Reclama ao PSOE a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o vindeiro ano
O BNG reclamou do goberno socialista de Cambre a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o ano 2009. Segundo os nacionalistas, este paso é previo é necesario para enfrontar o debate dos orzamentos xerais do concello. As mesmas fontes manifestaron a vontade de chegar a acordos nestes temas: "estamos na mellor disposición para tender a man e chegar a acordos nas ordenanzas e nos orzamentos, pero é imprescindíbel que se faga en tempo, que non teñamos que agardar novamente a agosto para que o concello conte cun orzamento" , manifestou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, facendo referencia ao acontecido cos orzamentos de 2008, aprobados hai apenas mes e medio.

Desde o BNG explicaron que non acudirán con posicións prefixadas nin con condicións. Manifestaron que só se debe ter en conta a situación de crise que está a afectar gravemente ás familias e, insistiron, en que novamente propoñeran que se adecue o prezo do subministro de auga para que as familias numerosas non se vexan discriminadas.
Desde o BNG explicaron que esta proposta foi defendida pola formación nacionalista o pasado ano e foi rexeitada por Psoe e PP. Agardan que este ano prime a sensibilidade coas familias e se poida correxir unha situación de discriminación. Iglesias animou ao goberno e ao resto dos grupos a que se sumen a propostas que son boas para a xente. Para os nacionalistas é fundamental que o prezo da auga se axuste ao consumo por persoa e non por domicilio como se fai neste momento. Lembraron que no pasado pleno do 25 de setembro o BNG presentou unha proposta neste sentido
Categoría: Facenda - Publicado o 30-09-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
A Consellería de Educación deixa fóra da solución do comedor ao colexio de Cambre
O BNG de Cambre móstrase moderadamente satisfeito pola decisión da Consellería de cubrir a demanda de comedor nos colexios de O Graxal, Portofaro e Sigrás, pero denuncia que non se dea solución ás familias no caso do CEIP de Cambre. Din non entender, neste caso, a razóns que levaron ao organismo autonómico a deixar fora aos máis de 50 alumnos do colexio Wesceslao Fernández Flórez. O voceiro do BNG, Xabier Iglesias, explicou hoxe que, como xa anunciou fai uns días, a súa formación política presentará unha moción sobre o servizo do comedor escolar e sobre a amplición do colexio de O Graxal, preguntando tamén ao concelleiro de Educación, Jaime Lisnier, pola non inclusión do colexio de Cambre (Wesceslao Fernández Flórez) na relación de centros onde se vai a ampliar o servizo de comedor.

[ler máis]
Categoría: Educación - Publicado o 24-09-2008 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un informe europeo sitúa o modelo colaborativo de Mancomún como referente en Europa e Latinoamérica
escrito por Irene Touriño o Martes, 23 de Setembro do 2008

O documento destaca a relevancia da nova etapa que afronta o proxecto na súa recente conversión a Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza

[ler máis]
Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2008 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Vence: A crise do modelo neoliberal
xavier vence




O catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago, Xavier Vence, presentaba unha análise sobre a crise do modelo neoliberal, no seo dunha xornada de formación organizada pola CIG a mediados do mes de abril de 2008. Vence presentaba tamén unha serie de propostas alternativas para abrir o debate sobre a necesidade dun cambio de modelo económico. Dado o seu interese, desde aquí podes ler a súa intervención íntegra.

[ler intervención íntegra]
Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2008 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno ordinario 25 de setembro de 2009

Centro de Pravio


Ás 20:30 h, coa seguinte orde do día:


1º) Ratificación, se procede, da Resolución de Alcaldía do día 19 de setembro de 2008, respecto do establecemento das festas locais para o ano 2009.

2º) Aprobación, se procede, da revisión de tarifas a percibir polo concesionario do complexo deportivo da Barcala e piscinas descubertas no Balado e no Temple.

3º) Mocións

Moción conxunta BNG+PP+EU-IU+PG: “Seguridade vial en pravio: sendas peonís no núcleo de pravio e de pravio á castellana” [+]

MOCIÓN: Para urxir a ampliación do CEIP do Graxal e para que o servizo de comedor cubra toda a demanda nos colexios de Cambre [+]


MOCIÓN: Para que se inclúa nas ordenanzas fiscais a discriminación na tarifa da auga para familias numerosas [+]

MOCIÓN: sobre os graves problemas o transporte na comarca coruñesa [+]

4º) Informes da Alcaldía

5º) Rogos e preguntas

Rogo e preguntas para o pleno sobre os seguintes asuntos[+]:

- As beirarrúas en construción entre a Ponte das Insuas e os Campóns.
- Datos de escolarización nos colexios públicos de infantil e primaria para o curso 2008/2009.
- Tala de árbores na Fraga de Quintán en Cecebre.
- Rexistro de datos persoais do concello de Cambre.



Comisións Informativas para o día 23 de setembro de 2008:

[ler máis sobre os asuntos que leva o BNG]

- Contratación da asistencia técnica do programa Arurme.
- As contratacións en curso pendentes de informe.
- O Consello Municipal de Deportes.
- As obras de saneamento paralizadas.
- Sobre o Plan de Obras e Servizos provincial 2009.
- Aparcamento no Centro de Saúde de Cambre.
- Situación das obras no Temple.
- O xardín da casa de Arrigada.
- Bando informativo sobre talas forestais.
- Arquetas de pluviais das polideportivas.
- Sobre o camiño municipal en Frais (Cecebre).
- As obras da Escola de Música.
- Sobre as subvencións da Deputación Provincial culturais.


Categoría: Plenos - Publicado o 20-09-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Recuperemos a Ría do Burgo

Este sábado 20 de setembro ás 19:30 horas está convocada unha nova manifestación pola Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo
http://riadoburgo.blogaliza.org/
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 17-09-2008 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG de Cambre mostra a súa preocupación polos máis de 150 rapaces que quedan sen servizo de comedor e insta a Educación a poñer solucións
O BNG de Cambre presentará unha iniciativa no próximo pleno para que dende o Concello se inste á Consellería de Educación a dar solución aos problemas de falta de prazas de comedor escolar que existe nos colexios do municipio. Segundo os datos dos que dispón o voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, os nenos que quedarán sen servizo de comedor o próximo curso serán máis de 150 entre todos os centros escolares de Cambre o que vai repercutir de forma negativa en moitas familias do municipio.

[ler máis]
Categoría: Educación - Publicado o 09-09-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Carta aberta ao Club Financiero de Vigo

Xabier P. Docampo naceu en Rábade en 1946. Mestre e escritor. Foi mestre durante moitos anos no CEIP Emilio González López de Brexo, no Concello de Cambre.

Publicada en www.vieiros.com


Categoría: Educación - Publicado o 08-09-2008 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG presenta iniciativa no Parlamento sobre o CEIP do Graxal

O BNG de Cambre leva ao Parlamento a ampliación do colexio do Graxal e a situación do comedor do colexio

[ler máis]

Categoría: Educación - Publicado o 08-09-2008 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o segundo curso nas Galescolas con 50 centros máis que o ano pasado

[05/09/08] O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presidiu esta mañá a apertura do curso escolar para nenos e nenas de 0 a 3 anos na nova Galescola de San Roque, en Santiago de Compostela. Acompañado polo rexedor da cidade, Quintana destacou o incremento do 65% nas prazas públicas en escolas infantís nestes tres anos de lexislatura e ratificou o compromiso de contar con 85 galescolas en 2008.

[ler máis]
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 05-09-2008 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Alcalde e o Portavoz Municipal do BNG visitan o Consorcio de Igualdade e Benestar

O Consorcio estuda a construcción dunha nova Galescola en Cambre e dun Centro de Día para maiores

[04/09/2008] O alcalde de Cambre, Antonio Varela, e mailo voceiro do grupo municipal do BNG, Xabier Iglesias, reuníronse esta mañá en Santiago co xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para propor a cesión dunha parcela na zona do Temple para a construcción dunha Galescola e dun Centro de Día.


O terreo previsto para a cesión conta cunha superficie de preto de 2.000 metros cadrados e se sitúa na parroquia máis poboada deste municipio coruñes, a do Temple, con máis de 8.000 habitantes. Tanto o rexedor, Antonio Varela, coma o voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, expuxeron ante a Xerencia do Consorcio a idoneidade da parcela, na que planifican a construcción dun Centro de Día para persoas maiores e dunha nova Galescola, que complementaría á que xa existe en Cambre, que conta con capacidade para 82 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e que, neste curso, xa ten completada a matrícula.

O xerente, pola súa parte, emprazou aos representantes municipais de Cambre a estudar, con técnicos do Consorcio, a viabilidade da parcela para que a cesión se poida materializar canto antes.
Categoría: Benestar - Publicado o 05-09-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Fenosa agrede á Fraga de Cecebre
Cambre, 4/09/08.- Disque que caeu un cable eléctrico, pásmate con Fenosa, a solución foi
cortar a árbore que estorbaba.




Aquí para evitar a caída da folla, cortamos “o mal de raiz". Que país!

Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 04-09-2008 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id

id

id

id

id

id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





contador de visitas com


© by Abertal