nalinguadetodos


Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI don Aurelio de Cuntis
Découvrez la playlist Musigal avec


Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

 CATEGORÍAS
 Webs amigas
 PROCURA
 PROCURAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As leis en galego

O servizo de asesoramento lingüístico do colexio compostelán de avogados achega novos recursos para a dinamización do galego no ámbito do Dereito.


Vieiros - 04/01/2010

Lexislación de ámbito galego e estatal e en breve escolma de xurisprudencia no ámbito lingüístico, son algúns dos contidos que poden navegarse de xeito directo desde o espazo "As leis en galego", fornecido polo servizo de asesoramento lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago. Especial interese terán os apartados específicos nos que traballa na actualidade o colexio, e que fará peneira de textos normativos de fondo lingüístico e resolucións de todo tipo que afecten dalgún xeito ao tratamento ou uso da lingua. Con esa fin, desenvolveron xa un acordo específico co propio Centro de Documentación Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial para botar man da súa base de datos xurisprudencial.

Ao tempo, destaca tamén o apartado de Formularios procesuais en lingua galega. Trátase dunha iniciativa xurdida en 2008 grazas ao apoio desinteresado de varios profesionais da avogacía que, de xeito colaborativo, contribúen a favorecer o uso do galego neste ámbito profesional. A través deste servizo achéganse demandas e outros escritos extraídos da práctica real de diferentes despachos de avogados do país e, desde o servizo de asesoramento do colexio, salientan ademais a renovación en canto ao estilo e o formato do seu plano lingüístico. "Agardamos que sirva de estímulo para seguir normalizando o uso da lingua nos xulgados galegos", apuntan. Neste sentido, destacan a xeito de exemplo a solicitude específica na que se pide que o procedemento e notificacións se fagan en lingua galega coa fundamentación legal que protexe este dereito:

Ao abeiro do artigo 3 e 3.2 da Constitución española; do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galicia; do artigo 231.3 da Lei orgánica do poder xudicial e dos artigos 1, 2, 6.3 e 7.2 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia, manifesto o meu desexo de utilizar nestas actuacións a lingua galega e de que as notificacións que se efectúen en relación co arriba indicado sexan igualmente en lingua galega.
Comentario (0) - Categoría: Recursos - Publicado o 04-01-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Análise do Decreto da Corrdinadora de ENDL
Unha primeira análise do borrador do mal chamado Decreto do Plurilingüismo


Desde a Coordinadora Galega de ENDL pensamos que a proposta de decreto que regulará as linguas vehiculares no sistema educativo non garante a liberdade dos pais, non busca o equilibrio entre as dúas linguas oficiais, non formula correctamente a introdución do terceiro idioma e non vai conseguir ningún “bilingüismo cordial” senón un conflito nos centros escolares e na sociedade.

1- Nós defendemos unha educación igualitaria, tamén na aprendizaxe das dúas linguas oficiais, nas que o alumnado debe acadar unha competencia lingüística plena ao rematar o ensino obrigatorio. Con todo, a lingua galega non está en igualdade de condicións co castelán e a súa presenza é practicamente nula en multitude de ámbitos da sociedade; polo tanto, é na escola onde a poden aprender. Todos os especialistas din que cun ensino de menos do 50% na lingua minorizada é imposible garantir o seu dominio. Polo tanto, este decreto contén unha clara discriminación cara ao galego.

2. Non se pode falar de liberdade de elección con dúas linguas que xogan en divisións moi diferentes. Tampouco se pode falar de liberdade de elección dos pais cando só se vai respectar a decisión dunha parte. Se non vai haber segregación, medida que rexeitamos, como se respecta a suposta liberdade de elección en educación infantil dos que non saian “gañadores”, aínda que sexa un 49%? Ademais, é nesta etapa na que os nenos e nenas aprenden a falar e teñen os seus primeiros contactos coa lingua escrita, e múltiples estudos demostran que nesas idades son capaces de ir asentando as estruturas gramaticais e adquirindo vocabulario das linguas que se lles ensinan. É, logo, o momento de potenciar a aprendizaxe do galego, que se debe ir reforzando despois durante todo o ensino. Só desde o coñecemento das linguas pode haber liberdade para que poidan usar unha ou outra.

3- É un decreto feito desde o descoñecemento da realidade dos centros educativos. Trátase dunha decisión política e non pedagóxica, que non atende ao que din os especialistas en aprendizaxe de linguas e que obvia a problemática que pode supoñer no funcionamento dun centro educativo. As decisións sobre o currículo tenas que tomar a administración, por iso entendemos que é unha irresponsabilidade do goberno que traslade a decisión sobre a lingua vehicular no ensino ás familias e aos centros educativos. Isto só vai crear un conflito que non existía e imposibilita un ensino integrador e igualitario. Este borrador que supostamente busca o “bilingüismo cordial” parte dun problema que non tiñamos nos centros e a súa elaboración xustifícase en falacias, a primeira “a imposición do galego na escola”.

4- A fórmula para a aprendizaxe de linguas estranxeiras, non oficiais na nosa comunidade, non pode estar supeditada a quitarlle horas ás linguas oficiais, nomeadamente ao galego, que é a que necesita de potenciación. Desde a Coordinadora apostamos polo fortalecemento do ensino de linguas estranxeiras pero tomando as medidas pedagóxicas necesarias e facendo unha planificación seria: reducindo a ratio de alumnado por aula, dotando os centros de aulas de idiomas ben equipadas, aumentando as estadías no estranxeiro para o alumnado e o profesorado, fomentando a súa práctica con lectores nativos, etc. Estas medidas deben ser dirixidas ao conxunto de todo o alumnado posto que o dominio das linguas estranxeiras non pode supeditarse á conxuntura concreta de cada centro. Sería discriminatorio que o nivel de inglés do alumnado dependese da posibilidade de que se puidesen ofertar no seu centro máis ou menos materias en inglés. Ademais, queremos recalcar que os estudos demostran que as comunidades bilingües obteñen mellores resultados que as comunidades monolingües na aprendizaxe das linguas estranxeiras. Polo tanto, o dominio do galego e castelán só tería efectos positivos. A aprendizaxe e a competencia en máis dunha lingua enriquece, porque as linguas suman.

5- Gañar unhas eleccións non lexitima ao goberno para atentar contra o noso patrimonio. A administración ten a obriga de potenciar a lingua propia de Galicia, que se atopa ameazada e non o está cumprindo desde o momento en que se busca limitala no sistema educativo cunha norma que é a máis regresiva de todas as comunidades autónomas con lingua propia. A escola debe buscar un equilibrio para a aprendizaxe das linguas xa que na sociedade non o hai e ese equilibrio pasa por potenciar o galego no sistema educativo.
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-01-2010 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Feliz 2010 para o galego... e para todas e todos



Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2009 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Milladoiro, 30 anos de xira
O grupo máis importante da música galega está de cumpreanos, 30 anos moi ben levados. Noraboa ao noso compañeiro, profesor de música no D. Aurelio, Xosé Antón. El xa estaba alí, e segue na brecha.
Así recolleu a nova o portal Vieiros:

Cando cumpre tres décadas o grupo lembrará os temas clásicos do seu repertorio nas actuacións previstas en Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Hai 30 anos que con A Galicia de Maeloc se puña en marcha o grupo máis influínte da historia do folk galego. Despois de tres décadas de éxito dentro e fóra do país, Milladoiro bota a vista atrás e fai un “aceno á nostalxia” para recordar o mellor do seu repertorio na xira “Dende Maeloc”, que os levará a Vigo, Lugo, Ourense e A Coruña.

Nos concertos incluirán pezas do seu último disco, pero sobre todo temas clásicos recuperados dos 20 álbums editados desde 1979. A xira comeza o 20 de novembro en Vigo, e continuará o 30 deste mes en Lugo, o 19 de decembro en Ourense e o 20 de decembro na Coruña. Nos concertos participarán todos os músicos que pasaron pola banda e continúan en activo, como Rodrigo Romaní, Laura Quintillán e Roi Casal.

A banda é consciente do papel que xogou na renovación da música tradicional e folk galega das últimas tres décadas. Na presentación da xira, Moncho García amosouse satisfeito por formar parte “do patrimonio de Galiza, como así o considera moita xente” e por “sacar da UVI” a música tradicional galega, á que o grupo vía como un “campo abandonado” cando iniciou a súa carreira. Os membros do grupo tamén expresaron o seu orgullo por “facer país” ao representar a Galiza en lugares como Xapón, Estados Unidos, Canadá e Sudamérica.
Comentario (0) - Categoría: Música en galego - Publicado o 12-11-2009 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Asemblea da Coordinadora de ENDL
O pasado sábado día 7 de novembro tivo lugar en Santiago a primeira asemblea da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da que forma parte o noso Equipo.

Despois da revisión e votación das enmendas presentadas aos estatutos da Coordinadora, eliximos aos 10 membros da Dirección. A coordinadora vai ser Valentina Formoso, e o noso colexio pode sentirse orgulloso pois tres dos membros desa dirección pasaron polas nosas aulas: Román Landín, Ana Rial e Xan Constenla.

Noraboa a todos e o noso agradecemento por ter encabezado esta necesaria iniciativa o curso pasado para defender e espallar a nosa lingua. Como dixo Valentina 'Había que actuar. Non se falaba doutra cousa: parecía que o máis urxente problema que había na sociedade galega era eliminar o Decreto do galego no ensino (...) O debate estaba centrado no ensino, e nós, ensinantes, normalizadores, redactores de proxectos lingüísticos, coñecedores e aplicadores do decreto... non iamos dicir nada?".

A CGENDL suma na actualidade arredor de 400 adhesións e reúne non só a representantes dos equipos de normalización lingüística senón tamén un bo feixe de "docentes colaboradores" que lle expresaron ao colectivo a súa vontade de participaren activamente nos proxectos.

O plan de traballo que se fixa a asociación inclúe unha campaña de sensibilización dirixida á comunidade escolar coa que pretenden "combater os prexuízos" ao respecto da lingua e favorecer que o alumnado "sinta fachenda" de falar galego. Ademais, proxectan programas de intercambio entre estudantes ou fomento do galego nas novas tecnoloxías, entre outras actividades que levarán a cabo, láianse, "a pesar dos recortes dos apoios institucionais".
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2009 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Inauguración da ruta de sendeirismo da Ponte do Ramo
A Asociación Vecińal e Cultural O Portavezal de Vilar de Mato organiza a inauguración da Ruta de Sendeirismo da Ponte do Ramo o próximo sábado 10 de outubro.

A actividade comezará cunha marcha pola senda e rematará cun xantar popular, visitando os petroglifos de Cequeril. Este é o programa:

* 10.30 Saída dos participantes na marcha dende o punto de encontro en Vilar de Mato.
* 11.30 Parada nos petróglifos de Cequeril que inclúe unha visita didáctica guiada.
* 13.00 Chegada dos participantes a área de lecer do Portavezal (Río Umia). Actuación da Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis.
* 14.00 Xantar popular á beira do río (para asisitir ao xantar confirmar asistencia no correo oportavezal@gmail.com ou no número 646.138.434. O prezo do menú e de 15 euros adultos e 10 euros nenos menores de dez anos).

Desde o ENDL queremos felicitar a asociación veciñal ‘O Portavezal’ polo gran traballo realizado, ao igual que as outras entidades colaboradoras. Tivemos oportunidade de percorrer o treito do camiño que discorre á beira do río Umia e puidemos comprobar a fermosura da paisaxe, así como a extrordinaria labor realizada na recuperación dos muíños situados na ribeira. Estas iniciativas de recuperación do noso patrimonio son imprescindibles para poñer en valor a nosa terra, ofrecéndonos una oferta de ocio e cultura de calidade. Parabéns!!!
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2009 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festidoiro 2009, música na nosa lingua!


Un ano máis a Asociación Cultural O Fervedoiro organiza o Festidoiro, un encontro musical dedicado por enteiro á música na nosa lingua que xa achegou até a vila de Cuntis grupos como Nao, Skárnio ou Motor Perkins.

Se na edición do ano pasado o festival xirou en torno ao lema "A canción como protesta" nun programa no que se combinaron palestras e bandas que deron boa conta da aposta do Fervedoiro pola música en lingua galega e polo compromiso social, desta volta o Festidoiro 2009 leva por subtítulo a lenda Lingua Proletaria do meu pobo... Eu canto porque si!!!, toda unha declaración de intencións nun contexto sociopolítico como o actual de ataque sistemático á lingua e á cultura galegas, tal e como manifesta a AC Fervedoiro no comunicado de presentación do festival.

Festa, bo ambiente, diversión e música de calidade e variada da man da xente do Fervedoiro e de Machina, Kogito, Skacha, Spooner Street, Vichelocrego...

Lingua proletaria do noso pobo, eles cantan en galego porque si!!!
Comentario (0) - Categoría: Música en galego - Publicado o 19-08-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A infancia
Os Kastomä, a xa mítica banda de rock de Ordes, lémbrannos os tempos idos neste tema do seu último disco, As almas da noite, que queremos dedicar aos nenos e as nenas grandes, para que se volvan un pouco máis pícaros neste verán.

E aos máis novos do colexio... que aproveiten, que ata nunhas vacacións de tanta chuvia teñen dereito a meter os pés nas pozas.


Comentario (0) - Categoría: Música en galego - Publicado o 24-07-2009 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Beizóns!
Agardou 70 anos para escribir por vez primeira na súa lingua. E escribiu... e dixo ben.


Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal