nalinguadetodos


Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio de Cuntis
Découvrez la playlist Musigal avec


Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 PROCURA
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milladoiro, 30 anos de xira
O grupo máis importante da música galega está de cumpreanos, 30 anos moi ben levados. Noraboa ao noso compañeiro, profesor de música no D. Aurelio, Xosé Antón. El xa estaba alí, e segue na brecha.
Así recolleu a nova o portal Vieiros:

Cando cumpre tres décadas o grupo lembrará os temas clásicos do seu repertorio nas actuacións previstas en Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Hai 30 anos que con A Galicia de Maeloc se puña en marcha o grupo máis influínte da historia do folk galego. Despois de tres décadas de éxito dentro e fóra do país, Milladoiro bota a vista atrás e fai un “aceno á nostalxia” para recordar o mellor do seu repertorio na xira “Dende Maeloc”, que os levará a Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Nos concertos incluirán pezas do seu último disco, pero sobre todo temas clásicos recuperados dos 20 álbums editados desde 1979. A xira comeza o 20 de novembro en Vigo, e continuará o 30 deste mes en Lugo, o 19 de decembro en Ourense e o 20 de decembro na Coruña. Nos concertos participarán todos os músicos que pasaron pola banda e continúan en activo, como Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal.

A banda é consciente do papel que xogou na renovación da música tradicional e folk galega das últimas tres décadas. Na presentación da xira, Moncho García amosouse satisfeito por formar parte “do patrimonio de Galiza, como así o considera moita xente” e por “sacar da UVI” a música tradicional galega, á que o grupo vía como un “campo abandonado” cando iniciou a súa carreira. Os membros do grupo tamén expresaron o seu orgullo por “facer país” ao representar a Galiza en lugares como Xapón, Estados Unidos, Canadá e Sudamérica.
Comentario (0) - Categoría: Música en galego - Publicado o 12-11-2009 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dálle á lingua
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal