Na punta da lingua


Vídeos sociolingüística e historia da lingua
Con parte dos datos e da argumentación manexada no libro En galego, por que non?, M. N. Singala e M. Bermúdez elaboraron un vídeo sobre o galego como lingua minoritaria. Recollo tamén a lúcida intervención de Patricia Ryan a propósito da preponderancia internacional do inglés e, a través do Arquivo da experiencia, podemos acceder en 1ª persoa a cinco testemuños sobre o emprego da lingua no franquismo.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 08-04-2012 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Máis materiais 2º bacharelato
Para traballar o comentario crítico engadín aos materiais xa existentes unha selección de 10 textos para práctica, ademais dunha escala de valoración que emprego para revisar os contidos e a organización dos comentarios.
Outra antoloxía de textos, pero neste caso de literatura do XX-XXI é a que nos ofrece Anxo González Guerra. Finalmente, Mercedes Rivas ten na súa aula virtual todos os temas da literatura de 2º de bacharelato en formato pdf, que incluín no apartado "Temas de selectividade".
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 08-04-2012 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Materiais 1º ESO e outros
Mirando no sempre fecundo Remexer na lingua, alegreime de saber que anda por aí moita xente traballando en 1º de ESO. Froito desta primeira pescuda é a actualización dalgúns contidos de lingua, entre os que destaco un paquete de actividades sobre os determinantes, unha presentación sobre o xénero dos substantivos de Noemí Pazó, outra sobre a derivación de Román Landín, así como actividades interactivas sobre vocabulario localizadas no blogue Será por lingua...!
Á parte disto, engadín tamén outro paquete de actividades para traballar a compresión lectora a partir de lendas elaborado por J.R. Vidal para atender á diversidade.
Finalmente, quero destacar varios vídeos: os de fraseoloxía visual do SNL da USC e dous de corte humorístico: sobre a nova normativa e sobre a colocación dos pronomes.
na punta da lingua
Comentarios (7) - Categoría: Á última - Publicado o 30-01-2012 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Coherencia textual e definicións
Despois de ver as dificultades do alumnado de 2º de bacharelato para definir palabras, elaborei un material breve sobre estas cuestións que inclúe 7 actividades. Forma parte dunha nova versión do tema que aborda tamén, agora de xeito máis breve, a coherencia textual. Podedes consultalo dentro da sección de lingua.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 15-01-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Literatura de 2º bacharelato: novas presentacións
Desde hoxe contamos con 6 novas presentacións en diapositivas sobre a literatura de 2º de bacharelato (a partir do 36) enviadas por Carme Moure. Moitas grazas, Carme; dá gusto que haxa xente que siga sendo xenerosa co seu traballo nesta época na que parece que se está ampliando a tendencia a pechármonos cadaquén dentro da súa aula virtual...
As presentacións combinan interesantes elementos gráficos e mais unhas liñas teóricas xenéricas para desenvolver os temas a partir delas. Con elas complétase un pouco máis o apartado "Temas de selectividade" que abrín hai un mes e que, por suposto, está aberto á colaboración de todo o mundo.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 07-01-2012 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Estrea en Twitter
Co novo ano e adaptándose aos novos tempos, desde onte Na punta da lingua ten conta en Twitter. Alí aparecerán, máis resumidas que aquí, as novidades da web. Na marxe dereita deste blogue ou tamén na páxina de inicio do sitio tedes un botón que vos permite convertervos en seguidores.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 07-01-2012 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Materiais para as clases de lingua e literatura
Este é un espazo relacionado coa web "Na punta da lingua" para comentar, suxerir, debater, colaborar...





O meu perfil
rosasalgueiro@edu.xunta.es
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 SITIOS RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal