narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ÁRBORE FILOLÓXICA de 1º ESO B

Analicemos agora estes datos e as causas da perda de falantes de galego nestes últimos cen anos.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 15-11-2020 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA DA PRIMEIRA AVALIACIÓN

Debemos ir lendo este libro ao longo deste mes e ir resumindo a lectura capítulo a capítulo para logo entregar estes resumos no día da Proba de lectura. A proba de lectura será 30 de novembro.

Con este lectura esperamos poder analizar os distintos elementos da estrutura narrativa ademais da trama que relata a historia desta novela.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 08-11-2020 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Unha esmoliña para os defuntiños que van alá!


Sabedes por que este mes de novembro se coñece tamén como Mes de Defuntos en Galicia?

Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pro atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradici´n na forma do Samaín.

Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume)? que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).

Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que ?aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma?.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das cabeiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.

É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta dfesta druídica celta chamábase ? a vixilia de samaín?, así que? de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a ? Todos os Santos? o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada ? Día de Todos os Santos? (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga?) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.


Comezamos os relatos deste MES DE DEFUNTOS

A Morte Branca e a Morte Moura.
O PAXARO DA MORTE



AS LUCIÑAS e OS RUÍNS

ÁNIMAS E PANTASMAS
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 06-11-2020 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
O idioma é...
Coas metáforas e as súas ilustracións feitas na aula realizamos este vídeo de Metáforas para un idioma:



Participan no vídeo:
-Acuña Corrales, Daniela
Alonso Crespo, Nerea
Calviño Delgado, Zara
Cerqueiro Acuña, Noa
Estévez Acuña, Carmen
Fernández Calvar, Manuel
Freire González, Cayetana
García Araújo, Emma
Gil Villanueva, Victoria
González Bistín, Katty
Iglesias Sánchez, David
Lavandeira Viqueira, María
Lozano Veiga, María
Méndez Cortegoso, Claudia
Moreira Barreiro, Marcos
Paz Nistal, Elena
Torío Kniele, Elisabet
Tristán Aldao, Lucas
Vázquez Santaclara, Alba
Comentarios (2) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 03-11-2020 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
PARA PREPARAR A PROBA DO 1º AVANCE

Para preparar a nosa primeira proba escrita teremos que estudar os seguintes contidos:

UNIDADE 0:ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

- A lingua fainos humanos,fainos universais e diferentes.

UNIDADE 1: A LINGUA DOS AVÓS E DAS AVOAS
- EXPRESIÓN: A descrición páx. 17 do libro.
- OS NOMES DAS COUSAS:
- As partes do corpo páx. 18... ver no blog O léxico do corpo.
- A formación de palabras páx. 19
-LINGUA E SOCIEDADE:
- As linguas do mundo páx 20 e o blog: O galego, a lingua que nos identifica.

ORTOGRAFÍA: -A sílaba o ditongo e os hiatos páx. 21.
GRAMÁTICA:
- A comunicación páx. 22
- A estrutura da palabra e as clases de palabras de palabras páx. 23
- O texto e as súas propiedades páx. 26

LITERATURA: O texto literario e os xéneros literarios páx. 26-27
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2020 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA FAINOS HUMANOS, FAINOS UNIVERSAIS E DIFERENTES

Traballaremos dous textos que reflexionan sobre o poder da lingua e a relación tan peculiar que establece cos seres humanos:

A LINGUA FAINOS HUMANOS.

A LINGUA FAINOS UNIVERSAIS E CREATIVOS ANTE OS DEMAIS

O DEREITO A SERMOS DIFERENTES

O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén.

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer.

Manuel María.

10- PROXECTO DE AULA DA UNIDADE 0: O poeta emprega unha morea de metáforas para definir o idioma: Unha metáfora é unha identificación dun termo real (o idioma) cun termo imaxinario ( a chave) que é posible porque hai un elemento que as une (o idioma e a chave abren algo).

- Atopa outras dúas metáforas no texto e indica cal é o seu termo real e o imaxinario.

- Crea a túa propia e logo deseñemos a primeira banda deseñada do curso coas distintas ideas que realicemos.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 28-09-2020 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA O CURSO 2020-2021: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.

Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo:



Cantas linguas hai no mundo?

Por que son tan fráxiles as linguas?

Por que é imprescindible "espertar"?


E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO:



Hai contaxios saudables?

Logo, quererás probar e contaxiarte?


COMEZAMOS.

Escribir, ler e falar ben a nosa lingua, a responsabilidade esencial que temos que asumir.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 23-09-2020 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA O FINAL DO CURSO 2019/20
Imos saber que tres recomendacións faremos a falta de folión ou fogueiras comunitarias de San Xoán.

En primeiro lugar, cinco minutiños para cumprir coa tradición nada mellor que ir buscar o cacho de San Xoán, as 7 herbas e as augas de 7 fontes:





En segundo lugar recomendamos escoitar música galega relacionada coa data de San Xoán: Noite de San Xoán, cantiga feita a partir dos versos do autor do himno galego, Eduardo Pondal, que escribiu para esta noite máxica. A segunda sobre os Feitizos:





E como xa estamos entrando no verán, imos recomendar finalmente unha serie de lecturas para este tempo de lecer:

A saga de aventuras do Dragón galego:
DRAGAL escrita por unha xornalista e escritora marinense, Elena Gallego Abad.



A historia de Ith, fillo de Breogán de Silvestre Gómez Xurxo.

E finalmente unha lectura que toca temas como a amizade, a aventura, o misterio e o amor.

O BOSQUE PÁLIDO de Jaureguízar.

Boa lectura e boas vacacións!!

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 18-06-2020 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LENDA HISTÓRICA
Hoxe toca coñecer os amores tráxicos de Floralba e o peregrino no castelo de Sobroso en Ponteareas.


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 17-06-2020 08:25
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E CANTOS DE MARÍN
Disque contan os nosos avós que na praia de Mogor hai unha serea (non unha sirena que iso é unha bucina) falamos dun ser máxico co corpo dunha muller, pero con cola de peixe que seica canta moi ben. E un deses avós de Mogor tamén contou que nunha cova da illa agochábase un tesouro dos mouros, disque esa é a Illa de Ons, pero que nos saibamos nesta illa polo menos hai unha cova da moura no Castro e outra furna ou buraco chamado do Inferno:
"Hai un buraco que se tiras unha pedra óese como se estiveras cortando unha árbore. Por terra non se pode ir pero por mar sí, e cando a marea está chea mírase a auga desde enriba?... ?En días de temporal óense berros e salaios das almas que ten atrapadas o diaño?... ?Un soldado ao achegarse sentiu como se o estiveran empuxando para que caíra e así pasou. Foron varias as expedicións a dentro del, pero non o atoparon. Sospeitase que o soldado estea nun asento de pedra?...

Subamos nun barco con dous do continente a ver que nos contan alí:



E logo xa de volta, como empezabos falando dos cantos das sereas, nunha taberna mariñeira escoitamos un canto mariñeiro que fala de Marín.

En Marín tamén é terra de cantos, consérvanse cantos populares. Podes coñecer a historia dunha cantiga emblemática de Marín no vídeo do seguinte enlace a historia da cantiga do rodaballo:

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 11-06-2020 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0