narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

APRENDER O VERBO REGULAR

A estrutura do verbo debemos aprendela ben.Cóllenos nunha man:

PERSOAS: 1ª 2ª 3ª e tres formas non personais: Infinitivo, Xerundio e Participio.
NÚMERO: Singular/ Plural

MODOS: Indicativo, Subxuntivo e Imperativo.
TEMPOS: 6 en Indicativo, 3 en Subxuntivo 1 en Imperativo.

VOZ: Activa e Pasiva

COMO APRENDER A CONXUGAR UN VERBO REGULAR:

1º Aprendemos ben o nome dos tempos de cada modo:

-6 para o INDICATIVO:Presente, copretérito, pretérito, antepretérito, futuro e pospretérito.

-3 para o SUBXUNTIVO: Presente, pretérito e futuro.

- 1 para Imperativo: Presente

Logo estudamos cada tempo lendo un cadro coma o que podedes consultar aquí .

A seguir escribimos o verbo de memoria sen mirar a táboa.

Finalmente comprobamos onde fallamos ou dubidamos. Esas formas mal escritas serán as que temos que volver a repasar e escribir ata que nos saia ben.

Para rematar un par de consellos:




Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 27-01-2016 06:12
# Ligazón permanente a este artigo
O VERBO REGULAR EN GALEGO
Estudar os verbos é saber a estrutura da conxugación, é dicir, tempos e modos en cadansúa persoa e tato no singular coma no plural. Memorizala primeiro ben, logo tentar reproducila por escrito e ao escribila unha vez comprobado o que fallamos ou temos dúbidas, iso é o que debemos repasar e aprender ben, ata que non cometamos un só erro ao volver a facelo de memoria non cometamos, nin tan sequera nos tiles ou acentos gráficos tan importantes nos verbos.

Bótalle un ollo aquí.

Outro xeito de conxugar verbos
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 19-01-2016 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Ollo cos pronomicidios!

Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ( cun pronome interrogativo) ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (alguén, algo, todos...) e adverbios ( só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara).

Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 13-01-2015 06:58
# Ligazón permanente a este artigo
VERBOS REGULARES CON ALTERNANCIA

Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 11-12-2014 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0