POR UNHA MAREA GALEGA


Unha Corporación con moito entreguismo e querencias antidemocráticas
Estaba visto, realmente non había marxe para as dúbidas e se confirmou o que era de esperar: O PSOE ten o seu mellor alicerce nun PP totalmente entregado e nunha IU que se debate entre o ser e o non ser.



31 de agosto de 2007.- Debe ser, o de Cambre, o goberno en minoría máis estábel de todo o País. Sete concelleiros/as (no goberno) vapulean a catorce (na oposición) nunha demostración de poderío propia dos super-herois americanos. Ainda que a quen realmente intentan vapulear non é a toda a oposición, é ao BNG. Aos demais simplesmente os torean e os convirten en comparsas da representación. Iso sí con auténtica maestría. Desde a “sorte” de muleta ao “estoque” final, os touros, -ainda que máis parecen mansos-, van entrando ao trapo sen se dar conta –ou sí?- da xogada.

E cal é o sistema? Moi fácil, seguindo a vella máxima de “divide e vencerás”. Ainda que coido que non lles costou moito esforzo e, probabélmente, o mercadeo se ten cerrado con ben poucos custos para quen paga. O PP seguramente se sinte ben pagado coa financiación dos seus gastos eleitorais e con garantir que o BNG esté fora do goberno. Ben barato se entrega¡ E IU? Nin se sabe. Se cadra nen eles o teñan claro.

De novo voltou ao debate o meneado asunto da reducción dos gastos políticos. Os da oposición, claro, porqué o goberno de super-herois de cada Pleno saca máis e mellores prebendas para traballar con comodidade. Neste, por exemplo, coa complacencia da dereita e da esquerda, meteu no peto 64.000€ anuais para persoal de confianza e 30.000€ para o coche oficial do Alcalde. Case nada e, mentras tanto, os grupos municipais na oposición non dispoñemos tan siquera dunha mesa onde poder traballar, onde recibir aos veciños ou un buzón on recibir as comunicacións. E iso ao PP parécelle ben. Claro, eles sí teñen despacho. Cando se debatía o asunto do persoal de confianza para o goberno tiven que recordarlles que hai sistemas políticos que son moi aforradores, que teñen moi contido o gasto político: as dictaduras. Aí non hai gastos eleitorais – non hai eleccións-, non hai gastos para os grupos políticos –non hai partidos-, non hai gastos por sesións de órganos como plenos e comisións –simplemente non hai representantes eleitos aos que indemnizar-. Este tufillo a fascismo é o que planea de maneira constante nos últimos debates en Cambre. Agora ben, incoerente e contraditorio porqué se a PP e IU lles preocupara de verdade a contención do gasto público por que permiten que o Goberno se asigne salarios de “escandalo” (isto non o dixo o BNG, dixéronmo os outros) e medios humáns e técnicos que entre uns e outros chegan aos 600.000€ ao ano. Se foxen coerentes tíñanno ben fácil: sumarse ás propostas do BNG de negociar un reparto de medios equitativo e, porqué non, que reducira gasto. As matemáticas son implacabeis a oposición podería sumar 14 fronte aos 7 do goberno. Pero non porque a verdade é que só fan discursos demagóxicos para a galería. Na realidade practican o entreguismo e móstranse como abducidos por uns gobernantes que, nalgún dos casos, nin en Cambre viven nin aquí pagan os seus impostos. Ao representante de IU tiven que recordarlle onte que había que practicar algo a coerencia. Que xa estaba ben de falar de aforro e de contención cando o seu partido en Ferrol estaba a dar un exemplo perfecto de todo o contrario. Resulta que IU, nunha das cidades máis deprimidas do País, na única institución municipal que goberna en toda Galiza, apoia uns gastos políticos e se ten asignado uns salarios que son record na nosa comunidade. Iso é o que fan en Ferrol e pretenden vir aquí a dar leccións de austeridade, xa lles vale¡
A proposta do BNG de que todos os grupos municipais (incluido o do goberno) poideramos dispor dun traballador contratado ao servizo do grupo, só contou co apoio do representante de Partido Galegista, ademais do noso. Os demais, preferiron apoiar ou consentir a proposta gubernamental socialista –todo para mín-.
Que pensarán os eleitores populares, os mesmos que puxeron a sete representantes seus no consistorio, do que está a facer o PP en Cambre? Farán campaña eleitoral conxunta en Cambre socialistas e populares nas vindeiras eleccións xerais? Como lles quedará o xesto aos votantes da dereita cando, pouco a pouco, se vaian enteirando de que os seus representantes son os que sosteñen a “Tonecho” na Alcaldía? Porque detecto, falando coa xente, que moitos non o saben. Hai, mesmo, quen pensa que seguimos gobernando en coalición (PSOE-BNG), bon despiste¡ E non pasa nada. Non é pecado que o PP apoie ao PSOE, só é curioso. Eles saberán en que se basea tal alianza. Se cadra quen ten moito interese en coñecer os fundamentos dese extraño pacto son os votantes socialistas e populares. A eles é a quen deberían explicarllo, non ao BNG.

Polo demais o Pleno seguíu cos parámetros de costume. Aprobamos entre todos unha moción popular para arranxar o vello camiño de Meixigo. Aprobamos, tamén, despois de correxirlle unhas cantas inexactitudes e desenfoques unha moción de IU en solidariedade con Perú. E, estaba visto, non deixaron debater a que presentabamos nós impugnando os acordos de creación e composición das comisións informativas. Defectos de forma na presentación, dixeron. Había que presentala con tres días e non con dóus de antelación e, claro, ao Alcalde non lle déu tempo a estudiala e o PP, solícito coma sempre, considerou que debía socorrelo. Pero non se preocupen porqué insisteremos e, non descartamos –depende da resposta- acudir aos tribunais. Unha cousa é que consideremos lexítimo e aceptemos as decisións da maioría ainda que non nos gusten, e outra é que vaiamos a consentir unha lesión aos nosos dereitos saltándose as leis e as regras de xogo. Volveremos con isto o vindeiro mes.

Logo de case dúas horas e media, o Pleno rematou coa contestación do goberno aos rogos e preguntas dos grupos municipais. O de sempre, que se “xa está previsto”, que se “imos miralo”, que se “imos incluilo nun Plano de actuacións”…o de sempre, aquilo de “estamos en ello”. A ver se é certo. Nos sí que estamos nos asuntos e imos exercer o noso papel de vixiancia e control, ainda que nos neguen os medios.
Por certo desde hai un mes non contestaron ainda a unha nosa pregunta formulada no Pleno de xullo: Hai algún expediente de disciplina urbanística instruido a algún membro do goberno local? Pois no semella tan cmplicada de respostar: Sí ou Non. Non lle vexo a dificuldade. Teremos que utilizar outras vías para o averiguar?

Falando de falar. Quen pense que o idioma que predomina en Cambre é o Galego que se desengañe. Parecemos unha minoría étnica os que o empregamos. Só o BNG e algún concelleiro máis, ocasionalmente, o usan. Unha marabilla¡ Será debido a isto o da falta de entendimento? Claro, falamos “idiomas distintos”.

Xabier Iglesias
Portavoz nacionalista en Cambre

31 de agosto de 2007
Comentario (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 31-08-2007 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
VOTO PARTICULAR DO BNG SOBRE A PROPOSTA DO ALCALDE DE CONTRATAR ASESORES DE CONFIANZA PARA O GOBERNO
PRESENTADO PARA O SEU DEBATE NO PLENO DE XOVES, 30 DE AGOSTO

VOTO PARTICULAR polo que se propon a modificación do dictamen do punto 7º da orde do día do Pleno sobre: “aprobación do número características e retribucións do persoal eventual”.


VOTO PARTICULAR



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.


O sistema político do que nos temos dotado básase, entre outros principios constitucionais, no funcionamento dos grupos políticos como instrumento de representación, control e goberno. Toda a normativa e lexislación derivada da nosa Constitución fai especial atención ao respecto a estes principios e, regula precisamente os límites das maiorias para garantir, en calquer caso, que as minorias poidan exercer as súas funcións con todos os dereitos e contando cos medios adecuados ás posibilidades de cada institución. Por iso, tan importante é para o sistema democrático que quen goberna teña a súa disposición os mellores instrumentos para exercer a súa función executiva, como que, os grupos da minoría – ou non gobernantes- conten, asemade, cos medios e instrumentos de traballo adecuados para desenvolver acaidamente a súa función de elaboración de propostas e alternativas e, tamén, de control e fiscalización do labor executivo.
E isto é especialmente importante en Concellos que, como o noso, tan só se reserva ao grupo de goberno a adicación política profesionalizada.

Neste caso unha maioría de representantes eleitos que formamos a Corporación (14 sobre 21) e que formamos parte de 4 grupos municipais distintos debemos, no exercicio dos dereitos que nos corresponden, dotarnos de medios para desenvolver as nosas funcións de defensa dos intereses cidadáns.

O Grupo municipal socialista gobernante (7 sobre 21) ten a súa disposición toda a infraestrutura e medios humanos municipais e, ademais, conta coa adicación profesionalizada dos seus sete membros. Coa súa proposta de creación de prazas de persoal eventual pretende aumentar, en dóus dos casos, o persoal político do seu grupo por unha vía que non foi a que decidíu o resultado eleitoral. Isto quedou ainda máis claro coas explicacións que o protavoz socialista deu na Comisión Informativa na que se dictaminaba o asunto: O asesor de comunicación adicaríase a percibir as demandas informativas da poboación e a detectar as peticións e solicitudes cidadáns e, a canalizar a información. Ademais tamén trería como funcións “transmitir a información” aos GGMM na oposición. Funcións todas estas enminentemente políticas e propias, precisamente, dos concelleiros e concelleiras que forman o goberno. A que se van a dedicar os gobernantes entón? Poderíamos preguntarnos. Ademais, por acordo plenario, está pendente a constitución dunha Comisión Informativa Especial denominada: “de Participación cidadá e comunicación municipal” que será de onde partan as propostas par organizar e definir a comunicación municipal. Tamén recentemente, despois dun concurso público, tense asinado o contrato cunha empresa de comunicación por perto de 19.000€ para levar a cabo unha parte desas funcións. Serían 49.000€ directos en comunicación ao que lle habería que engadir as partidas de protocolo e publicidade á disposición do goberno. No caso do Asesor de seguimento de proxectos, e tamén seguindo as explicacións xustificativas dadas, o seu papel sería o de seguir os proxectos e subvencións en curso e evitar que “se perdera un só euro”. Coidamos que a plantilla técnica, tanto fixa como eventual, coa que conta este concello é máis que suficiente e, desde logo, coa súa profesionalidade acreditada para garantir que as decisións municipais sobre proxectos e investimentos sexan cumpridas. É misión de quen toma as decisións, de quen goberna facer ese seguimento, marcar as prioridades de traballo do persoal municipal e exercer a función de control e de relación inter-institucional necesarias para que as directrices de goberno sexan cumpridas. O mesmo que no outro caso repetiríamos a pregunta: ¿a que se queren adicar entón o Alcalde e os seis tenentes de Alcalde do seu equipo?

A respeito da outra proposta incluida : de creción dunha praza de secretaria/o de grupo de goberno, manifestamos o noso acordo. Cremos que a coordenación do Grupo de Goberno e do propio GM que o sustenta, organizar a axenda, procurar e organizar a información sobre os asuntos de interese para o GM, atender comunicacións de todo tipo, etc…, fai preciso que unha persoa esté adicada a estas tarefas. Pero da mesma maneira todas estas funcións son imprescindíbeis en todos os GGMM sobre todo cando están na oposición e os seus componentes teñen que compatibilizar as súas profesións e traballos coa actividade municipal.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do BNG de Cambre, ao aveiro do ROM formula este voto particular que plantexa a modificación da proposta sobre o número, características e retribucións do persoal eventual e somete á consideración e aprobación do Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:


1. Creación dun posto de secretario/a de Grupo Municipal adscrito a cada GM legalmente constituido, cunha retribución de 20,908,67€ anuais.


Xabier Iglesias Oviedo
Voceiro do GM do BNG



Cambre, 29 de agosto de 2007
Comentario (1) - Categoría: Plenos - Publicado o 29-08-2007 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
IMPUGNACIÓN SOBRE A CONSTITUCIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS
MOCIÓN PARA O PLENO DE 30 DE AGOSTO


Impugnación e proposta de rectificación do acordo plenario de 13 de xuño de 2007 de organización polo que se decidiu a creación dos órganos colexiados municipais, a súa composición e o réxime de reunións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.


No punto 4º da orde do día do pleno extraordinario de 13 de xullo debatíuse e aprobouse a proposta de Alcaldía sobre “creación e composición das comisións informativas permanentes, da comisión especial de contas e das comisións especiais”.

Este punto foi un dos máis debatidos no mencionado Pleno en consonancia coa importancia do asunto. Lembremos que, segundo explicou este portavoz, o que se estaba a dirimir eran os instrumentos de participación política dos grupos municipais e dos concelleiros e concellerias para o resto da lexislatura.

No transcurso do debate, por parte do BNG, expuséronse varias razóns polas que se consideraba a proposta da Alcaldía como un paso atrás nos dereitos de participación política en Cambre e, mesmo, irregular desde o punto da vista das normas legais de funcionamento da Corporación. Punto de vista que como é sabido, chocou coa postura intransixente e inamobíbel de quen formulaba a proposta e, co apoio explicito do PP, quen coa súa abstención facilitou a aprobación dunha proposta que recorta os dereitos de participación dos concelleiros e concelleiras que non forman parte do goberno. Postura, esta, que máis aló de consideracións éticas ou políticas, destaca por sorprendente, pois sorpresa é o que provoca que un grupo político apoie a aprobación dunha norma que diminue e recorta os seus dereitos de participación e os dos seus membros.

O BNG formulou no Pleno de organización, ademaís da súa oposición a esta proposta, unha serie de dúbidas sobre a legalidade dos acordos que se ían adoptar, e que, ao cabo, foron adoptados. Nese sentido manifestaba que lle parecía insuficiente, desde o punto de vista da xustificación xurídica, a relación e interpretación de disposicións legais presentes na propia proposta da Alcaldía e , botaba en falla, un informe asinado por técnico competente, que garantira e xustificara a legalidade da proposta. Por iso, dias despois, o 20 de xullo, este portavoz do GM do BNG, presentou por rexistro de entrada un documento con varias preguntas que pretendía botar luz sobre as dúbidas plantexadas. As preguntas formuladas na solicitude de informe á Secretaría Xeral do Concello, foron contestadas por escrito o pasado 20 de agosto, en documento asinado pola Sra. Secretaria Xeral do Concello e, cun anexo asinado pola Sra. Interventora.

Debemos, neste punto, manifestar o noso agradecimento pola elaboración deste informe, sabedores de que o RD 1174/87 de 18 de setembro que regula o réxime xurídico dos Funcionarios de Habilitación Nacional, no seu art. 3-a, contempla a obriga de elaborar ditos informes entre outras razóns , á solicitude dun terzo dos concelleiros da Corporación e, neste caso, a solicitude presentada polo BNG pódese entender respaldada por catro e non polos sete que, en rigor, define a norma.

Lamentabelmente o informe no contesta satisfactoriamente ás dúbidas do BNG. Probabelmente porque non soubemos, quen as formulamos, acertar coa redacción máis clara. É, pois, un erro propio o non saber transmitir correctamente as cuestións a informar que solicitabamos. Outra cousa son as consideracións de tipo defensivo ou, nalgún caso, valoracións políticas sobre os debates e posturas adoptadas polos GGMM, e nomeadamente polo BNG, que sorprenden vindo de funcionarios municipais e polas que, sen compartilas, manifestamos o noso respecto, como non podería ser doutro xeito, polos seus contidos e polo exercicio de liberdade de expresión que supón, máis aló de que se poda discutir sobre a súa ideonidade no tempo e no lugar nos que se formulan.

Outra cuestión, xa dixemos que con seguridade debido a unha formulación incorrecta das nosas preguntas, é que as repostas aclaren as dúbidas e satisfagan e, polo tanto, den por pechado o asunto.

Con referencia ao número de Comisións Informativas Permanentes, coñecemos o estipulado na LALG e no ROM. Estamos dacordo, xa que logo, con que a creación dunha soa comisión permanente, máis a Especial de contas sería suficiente para cumprir cos preceptos legais e normativos vixentes. Neste caso só cumpre destacar que o único incumprimento que se produce é o da vontade política da maioría que aprobou o ROM en abril de 2000, que redactou no art. 79.2 a recomendación de que o número de comisións se correspondese, no posíbel, co número e denominación das grandes áreas de goberno. Digamos que o que se trasgrede no é a lei pero sí a vontade de existencia de instrumentos de participación. Non estamos a falar de que a realidade non faga posíbel igualar as comisións ás áreas de goberno. Iso sería se a proposta aprobada contemplara seis, ou cinco, pero cando son tres as aprobadas o único que indica é a intención de limitar os dereitos de participación por parte deste goberno e da maioría que o apoia. Ignorando a letra e o espíritu do ROM. Iso sí, coa legalidade da súa parte.

Respeito da composición das Comisións o asunto é outro e imos tentar explicalo. Hai varios puntos e referencias na resposta que son certos. Pero hai outros que non se indican e que, por non estar informados previamente (á celebración da sesión do Pleno) poden dar lugar a que os concelleiros e concelleiras que tomamos as decisións non contaramos con todos os elementos de xuizo necesarios para formar a nosa vontade e poideramos decidir, ao fin, pola posición máis adecuada. A decisión adoptada polo Pleno supuxo a creación de tres comisións informativas permanentes. A composición de ditas comisións estableceuse mediante un representante de cada grupo político formalmente constituido (cinco) aplicandose o sistema de voto ponderado para a toma de decisións.

Desde o noso punto de vista con esta decisión vulneráronse varios preceptos, tanto de forma, de procedimento, como de fondo que deben dar lugar a que o acordo adoptado sexa considerado nulo. O Artigo 15 do Regulamento Orgánico Municipal vixente establece:

1.-Os concelleiros terán o dereito de asistir con voz e voto ás sesións do Pleno da Corporación e ás das comisións das que formen parte. Así mesmo, poderán asistir, sen dereito a voto, ás sesións das comisións das que non formen parte, do xeito que se regula no artigo 139.1 do presente Regulamento.

2.-Os concelleiros terán dereito a formar parte, polo menos, dunha comisión, e a exerce-las facultades e desempeña-las funcións que este Regulamento lles atribúe.

Da leitura deste artigo e da súa comparación coa decisión adoptada polo Pleno resulta incontestábel que se ten producido unha vulneración desta disposición do ROM. Un ou unha edil nacionalista (como mínimo), catro populares e catro socialistas( tamén como mínimo) non formarán parte de ningunha comisión. Transgredíndose así o establecido no ROM. E fáise nada menos que contradecindo un artigo (o 15) situado no comenzo do Título II do ROM que fala do Estatuto dos membros da Corporación e que ademais é o segundo artigo do seu Capítulo 1º, nen máis nen menos que o que regula os Dereitos dos membros da Corporación. Dereitos que, como se vé, foron recortados. E aquí non se fala de “se é posíbel ou de que se procurará”. O ROM é rotundo e non deixa lugar nen a interpretacións nen a equívocos: Os concelleiros e concelleiras teñen dereito a formar parte, cando menos, dunha comisión.”

A decisión tomada polo goberno e pola maioría que o apoia ou consinte, vulnera as normas de funcionamento e a lexislación vixente e condena a un recorte de dereitos ilícito a, cando menos, nove concelleiros ou concelleiras desta Corporación.

Poderase argüir que a aprobación desta proposta conlevaba de maneira implicita unha reforma do ROM. É evidente que o Pleno ten competencia para aprobar e, naturalmente, modificar o ROM. Mesmo non temos dúbidadas en que o actual goberno co respaldo maioritario que ten no Pleno vai a facelo pero, para isto, é necesario que se cumpra a lei, que se respecten as regras de xogo e polo tanto os procedimentos. Se se quere modificar o ROM á baixa que se faga, pero con transparencia, con luz e taquígrafos. E a lei dí que o Regulamento Orgánico necesita para a súa aprobación, derogación ou modificación da maioría absoluta da Corporación. Así se fai constar no 47/2/f da Lei 7/85 reguladora das Bases de réxime local.

2. Requírese o voto favorable da maioría absoluta do número legal de membros das corporacións para a adopción de acordos nas seguintes materias:

f. Aprobación e modificación do regulamento orgánico propio da corporación
Deducimos, segundo o visto, que o procedimento seguido non sustentaría a modificación do ROM. Lembremos que foron sete os votos a favor, os mesmos que en contra e os mesmos que as abstencións populares. Empate que se solucionou co voto de calidade do Alcalde pero lonxe dos once votos que, hoxe por hoxe, constituen a maioría absoluta nesta Corporación. Ao noso entender isto, por sí só, debería bastar para considerar nulo o acordo adoptado.

Pero hai máis, o sistema de votación adoptado é o do voto ponderado –denominado “sistema catalán” segundo acabamos de ser ilustrados polo informe emitido pola Sra. Secretaria o día 20 deste mes- consolidando desta maneira a restricción á participación efectiva de todas e todos os membros da corporación na fase de estudio e dictamen das decisións.

Sería arduo e complexo para un grupo municipal estudiar e poder argumentar con completo fundamento todos os factores de tipo legal ou xurídico implicados neste asunto. Estudiar e dirimir, por exemplo, se os casos nos que se emprega o voto ponderado por algunha institución, sexa local ou autonómica, nalgún órgano de representación e participación dos seus cargos eleitos, anula a participación proporcional en todos os demais ou, como pode ser caso, se a aplicación dun representante por agrupación con voto ponderado só se fai logo de garantir que todos e todas as representantes eleitas teñen asegurada a súa participación nalgún dos órgaos colexiados permanentes creados. Ou, mesmo, gustaríanos que estivese ao noso alcance o acometermos un estudio comparado das prácticas organizativo-xuridicas das institucións locais galegas e, así, podermos formar unha idea máis fundamentada. Pero é evidente que cos medios postos por este goberno á disposición da oposición e sen o asesoramento necesario é tarefa inviábel.
Aínda así, este GM, preocupado e dubidoso con este asunto –lembro máis unha vez que estamos a falar dunha presunta limitación de dereitos das persoas eleitas- encontróuse con fundamentos xurídicos que, ao noso entender, deixan sen defensa ás argumentacións que sustentan a decisión adoptada polo Pleno de 13 de xullo respecto da creación e composición das comisións informativas permanentes.

Se ben é certo que a LALG recolle a posibilidade do sistema do voto ponderado para o funcionamento da Comisión Especial de Contas –de constitución obrigatoria en todos os concellos- e, ao tempo contempla a posibilidade de facer extensivas as súas regras de funcionamento a outras comisións informativas, non é menos certo que en ningún caso explicita que o sistema de voto ponderado permita que algun dos cargos eleitos poida quedar sen participación nalgunha comisión. Supoñemos que desta mesma Lei é da que se fixo transposición ao ROM de Cambre, recollendo de modo literal estes preceptos pero, coa matización sobre os dereitos de concelleiras e concelleiros recollida no art.15.2 do Capítulo I do Título II do vixente ROM como ficou explicado anteriormente. E era lóxico e, mesmo, un motivo de orgullo para Cambre. Porqué no fondo o que se fai no Rom vixente e asegurar de maneira inequívoca o precepto constitucional de participación dos representantes do pobo. Garantíndolles a súa presenza aló para onde foron elexidos por veciños e veciñas: en todos os órganos de debate, información e decisión que conforman a institución municipal. O contrario podería considerarse como unha perversión da vontade popular. Estamos elexidos e elexidas para velar polos intereses da cidanía que nos vota, en todos os órganos de participación da institución da que somos representantes, iso sí, coa representatividade que nos dan os votos, coa súa proporción. Pero que se respecte a proporcionalidade,- e o voto ponderado faino-, non é suficiente porqué prescinde da participación directa dos cargos eleitos en fases fundamentais para a toma de decisións que afectan a cidadanía depositaria da soberanía popular.

E hai que ter moito coidado con tal liña de pensamento xa que podería levarnos a unha transgresión do sistema político do que nos temos dotado. Habería, mesmo, quen poidera interpretar que ademais de contradecir o ordenamento xurídico estariamos saltándonos piares básicos dos fundamentos filosóficos e éticos do sistema democrático de noso.

Imaxinemos, porqué non?, que tamén se podería interpretar que o resultado das eleccións en Cambre e o desenvolvemento dos acontecimentos posteriores, nos deixan unha foto fixa para catro anos e, apartires dela, partindo da representsatividade acadada, o máis importante principio de actuación deberá ser o de “eficacia e eficiencia”. Poderiamos chegar a extremos máis exóticos na interpretación do que vai ocorrer: os sete votos socialistas serían abondo para sacar calquer tema adiante que non precise maioría absoluta, semella que a abstención popular estaría asegurada para garantir maiorías simples e, probabelmente o voto popular, nun exercicio de responsabilidade institucional, sumaríase ao voto socialista cando se requerira maioría absoluta por imperativo das normas. Conclusións: suprimamos os órganos colexiados, mesmo o Pleno que como moito podería ficar reducido a un representante por grupo –con voto ponderado 7+7+4+2+1-. Sobramos 16 concelleiros e concelleiras dos 21 que formamos a Corporación. Desde logo conseguiriamos uns órganos máis axiles e, grande argumento¡ , máis económicos e menos gravosos. Sen dúbida. O erario público podería aforrar importantes fondos reducindo o gasto que tanta comisión e Pleno xeran. Pero ollo co lugar a onde nos levan tales liñas argumentais. As democracias invisten en democracia, non “gastan” en democracia. Para aforrar xa foron os tempos de antes, de antes de 1975 referímonos, e desde o BNG non lles arrendamos a ganancia dese aforro. Nos apostamos por investir en democracia e por seguir a consolidar entre todos e todas un sistema no que acreditamos. Precisamente a democracia non consiste en consolidar os privilexios das maiorías, se non, con todo o respecto á vontade maioritaria, asegurar de maneira estricta os dereitos das minorías. Supoñemos que todo o mundo sabe do que se fala cando se cita que vivimos nun estado de dereito. Pois desde o BNG invocamos o respecto ás normas, as regras de xogo, á lei para que poidamos, todos e todas, confirmar que, efectivamente é o estado de Dereito o que rixe o funcionamento da nosa sociedade.

Estabamos, deciamos antes, preocupados por este asunto e concluimos que nos parecía moi raro que este mesmo debate non se tivese producido nalgún outro lugar con anterioridade. Sabemos que non é un tema que preocupe aos cidadáns e cidadás de Cambre, seguro que non, pero é responsabilidade nosa, dos que somos os seus representantes, asegurarmonos de nos dotar dos mellores instrumentos para defender os intereses de quen nos votaron. Parécenos que o esforzo paga a pena.

Buscando, pois, antecedentes sobre este asunto atopamos que o Tribunal Supremo, en sentencia da Sala Terceira da Sección 4ª do Contencioso Administrativo, de 8 de febreiro de 1999, diante do recurso de casación 3744/1993 e, invocando mesmo preceptos constitucionis, estamos a falar de dereitos fundamentais recollidos entre outros no art 23.2 da Constitución, falla en contra do establecimento do voto ponderado como sistema de exercicio da representación municipal através das comisións informativas. Nesta sentencia, a Sala lembra a doctrina establecida noutra sentencia de 28 de novembro de 1995, na que tivo ocasión de sinalar que o establecimento do voto ponderado nas Comisións informativas desborda a potestade de autoorganización dos concellos, posto que perxudica o estatuto individual dos concelleiros, ademais do principio de proporcionalidade. Pois se ben é certo que os acordos municipais que establezan o voto poderado, posibelmente, permitan acadar dita proporcionalidade, iso sería só no aspecto funcional da adopción de acordos polas comisións, pero non na súa estrutura ou composición.

Transcribimos a continuación un amplo extracto da setencia citada que, por economia, non leremos na súa totalidade, pero da que repetiremos un breve párrafo:




Sentencia TS, de 8 de febreiro de 1999
Recurso de Casación 3744/1993
Sala Terceira da Sección 4ª CONTENCIOSO ADMINISTRATIVA


Na Vila de Madrid, a oito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Visto pola Sección Cuarta da Sala Terceira do Tribunal Supremo o recurso de casación núm. 3744/1993 interposto polo Letrado do Servizo Xurídico da Deputación Provincial de Sevilla, en representación e defensa do Concello de Castilleja de la Cuesta, contra a Sentenza, de data 3 de febreiro de 1993, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, con sede en Sevilla, no recurso de devandita orde xurisdiccional núm. 5272/1991, no que se impugnaba acordo municipal adoptado en sesión extraordinaria, sobre creación de catro Comisións Informativas establecendo o «voto ponderado» dos seus membros, sen que se acudiu parte recorrida algunha.


FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO.-O recurso de casación formúlase por único motivo, ao amparo do artigo 95.1.4º Lei da Xurisdición de 1956 por infracción das normas do ordenamento xurídico e da xurisprudencia aplicable que se concreta na vulneración dos artigos 4.1 c) e 20.1 c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local (LBRL), en canto recoñecen aos municipios potestades regulamentaria e de autoorganización en relación aos órganos complementarios.
Devandito motivo arguméntase, por unha banda, mantendo a prevalencia ou aplicación preferente do regulamento orgánico adoptado por cada corporación local sobre calquera norma legal ou regulamentaria da Comunidade Autónoma que puidese contemplar unha regulación relativa a aspectos organizativos e de funcionamento interno das Entidades locais. Sobre esta base entende que a sentenza de instancia infrinxe dita normativa ao anular o acordo sobre o voto ponderado das Comisións Informativas que se crean, xa que o correspondente Acordo de creación ten un rango normativo equivalente ao do Regulamento orgánico. Por outra, sostense que o voto ponderado responde ao criterio de proporcionalidade dos distintos grupos do Pleno municipal; de maneira que a sentenza de instancia ao negar a observancia de tal criterio incorpora unha interpretación ríxida e excesivamente formalista do mesmo, invocando en apoio da súa tese a Sentenza do Tribunal Constitucional 30/1993, de 25 de xaneiro.
SEGUNDO.-Os artigos 137 e 140 da Constitución garanten a autonomía dos municipios para a xestión dos seus intereses e deseñan os trazos esenciais da súa organización sobre a que se pronunciou o Tribunal Constitucional (SSTC 4/1981, 32/1981, 84/1982, 32/1985, 27/1987, 259/1988 e 214/1989, entre outras). Tanto a doutrina destas sentenzas do supremo intérprete da Constitución, como a xurisprudencia desta Sala sinalaron que, en materia de organización municipal, a orde constitucional de distribución de competencias fúndase na existencia de tres ámbitos normativos diferentes correspondentes á lexislación básica do Estado (art. 149.1.18 CE), a lexislación de desenvolvemento das Comunidades Autónomas, segundo os respectivos Estatutos, e a potestade regulamentaria dos municipios inherente á autonomía que a Constitución garántelles no citado artigo 140. É claro, que a potestade de autoorganización [art. 4.1 a) LBRL], ha de exercitarse no marco dos límites establecidos na lexislación estatal e nas lexislacións de desenvolvemento das Comunidades Autónomas que non poden, no entanto, invadir nin descoñecer a potestade de autoorganización que a Constitución garante á instancia municipal. Consecuentemente, o artigo 20 LBRL establece no seu apartado 1 os órganos municipais de carácter necesario, recoñecendo o parágrafo c) deste mesmo apartado a potestade de autoorganización complementaria que corresponde aos propios municipios. Potestade esta, singularizada respecto da potestade regulamentaria local, que comprende o establecemento e regulación da organización e das relacións no ámbito interno, funcionalmente requiridas para o desenvolvimiento da actividade cuxa xestión autónoma encoméndase ao Ente local, dentro do marco que deseñan os principios de competencia, reserva de lei, legalidade e xerarquía normativa que articulan o carácter plural e complexo do noso ordenamento.
Neste sentido, o lexislador estatal establece un modelo organizativo común e uniforme para as entidades municipais, a partir do cal, e con pleno respecto ao mesmo, as propias Entidades locais poden dotarse dunha organización complementaria en virtude dos correspondentes Regulamentos Orgánicos (SSTS 9 de febreiro de 1993 e 11 de maio de 1998, entre outras).
TERCEIRO.-A STC 214/1989, de 21 de decembro declarou inconstitucionais, entre outros, o artigo 5 da LRBRL, singularmente polo seu carácter interpretativo, pero levou a cabo unha interpretación do sistema de fontes que lle conduciu a declarar inconstitucionais os incisos finais do artigo 20.1.c) e 20.2 LBRL. A razón de decidir é que os preceptos citados viñan eliminar a posibilidade dun espazo normativo para a lexislación autonómica de desenvolvemento en materia de organización ao dicir, por unha banda [art. 20.1.c)] que o Regulamento Orgánico municipal non ten máis límites que os que derivan da indicada LBRL, e, por outra (art. 20.2) que as normas autonómicas en materia de organización complementaria non poden contradicir aos regulamentos orgánicos municipais. Esta previsión legal violaba a orde constitucional de distribución de competencias nesta materia que se funda no recoñecemento dos tres ámbitos normativos antes sinalado. O Regulamento orgánico municipal non prima sobre a normativa autonómica no espazo que a esta corresponde. Pero é certo que o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado por RD 2568/1986, de 28 de novembro, é norma supletoria en determinados aspectos organizativos dos Regulamentos orgánicos municipais.
CUARTO.-O punto de partida da tese da recorrente é que os acordos impugnados que establecen o voto ponderado nas Comisións Informativas, adoptados dentro dos 30 días seguintes ao da sesión constitutiva do Concello ten rango equivalente ao do Regulamento Orgánico. Pero aínda que pode resultar discutible que se trate de acto administrativo singular do Pleno, en canto a decisión afecta á Corporación na propia esencia da súa organización e funcionamento en forma tal que pode sosterse que non cabe asimilarlle ao resultado da vontade ordenada dun acto singular do Ente senón a unha vontade ordenante de organización do Concello, resulta tamén difícil, atendidos o contido e elaboración de devanditos acordos, a pretendida asimilación ao Regulamento de Organización da Corporación que prevaleza sobre o establecido no artigo 125 ROF, na interpretación dada por Sentenza desta Sala de data 30 de novembro de 1995, precisamente, sobre a admisibilidad dunha composición das Comisións Informativas que trataba de respectar a proporcionalidade mediante o recurso ao mecanismo do voto ponderado. Pero, en todo caso, calquera que sexa a natureza dos acordos do Pleno que se discuten resulta incuestionable que non poden vulnerar o principio que se deduce dos artigos 20.3, 46 e 47 LBRL e do réxime de funcionamento da propia norma legal que impide que na Comisión Informativa, como no Pleno, os Concelleiros poidan estar representados por outros para poder computar os «quorum» necesarios para a constitución ou decisión posto que o voto dos Concelleiros é persoal e indelegable, e iso é así, ata desde a propia perspectiva do artigo 23.2 CE. Así o Tribunal Constitucional, precisamente na STC 30/1993 que a parte recorrente invoca, sinala que non é admisible constitucionalmente unha composición non proporcional das Comisións Informativas xa que, ao ser divisións internas do Pleno, deben reproducir en canto sexa posible a estrutura política deste, para evitar que se elimine a participación dos Concelleiros da minoría na fase de estudo e elaboración de proposta, que é de transcendental importancia, e para evitar que se furte á minoría da posibilidade de participar con plena eficacia no estudo final da decisión. E, como tivo ocasión de sinalar esta Sala na mencionada Sentenza de 28 de novembro de 1995, o establecemento do voto ponderado en devanditas Comisións desborda a potestade de autoorganización do Concello en cuxa representación e defensa recórrese, posto que prexudica o estatuto individual dos concelleiros, ademais de ao principio de proporcionalidade que se xustifica nos principios constitucionais sinalados. Pois aínda que é certo que os Acordos municipais, que establecen o voto ponderado, posiblemente permitirían alcanzar devandita proporcionalidade, iso sería só no aspecto funcional da adopción dos Acordos polas Comisións, pero non na súa estrutura ou composición.
QUINTO.-As razóns expostas xustifican que non se estime procedente o único motivo aducido, e, polo tanto, que non haxa lugar ao recurso de casación, sendo obrigada a imposición das costas por imperativo da LJCA.

Polo exposto, en nome da súa Maxestade o Rei, e pola potestade que nos confire o pobo español,

FALLAMOS

Que debemos declarar e declaramos non haber lugar ao recurso de casación interposto polo Letrado do Servizo Xurídico da Deputación Provincial de Sevilla, en representación e defensa do Concello de Castilleja de la Cuesta, contra a Sentenza, de data 3 de febreiro de 1993, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, con sede en Sevilla, no recurso de devandita orde xurisdiccional núm. 5272/1991. E impomos expresamente a dita recorrente as costas do presente recurso.

Así por esta nosa sentenza, que deberá inserirse na Colección Lexislativa, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.-Lida e publicada foi a anterior sentenza polo Excmo. Sr. D. Rafael Fernández Montalvo, Maxistrado Relator da mesma, estando celebrando audiencia pública a Sala Terceira (Sección Cuarta) do Tribunal Supremo o mesmo día da súa data, o que certifico.



Por todo o exposto e diante dos antecedentes legais ennumerasdos, o Grupo Municipal do BNG de Cambre, ao aveiro do artigo 216-b da LALG impugna os acordos adoptados no punto 4º da orde do día do Pleno Extraordinario de 13 de xullo, dando por citados os principios legais vulnerados, a criterio deste GM. E somete á consideración e aprobación do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes ACORDOS:


1. Declarar nulos os acordos do Pleno extraordinario de 13 de xullo, no punto 4º sobre creación e composición das comisións informativas permanentes.

2. Instar ao Sr. Alcalde a convocar urxentemente a xunta de portavoces co fin de negociar unha proposta de estrutura de comisións informativas, acorde co ordenamento xurídico e regulamentario e en consonancia co respecto ao pluralismo e á representatividade da actual Corporación municipal e que respecte os dereitos de representación dos GGMM e dos seus concelleiros e concelleiras.


Cambre, 27 de agosto de 2007
Comentario (0) - Categoría: Mocións - Publicado o 29-08-2007 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
O ACORDO DE CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS É IMPUGNADO POLO BNG


O Pleno do día 30 debaterá a impugnación do BNG á creación e composición das comisións informativas.
Rexeita, ademais, a pretensión do goberno de dotarse de asesores en exclusiva e propoñerá aprobar persoal para todos os grupos municipais
.

Consonte á posición xa manifestada no Pleno de organización do pasado 13 de xullo, o GM do BNG de Cambre presentou para o seu debate no pleno ordinario deste xoves, día 30, unha moción-impugnación sobre os acordos de constitución e composición das Comisións informativas municipais. Xa naquel momento o BNG considerou como un retroceso na capacidade de participación dos edís a reducción de catro a tres comisións, pero o maís grave, ao seu entender, foi a composición proposta: un só representante por GM que utilizaría o mecanismo do voto ponderado. Durante aquel debate o portavoz municipal do BNG, Xabier Iglesias, reclamou un informe técnico de legalidade da proposta debatida. Recordou que, segundo a interpretación dos nacionalistas, estábase a vulnerar o Regulamento Orgánico Municipal e, existían serias dúbidas de que probabelmente outras disposicións do marco xurídico tamén estivesen a ser incumpridas.

Despois do estudio do acordo adoptado e de diversas consultas, os nacionalistas, afirman que esta decisión debe ser considerada nula de pleno dereito por contravir normas municipais e superiores de obrigado cumprimento. Concretamente fan mención de que o art. 15.2 do Regulamento Orgánico Municipal vixente sinala textualmente que “os concelleiros terán dereito a formar parte, cando menos, dunha comisión informativa”. Cousa imposíbel de cumprir agora tendo en conta que o BNG ten catro representantes e sete os grupos socialista e popular, sendo só tres as comisións creadas. Pero ainda máis, os nacionalistas, refírense na súa impugnación a sentencias do Tribunal Supremo nas que falla declarando que os concellos non teñen potestade para estipular o sistema de voto ponderado como mecanismo de votacións nas comisións informativas. Que estas deben estar formadas proporcionalmente á representación dos grupos e que o voto de cada concelleiro/a é indelegábel.

Estes son algúns dos motivos polos que solicitan a anulación dos acordos e unha reunión urxente da Xunta de Portavoces para negociar outra proposta que respecte a representatividade e os dereitos democráticos dos grupos municipais.

Voto particular

Noutra orde de cousas, tamén no pleno do xoves, o BNG presenta un voto particular para modificar as pretensións do Alcalde de dotarse dun equipo de tres asesores como persoal de confianza. Na proposta nacionalista acéptase nuha parte a iniciativa do goberno pero plantexa que todos os grupos municipais deben contar cunha persoa contratada para poder desenvolver o seu traballo de representación dos cidadáns. “Agardo, comentou Iglesias, que esta nosa proposta conte co respaldo de todos os grupos, polo menos dos que dicen estar na oposición, xa que se trata de repartir de maneira equilibrada os medios municipais para que poidamos representar con eficacia aos eleitores e eleitoras que nos deron a súa confianza”. Ainda que manifestou as súas dúbidas sobre a posición do PP ao respecto : “polo que levamos visto desde o comenzo da lexislatura está completamente entregado ao Alcalde socialista ao que pretendía desbancar”, "Moitas persoas en Cambre se preguntan cal é o xogo do PP", concluiu o protavoz nacionalista.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre.

29 de agosto de 2007
Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 29-08-2007 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno actual de Cambre é capaz de convertir as solucións en problemas
Procedimentos de xestión que promoven a conciliación laboral e familiar son impedidos polos gobernantes cambreses

Cambre, 28 de agosto de 2007. A punto de comenzar o proceso de matriculación dos usuarios da Galescola de Cambre, os actuais gobernantes impiden que o persoal administrativo contratado polo Consorcio poida desenvolver as súas tarefas administrativas polas tardes, co conseguinte perxuizo para moitas familias.

Así llo manifestaron ao BNG familias con nenos e nenas pre-inscritas, que se encontraron con que os trámites que inicialmente se podían facer de mañá ou de tarde, por decisión unilateral e non xustificada da Área de Servizos Sociais Municipal, quedaron restrinxidos ao horario matutino.

O Portavoz municipal do BNG, Xabier Iglesias, manifestou que “é do máis sorprendente comprobar como uns responsabeis políticos son capaces de convertir solucións en problemas”, referíndose a que unha medida estelar nas políticas de igualdade e conciliación laboral e familiar como é a creación da Galescola de Cambre, acabaselle poñendo todo tipo de atrancos, precisamente en tramitacións que deberían ser exemplares de boas prácticas nese campo.

Sorprende máis ainda, comentou, cando ao inicio do proceso de solicitudes, o administrativo habilitado polo Consorcio de Igualdade e Benestar, desenvolvia o seu traballo durante toda a xornada, o que estaba sendo moi ben acollido por moitas familias que, precisamente por iso, por traballar polas mañás, agradecían poder tramitar os documentos ás tardes.

Desde hai uns días a concelleira responsábel de Servizos Sociais prohibiu o uso das instalacións municipais polas tardes causando un perxuizo a moitas familias e sen dar nengún tipo de explicacións. Precisamente cando está a punto de abrirse o prazo de matriculación.

Iglesias recordou que a Galescola é o fruto do traballo do BNG no goberno anterior e, dixo, que o que lles moveu foi precisamente facer políticas para o beneficio da xente, politicas de igualdade e conciliación inexistentes en Cambre até ese momento. Recordóulles aos actuais gobernantes a súa responsabilidade en que esas políticas iniciadas non se trunquen e que a organización da administración ten que facerse en funcións dos intereses dos veciños e veciñas e non no dos caprichos de gobernantes. “Os gobernantes están para dar solucións e eliminar problemas, non para crealos”.
Comentario (0) - Categoría: GALESCOLA - Publicado o 28-08-2007 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario de agosto 07

Pleno Ordinario

Xoves, 30 de agosto 07.
Hora: 20:30.


Orde do día:

1) Aprobación actas de plenos anteriores.

2) Coñecemento da Resolución da Alcaldía de 20 de xullo de 2007, de modificación da ditada o día 10 de xullo de 2007, relativa á delegación de atribucións da Alcaldía.

3) Coñecemento da Resolución da Alcaldía de data 14 de agosto de 2007, relativa á delegación da presidencia das comisións informativas.

4) Coñecemento da Resolución da Alcaldía de data 21 de agosto de 2007, de designación de concellos representantes no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.

5) Proposta da Alcaldía respecto do nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados.

6) Proposta de constitutción con carácter permanente, da Mesa de Contratación para asistir ao órgano de contratación nos procedementos abertos e restrinxidos.

7) Proposta de aprobación do número, características e retribucións do persoal eventual.

8) Proposta de derrogación da Ordenanza Fiscal número 20, reguladora da taxa de actividades extraescolares.

9) Proposta de establecemento de prezo público por actividades extraescolares municipais.

10) Expediente de suplemento de crédito e crédito extraordinario número 1/07.

11) Mocións.

12) Informes da Alcaldía.

13) Rogos e preguntas.


Moción do GM do BNG

Impugnación e proposta de rectificación do acordo plenario de 13 de xuño de 2007 de organización polo que se decidiu a creación dos órganos colexiados municipais, a súa composición e o réxime de reunións.(+)


Preguntas do BNG para o Pleno ordinário de 30 de agosto de 2007


1ª Pregunta : Obras da Escola municipal de música

¿A qué e debido que as obras contratadas da Escola Municipal de Música acumulen un retraso de dous meses na data de comezo?

2ª Pregunta: Verquidos na Ría

Solicitamos que se nos informe sobre os verquidos contaminantes á Ría producidos no Temple denunciado durante este verán e sobre as medidas que se tomaron para correxilos.

3ª pregunta: Augas negras nas cunetas

Ten o goberno local un plan para eliminar os verquidos de augas negras presentes en varias cunetas das estradas por todo o Concello e que afectan con máis gravidade nos nucleos habitados?

4ª pregunta: Axudas as familias para comedores.


Cando se van a pagar as axudas as familias para comedores escolares convocadas no principio deste ano?

5ª Pregunta: Apeadeiro en Cecebre

Cando se vai a repoñer a marquesina do lugar de Apeadeiro, eliminada tras as obras da beirarúa e cando se vai a proceder a reparar o cerramento da escola unitaria, destrozado por un veículo?

Ver imaxes ...


6ª pregunta: Aparcamento da base de ambulancias de Cambre

Vaise reservar aparcamento para a base de ambulancias no centro de Saúde de Cambre?


Acta do Pleno (+)
Acta
Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 26-08-2007 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Participa nos plenos ordinarios!
Os grupos municipais utilizan as mocións, rogos e preguntas como instrumentos para o control e fiscalización do goberno municipal nos plenos ordinarios.

Se queres que tratamos algún tema que consideres que debe ser tratado e solucionarse, ou ben, aqueles asuntos que consideras que hai que dar revelancia, deixa aquí o teu comentario e estaremos en contacto contigo...
Comentario (0) - Categoría: Anuncios - Publicado o 23-08-2007 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
O AVE na imprensa


Ferrocarril eléctrico vs. AVE

Adega pide que se aposte pola implantación dun ferrocarril eléctrico, máis eficaz que o AVE para as distancias curtas, segundo o colectivo, e que se reserve a Alta Velocidade para as conexións de Galiza co exterior

ADEGA demanda que os investimentos para o tren servan para mellorar as vías actuais e os cercanías

O BNG propón axilizar o estudo do AVE Betanzos-Ferrol



O BNG pide a Fomento unha resposta sobre o estado das negociacións do AVE
Comentario (0) - Categoría: AVE - Publicado o 23-08-2007 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
A penetración das TIC nos centros de ensino non universitario galegos está entre as peores do estado


Os datos sobre o número de ordenadores por estudante ou a conexión á Rede dos centros educativos non universitarios amosan unha situación moi dispar segundo a comunidade autónoma da que esteamos a falar. (+)
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 14-08-2007 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
As axudas para a adquisición de portátiles ascenden a 200 euros
As tres universidades galegas e a Consellaría de Innovación poñen en marcha unha nova edición do programa Uniporta


O programa Uniporta para este curso achegará ós universitarios 200 euros para a compra dun portátil

Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 06-08-2007 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal