Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística |
|
|
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Nova páxina dos Dios Ke Te Crew |
|

Unha das bandas máis seguidas da Fonoteca Musigal do noso colexio acaba de abrir o seu
novo web , que presenta un deseño moi coidado e atractivo e interesantes seccións de novas, fotos, vídeos e descargas, de onde poderás descargar todos os traballos editados até o momento pola crew de Ordes. En breve o seu novo disco. |
|
|
|
|
| Máis banda deseñada en galego |
|
Edicións do Cumio vén de publicar a segunda parte de Bícame, profe no que é a segunda incursión da editorial no chamado manga yaoi.
O alumnado do instituto Jyogaoka viaxa a Hawai na súa viaxe de estudos. O protagonista, Atsushi Arisawa, compartirá cuarto con Maachan, antigo veciño e amigo seu, e irmán do seu grande amor Masayoshi.
Unha nova historia cargada de humor e boas doses de tenrura enche as 210 páxinas desta nova creación de Kazuma Kodaka: amor apaixonado e decisións impulsivas artéllanse en cinco capítulos e mais un extra. Ao igual que a primeira parte, da que xa nos fixemos eco hai meses e que tivo unha moi boa acollida polo público, tamén podemos descargar un avance desta publicación aquí.
Esta é a primeira aposta da editorial galega polo xénero do manga e, seguindo esa liña, preparan a edición doutros títulos de xénero diverso que verán a luz nos próximos, entre eles, Chicho terremoto, un vello coñecido da TVG.
Info tirada d'A Nosa Terra. |
|
|
|
|
| Contacontos e obradoiros de Expresión Artística en Cuntis |
|

Dentro da programación prevista con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero o vindeiro 25 de novembro a Concellaría de Igualdade e Benestar Social organiza catro sesións de contacontos acompañados dun obradoiro de expresión artística que impartira o Grupo de Teatro Migallas. Será todos os sábados de novembro a partir das 16,30 horas. Están dirixidos a nenos e nenas a partir de 7 anos. Esta é a programación:
- SÁBADO 8 DE NOVEMBRO: OLIVER BUTTON É UNHA NENA
- SÁBADO 15 DE NOVEMBRO: O LIBRO DOS PORCOS
- SÁBADO 22 DE NOVEMBRO: ARTURO E CLEMENTINA
- SÁBADO 29 DE NOVEMBRO: CORRE, CORRE, MARY, CORRE |
|
|
|
|
| Descarga de balde a música do Xabarín |
|
 Os 4 discos do Xabarín Clube e o seu especial X Aniversario están á vosa disposición nesta páxina, Mundopix.com.
E ti, xa es do ENDL? Cada día somos máis!!!
 |
|
|
|
|
| Acceso ás guías para alumnado Inmigrante |
|

Xa se poden consultar e descargar na web de Consellaría de Educación a Guía do Sistema Educativo Galego, a Guía de Comunicación Básica (ambas en 10 idiomas) e o Dicionario Visual Interactivo para o alumando e as familias procedentes do estranxeiro.
O material presentado divídese en cinco apartados: a guía do sistema educativo, a guía de comunicación básica, modelos de documentos de uso habitual nos centros, carteis de sinalización das distintas dependencias dos centros en dez idiomas, e un dicionario visual multimedia. En canto á guía do sistema educativo, está publicada en dez idiomas para entregarlles un exemplar ás familias en función do seu país de procedencia e nela inclúese desde a estrutura do sistema educativo e dos centros ata os servizos aos que teñen dereito tanto as familias como o alumnado.
Ademais, a guía de comunicación básica consiste nun conxunto de tarxetas nas que se recollen 40 preguntas básicas que pode formularlles o centro ás familias e outras 40 que poden xurdir das familias aos centros, traducidas a dez idiomas para evitar barreiras de comunicación. Como material de apoio, tamén se elaboraron modelos de documentos de uso habitual nos centros en varias linguas, tales como convocatorias de reunións coas familias, permisos para saídas do alumnado ou outras autorizacións.
Estes materiais complétanse cun dicionario visual multimedia, que contén amais actividades de carácter lúdico para facilitar a adquisición da lingua galega. |
|
|
|
|
| Máis ferramentas para o traballo en galego |
|

Xa se pode consultar na rede o Vocabulario multilíngüe de Economía, un proxecto coordinado polo Institut Universitari de Lingüística Aplicada da Universitat Pompeu e Fabra e que participou a Universidade de Santiago de Compostela, xunto á Euskal Herriko Unibertsitatea e á Universiteit Antwerpende.
O Vocabulario multilingüe de economía español, catalán, galego, vasco e inglés é un dos resultados, en forma de recurso lexicográfico, do proxecto RICOTERM-2 Control terminolóxico e discursivo para a recuperación de información en ámbitos comunicativos especializados, mediante recursos lingüísticos específicos e un reelaborador de consultas.
Na xestión de contidos da versión galega do vocabulario participaron María Paula Santalla del Río, Susana Sotelo Docío, Eduardo Miguel Moscoso Mato, María Sol López Martínez, Fco. Mario Barcala Rodríguez e Eva María Domínguez Noya.
Nova tirada da web da CTNL. |
|
|
|
|
| GALEGO: definición de calidade XA! |
|

Preséntase na rede a campaña a favor da lingua e da dignidade do pobo galego a través da páxina web A prol da lingua galega, que trata de erradicar do dicionario da Real Academia Española as acepcións de “tonto” ou “tartamudo” que se recollen na voz gallego. Para facelo, pretenden recadar o máximo número posíbel de sinaturas para facer ver aos académicos (neste caso non cabe poñer "académicas" pois son practicamente todos homes) da RAE que o dicionario de referencia do idioma español reproduce prexuízos antigalegos que non se dan no caso doutras entradas como catalán e vasco. Este é o texto que animan a apoiar coa túa sinatura... PORQUE NON SOMOS "TONTOS":
A Real Academia Española (RAE) segue a ofrecer no seu diccionario tan “prestixioso” definicións de “gallego” coma:
5. adj.C.Rica. Tonto (falto de entendimiento o razón).
6. adj.El Salv. Tartamudo.
7. m.Lengua de los gallegos.
Como moitos de nós sabemos, as dúas primeiras acepcións tan “agarimosas” e “fermosas” producíronse por causa da pobreza que os galegos vimos sufrindo durante cinco séculos. Porén, hai que indicar que “gallego” en moitas rexións de América do Sur fai referencia a tódolos españois e non só ós galegos. Por outra banda no dicionario da RAE defínese directamente “gallego” como “tonto” e “tartamudo”sen explicar que estes insultos van dirixidos a toda a comunidade española, puidendo provocar deste xeito confusións. Ademáis, sábese perfectamente que estes usos son totalmente residuais en América Latina, e inda así a Rae quere amosalos no seu dicionario. Hai que facer saber tamén que en bastantes lugares de América Latina, o termo “gachupín” ou “cachupín” é un vocábulo moi despectivo, mesmo moito máis ca “gallego” para se referir ós españois, porén a RAE no canto de incluílo na mesma entrada de “español”, introdúceo nunha nova entrada como se non tivese nada que ver con español. Ó mellor a Rae ten medo que se coñeza a relación deste termo con español. Pensamos que se os significados de “tonto” e “tartamudo” son definidos dentro do termo “gallego”, “gachupín” tamen debería ser exlicado no corpo de “español” e non apartalo nunha entrada diferente. De todos xeitos, cremos que os insultos a “minorías” non deberían ser amosados en ningún dicionario e menos inda se os seus usos son moi limitados como no caso de “tonto” e “tartamudo”. Sinalar que segundo todo o que acabamos de dicir, tamén se deberían incluír os termos de “bruto” para “Vasco” e “agarrado” ou “tacaño” para “Catalán” xa que son moi empregados na fala e coñecidos por todos. Mais o noso propósito non é aldraxar a ninguén nin afrontarnos a ningunha persoa (tampouco apoiamos a introdución destes usos despectivos nos correspondentes termos), senón condear e pedir con total seguridade e firmeza que os significados de “tonto” e “tartamudo” sexan eliminados da definición de “gallego” xa que non veñen a conto.
Falando sobre a última acepción, parécenos bastante incompleta, principalmente se a comparamos, por exemplo, coa de “catalán”:
3. m. Lengua romance vernácula que se habla en Cataluña y en otros dominios de la antigua Corona de Aragón.
Calquera língua neste diccionario, como por exemplo: “catalán”, “euskera”, “español” etc aparece mellor definido có “gallego”.
Cremos que temos o mesmo dereito cós demais a que se defina o noso idioma do mesmo xeito que se define ós outros, especificando que temos unha historia detrás e coidando que a nosa língua non sexa tratada coma un dialecto máis.
Por outra banda, o feito de situar, a definición do “gallego” como língua nun sétimo lugar, parécenos intolerable.
Para conseguirmos o que nos propomos, gostaríamos de realizar unha recollida de sinaturas e de que participedes todos cantos pensedes coma nós. |
|
|
|
|
| Tres novos DVDs en galego da man da TVG |
|

A CRTVG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de anunciar a saída ao mercado de tres novos títulos da Televisión de Galicia en DVD. Trátase da serie documental Historias de Galicia e das animacións infantís Os vixilantes do camiño, a maior aventura do popular Xabarín, e Planeta fantasía, unha viaxe imaxinativa pola literatura infantil galega.
A prol do galego
O director de Comunicación e Relacións Públicas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco, declarou que a partir deste momento os DVDs presentados estarán á venda en todas as tendas destes grandes almacéns. Así mesmo, declarou que esperaba que os produtos do audivisual galego se incorporasen rápido ás vendas do centro.
Tanto o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez como a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, recalcaron a importancia da compañía de televisión pública como ferramenta de normalización lingüística, e a necesidade de aumentar a presenza do galego no sector audiovisual. Nesta liña, Marisol López recoñeceu que ata este momento pecouse de pouca promoción para os títulos galegos, e insistiu na necesidade de publicitar estes produtos no mercado.
Esta é a segunda vez que a Compañía de Radio Televisión galega lanza ao mercado contidos audiovisuais en galego dirixidos aos máis pequenos. No 2007 saíron á venda oito títulos de animación infantil, así coma un DVD humorístico sobre as actuacións do dúo Os Tonechos no programa Luar. |
|
|
|
|
| O papel da blogosfera galega na normalización lingüística |
|
Dende A Tabarra Dixital, a revista en liña do ENDL do IES da Pobra do Caramiñal, chéganos esta interesante aproximación á blogosfera galega, á súa natureza, á súa vizosa actualidade e ao seu contributo na normalización da lingua galega.
|
|
|
|
|
| Obradoiro de Graffitis no CPI don Aurelio |
|

Este vindeiro xoves 6 de novembro o alumnado de 1º da ESO asistirá a un Obradoiro de Graffiti organizado no noso colexio polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Departamento de Educación Plástica e Visual. A actividade enmárcase na campaña de fomento da lingua galega Animación lingüística para todo@s posta en marcha en todo o país pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e contará coa inestimábel colaboración da Concellaría de Turismo, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cuntis.
O obradoiro foi proposto e organizado por Edicións A Nosa Terra para esta campaña e será impartido por un vello amigo do CPI don Aurelio, Anxo Fariña, ilustrador e autor de contos como Os Megatoxos e Don Quixote de Breogán que xa desenvolveu actividades semellantes en anteriores ocasións co alumnado de primaria.
O obradoiro "Graffiti e letras" pretende dinamizar o uso do galego nas idades temperáns desde unha perspectiva creativa, así como asociar o uso do galego coa modernidade, a cultura urbana e as expresións artísticas máis actuais, durará uns 50 minutos de duración e nela os asistentes recibirán nocións básicas sobre os signos, as letras e a súa evolución e despois practicarán a técnica do graffiti. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|