da loita galega inicia esta temática, cal foi a causa que provocou este poemario?



7-A nova etapa da vida que inicia en México ten os seus froitos literarios, que libro escribe en 1963 como se reflicte ou se entende a galeguidade nesta obra?

8- Dise que Florencio foi unha ponte entre os galegos que vivían en Galicia e os galegos do exilio ou emigrados. Que ten isto que ver coa revista Vieiros?

9- Co libro Cantarenas escrito en 1981, o autor comeza un regreso a que lugares e a que estilo?

10- Explica o fío condutor do seu derradeiro libro.

11- Que son os prexuízos lingüísticos? Cal é o tema que trata nos seguintes versos?

Volten, de Valdeorras, os nomes xenuinos:
Non máis “Correjanes” nin “vega Molinos”;
sín Veiga Muiños e máis Correxais,
pois xa os “castrapismos” están por demáis

O crego da aldea
do inferno a berrar
pra meterlle medo
ao pobre aldeán
FALA CASTELÁN.

O señoritiño
da vila de Tal,
con vento na testa,
sen calos na man,
FALA CASTELÁN.

12. Florencio morreu en América, en que ano? Como volvería ao pobo natal?

¡Quén, no teu tépedo colo,
pra sempre acougar poidera!
¡quén poidera, cos teus brazos,
cinguirse en eterna apertura!

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 09-05-2022 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
XELA ARIAS (Tríptico limiar)




Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.

Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.

Vencerse é cousa
de se tratar.

DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA



DAS SÚAS CREACIÓNS



"FACENDO CORPO": Curiosear sobre tres facetas de Xela: A súa imaxe, un poema e a súa rebeldía.

- A miña foto preferida de Xela Arias.
- Un poema
- Unha visión da súa vida de rebeldía.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2021 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
RICARDO CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020
1- HOXE venres 15 de maio, a modo de introdución, VISUALIZAMOS ESTE VÍDEO:



2- Visitamos a Exposición: LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO (tardará un pouquiño en descargarse).

3- Lemos a GUÍA DIDÁCTICA DA EXPOSICIÓN e incorporamos ao longo da semana á nosa libreta algunha da actividades que nos propoñen realizar.

4- Estrenamos o Videopoema de 1º ESO A e B do COLEXIO SEI SAN NARCISO: Letras 2020 realizado coa participación voluntario de moitos de vós.(A estrea a partir das 13 horas de hoxe 15 de maio)




A NOSA BIOGRAFÍA
(exercicio feito o mércores pasado)

Ricardo Carvalho Calero un dos grandes polígrafos do século XX. Un polígrafo é unha persoa que escribe sobre diversos temas e/ ou distintos xéneros (poesía, narrativa, teatro, ensaios...

Ricardo Carvalho Calero foi ademais do Partido Galeguista, discípulo de Castelao e da súa xeración de autores que se denominan Xeración Nós porque editaron unha revista coa idea de universalizar Galicia con ese nome. Polas súas ideas será represaliado, é dicir, perseguido e castigado entre outras cousas a non poder exercer de profesor durante o Franquismo.

Ricardo Carvalho Calero é un estudoso da Lingua e como tal é o maior referente do reintegracionismo lingüístico,que defende a aproximación do galego ao seu irmán xemelgo o portugués. Por iso verás que escribía con formas ortográficas coma: lh- Carvalho en lugar de Carballo ou desejo, en vez de desexo.

Por último, Carvalho Calero estableceu o canon de autores literarios, eses escritores e escritoras máis representativos á hora de estudar a Historia da Literatura Galega.




Cuestionario
Despois de ver:Imos elaborar unha pequena biografía sobre autor en base aos seguintes criterios:

- Data de nacemento e de morte.

- Lugares e situacións transcendentais nas distintas etapas da súa vida: Ferrol, Fingoi, Compostela, galeguismo, represión, docencia...

- A súa obra que por forma abarca distintos aspectos: como creador, como lingüista, como crítico literario.

- Debemos procurar ir incluíndo tanto os títulos das súas obras máis relevantes como os logros ou trazos máis destacables da figura homenaxeada.

5- Xogo:NA CASA DE DON RICARDO

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2020 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0