|
|
|
|
| O BNG denunciou a paralización na construción da beirarrúas Cambre ao Instituto |
|

O BNG denunciou a paralización das obras de construción de beirarrúas na Cambre-a Rocha, no lugar dos Campóns , ademais de mostrar a súa preocupación pola “sorprendente” estreiteza que teñen algúns tramos.
[ler máis]
[Ver albúm] |
|
|
|
|
| A Confederación replantará os plátanos catalogados que tallou |
|
 A Confederación replantará tal e como esixiu o BNG os dous plátanos catalogados que foron tallados na antiga estrada da Deputación, na ponte das Insuas.
[ler máis] |
|
|
|
|
| En resposta ao BNG, o Goberno recoñece que Tráfico recada en Galiza dez veces máis do que inviste en seguridade viaria |
|

A recadación incrementouse nos tres últimos anos mentres que o investimento en seguridade viaria diminuíu
O incremento da recadación de Tráfico foi xeneralizado en todas as provincias, en especial nas de Lugo e Ourense.
“Esperamos que as constantes reticencias do Goberno Central a transferir Tráfico e Seguridade Viaria a Galiza non teñan que ver con esta situación”
[ler máis] |
|
|
|
|
| Proposta para a creación dun programa de voluntariado medioambiental do Concello de Cambre |
|
O BNG presentará no vindeiro pleno da próxima semana unha moción para a creación dun programa de voluntariado medioambiental municipal cos obxectivos do coidado e posta en valor das rutas homologadas, do entorno do Río Mero e, da preservación e posta en valor do patrimonio forestal e natural do territorio municipal. Para este obxecto o BNG propón unha ampla campaña de difusión e captación de persoas voluntarias, tendo como meta a súa formalización dentro deste ano.
[ler máis] |
|
|
|
|
| Pleno ordinario 28 de agosto de 2008 |
|
 Castiñeiros centenarios talados no camiño Inglés (Adro de Sigrás)
Ás 20:30 h no salón de plenos coa seguinte orde do día:
1º) Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria de 26 de xuño e sesión extraordinaria de 29 de xullo de 2008.
2º) Aprobación, se procede, das bases das bolsas de estudo para o curso 2008-2009.
3º) Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza reguladora da prestación dos servizos contidos no “Programa Mañanceiro”, inscrición e selección dos solicitantes.
4º) Mocións
[Ler moción: Para o inicio dun programa de voluntariado medioambiental do Concello de Cambre]
5º) Informes da Alcaldía
6º) Rogos e preguntas
[Ler rogos e preguntas para o pleno]:
- As beirarrúas en construción entre a Ponte das Insuas e os Campóns.
- Os "plátanos de sombra" tallados na estrada CAmbre á Rocha.
- Datos de escolarización para o curso 2008-2009.
- Os traballos de elaboración do Plan Xeral.
- O vouluntariado de Cambre.
[Ler preguntas para as comisións informativas]:
- Estado das contratacións en curso.
- Sobre a cotnratación do srvizo municipal de mantemento do subministro de auga e do saneamento.
- Sobre a contratación da limpeza nos edificios municipais.
- Mantemento do parque das Gamelas.
- Insalubridade no parque infantil do Campo da Feira.
- Paralización das obras en marcha no Temple.
- As obras da Escola M. de Música.
- Sobre as subvencións da Deputación para investimento, actividade cultural e para a Rede de actuación culturais. |
|
|
|
|
| ALERTA E VIXIANTE |
|
Un poema de Lois Pereiro |
|
|
|
|
| Obras da escola de música |
|
.jpg)
As obras continuan, aínda que con retraso. Comezan a cubrir o que será unha grande praza sobre as instalacións.
[ver albúm] |
|
|
|
|
| Exposición ISTO NON É UN AVE |
|

A Asociación de Afectados AVE tramo A Coruña-Betanzos organiza unha EXPOSICIÓN SOBRE O TRAMO DO AVE EN CAMBRE na sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre do 16 ao 30 de agosto de 2008. Horario de visita de 10 a 14 horas.
Ver albúm de fotos
|
|
|
|
|
| A Executiva Nacional acorda un paquete de medidas |
|

O Consello Nacional do día 30 de agosto fixará a data da Asemblea Nacional, prevista para o mes de outubro
|
|
|
|
|
| Plátanos catalogados, cortados na estrada da vella ponte das Insuas |
|
 Non hai que controle isto?
[ver albúm de fotos]
O BNG de Cambre denunciou a tala de varias árbores catalogadas patrimonialmente na antigua estrada da Estación, a carón da ponte das Ínsuas.
A formación nacionalista demandará a actuación urxente tanto do Concello de Cambre coma da Deputación Provincial, ésta segunda coma responsabel da vía.
[ler máis] |
|
|
|
|
| Apoiaremos os orzamentos deste ano |
|

[ler máis no blog de Xabier Iglesias] |
|
|
|
|
| Nace o novo portal web de Nsaio, un foro de encontro e intercambio arredor dos novos talentos musicais do país |
|

O director xeral de Xuventude e o director xeral de Creación e Difusión Cultural presentaron hoxe o novo portal da internet. A web acollerá as microwebs dos grupos noveis galegos, información da Rede Galega de Locais de Ensaio e un novidoso espazo para escoitar en liña as cancións dos artistas. Máis de 400 grupos musicais de toda Galicia ensaian xa nos 17 locais en funcionamento no país.
[ler máis] |
|
|
|
|
| A Corporación aproba una proposta do BNG para a construcción dun aparcamento para O Temple na rúa Francisco Rodríguez |
|
A corporación local aprobou por unanimidade a proposta presentada polo BNG de Cambre na que solicitou ao goberno local que inicie a contratación dunha asistencia técnica externa, para o estudo técnico e financeiro da construcción dun aparcadoiro soterrado no ámbito da Rúa Francisco Rodríguez, no Graxal-O Temple.
[ler máis] |
|
|
|
|
| A Corporación Local aproba por unanimidade unha Auditoría enerxética do Concello |
|
A Corporación Local aprobou por unanimidade unha proposta do BNG de Cambre na que demandaba a contratación dunha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.
[ler máis] |
|
|
|
|