|
|
|
|
| Vídeos de sociolingüística |
|
Coincidindo co segundo aniversario deste sitio web, inicio unha nova subsección dentro dos "Materiais de lingua": vídeos de sociolingüística. Estame resultando complicado organizalos, polo que os apartados de contido teñen carácter provisional e son os seguintes:
1. As linguas de Europa
2. As linguas do estado español
3. O galego
a) Cuestións xerais
b) Lingua e ensino
c) Os prexuízos lingüísticos
Nesta primeira entrega ofrézovos algo máis dunha vintena de ligazóns a materiais moi diversos que van desde unha conferencia de Moreno Cabrera ás escenas humorísticas de Air Galicia. Especialmente útiles neste primeiro rastrexo fóronme os blogues Trafegando ronseis, Falantes e Boedense; a todos eles o meu agradecemento.
|
|
|
|
|
| 3 Comentario(s) |
|
| 1 |
En primeiro lugar, agradézoche Rosa que me cites nas achegas dos vídeos con temas relacionados sobre a lingua. Quixera tamén desexarche un bo nadal polo mantemento deste blog do que son asiduo lector.
Finalmente quixera engadir un novo "ví#blgtk08#deo de sociolingüística". Titúlase "Eu falo", creado pola empresa A Navalla Suíza (María Reimóndez, Berto Yáñez,...) e pódelo ver no web http://eufalo.tv.
Feito o engado, recibe un atento saúdo e unha aperta de....
BOEDENSE |
|
|
Comentario por Boedense (27-12-2009 12:53) |
|
|
| 2 |
FE DE ERRATAS: onde escribín María Re#blgtk08#imóndez debera escribir María Yáñez. |
|
|
Comentario por BOEDENSE (27-12-2009 13:00) |
|
|
| 3 |
Grazas novamente pola túa achega. Lin o outro día un artigo sobre esta iniciativa da navalla suíza, pero aínda non a mirei. Este enlace pasará a engordar a lista de ligazóns pendentes de mirar e organizar, que xa teño unha boa #blgtk08#morea, pero non teño vagar para máis (ben, tamén quero dedicarme un chisco ao lecer, cousa indispensable para manter os ánimos e o entusiasmo para traballar).
Boas festas e feliz comezo -e continuación- de ano, Bodense. |
|
|
Comentario por Rosa (27-12-2009 14:50) |
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|
|
| Materiais para as clases de lingua e literatura |
|
Este é un espazo relacionado coa web "Na punta da lingua" para comentar, suxerir, debater, colaborar... |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|