POR UNHA MAREA GALEGA


Éxito da manifestación do BNG e da retransmisión por internet





25.000 persoas participaron o pasado 25 de Xullo na manifestación do Día da Patria Galega, enchendo a Quintana e a Praza das Praterías cunha asistencia histórica.

As intervencións de Anxo Quintana e Iria Aboi desde o palco foron emitidas tamén por Internet e seguidas por unha audiencia media de 5.000 persoas, con picos de até 8.000 receptores, cunha acollida sen precedentes na historia das retransmisións pola rede no noso país.

Tamén podedes consultar xa os vídeos das intervencións en TeleBNG
Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Auditoría enerxética do Concello de Cambre






O BNG de Cambre presentará no vindeiro pleno desta semana (xoves día 31) unha moción na que demandará a contratación dunha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.

[ler máis]
Categoría: Comunicados - Publicado o 28-07-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno ordinario, 31 de xullo de 2008

parque recreativo das Gamelas (Anceis)


Orde do día:

1º Proposta para asumir o concello a execución da obra “nova instalación de rego no campo de fútbol municipal da Barcala”
2º Proposta de aprobación de escudo e bandeira municipais
3º Mocións:
Construción dun aparcamento para O Temple na rúa Francisco Rodríguez
Auditoría enerxética do Concello de Cambre
4º Informes da Alcaldía
5º Rogos e preguntas

- Incidentes coas canalizacións de gas.
- Máis aparcamento para o centro de saúde de Cambre.
- Ferrocarril de proximidade.
- Alumnos/as sen praza no Temple.
- Escola de música.
- Situación do voluntariado.



Rogos e preguntas para as Comisións Informativas, 29 de xullo de 2008

- Información dos movementos bancarios.
- Reunión comisión especial do Plan Xeral.
- Abandono do parque das Gamelas.
- Supresión dun camiño en Cecebre.
- Programa de vacación en Paz (Sahara).
- Programa de alimentos de Servizos Sociais.



Categoría: Plenos - Publicado o 25-07-2008 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA A SIDA, ROCK AND ROLL

ler o poema
CONTRA A SIDA, ROCK AND ROLL
Categoría: Poema - Publicado o 18-07-2008 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
En Cambre séguese sen asumir responsabilidade algunha, a culpa é doutros




Remata sen conclusións de alcance a Xunta de
Portavoces.

O que se vai facer é parte do que o BNG propuxo en xaneiro.


[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 18-07-2008 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
A Lei de Vivenda: o colofón dunha política transformadora



A futura Lei de Vivenda pecha a actividade normativa desenvolvida nestes tres anos pola Consellaría que dirixe a nacionalista Teresa Táboas. Trátase dunha rigorosa planificación lexislativa para acadar o obxectivo de garantir aos galegos e galegas o acceso a unha vivenda...

[ler máis]

Categoría: Urbanismo - Publicado o 18-07-2008 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno local incumpre os mandatos plenarios que impedirían esta sucesión de accidentes




Unha moción nacionalista en xaneiro apostaba por medidas preventivas e contou con respaldo unánime.

Acusan ao executivo de non cumprir coas súas obrigas.

[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 17-07-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentarán unha proposta ao pleno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Graxal
O portavoz do BNG anunciouno durante un encontro
cos empresarios do Temple.

Iglesias comprometeuse a apoiar as reivindicacións deste colectivo.

[ler máis]
Categoría: O Temple - Publicado o 15-07-2008 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ciencia-Ficción da man de Fernando Cortizo


Un astronauta no seu último día, e un fillo que lle espera na Terra... Con esta curtametraxe de animación do xénero da ciencia-ficción Fernando Cortizo gañou a mellor curta de animación no festival de Cans (2007) e foi candidata aos Premios Mestre Mateo.


[ver a curta]
Categoría: Cultura - Publicado o 13-07-2008 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
A Enciclopedia Galega Universal en Internet suporá un antes e un despois para a presenza de Galiza na sociedade da información


Anxo Quintana aposta por Internet como vehículo estratéxico para reforzar a identidade cultural galega

[ler máis]
Categoría: Xeral - Publicado o 12-07-2008 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
A represión franquista en Galiza acabou coa vida de 3.588 persoas entre 1936 e 1939


[11/07/08] A represión franquista en Galiza entre 1936 e 1939 rematou coa vida de 3.588 persoas. Este dato é un primeiro avance dos resultados do proxecto de investigación interuniversitaria "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", que desde 2006 desenvolven a Consellaría de Cultura e Deporte e as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

[ler máis]
Artigo
Categoría: Xeral - Publicado o 11-07-2008 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG propón difundir e promover o uso do ferrocarril de proximidade

O BNG lamenta que o Alcalde non teña posto en marcha a campaña de promoción do ferrocarril de proximidade

Anuncia o apoio incondicional ao goberno local de seguiren o acordado entre todos os partidos.


[ler máis]

Categoría: AVE - Publicado o 10-07-2008 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG esixe o debate urxente sobre a planificación urbanística.

Os terreos que pretenden agora urbanizar serían de protección no novo planeamento

Estase a retrasar a tramitación do PXOUM co único fin de seguir aproveitando unhas normas obsoletas e de dubidosa legalidade


[ler máis]


Categoría: Urbanismo - Publicado o 02-07-2008 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Alcalde comprométese a reunir á Comisión do Plan Xeral


O Alcalde convocará a Comisión informativa do Plan Xeral

Debaterá sobre as novas urbanizacións en tramitación.

[ler máis]


Categoría: Urbanismo - Publicado o 02-07-2008 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
A UE escolle o modelo de Mancomún para o seu Observatorio e Repositorio de Software libre

Tal e como sinalou Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información (principal entidade promotora do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia), “trátase non só de que Galicia sexa consumidora senón tamén produtora de recursos e servizos na Sociedade da Información e do Coñecemento”.

[ler máis]
Categoría: Xeral - Publicado o 02-07-2008 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal