nalinguadetodos


Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio de Cuntis
Découvrez la playlist Musigal avec


Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 PROCURA
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asemblea da Coordinadora de ENDL
O pasado sábado día 7 de novembro tivo lugar en Santiago a primeira asemblea da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da que forma parte o noso Equipo.

Despois da revisión e votación das enmendas presentadas aos estatutos da Coordinadora, eliximos aos 10 membros da Dirección. A coordinadora vai ser Valentina Formoso, e o noso colexio pode sentirse orgulloso pois tres dos membros desa dirección pasaron polas nosas aulas: Román Landín, Ana Rial e Xan Constenla.

Noraboa a todos e o noso agradecemento por ter encabezado esta necesaria iniciativa o curso pasado para defender e espallar a nosa lingua. Como dixo Valentina 'Había que actuar. Non se falaba doutra cousa: parecía que o máis urxente problema que había na sociedade galega era eliminar o Decreto do galego no ensino (...) O debate estaba centrado no ensino, e nós, ensinantes, normalizadores, redactores de proxectos lingüísticos, coñecedores e aplicadores do decreto... non iamos dicir nada?".

A CGENDL suma na actualidade arredor de 400 adhesións e reúne non só a representantes dos equipos de normalización lingüística senón tamén un bo feixe de "docentes colaboradores" que lle expresaron ao colectivo a súa vontade de participaren activamente nos proxectos.

O plan de traballo que se fixa a asociación inclúe unha campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar coa que pretenden "combater os prexuízos" ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego. Ademais, proxectan programas de intercambio entre estudantes ou fomento do galego nas novas tecnoloxías, entre outras actividades que levarán a cabo, láianse, "a pesar dos recortes dos apoios institucionais".
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2009 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dálle á lingua
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal