POR UNHA MAREA GALEGA


Nota informativa do gabinete de comunicación do Grupo Municipal do BNG de Cambre



NOTA DE PRENSA


Grupo Municipal
do BNG de Cambre



Mércores, 29 de xullo de 2009.-

O Grupo Municipal do BNG de Cambre mostrou hoxe a súa sorpresa despois do publicado nalgúns medios de comunicación nos últimos días. Desde o Grupo rexeitouse facer declaracións ao respecto, aínda que si se mostraron dispostos a facer dúas puntualizacións: Por unha banda, destacaron que desde finais de maio, cando comezou o proceso negociador que culminou o pasado xoves coa firma do pacto de goberno có grupo socialista, a executiva local --así como a Comarcal e a Nacional-- estiveron “constantemente informadas dos pasos que daban no proceso negociador”. Finalmente, o texto definitivo do pacto tamén foi debatido e sometido á consideración da asemblea local o pasado 11 de xullo.

Por outra banda, as mesmas fontes do grupo municipal tamén indicaron que o acordo alcanzado entre o BNG e o PSOE, para formar un goberno estable en Cambre, “está estritamente enmarcado e axustado ao que marcan as directrices fixadas polo BNG” para este tipo de gobernos de coalición co Partido Socialista no actual período lexislativo 2007-2011 e sigue as directrices do acordo marco asinado.

Para rematar os responsables nacionalistas mostraron a súa sorpresa polas informacións publicadas: “Nós non temos ningunha comunicación oficial dos órganos do partido reprendendo as nosas actuacións. Todo o contrario, sentímonos totalmente apoiados e orientados”. Neste sentido, desde o Grupo Municipal aseguraron estar unicamente centrados no traballo de goberno: “Temos un duro traballo por diante e non queremos perder un minuto nesta polémica estéril. Os veciños de Cambre déronnos o seu voto para sacar adiante proxectos e solucionar os seus problemas. Iso é o que nos interesa a nós e aos nosos electores”.


Gabinete de comunicación do grupo municipal do BNG de Cambre


Categoría: Comunicados - Publicado o 30-07-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo


PLENO ORDINARIO
30 DE XULLO


Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 25 de xuño e sesión extraordinaria do día 10 de xullo de 2009

2º Aprobación da Ordenanza reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar

3º Proposta de derrogación da Ordenanza fiscal n.º 19 reguladora da taxa por servizo de axuda a domicilio e outras prestacións sociais

4º Proposta de establecemento do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais

5º Coñecemento das resolucións de Alcaldía en materia de: modificación das áreas de goberno, modificación dos membros da Xunta de Goberno Local, modificación dos tenentes de alcalde, modificación das delegacións de atribucións pola Alcaldía en membros da Xunta de Goberno Local e delegacións especiais noutros concelleiros.

6º Mocións

7º Informes da Alcaldía

8º Rogos e preguntas



LER MOCIÓN



DESCARGAR
MOCIÓN DO BNG:
(Sobre a gratuidade dos libros de texto)

ACORDO DE GOBERNO
ENTRE O PSdeG-PSOE
E O BNG


ESTRUCTURA POLÍTICA DO GOBERNO DE COALICIÓN

· Don Antonio Varela Saavedra do PSOE, ostentará a Alcaldía.

· Don Xabier Iglesias Oviedo, do BNG, ostentará a primeira tenencia de Alcaldía.


· As áreas de goberno serán:

·PSdeG-PSOE- Alcalde, Antonio Varela Saavedra:
Urbanismo, Persoal e Réxime Interior, Comunicación.

· BNG - Primeiro Tenente de Alcalde, Xabier Iglesias Oviedo:
Medio Ambiente, Infraestruturas, Obras e Servicios Municipais.

· PSdeG-PSOE , Jaime Manuel López Lisnier:
Educación e Deportes.

· PSdeG-PSOE - Arita Prado Arcay:
Cultura e festas.

· BNG - Laura Fernández Martínez:
Igualdade e Xuventude.

· PSdeG-PSOE , Carmen Tato Lago:
Servicios Sociais e maiores. Sanidade.

· PSdeG-PSOE, José Venancio Salcines Cristal:
Economía, Facenda, contratación e Patrimonio Municipal.

· PSdeG-PSOE, Beatriz Ramos Padin:
Seguridade Cidadá, Protección Civil, Transporte e Mobilidade.
Conservación e Mantemento de Parques e Xardíns.

· BNG- Gumersinda Becerra Montes:
Turismo, Patrimonio Histórico e Natural e Medio Rural

· BNG - Antón Otero Domínguez:
Participación cidadá, Cooperación e Solidariedade


Categoría: Anuncios - Publicado o 24-07-2009 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
comunicado do BNG de Cambre sobre as agresións a unha concelleira
O PP de Cambre xustifica unha agresión contra unha muller, que ademais é representante da cidadanía de Cambre.


Desde o BNG condénase a agresión e a xustificación que fai o PP


Cambre, 14 de xullo de 2009.-

En declaracións efectuadas na tarde de hoxe, o portavoz do BNG en Cambre manifestou a súa sorpresa e indignación pola cobertura dada polos responsábeis populares de Cambre á agresión verbal dun candidato do PP contra unha concelleira de Cambre.

Dixo que o que todos esperarían do PP sería unha reprobación pública da actitude dun seu militante e candidato que se dedica a inxuriar a representes públicos. Feito máis grave aínda tratándose dunha muller, abusando da forza intimidatoria e dunhas prácticas machistas que tanto costa erradicar. Comentou que o normal sería que se dirixiran á concelleira para transmitir as súas desculpas e solidariedade pola acción dese militante, pero lonxe diso, desenterra as calumnias na que baseou a campaña electoral de 2007.

O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, manifestou a súa indignación cun PP que perdeu completamente os papeis e está instalado no "todo vale". Iglesias lembrou que en maio de 2007, en plena campaña electoral o propio presidente dos populares de Cambre, Nicolás Cubeiro, foille pedir desculpas á súa casa, en privado. "sei que non é certo e non estou de acordo co que estamos facendo", comentoulle Cubeiro naquela ocasión. Ao que, o portavoz nacionalista, respondeu que as desculpas tiñan que ser públicas e dirixidas á compañeira inxuriada, e que "en política non vale todo".

Iglesias acusou á dirección popular en Cambre e aos seus dirixentes de fomentar a crispación política e de servirse da difamación e o insulto como todo argumento político. Manifestou que é incríbel que pretendan converter a un agresor en vítima e que carguen contra unha concelleira cando exerce os dereitos de defensa que lle dá o estado de dereito, como é o de denunciar a un agresor.

Gabinete de comunicación do grupo municipal do BNG de Cambre

Categoría: Comunicados - Publicado o 15-07-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario 10 de xullo de 2009
id

Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día:

Proposta de aprobación do expediente de modificación de créditos n.º 2/2009 de suplemento de crédito

Proposta de delegación na Deputación Provincial de solicitude de compensación ante a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios e Financiamento Territorial do Ministerio de Facenda e, no seu caso, posterior recurso ante os tribunais competentes

Orzamentos xerais para o exercicio 2009

Cadro de persoal

Relación de postos de traballo
Categoría: Plenos - Publicado o 08-07-2009 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal