id

O BNG ve "ultraliberal" a reforma da Lei Urbanística pactada pola Xunta coa presidencia socialista da FEGAMP"

Francisco García censura que a FEGAMP se subordine "aos intereses políticos do señor Feijóo"





Categoría: Anuncios - Publicado o 23-09-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno ordinario 24 de setembro de 2009


id
Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, da revisión das tarifas a aplicar polo concesionario do complexo deportivo da Barcala e piscinas descubertas no Balado e no Temple

2º.- Mocións

3º.- Informes da Alcaldía

4º.- Rogos e preguntas


Categoría: Plenos - Publicado o 18-09-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre a educaión en Cambre


id












Exposición de motivos:

No pleno ordinario de setembro do pasado ano, esta Corporación aprobou por unanimidade unha moción, presentada polo Grupo Municipal do BNG, sobre a situación dos equipamentos e recursos educativos no noso Concello.

Os acordos adoptados naquel momento foron os seguintes:

1.-Instar á Consellería de Educación ao comezo inmediato das obras de ampliación do CEIP do Graxal que garantan a súa plena operatividade no comezo do curso 2009-2010.

2.-Instar á Consellaría de Educación a resolver satisfactoriamente a demanda de prazas de comedor escolar nos centros do noso concello. A que solucione con urxencia para este curso o problema das familias que quedaron inicialmente sen o servizo e que, adopte as decisións necesarias que garantan que a situación non se volva a repetir no vindeiro curso.

3.-Ofrecer toda a colaboración necesaria do Concello de Cambre dentro das súas competencias para axudar a resolver esta situación.

Un ano despois repítense algunhas das circunstancias e de novo son moitas as familias que non teñen solucionados satisfactoriamente servizos complementarios na educación. Problemas que exclusivamente dependen da vontade política e da orde de prioridades que marquen os responsábeis da política educativa na Xunta de Galicia.

Si o pasado ano, con boa vontade, conseguiuse ampliar a cobertura do servizo de comedor escolar aos nenos que inicialmente quedaban fora en Sigrás, Portofaro e Graxal e, mesmo, acomodar algún máis no comedor do Colexio de Cambre, este ano a negativa das autoridades educativas é rotunda: Nin un euro máis para os colexios de Cambre.

E non valen desculpas técnicas sobre a capacidade dos espazos nos colexios. Ese é o caso de Cambre, pero no resto dos colexios hai prazas libres, só se necesita que a consellaría estea disposta a aumentar o gasto. E no caso de Cambre a solución ven da man da colaboración posíbel entre a Xunta e o Concello. O Concello de Cambre está disposto –como acordou este Pleno hai un ano- a colaborar coa Consellaría, técnica e economicamente, para adaptar as instalacións do CEIP Wenceslao FF e poder acoller así a todos os nenos que quedan sen servizo.

No caso dos profesores de apoio volvemos a comprobar por onde van as liñas de actuación da administración educativa. A educación considerada como un dereito universal, incluídos os alumnos con necesidades especiais educativas e de coidado, non pode estar en entredito cada comezo de curso.
Os escolares que están nesta situación, e tamén as súas familias, teñen o dereito a ser escolarizados no seu contorno e coa atención debida. Estamos a falar de igualdade de dereitos, de igualdade ao fin. Non podemos admitir que os dereitos sexan só para os máis fortes ou para os que xa dispoñen de medios. Non se pode consentir que a asignación de profesorado e persoal de apoio estea sometida ao regateo ou á presión.

Desde a Corporación Municipal de Cambre declarámonos defensores da educación pública, cos medios e servizos necesarios para favorecer a igualdade de trato e a igualdade de oportunidades. Declaramos, así mesmo, a nosa vontade de colaboración coa administración educativa. Manifestamos a nosa desconformidade coa discriminación e co recorte de servizos educativos e, esiximos que se lle dean resposta ás reclamacións que desde os colexios e desde as familias se están a facer á Consellaría de Educación. Reclamacións e esixencias que este concello fai súas.

No ano 2008 este concello puxo á disposición da Consellaría os terreos necesarios para a ampliación do Colexio do Graxal. Desta maneira o colexio estará funcionando en pouco tempo. Tamén, e froito dos acordos políticos acadados nesta corporación o pasado ano tense iniciado o proceso de expropiación para obter os terreos necesarios fronte á Barcala para un novo colexio. O proceso está en marcha e antes de que remate o ano este Pleno terá a ocasión de acordar unha nova cesión de solo público para a educación. A partir de aí será responsabilidade de Consellaría axilizar e tomar as decisións oportunas para que o novo colexio sexa unha realidade en pouco tempo.

Esa é a liña de colaboración e de traballo que a cidadanía reclama dos responsábeis político.

Pero as previsións para o futuro non nos poden facer esquecer os problemas e carencias de hoxe. É necesario dar solución ao déficit actual de prazas de comedor e de profesorado de apoio.

Os datos en Cambre son elocuentes:

- faltan 57 prazas de comedor no Ceip de Cambre
- faltan 22 prazas de comedor no CEIP Portofaro
- faltan 32 prazas de comedor no CEIP do Graxal
-
por outra banda, neste momento está aínda sen cubrir unha das prazas de persoal de apoio para escolares con necesidades especiais no colexio Portofaro.

Por estes motivos o Pleno da Corporación municipal de Cambre acorda:

1.- Esixir da Consellaría de Educación a dotación das prazas de comedor escolar nos colexios de infantil e primaria.

2.- Esixir da Consellaría de educación a dotación de profesorado e persoal de apoio para escolares con necesidades especiais.

3.- Reiterar o ofrecemento de colaboración e diálogo do Concello de Cambre coa Consellaría para a solución dos problemas citados, dentro do marco de competencias de cada administración.






Cambre, 14 de setembro de 2009



Categoría: Educación - Publicado o 18-09-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo


id




id



Guillerme Vázquez acusa a Feijóo de ausencia de liderado fronte á crise económica


O portavoz nacional afirma que o PP "tirou a toalla" na defensa do sector lácteo galego



Categoría: Anuncios - Publicado o 18-09-2009 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario con Caracter Supletorio 15 de setembro de 2009


id

Convocatoria Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión extraordinaria do día 10 de xullo de 2009

Ratificación, se procede, da Resolución de Alcaldía do día 26 de agosto de 2009, respecto do establecemento das festas locais para o ano 2010

Proposta de cambio do Plan de investimentos do exercicio 2006 respecto da obra Acondicionamento de fontes ruta “Arredor de Cambre”.

Proposta de aprobación do expediente de modificación de crédito: Suplemento de crédito 3/2009 e crédito extraordinario 2/2009

Aprobación, se procede, das bases das bolsas de estudo para o curso 2009-2010

Mocións

Informes da Alcaldía

Rogos e preguntas



Categoría: Plenos - Publicado o 14-09-2009 17:17
# Ligazón permanente a este artigo


id


id

Guillerme Vázquez acusa a Feijóo de liderar "un ataque ao ensino público sen precedentes no noso País"

O portavoz nacional cualifica o goberno do PP de "ineficaz" e acúsao de "tentar tapar a súa ineficacia con campañas publicitarias"



Categoría: Educación - Publicado o 14-09-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
O ULTIMO RECORTE DE PERSOAL DOCENTE DEIXA OS ALUMNOS/AS DO MUNICIPIO DE CAMBRE SEN PROFESORES DE APOIO.



Categoría: Educación - Publicado o 11-09-2009 13:16
# Ligazón permanente a este artigo

id

Manuel María Fernández Teixeiro







1929, Outeiro de Rei - 2004, A Coruña




POEMA DO ANCEIO MORTO



Moítas veces síntome fusilado e ollo cráneos
coa sua calva de melón entreaberto.
O reloxo da esquina quéixase absurdamente
ás estrelas que escoítan as monigotadas
que se dicen dous noivos que aínda non viron
as entranas ceges e noxentas
de 20 abriles parvos.
Esta morte lenta faíme botar de menos
as azas dos aviós non vencidos nen profonados
cunha morna melancolía femenina.
Este consumirse nunha cidade tranquila
onde os veciños teñen polo menos
23 séculos cheos de valeiros
e de lembranzas pequeniñas.
Este sentirse home impotente e anguriado
por unhos zapatos apretados
feítos con tódolas necedades insospeitadas.
Este morrer silandeiro e aturdido
sen bombas atómicas
nen taques blindados
que desaten o odio que afoga ós homes.
Esta morte no medio do deserto
cos petos valeiros
e os ollos abertos...
Moitas voces quixera nan escribir poemas
para morrer asesinado
polas miñas ideas tolas de poeta insensibel

Categoría: Poema - Publicado o 08-09-2009 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Cambre impide a consumación dunha tala de arborado


GZnaciónt id

A empresa concesionaria da autoestrada AP-9 pretendía a eliminación da barreira vexetal na entrada de Catro Camiños


Cambre, 27 de agosto de 2009.-
Logo da chamada de varios veciños do lugar, o concello paralizou os labores de tala de arborado que unha empresa contratada pola concesionaria da autoestrada estaban a desenvolver nos accesos á mesma en Cecebre.

Veciños dos Castros do Bosque observaron que a demandada limpeza de matogueiras e poda das árbores se convertía simplemente no arrase da franxa de protección verde que separaba as vivendas da autoestrada. Diante da súa chamada o concelleiro de Medio Ambiente e 1º Tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, acercouse ao lugar acompañado dun técnico municipal. Ao comprobar que os traballos non se cinguían á limpeza e poda, tal como se reclamara desde o concello á concesionaria da autoestrada, e que se estaba procedendo á tala de todas as especias arbóreas –maiormente bidueiros- ordenou a paralización inmediata dos traballos.

Así mesmo comprobouse que as instrucións emitidas desde o concello eran perfectamente claras e non había posibilidade de confusión. Iglesias reiterou a obriga da autoestrada de manter a limpeza e salubridade das súas zonas de afección e de conservación do valado de protección da vía.

Explicou que o arboredo que rodea a autoestrada constitúe unha inmellorábel barreira sonora para evitar as molestias aos habitantes próximos e resulta un elemento de mellora da paisaxe.

Iglesias informou de que a parte das instrucións verbais que se lle deron no momento aos responsábeis dos traballos, esa mesma mañá sairía un escrito para a empresa no que se lles cominaba a executar os traballos de limpeza da franxa e a restituír a barreira sonora das árbores cortadas. Tamén, dixo, á reparación da rede de protección da autoestrada que impide o paso de persoas e animais.

Por último insistiu en que desde o concello ían ser especialmente escrupulosos en evitar as cortas de arborado polo que supoñen de degradación da paisaxe e o medio natural de Cambre.


Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 07-09-2009 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Anuncios - Publicado o 04-09-2009 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Anuncios - Publicado o 01-09-2009 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id

id

id

id

id

id

id

id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





contador de visitas com


© by Abertal