narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A NOSA ÁRBORE FILOLÓXICA

Observa a árbore xenealóxica da nosa aula. Cal cres que é a razón de semellante perda de galego falantes nos últimos 100 anos?

Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta?

Situacións que influíron no uso do galego:
1900: O galego cumpre 1000 anos de uso.

1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas.

1936- 1976- O FRANQUISMO:Declara oficial exclusivamente o castelán, na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión,a acción dos medios de comunicación en castelán e a desruralización de Galicia contribuíron á perda de falantes de galego de forma drástica.

1980-2019: COA VOLTA DA DEMOCRACIA converte ao galego en idioma cooficial en Galicia, comezan as emisiones da RTVG e a introdución do galego nas escolas.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 08-11-2019 06:24
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA QUE NOS IDENTIFICA
Imos realizar un primeiro traballo de investigación sobre a nosa lingua, esa que nos identifica.
En primeiro lugar traballaremos coa etimoloxía da palabra Galicia e o concepto de palabras milenarias e logo situaremos o galego no contexto das linguas do mundo.
En segundo lugar abordaremos unha pequena investigación sobre a lingua dos nosos avós.
Imos titular esta investigación:

A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE

Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con historia insertos nunha comunidade con pasado imos realizar finalmente unha árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara o galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e porque somos en función do pasado, do que fomos antes"… … a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.”

Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO?

1º Que falaban os meus bisavós paternos entre eles e que lle falaron aos meus avós paternos?/ Que falaban os meus bisavós maternos entre eles e que lle falaron aos meus avós maternos? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde naceron e viviron, que oficio tiveron?

2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pai? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde naceron e viviron, que oficio tiveron?

3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min? Sobre que ano naceron, onde naceron, onde viven, que oficio teñen?

Tras reunir estes datos teremos a posibilidades de analizar cales son as nosas raíces lingüísticas.

A LINGUA QUE NOS IDENTIFICA


Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 21-10-2019 06:39
# Ligazón permanente a este artigo
A ÁRBORE FILOLÓXICA DE 1º ESO B Curso 2018-19

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 09-10-2018 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
RECUPERACIÓNS
1ª AVALIACIÓN: Do libro do 1º trimestre:
Temas 1,2,3,4

LÉXICO: O corpo humano. Derivación e composición de palabras (páxinas 18 e 19/ 39- 59- 79)

GRAMÁTICA: Substantivos e adxectivos (xénero e número) (páxinas 42-43/ 62-63 / 82-83)

ORTOGRAFÍA: O acento diacrítico (páx.81)

LITERATURA:Xénero Narrativo. Tipos de narradores e personaxes.( páxinas 46-47) Espazos e Tempos nun texto narrativo (páx. 66)
Subxéneros narrativos (páx.86-87)

LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do mundo, as linguas románicas (páxina 40-60) e a lusofonía (páx. 94)





2ª AVALIACIÓN: Do libro do 2º trimestre:

O NOME DAS COUSAS: tema 5
A casa e a parasíntese (páx. 106-107)

GRAMÁTICA: temas 5-6-7-8
Os pronomes demostrativos e posesivos, cuantificadores, interrogativos, exclamativos.
Pronome persoal tónico e átono.

Ollo: identificación, colocación, exercicios (te/che, contraccións, subtituir OD e OI por pronomes átonos...) Podedes practicar exercicios nos enlaces do blog.

ORTOGRAFÍA E EXPRESIÓN: signos de puntuación e maiúsculas (temas 5-6-7-8)

A descrición obxectiva e subxectiva.

LITERATURA: O xénero Lírico temas 5-6-7 Medida de versos, ritmo e rima, tipos de estrofas).




3ª AVALIACIÓN: Do libro do 3º trimestre:
Temas 9, 10 , 11 e 12.

LÉXICO: Deportes e Oficios/ sinominia e antonimia(páxinas 194-195 / 214-215)

LINGUA E SOCIEDADE: Os prexuízos lingüísticos 196- 216- 236

ORTOGRAFÍA:Uso do "b", "v", "h" e "c/cc" 197- 217 - 237 - 257

GRAMÁTICA: Ollo volven a entrar PRONOMES (unha pregunta que se pode ver no blog ou no libro nesta ocasión relacionados coa localización de Obxectos Directos e Indirectos na oración).

VERBOS IRREGULARES que nas páxinas do Anexo están conxugados. Explícase a súa estrutura nas páxinas: 198-199/ 218-219.

ADVERBIOS, PREPOSICIÓNS E CONXUNCIóNS: 238-239.

LITERATURA: O xénero dramático o texto teatral e os subxéneros dramáticos: 202-203 / 222-223.

LETRAS GALEGAS 2017: Vida e obra de CARLOS CASARES (Elaboración propia a partir dos apuntamentos da aula e do blog).

Lembrade: Aqueles que aínda non aprobaron a proba de lectura do Plan lector hai que superala para poder sacar o curso.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 10-06-2017 07:28
# Ligazón permanente a este artigo
Micromachismos e macromachismos
O 25 de novembro é o Día contra a Violencia de xénero.

Por que naceu este día?



Un espírito xusto dínos que debemos combater a violencia de xénero, que é habitualmente está presente en telexornais e titulares de prensa cando se fala de centos de mulleres mortas. Estes asasinatos serían os macromachismos, pero estas terribles consecuencias nacen e se van xestando a través dunha suma de micromachismos que diariamente pasan desapercibidos. Por iso imos procurar definir este concepto.

Que é un micromachismo?

Fai unha lista de 5 micromachismos que percibas no teu entorno.

Unha vez identificados, poñamos en común ideas poder para superar entre todos e todas estas situacións inxustas.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 24-11-2016 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
OS NOMES DAS COUSAS: O NOSO CORPO
Lembrando o que estudamos o ano pasado en Primaria imos dar un repaso e ampliar a 50 palabras que debemos coñecer sobre o léxico do noso corpo, a casa dos sentidos. Probemos a facer unha descrición do noso corpo dos pés á cabeza poñéndolle nome a cadansúa parte ata chegar a usar esas 50 palabras no texto.



Podemos ademais xogar e aprender máis con varias propostas que esperan por nós no portal das palabras. Outros espazos para xogar aprendendo na rede e dun xeito interactivo coas distintas partes do corpo en educaplay

Uns exercicios prácticos na rede.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 06-10-2016 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS AVÓS E A NOSA IDENTIDADE
IGUAIS, PERO DIFERENTES.
Como unha especie de ponte cara ao primeiro tema do libro imos falar da identidade, que aínda que é unha palabra cuxo sinónimo é “igualdade”(se es idéntico a alguén, es igual a esa persoa) curiosamente é unha cualidade que nos fai realmente distintos a uns dos outros. Aplicado este termo a unha comunidade estable en relación coa Natureza, ao longo da Historia, nun Territorio, cunha Cultura e unha Lingua propias, fai de nós un país.

Vaiamos ao dicionario: IDENTIDADE: Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal.


LINGUA, HISTORIA E SOCIEDADE.

Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con Historia insertos nunha comunidade con pasado imos reparar na nosa árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara ao galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e por que somos. Somos en función do pasado, do que fomos antes"… … a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.”


NA PROCURA DA ETIMOLOXíA DA PALABRA: GALICIA

Etimos + logos son dúas palabras gregas en orixe. Procurar a orixe verdadeira das palabras é buscar a etimoloxía dunha palabra, indagar de onde procede e cal é o seu significado orixinario.

Imos saber hoxe de onde procede a palabra GALICIA, quen nos puxo este nome, e mesmo coñecer un sufixo moi usado na nosa lingua, tanto que aparece na palabra gal-ego. Visualiza este dous vídeos e logo responde as cuestións:






Cuestións:
1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai da nosa lingua, pero quen é a avoa do galego?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra?
4- Dos sufixos latinos aic /eic = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.

6- "Chover miudiño" e “ás cuncas" ou "a cachón”, "a caldeiro"... Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia" ou de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas das linguas do mundo se falan en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Expresa coas túas palabras como cres que nace un idioma e por que é tan importante a súa pervivencia no mundo.


PROXECTO DE AULA: DA LINGUA DE 1900 ATA HOXE. Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO?.
A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE.
1º Que falaban os meus bisavós entre eles e que lle falaron aos meus avós?
2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pais? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde viviron, que oficio tiveron? Todas estas cousas influiron no idioma que falan.
3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min?
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 03-10-2016 07:03
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA CULTA E POESÍA POPULAR
Agora que se achega o Día das Letras imos comezar a falar da poesía. Imos coñecer as dúas caras da nosa lírica, a poesía popular de tradición oral e a poesía culta ou de autor.

Unha figura clave que unificou ambas nun momento difícil para a nosa historia foi o Padre Sarmiento que despois de percorrer Galicia deu en escribir unha obra "O coloquio dos 24 galegos rústicos ou das 1200 coplas" que serviu de modelo para os autores do chamado Rexurdimento entre os que contamos a Rosalía de Castro:

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 17-04-2016 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Atoparse con Mouras


Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 02-02-2016 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
O LÉXICO DA CASA
Imos facer un repaso polos nomes da casa por fóra e por dentro. Comezamos logo por un gráfico sinxelo a aprender:

CASA POR DENTRO (Primeira ilustración)
1-soto
2-salón
3-faiado
4-cociña
5-andar
6-cuarto/dormitorio
7-cuarto de baño
8-escaleira
9-cuarto/ dormitorio principal
10-vestíbulo

CASA RURAL POR DENTRO E POR FÓRA

1-cheminea
2-tellado
3-bufarda
4-solaina
5-corte
6-invernadoiro
7-hórreo
8-horta
9-pombal
10-peche
11-cancela
12-adega
13-cataventos
14-canceira
15-eira
16-sebe
17-alpendre/alboio
18-lareira
19-beiril (da cuberta)

Aquí deixamos un enlace por se queres seguir xogando coas palabras.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 22-01-2016 07:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal