narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECOMENDACIÓNS PARA O FINAL DO CURSO 2019/20
Imos saber que tres recomendacións faremos a falta de folión ou fogueiras comunitarias de San Xoán.

En primeiro lugar, cinco minutiños para cumprir coa tradición nada mellor que ir buscar o cacho de San Xoán, as 7 herbas e as augas de 7 fontes:





En segundo lugar recomendamos escoitar música galega relacionada coa data de San Xoán: Noite de San Xoán, cantiga feita a partir dos versos do autor do himno galego, Eduardo Pondal, que escribiu para esta noite máxica. A segunda sobre os Feitizos:





E como xa estamos entrando no verán, imos recomendar finalmente unha serie de lecturas para este tempo de lecer:

A saga de aventuras do Dragón galego:
DRAGAL escrita por unha xornalista e escritora marinense, Elena Gallego Abad.



A historia de Ith, fillo de Breogán de Silvestre Gómez Xurxo.

E finalmente unha lectura que toca temas como a amizade, a aventura, o misterio e o amor.

O BOSQUE PÁLIDO de Jaureguízar.

Boa lectura e boas vacacións!!

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 18-06-2020 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LENDA HISTÓRICA
Hoxe toca coñecer os amores tráxicos de Floralba e o peregrino no castelo de Sobroso en Ponteareas.


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 17-06-2020 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E CANTOS DE MARÍN
Disque contan os nosos avós que na praia de Mogor hai unha serea (non unha sirena que iso é unha bucina) falamos dun ser máxico co corpo dunha muller, pero con cola de peixe que seica canta moi ben. E un deses avós de Mogor tamén contou que nunha cova da illa agochábase un tesouro dos mouros, disque esa é a Illa de Ons, pero que nos saibamos nesta illa polo menos hai unha cova da moura no Castro e outra furna ou buraco chamado do Inferno:
"Hai un buraco que se tiras unha pedra óese como se estiveras cortando unha árbore. Por terra non se pode ir pero por mar sí, e cando a marea está chea mírase a auga desde enriba”... “En días de temporal óense berros e salaios das almas que ten atrapadas o diaño”... “Un soldado ao achegarse sentiu como se o estiveran empuxando para que caíra e así pasou. Foron varias as expedicións a dentro del, pero non o atoparon. Sospeitase que o soldado estea nun asento de pedra”...

Subamos nun barco con dous do continente a ver que nos contan alí:



E logo xa de volta, como empezabos falando dos cantos das sereas, nunha taberna mariñeira escoitamos un canto mariñeiro que fala de Marín.

En Marín tamén é terra de cantos, consérvanse cantos populares. Podes coñecer a historia dunha cantiga emblemática de Marín no vídeo do seguinte enlace a historia da cantiga do rodaballo:

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 11-06-2020 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
LENDA DE SANTA MARIÑA
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 09-06-2020 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS CREAR A NOSA PROPIA CANTIGA DE MAIO

PARA PARTICIPAR NESTA INICIATIVA:

- Seguiremos as normas do Ateneo SANTA CECILIA os organizadores do Concurso de Maios e Embarcacións de Marín establecen:

- Poden participar todos os nenos e nenas que queiran, ben de maneira individual ou con familiares que convivan na mesma casa, ata os 12 anos de idade inclusive.
- Terán que compoñer unha copla orixinal en galego, do tipo tradicional que non excesa as seis estrofas.


En que consisten estas coplas. Falan de temas de actualidade de diversa índole. Normalmente unha primeira copla é de introdución ou entrada e a final que serve de despedida.

A mellor forma de entender o sentido destas estrofas é ver exemplos ou escoitar un vídeo dos maios doutros anos.

MODELOS OU COPLAS DO MAIO e DE EMBARCACIÓN de MARÍN:

Aquí vén a Bruxa
feita unha centella
por culpa da crise
que acaba con ela.
Tiña catro chicas
metidas nos bancos
levoullas Facenda
e agora anda a saltos.

Xa está todo preparado
vai haber as eleccións
hai que ter moito coidado
que non se metan os chupóns.
E a nosa Bruxa tola
por se acaso anda a mirar
se a collen nunha lista
que tamén quere chupar.


Ela quere ser alcaldesa
cunha maneira nova
vai arranxar os problemas
empregando a súa escoba.
Dique agora no concello
hai que arranxar moitos casos
e se non andan dereitos
vainos mancar a escobazos...

Xa levamos a esta Bruxa
porque se vai presentar
este ano a Eurovisión
e ten moito que ensaiar.
Tende moito coidadiño
señoriños do xurado
porque o ollo desta Bruxa
anda medio revirado.
2011

EMBARCACIÓN
Estas copliñas
que lle vamos a cantar
costou moito traballo
podelas axeitar.

Vímoslle a traer
a nosa embarcación
que todos fixemos
con toda ilusión.

Fumos navegar
con ela pola Ría
pescamos unha lorcha
e unha polmonía.

Colleunos a tormenta
indo pra Mogor
e tivemos que virar
trinta graos a babor.

O vento arreciaba
e tirounos ó mar
a punto estivemos
todos de afogar.

Non quedou nada
da nosa "Chalupa"
nin sequera un anaco
mirando con lupa.

Esta é a suplente
que tivemos que facer
despois de secarnos
e a todo correr.
1973






Maios 2019
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 23-04-2020 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
A MOURA PRETA de Negros (Redondela)


Despois de ver o vídeo resume o seu contido.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 13-04-2020 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
A PENA DA MOURA DE REMESAR


CUESTIÓNS:
1-Despois de ver o vídeo realiza un resumo do mito desta Pena da Moura do lugar de Remesar no concello lugués de Bóveda.
2- Logo procura definir que é unha moura, co que se asocia esta figura?
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 02-04-2020 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o Entroido!
Investiguemos sobre o noso entroido tradicional, u referente internacional por que?

O NOSO ENTROIDO, COMO É?

Unha parada para atender a figura do lobo.

O NOSO ENTERRO DA SARDIÑA


O LÉXICO DO ENTROIDO:





Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 19-02-2020 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRECE LÚAS DO NADAL

A primeira referencia que temos do Nadal hoxe chega a través da publicidade na TV:



Todo isto de seren galegxs mola, de estar orgullosos do noso está moi ben, pero imos máis alá mergullemos nas raíces do Nadal en Galicia:

A nosa tradición oral tamén conserva fórmulas propias de Galicia coas que se entra neste ciclo de Nadal ou do Solsticio de Inverno que podemos denominar das trece lúas.

Estamos a poucos días de que dea comezo o ciclo das trece lúas que van do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, trece noites máxicas para rematar o ano e recibir a figuras tan curiosas como o noso Apalpador.

Para achegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas.

Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:



Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador:



O ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:



1- Por que se chama a este ciclo Nadal, que significa esta palabra?
2- Investiga e explica coas túas palabras a razón de chamarlle tamén o ciclo das trece lúas.
3- Que personaxes aparecen na panxoliña tradicional? Que intención ou conclusión podemos deducir das palabras finais do vilancico?
4- En que consiste o costume do Apalpador? Como o describirías?

Rematamos cunha mensaxe do Apalpador e logo a súa canción:




Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 08-01-2020 07:21
# Ligazón permanente a este artigo
O APALPADOR
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 16-12-2019 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal