Un ano máis a
Asociación Cultural O Fervedoiro organiza o
Festidoiro, un encontro musical dedicado por enteiro á música na nosa lingua que xa achegou até a vila de Cuntis grupos como
Nao,
Skárnio ou
Motor Perkins.
Se na edición do ano pasado o festival xirou en torno ao lema "A canción como protesta" nun programa no que se combinaron palestras e bandas que deron boa conta da aposta do Fervedoiro pola música en lingua galega e polo compromiso social, desta volta o Festidoiro 2009 leva por subtítulo a lenda
Lingua Proletaria do meu pobo... Eu canto porque si!!!, toda unha declaración de intencións nun contexto sociopolítico como o actual de ataque sistemático á lingua e á cultura galegas, tal e como manifesta a AC Fervedoiro no
comunicado de presentación do festival.
Festa, bo ambiente, diversión e música de calidade e variada da man da xente do Fervedoiro e de
Machina,
Kogito,
Skacha,
Spooner Street,
Vichelocrego...
Lingua proletaria do noso pobo, eles cantan en galego porque si!!!