Na punta da lingua


Materiais 1º ESO e outros
Mirando no sempre fecundo Remexer na lingua, alegreime de saber que anda por aí moita xente traballando en 1º de ESO. Froito desta primeira pescuda é a actualización dalgúns contidos de lingua, entre os que destaco un paquete de actividades sobre os determinantes, unha presentación sobre o xénero dos substantivos de Noemí Pazó, outra sobre a derivación de Román Landín, así como actividades interactivas sobre vocabulario localizadas no blogue Será por lingua...!
Á parte disto, engadín tamén outro paquete de actividades para traballar a compresión lectora a partir de lendas elaborado por J.R. Vidal para atender á diversidade.
Finalmente, quero destacar varios vídeos: os de fraseoloxía visual do SNL da USC e dous de corte humorístico: sobre a nova normativa e sobre a colocación dos pronomes.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 30-01-2012 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Coherencia textual e definicións
Despois de ver as dificultades do alumnado de 2º de bacharelato para definir palabras, elaborei un material breve sobre estas cuestións que inclúe 7 actividades. Forma parte dunha nova versión do tema que aborda tamén, agora de xeito máis breve, a coherencia textual. Podedes consultalo dentro da sección de lingua.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 15-01-2012 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Literatura de 2º bacharelato: novas presentacións
Desde hoxe contamos con 6 novas presentacións en diapositivas sobre a literatura de 2º de bacharelato (a partir do 36) enviadas por Carme Moure. Moitas grazas, Carme; dá gusto que haxa xente que siga sendo xenerosa co seu traballo nesta época na que parece que se está ampliando a tendencia a pechármonos cadaquén dentro da súa aula virtual...
As presentacións combinan interesantes elementos gráficos e mais unhas liñas teóricas xenéricas para desenvolver os temas a partir delas. Con elas complétase un pouco máis o apartado "Temas de selectividade" que abrín hai un mes e que, por suposto, está aberto á colaboración de todo o mundo.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 07-01-2012 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Estrea en Twitter
Co novo ano e adaptándose aos novos tempos, desde onte Na punta da lingua ten conta en Twitter. Alí aparecerán, máis resumidas que aquí, as novidades da web. Na marxe dereita deste blogue ou tamén na páxina de inicio do sitio tedes un botón que vos permite convertervos en seguidores.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 07-01-2012 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Revisión de 1º de ESO
Seguindo os contidos para o primeiro trimestre propostos polo libro Lingua 1º ESO da editorial Xerais (2011), elaborei un paquete de 15 actividades interactivas e autoavaliables de revisión/ampliación. Os detalles dos obxectivos, contidos, temporalización e recursos empregados están descritos nun documento á parte. Concibíronse para ser desenvoltas durante 3 ou 4 sesións de clase, pero iso xa vai depender de cadaquén.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 11-12-2011 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Literatura 2º bacharelato
Durante estes últimos anos Teresa Meixide estivo traballando para conseguir materiais gráficos de apoio para as clases de literatura de 2º de bacharelato. Envioume o resultado do primeiro deles, que é unha contextualización de 1900-1936 en imaxes. Aínda que ela os concibiu para 2º de bacharelato, penso que tamén se lle pode sacar proveito para 4º de ESO. Parabéns polo traballo, grazas por compartilo e agardamos novas achegas, Teresa.
Ao fío disto, aproveitei para abrir unha nova subsección dentro da "Literatura do século XX-XXI" denominada "Temas de selectividade" dentro de cada un dos tres bloques temporais (1900-36, 1936-75 e 1975 ata actualidade). Nela incluín as elaboradas presentacións de Lourenço Álvarez, a quen tamén aproveito para felicitar publicamente, que inclúen os 12 temas de literatura das PAU.
Lembrade tamén que en SlideShare hai moito máis material interesante, particularmente no grupo LGL.
na punta da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Á última - Publicado o 11-12-2011 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Materiais para as clases de lingua e literatura
Este é un espazo relacionado coa web "Na punta da lingua" para comentar, suxerir, debater, colaborar...





O meu perfil
rosasalgueiro@edu.xunta.es
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 SITIOS RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal