Demandamos do goberno local locais de ensaio
Locais de ensaio na rede de locais de ensaio

No Pleno Ordinario de xullo de 2007, solicitamos do novo goberno local que se dirixa á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da xunta de Galicia a fin de continuar as xestións comezadas no final da pasada lexislatura para que os grupos de músicos aficionados de Cambre poidan dispor de locais de ensaio gratuitos.
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 26-07-2007 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG impulsa a elaboración dunha ordenanza municipal de antenas de telefonía

Desterrar a “alarma social” e garantir a saúde pública son os obxectivos


O GM do BNG de Cambre presentas para o seu debate e aprobación unha iniciativa para a elaboración dunha ordenanza municipal sobre a instalación de antenas de telecomunicacións. Esta Moción será tratada no Pleno Ordinario da corporación do vindeiro xoves, 26 de xullo.

No texto proposto incídese en dóus aspectos fundamentais de interese xeral. Por un lado na protección das persoas e a as dúbidas existentes sobre a posíbel afección das ondas radio-eléctricas na saúde e, en segundo lugar, na necesaria regulación dos aspectos urbanísticos, paisaxísticos, medio-ambientais e, tamén económicos desta actividade.“Debemos intervir para evitar a alarma e preocupación social que xeneran estas instalacións e, isto, é unha competencia municipal”, “non somos acaso, os representantes dos veciños”, comentou o portavoz municipal do BNG, xabier Iglesias, logo da presentación desta moción no rexistro municipal. Recordou a fonda preocupación esistente entre os veciños e veciñas do contorno da Costa da Tapia, que debe ser atendida sen máis dilacción e, tamén, a proliferación deste tipo de instalacións por todo o territorio municipal sen as esixibeis licencias. “As compañioas de telefonía mobil, sobre todo, realizan unha actividade importante e imprescindíbel na sociedade actual, pero están obrigadas, como calquera cidadán, a cumprir as normas e a someterse aos regulamentos municipais”. “Non pode ser que un veciño esté sometido a estritos controis urbanísticos, a pagar impostos para beneficio do interese xeral e, determinadas compañias fagan o que lles pete, sen regulación e sen pagar impostos por unha actividade económica que rinde beneficios incalculabeis”, declarou o portavoz nacionalista. “Todos sabemos o que nos custan estes servizos e non está demais que parte deles revirtan no territorio que os fan posibeis”.

A iniciativa nacionalista inclue, para que este asunto non quede no esquecemento, a creación dunha Comisión Especial non permanente que tería como misión elaborar a ordenanza e presentarlla ao Pleno. Esta comisión debería constituirse antes dun mes e, rematar os seus traballos nun prazo de tres. A súa composición, que deberá contar con apoio de técnicos municipais, será representativa de todos os grupos municipais da Corporación.


Cambre, 23 de xullo de 2007

Texto da moción para o Pleno ordinário de 26 de xullo de 2007



MOCIÓN PARA A CREACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS CONDICIÓNS URBANÍSTICAS PARA A INSTALACIÓN E FUNCIONAMENTO DE ELEMENTOS E EQUIPOS UTILIZADOS NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE RADIOCOMUNICACIÓN NO CONCELLO DE CAMBRE


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

A liberalización do mercado das telecomunicacións e a evolución das novas tecnoloxías supuxo, nos últimos anos, unha proliferación das instalacións de servizos que utilizan as radiocomunicacións, en especial das relativas á telefonía móbil e radiotelevisión. Este feito, unido ao forte impacto que moitas delas teñen na paisaxe urbana, rural e natural e á carencia de normativa específica municipal, determinan a necesidade de regular as condicións de localización, instalación e funcionamento destas e dos demais elementos e equipos de radiocomunicación dentro do que é competencia municipal, sen esquecer a adopción de certas cautelas en relación coa saúde dos/as cidadáns/ás.

Ademais destas consideracións de tipo xeral, en Cambre téñense producido circunstancias especiais de alarma social que nos obrigan a dar resposta urxente a esta problemática. Aí está a problemática das antenas de telefonía móbil na Costa da Tapia do Temple, que provocou a mobilización dos veciños e veciñas do Temple pola ubicación da estación e a súa proximidade ao centro escolar. Tamén se pode comprobar na existencia de varias solicitudes de licencia, en anuncios publicados no Bolentín Oficial da Provincia, para varias antenas que xa levan algúns anos funcionando sen a mesma, irregularmente.

Ademais esta ordenanza tería por obxecto regular as condicións urbanísticas ás que debe someterse a localización, instalación e funcionamento dos elementos de equipos de telecomunicación no termo municipal de Cambre a fin de compatibilizar a funcionalidade de tales elementos e equipos e a utilización polos/as usuarios/as dos servizos de telecomunicacións cos niveis de calidade requeridos coas exixencias de preservación da paisaxe urbana e natural e de minimización da ocupación e o impacto que a súa implantación poida producir e preserve o dereito dos/as cidadáns/ás a manter unhas condicións de vida sen perigo para a súa saúde.

Tamén sería a finalidade desta Ordenanza: a protección da saúde ante posíbeis consecuencias que as ondas electromagnéticas podan ocasionar sobre a mesma; a harmonización do despregue das redes de radiocomunicación con finalidade de protección medioambiental; a integración das estacións base de telefonía móbil e outras instalacións de radiocomunicacións no entorno urbanístico e territorial.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG de Cambre somete á consideración e aprobación do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes ACORDOS:


1. A creación da ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de elementos e equipos utilizados na prestación de servizos de radiocomunicación no concello de Cambre.
2. A constitución dunha Comisión Especial non permanente, con representación de todos os grupos municipais e coa asistencia de técnicos municipais para a elaboración e redacción desta ordenanza.
3. Que esta comisión se constitua no prazo dun mes desde a súa creación e que se lle fixe un prazo máximo de tres meses desde a súa constitución para presentar a proposta de ordenanza ao Pleno da Corporación.


Outras novos:

O Concello de Oleiros esíxelles ás operadoras a retirada inmediata das antenas de Os Regos e Perillo 28/08/2007
Comentario (0) - Categoría: Mocións - Publicado o 23-07-2007 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os salarios dos alcaldes e concelleiros
Algúns artigos:

Pór orde nos concellos. Manuel Mera

Noticia do incremento de salarios en Ferrol. ¿non goberna IU?

IU di que a suba salarial aos edies «non é satisfactoria»

O gobierno local de Ferrol sube 90.000 euros anuais os salarios da corporación

Irisarri cobrará un 38% máis do percibía Juncal

Comentario (1) - Categoría: FORO - Publicado o 23-07-2007 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario, este xoves, 26 de xullo 07
Pleno Ordinario ás 20:30 horas, orde do día:


1) Coñecemento dos escritos presentados polos voceiros dos grupos políticos respecto da adscrición de concelleiros ás comsisións informativas, permanentes, especiais e comisións especial de contas.

2) Coñecemento da aceptación de cargos a desempeñar en réxime de dedicación exclusiva e parcial.

3) Mocións.

4) Informes da Alcaldía.

5) Rogos e preguntas.

Velaí os asuntos que o BNG presentou para este Pleno:

MOCIÓN PARA A CREACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS CONDICIÓNS URBANÍSTICAS PARA A INSTALACIÓN E FUNCIONAMENTO DE ELEMENTOS E EQUIPOS UTILIZADOS NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE RADIOCOMUNICACIÓN NO CONCELLO DE CAMBRE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

A liberalización do mercado das telecomunicacións e a evolución das novas tecnoloxías supuxo, nos últimos anos, unha proliferación das instalacións de servizos que utilizan as radiocomunicacións, en especial das relativas á telefonía móbil e radiotelevisión. Este feito, unido ao forte impacto que moitas delas teñen na paisaxe urbana, rural e natural e á carencia de normativa específica municipal, determinan a necesidade de regular as condicións de localización, instalación e funcionamento destas e dos demais elementos e equipos de radiocomunicación dentro do que é competencia municipal, sen esquecer a adopción de certas cautelas en relación coa saúde dos/as cidadáns/ás.

Ademais destas consideracións de tipo xeral, en Cambre téñense producido circunstancias especiais de alarma social que nos obrigan a dar resposta urxente a esta problemática. Aí está a problemática das antenas de telefonía móbil na Costa da Tapia do Temple, que provocou a mobilización dos veciños e veciñas do Temple pola ubicación da estación e a súa proximidade ao centro escolar. Tamén se pode comprobar na existencia de varias solicitudes de licencia, en anuncios publicados no Bolentín Oficial da Provincia, para varias antenas que xa levan algúns anos funcionando sen a mesma, irregularmente.

Ademais esta ordenanza tería por obxecto regular as condicións urbanísticas ás que debe someterse a localización, instalación e funcionamento dos elementos de equipos de telecomunicación no termo municipal de Cambre a fin de compatibilizar a funcionalidade de tales elementos e equipos e a utilización polos/as usuarios/as dos servizos de telecomunicacións cos niveis de calidade requeridos coas exixencias de preservación da paisaxe urbana e natural e de minimización da ocupación e o impacto que a súa implantación poida producir e preserve o dereito dos/as cidadáns/ás a manter unhas condicións de vida sen perigo para a súa saúde.

Tamén sería a finalidade desta Ordenanza: a protección da saúde ante posíbeis consecuencias que as ondas electromagnéticas podan ocasionar sobre a mesma; a harmonización do despregue das redes de radiocomunicación con finalidade de protección medioambiental; a integración das estacións base de telefonía móbil e outras instalacións de radiocomunicacións no entorno urbanístico e territorial.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG de Cambre somete á consideración e aprobación do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes ACORDOS:

1. A creación da ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de elementos e equipos utilizados na prestación de servizos de radiocomunicación no concello de Cambre.

2. A constitución dunha Comisión Especial non permanente, con representación de todos os grupos municipais e coa asistencia de técnicos municipais para a elaboración e redacción desta ordenanza.

3. Que esta comisión se constitua no prazo dun mes desde a súa creación e que se lle fixe un prazo máximo de tres meses desde a súa constitución para presentar a proposta de ordenanza ao Pleno da Corporación.


Rogos


1º rogo : Deterioro das proteccións de seguridade vial

Solicitamos que se reparen con toda urxencia as bandas rugosas de limitación de velocidade da Estrada da Estación e do comezo da nova Ponte das Insuas.

2º rogo: Retraso no servizo de correos

Solicitamos que o Goberno local se dirixa, en nome de toda a Corporación, á dirección de Correos e ao Ministerio de Transportes para manifestar a nosa protesta pola baixa calidade do servizo de entrega en Cambre e, para que se esixa que se dote ás aficinas de Cambre de máis medios materiais e humanos que garantan un reparto axil e puntual da correspondencia.

3º rogo: Información sobre os Plenos da Corporación.

Solicitamos que, através dos medios informativos municipais, se translade á cidadanía a información sobre a celebración e os contidos dos Plenos da Corporación. Mentras non se regule atraves do Estatuto que terá que elaborar a comisión especial de participación e información, solicitamos que as convocatorias sexan anunciadas por medio dos paneis informativos electrónicos, na páxina web municipal e por medio do servizo de correo electrónico municipal.

4º rogo: limpeza de fincas municipais

Solicitamos que se ordene a limpeza da finca municipal da Casa de Arrigada, convertida nestes momentos nunha auténtica selva co perigo e molestias que supón para os veciños do contorno.

5ª rogo : Medios de traballo para os grupos municipais

Pasado case mes e medio da constitución desta corporación e dúas semanas da formación dos grupos municipais, solicitamos do Goberno local que se habiliten con toda urxencia locais dotados cos medios técnicos necesarios, para o uso dos grupos municipais na oposición. En cumprimento do Regulamento Orgánico Municipal vixente que, no seu art. Artigo 11.
1.-Os grupos políticos disporán, na Casa do Concello ou nun inmoble próximo pertencente ó Concello, dun local ou despacho para se reunir de maneira independente e recibir visitas dos cidadáns. Os devanditos locais estarán dotados dunha infraestructura en medios materiais, informáticos e de comunicación necesarios, en consonancia coa capacidade económica e técnica do Concello.

6º rogo: Locais de ensaio na rede de locais de ensaio

Solicitamos do novo goberno local que se dirixa á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da xunta de Galicia a fin de continuar as xestións comezadas no final da pasada lexislatura para que os grupos de músicos aficionados de Cambre poidan dispor de locais de ensaio gratuitos.


Preguntas


1ª Pregunta : Obras da Escola municipal de música

¿ Cando se levará adiante a acta de replanteo e o comezo das obras da Escola Municipal de Música, despois de que o contrato coa empresa adxudicataria fora asinado o pasado 29 de maio?

2ª Pregunta: Instalacións deportivas no colexio Portofaro

¿En que punto están as xestións para que o colexio Portofaro conte cunhas instalacións deportivas cubertas e en que data poderemos contar con elas?

3ª pregunta: Plan de consolidación de emprego

Cal é a razón de non seguir os acordos acadados na mesa negociadora en relación coa a convocatoria de consolidación de emprego de postos de traballo interinos, entre os representantes do goberno anterior e os sindicatos, en relación á orde en que se convocan as prazas?

4ª pregunta: Expedientes de disciplina urbanística a membros da corporación.

Existe algún expediente de disciplina urbanística aberto no que esté implicado algún membro da actual Corporación Municipal de Cambre?

5ª Pregunta: Declaración de ilegalidade da reforma dun inmóbel no Paraugas

Qué medidas vai a adoptar o goberno local diante da declaración de ilegalidade, por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, da reforma acometida no nº 46 da Rúa do Temple pola empresa Roncesvalles Hogar SL, da que é propietario o que foi concelleiro de urbanismo de cambre até o ano 99?

6ª pregunta: Sobre o saneamento das parroquias de Sigrás e Anceis

Cando entrarán en funcionamento e poderán engancharse os veciños de Sigrás e Anceis á rede de colectores do Río Valiñas, e se poderá eliminar o verquido constante de augas negras no nucleo de Aian e os directos ao río?
Canto tempo máis teñen os veciños que continuar soportando esta situación?
Para cando vai a ser a conexión para evitar a contaminación do río Valiñas e dar servizo aos veciños de Sigrás e Anceis?

Cambre, 23 de xullo de 2007

ACTA



SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN

DO DÍA 26 DE XULLO DE 2007



No salón de sesións da casa do Concello de Cambre, ás vinte horas e trinta minutos do día vinte e seis de xullo de dous mil sete, baixo a presidencia do señor alcalde don Antonio Varela Saavedra, reúnese a Corporación municipal en Pleno, co fin de realizar a sesión extraordinaria convocada para o efecto.

Asisten os señores concelleiros don Francisco Javier Varela Tejedor, don Jaime Manuel López Lisnier, dona Erundina Prado Arcay, dona Carmen Tato Lago, don José Venancio Salcines Cristal e dona María Beatriz Ramos Padín, do PS de G-PSOE; don José Antonio Baamonde López, don Nicolás José Cubeiro Martínez, dona María Jesús González Roel, dona María Jesús Vieites Mariñas, don Santiago Manuel Ríos Rama, dona Goretti Pérez Eléxpuru e don Felipe Andreu Barallobre, do PP; don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, dona Gumersinda Becerra Montes, don Antón Otero Domínguez e dona Laura Fernández Martínez, do BNG; don Luis Miguel Taibo Casás e don Juan Antonio Fernández López, do EU-IU.

Non asiste, e presenta escusa, don Manuel Marante Gómez, do PG.

Asiste dona Mª Irache Enríquez Albaina, interventora, e dona Mª Luisa de la Red Ampudia como secretaria da Corporación.

Aberto o acto pola presidencia, examináronse os asuntos incluídos na orde do día da convocatoria.

1º.- Coñecemento dos escritos presentados polos voceiros dos grupos políticos respecto da adscrición de concelleiros ás comisións informativas permanentes, especiais e Comisión Especial de Contas.

De orde do Sr. presidente dase lectura pola secretaria da Corporación aos escritos presentados polos voceiros dos grupos políticos municipais, nos que se conteñen os concelleiros que se asignan por cada grupo ás distintas comisións informativas, segundo se transcribe a continuación, dandose por informados todos os presentes:
A) Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Don Francisco Javier Varela Tejedor
Don José Venancio Salcines Cristal

do PP:

Titular:
Suplente:
Don Felipe Andreu Barallobre
Don Nicolás José Cubeiro Martínez

do BNG:

Titular:
Suplente:
Don Antón Otero Domínguez
Dona Laura Fernández Martínez

de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Luis Miguel Taibo Casás
Don Juan Antonio Fernández López

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------


B) Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Don Antonio Varela Saavedra
Dona Mª Beatriz Ramos Padín



do PP:

Titular:
Suplente:
Don Nicolás José Cubeiro Martínez
Don Santiago Manuel Ríos Rama

do BNG:

Titular:
Suplente:
Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo
Don Antón Otero Domínguez

de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Luis Miguel Taibo Casás
Don Juan Antonio Fernández López

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------


C) Comisión Informativa de Educación, Benestar Social, Cultura, Normalización Lingüística e Participación Cidadá.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Don Jaime Manuel López Lisnier
Dona Carmen Tato Lago

do PP:

Titular:
Suplente:
Dona Goretti Pérez Elexpuru
Dona María Jesús González Roel

do BNG:

Titular:
Suplente:
Dona Gumersinda Becerra Montes
Dona Laura Fernández Martínez
de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Juan Antonio Fernández López
Don Luis Miguel Taibo Casás

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------


D) Comisión Especial de Contas.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Don José Venancio Salcines Cristal
Don Francisco Javier Varela Tejedor

do PP:

Titular:
Suplente:
Dona María Jesús Vieites Mariñas
Don Nicolás José Cubeiro Martínez

do BNG:

Titular:
Suplente:
Don Antón Otero Domínguez
Dona Laura Fernández Martínez

de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Luis Miguel Taibo Casás
Don Juan Antonio Fernández López

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------


E) Comisión Informativa Especial para o AVE.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Dona Mª Beatriz Ramos Padin
Dona Erundina Prado Arcay

do PP:

Titular:
Suplente:
Dona María Jesús González Roel
Don Santiago Manuel Ríos Rama

do BNG:

Titular:
Suplente:
Dona Gumersinda Becerra Montes
Dona Laura Fernández Martínez

de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Luis Miguel Taibo Casás
Don Juan Antonio Fernández López

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------


F) Comisión Informativa Especial para o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Don Antonio Varela Saavedra
Don Francisco Javier Varela Tejedor


do PP:

Titular:
Suplente:
Don José Antonio Baamonde López
Don Nicolás José Cubeiro Martínez

do BNG:

Titular:
Suplente:
Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo
Don Antón Otero Domínguez

de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Luis Miguel Taibo Casás
Don Juan Antonio Fernández López

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------


G) Comisión Informativa Especial de Participación Cidadá, Comunicación e Información.

do PS de G-PSOE:

Titular:
Suplente:
Dona Carmen Tato Lago
Don Jaime Manuel López Lisnier

do PP:

Titular:
Suplente:
Don Santiago Manuel Ríos Rama
Dona María Jesús Vieites Mariñas

do BNG:

Titular:
Suplente:
Dona Laura Fernández Martínez
Dona Gumersinda Becerra Montes
de EU-IU:

Titular:
Suplente:
Don Juan Antonio Fernández López
Don Luis Miguel Taibo Casás

do Grupo Mixto (PG):

Titular:
Suplente:
Don Manuel Marante Gómez
-----------

2º.- Coñecemento da aceptación de cargos a desempeñar en réxime de dedicación exclusiva e parcial.

De orde do Sr. presidente dase conta pola secretaria da Corporación, que con data 17 de xullo do actual, e de conformidade co acordado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria de data 13 de xullo, o Sr. alcalde aceptou desempeñar o cargo en réxime de dedicación exclusiva e os señores concelleiros delegados de área aceptaron desempeñar o cargo en réxime de dedicación parcial, coas obrigas que iso comporta.

Faise constar que don Francisco Javier Varela Tejedor, e segundo transcrición literal da dilixencia extendida na notificación, aceptou o cargo “coa salvidade da pertinente comprobación da necesidade de compatibilidade expresa”.

3º.- Mocións.

Fóra da orde do día, e logo da declaración de urxencia acordada por unanimidade dos vinte concelleiros asistentes á sesión, tratáronse as seguintes mocións:

A) Moción do grupo municipal do BNG respecto da creación da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de elementos e equipos utilizados na prestación de servizos de radiocomunicación no Concello de Cambre.

Rexistrada de entrada ao nº 8.364 o día 23 de xullo do ano que andamos. Consta do seguinte teor literal:

“A liberalización do mercado das telecomunicacións e a evolución das novas tecnoloxías supuxo, nos últimos anos, unha proliferanción das instalacións de servizos que utilizan as radiocomunicacións, en especial das relativas á telefonía móbil e radiotelevisión. Este feito, unido ao forte impacto que moitas delas teñen na paisaxe urbana, rural e natural e á carencia de normativa específica municipal, determinan a necesidade de regular as condicións de localización, instalació e funcionamento destas e dos demais elementos e equipos de radiocomunicación dentro do que é competencia municipal, sen esquecer a adopción de certas cautelas en relación coa saúde dos/as cidadáns/ás.

Ademais destas consideracións de tipo xeral, en Cambre téñense producido circunstancias especiais de alarma social que nos obrigan a dar resposta urxente a esta problemática. Aí está a problemática das antenas de telefonía móbil na costa da Tapia do Temple, que provocou a mobilización dos veciños e veciñas do Temple pola situación da estación e a súa proximidade ao centro escolar. Tamén se pode comprobar na existencia de varias solicitudes de licenza, en anuncios publicados no Boletín Oficial da Provincia, para varias antenas que xa levan algúns anos funcionando sen ela, irregularmente.

Ademais esta ordenanza tería por obxecto regular as condicións urbanísticas ás que debe someterse a localización, instalación e funcionamento dos elementos de equipos de telecomunicación no termo municipal de Cambre co fin de compatibilizar a funcionalidade de tales elementos e equipos e a utilización polos/as usuarios/as dos servizos de telecomunicacións cos niveis de calidade requiridos coas esixencias de preservación da paisaxe urbana e natural e de minimización da ocupación e o impacto que a súa implantación poida producir e preserve o dereito dos/as cidadáns/ás a manter unhas condicións de vida sen perigo para a súa saúde.

Tamén sería a finalidade desta ordenanza: a protección da saúde ante posibles consecuencias que as ondas electromagnéticas poidan ocasionar sobre ela; a harmonización do despregue das redes de radiocomunicación con finalidade de protección medioambiental; a integración das estacións base de telefonía móbil e outras instalacións de radiocomunicacións no contorno urbanístico e territorial.

Por todo o exposto, o grupo municipal do BNG de Cambre somete á consideración e aprobación do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

1. A creación da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de elementos e equipos utilizados na prestación de servizos de radiocomunicación no Concello de Cambre.

2. A constitución dunha comisión especial non permanente, con representación de todos os grupos municipais e coa asistencia de técnicos municipais para a elaboración e redacción desta ordenanza.

3. Que esta comisión se constitúa no prazo dun mes desde a súa creación e que se lle fixe un prazo máximo de tres meses desde a súa constitución para presentar a proposta de ordenanza ao Pleno da Corporación.”

Aberto debate, o Sr. alcalde contesta que están de acordo, pero é un tema que debe tratarse na Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, contesta que a elaboración da ordenanza ten entidade suficiente como para que se cree unha comisión informativa, pois a permanente cre que estará saturada.

Don Francisco Javier Varela Tejedor, voceiro do PS de G-PSOE, engade que están de acordo coa filosofía da moción, pero entenden que existe unha comisión informativa de carácter permanente coas competencias que se queren atribuír á comisión informativa especial e, ademais, cren que non se pode recargar a axenda de traballo.

Conclúe dicindo que se acepta o primeiro punto da moción, pero que se trate na Comisión Informativa permanente de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos, e comprométense a presentar un borrador no prazo máximo de tres meses.

Concedida a palabra a don José Antonio Baamonde López, voceiro do PP, manifesta que están de acordo no contexto da moción, pois o PP sempre estivo a prol de que se regulara a problemática cunha ordenanza. Felicita ao BNG porque se sume á reivindicación dos veciños que o levan solicitando dende hai tanto tempo.

Conclúe dicindo que están a prol do primeiro punto da parte dispositiva da moción, pero non do dous e do tres, xa que é un gasto a maiores para o concello e a ordenanza pode ser tratada na comisión informativa permanente acabada de crear. Os que teñen que traballar son os técnicos e os políticos o que teñen que facer é consensuar o tema e traelo a pleno.

Concedida a palabra a don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, felicita ao equipo de goberno por estar de acordo coa moción, e tamén felicita ao BNG, aínda que lembra que eles o 7 de abril de 2006 xa presentaron un escrito no que propoñían a creación dunha comisión especial, polo que se alegra de que se sumen ás reivindicacións de EU-IU. E ao PP lémbralle tamén que EU-IU presentou tres iniciativas sobre este tema e o PP e o BNG non presentaron nada, e tampouco os viron na mobilización que se levou a cabo.

Concedida a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, considera que os reproches que se lles están a facer o son con moita dureza. As iniciativas tráense a este pleno coa lexitimación que ostentan, e estase presupoñendo que non estaban de acordo cos veciños, pero eles o que notaban era unha carencia dunha norma para ter claro o camiño. Cren que o asunto debe ser obxecto dunha comisión especial para traballar e sacalo adiante co apoio dos técnicos.

Don Francisco Javier Varela Tejedor, voceiro do PS de G-PSOE, contesta que non van entrar en rifas de como se tratou o tema anteriormente, consideran que a moción é interesante, apoian a elaboración da ordenanza pero que a informe a comisión informativa permanente, e comprométense a presentar unha ordenanza para que se debata en Xunta de Voceiros ou na comisión informativa permanente.

Don Luis Miguel Taibo Casás, voceiro de EU-IU, manifesta que o único que quere o seu grupo é que se traballe, e ao BNG dille que as iniciativas se facían dende a oposición e as actuacións dende o goberno, e agora preocúpanse pola saúde e benestar dos veciños, cando durante estes últimos catro anos quen tivo a competencia en materia de sanidade foi a área que ostentaba o BNG.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que se pode estar ou non de acordo co que se fixo durante estes anos, pero non se pode dicir que non traballaron polos veciños, cando está en marcha a gardería infantil, a escola de música, etc. Conclúe dicindo que manteñen a moción tal e como foi presentada.

Don Luis Miguel Taibo Casás solicita que conste en acta que o 7 de abril de 2006 presentaron un escrito onde pedían que se elaborara unha ordenanza municipal.

O Sr. alcalde manifesta que de todo o exposto, derívase que están todos de acordo coa moción, o único no que non están de acordo é que se hai unha comisión informativa permanente acabada de crear, para que crear outra se se acaba de comezar, estarán os técnicos, e se hai vontade política non haberá problema, por iso, propón modificar a parte dispositiva da moción que quedaría redactada do seguinte teor literal:

“Levar a cabo a elaboración da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de elementos e equipos utilizados na prestación de servizos de radiocomunicación no concello, de cuxo estudo se encargará a Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos, co compromiso de presentar o borrador no prazo de tres meses.”

Sometida a votación ordinaria a modificación da parte dispositiva da moción, proposta polo Sr. alcalde, votan a prol os sete concelleiros do PS de G-PSOE e os sete concelleiros do PP, e abstéñense os catro concelleiros do BNG e os dous concelleiros de EU-IU.

Sometida a votación ordinaria a moción presentada polo BNG, votan a prol os catro concelleiros do BNG e os dous concelleiros de EU-IU, e votan en contra os sete concelleiros do PS de G-PSOE e os sete concelleiros do PP.

A Corporación, por catorce votos a prol, acordou:

Levar a cabo a elaboración da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de elementos e equipos utilizados na prestación de servizos de radiocomunicación no concello, de cuxo estudo se encargará a Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos, co compromiso de presentar o borrador no prazo de tres meses.

B) Moción do grupo municipal de EU-IU sobre a información municipal aos veciños/-as.

Rexistrada de entrada ao nº 8.366 o 23 de xullo actual. Consta do seguinte teor literal:

“A información e participación nos asuntos públicos, é un dos pilares nos que se asenta a nosa democracia. Son moitas as Leis e normativas que consagran o dereito a participación e información dos asuntos públicos, dando especial relevancia aos concellos por ser a administración mais próxima ao cidadán. Tendo en conta os principios democráticos de transparencia, publicidade e participación cidadá. EU-IU de Cambre, considera fundamental que o máximo órgano de goberno municipal, lugar onde se debaten e aproban os temas mais importantes que afectan directamente os cidadáns, sexa accesible nas mellores condicións de publicidade.

A Constitución española no seu art. 9 apartado 2º di: “ Corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo y de los grupos en que se integra sean reales y efectivas; remover los ostáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, cultural y social” . Tamén a Lei de bases de réxime local, art. 1 punto 1º , art. 69 punto 1º, art. 70 punto 3º . Art. 104 punto 2 do Regulamento Orgánico Municipal do noso concello, maniféstase en similares termos.

O contido de todas estas normas e disposicións é claro: é imprescindible poñer todos os medios dispoñibles, e tomar todas as decisións necesarias para facilitar a máxima participación e información aos veciños/-as . O aumento de medios dos concellos, e as novas tecnoloxías permiten unha relación permanente e practicamente interactiva entre a administración e o cidadán.

Neste sentido, dende o Grupo Municipal de EU-IU observamos con preocupación as carencias existentes no Concello de Cambre, para facilitar os dereitos de información aos cidadáns.

En primeiro lugar, en referencia aos Plenos municipais ordinarios, que teñen fixada a súa data e hora de celebración, sexan publicados nos medios de comunicación do concello. Considerando importante que tanto na páxina web, nos paneis electrónicos informativos, taboleiros de anuncios ou outros medios que dispoña o concello se publique a convocatoria, e os puntos da orde do día a tratar, para o coñecemento dos veciños/-as e cumprir co estipulado na lei a hora de facilitar a máis amplia información sobre a actividade e participación dos cidadáns na vida local.

Tamén e cumprindo co previsto na Lei de bases de réxime local sobre o deber de impulsar a utilización interactiva das tecnoloxías da información e comunicación para facilitar a comunicación aos veciños/-as para a presentación de documentos e realización de trámites administrativos.

Por todo o exposto, o grupo municipal de EU-IU propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.- Publicar as convocatorias dos Plenos ordinarios e os puntos da orde do día, na páxina web do concello, nos paneis electrónicos informativos, taboleiros de anuncios, e demais medios se os houbera; cunha antelación igual á comunicación aos membros da corporación, informando á súa vez do dereito que teñen os veciños/-as a asistir a estes plenos.

Segundo.- Publicar na páxina web do concello, as actas dos Plenos ordinarios e extraordinarios, actas de Comisión de Goberno, e demais actas doutros órganos, que unha vez aprobadas se consideren documentos públicos.

Terceiro.- Realizar os investimentos necesarios para dotar a páxina web do concello da tecnoloxía suficiente para poder transmitir en directo e diferido a celebración dos Plenos ordinarios e extraordinarios.

Cuarto.- Dotar o salón de plenos dun sistema individual de micrófonos para cada concelleiro, co fin de facilitar aos asistentes unha mellor audición e seguimento das sesións.”

Aberto debate, don Francisco Javier Varela Tejedor, voceiro do PS de G-PSOE, manifesta que dentro dos compromisos electorais do PSOE xa figuraba fomentar a transparencia do labor municipal e felicita a EU-IU por presentar a moción, non obstante, matiza que as convocatorias dos plenos xa se estaban a practicar no taboleiro de anuncios, e que hai que conciliar e potenciar a páxina web, ademais de que haberá que telo en conta para os vindeiros orzamentos co fin de dotarlle dos medios materiais e persoais que sexan necesarios para levar a cabo este proxecto.

Segue dicindo que a orde xa está dada para que se publiquen as convocatorias, as actas, etc., en canto ao punto terceiro, e debido a cuestións orzamentarias, habería que diferilo para o vindeiro ano; e en canto ao cuarto, a instalación básica xa está feita e falta por definir a instalación que resulte necesaria tendo en conta as limitacións do local.

Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os sete concellerios do PS de G-PSOE, os sete concelleiros do PP, os catro concellerios do BNG e os dous concelleiros de EU-IU.

A Corporación, por unanimidade dos vinte concelleiros asistentes á sesión, acordou aprobar a moción presentada, tal e como aparece transcrita.

C) Moción do grupo municipal de EU-IU sobre construción dun apeadeiro de “Renfe” nas inmediacións da urbanización da Barcala.

Rexistrada de entrada ao nº 8.366 o 23 de xullo actual. Consta do seguinte teor literal:

“O tren de cercanías e un servizo de alta rendabilidade social, económica e ecolóxica. As actuais infraestruturas ferroviarias permiten acadar comodamente importantes núcleos de poboación da área metropolitana co centro de A Coruña, pasando por puntos estratéxicos sen necesidade de acometer obras de modificación de vía.

Resulta, por tanto imprescindible aproveitar de forma inmediata as infraestruturas ferroviarias que atravesan o municipio de Cambre e o seu contorno metropolitano para o transporte de viaxeiros, dado que non supón grandes investimentos e responde á clamorosa demanda da cidadanía, é a vontade política expresada polo propio concello e demais municipios do contorno.

Tendo en conta o anteriormente mencionado, é perfectamente factible, tanto dende o punto de vista da realidade social como económica, establecer, de inmediato un apeadeiro de RENFE, nas inmediacións da urbanización de A Barcala, tentando de contribuír a mellorar o transporte nunha zona densamente poboada do concello de Cambre, onde viven aproximadamente 4.000 persoas. Para funcionar correctamente estas liñas, deberían ter horarios e frecuencias acordes coa realidade social e laboral dos cidadáns residentes na mencionada zona.

Polo exposto anteriormente, o grupo municipal de “EU-IU” propón ao pleno a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.- Solicitar a RENFE a construción dun apeadeiro nas inmediacións da urbanización de A Barcala, que poida ser a máis axeitada para os veciños/-as da zona.

Segundo.- Establecer un servizo de tren de cercanías eficaz, con funcionamento, horarios e frecuencias que se adapten á realidade social e laboral da zona.”

Aberto debate, don Francisco Javier Varela Tejedor, voceiro do PS de G-PSOE, expón que, remitíndose ao programa electoral do PS de G-PSOE, nel apostábase polo transporte de cercanías, polo que están de acordo coa moción, pero piden a EU-IU que a retiren para que na Xunta de Voceiros se elabore unha moción cun contido máis amplo, pois queda coxa, hai temas de conexións que é necesario estudar.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que está de acordo en que a moción pode ser máis ampla, pero é un complemento dunha iniciativa parlamentaria presentada por Izquierda Unida, por iso non a retiran, iso sen prexuízo de reunirse as veces que sexa necesario para estudar o tema; consideran que hai que dar un impulso, e así será se se aproba a moción.

Concedida a palabra a don Nicolás José Cubeiro Martínez, do PP, manifesta que están de acordo coa moción, pero habería que ter en conta o paseo fluvial, que deu outra dimensión á zona, polo que formulan que o deseño do apeadeiro sexa cunha unión na urbanización da Barcala.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que para facer un apeadeiro haberá que facer o correspondente estudo por parte dos técnicos, e elaborar un proxecto, polo que insiste que se aprobe a moción tal e como está.

Concedida a palabra a don Henrique Xabier Igleisas Oviedo, voceiro do BNG, expón que apoian a moción, pois é certo que no sistema de ferrocarril de proximidade hai que contemplar moitas cuestións, entre elas, habería que ter en conta o paseo fluvial, pero tamén co apeadeiro de Elviña houbo un traballo previo que deu lugar a que se construíra un apeaderio e non se resolveron outros problemas que eran graves, polo que consideran que ao mellor se se pide canto antes irán máis rápido os trámites.

O Sr. alcalde engade que dado que se pretende suprimir o tren de cercanías e os servizos son mínimos, a moción debe ser aceptada e, tendo en conta que no concello xa se dispón de estudos, recopilarase toda a documentación existente para remitila xunto coa certificación do acordo.

Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os sete concelleiros do PS de G-PSOE, os sete concelleiros do PP, os catro concelleiros do BNG, e os dous concelleiros de EU-IU.

A Corporación, por unanimidade dos vinte concelleiros asistentes á sesión, acordou aprobar a moción presentada, tal e como aparece transcrita.

D) Moción do grupo municipal de EU-IU para o acondicionamento do Campo da Feira de Cambre e saneamento do seu arboredo.

Rexistrada de entrada ao nº 8.366 o 23 de xullo actual. Consta do seguinte teor literal:

“O Campo da Feira de Cambre e o seu emblemático arboredo, constitúen un dos sinais de identidade da capital municipal, e ten un valor incalculable que forma parte do patrimonio cultural, ecolóxico e histórico do noso concello.

Dende aproximadamente o século pasado, moitas foron as vicisitudes que acompañaron o arboredo ao longo da súa historia. Unhas foron positivas, dende a plantación, pasando polas homenaxes que con motivo “do día da árbore” se lles dispensaba, ata o respecto e civismo que durante xeracións os cambreses/-as lles demostraron. Outras no entanto, e na historia máis recente, están sendo negativas: Iniciativas dos gobernos municipais de talar algúns elementos, e as continuas agresións que está a sufrir o conxunto do Campo da Feira, que na actualidade non se atopa no mellor dos estados.

O singular lugar, a través dos anos chegou a converterse nun emblema do noso concello e da nosa memoria histórica formando parte do noso patrimonio máis prezado. Todos/-as temos o dereito a aproveitalo e facer un pulmón colectivo para toda a cidadanía.

Por todo o exposto o grupo municipal de EU-IU propón ao pleno a adopción das seguintes medidas:

Primeiro.- Proceder en tempo e forma á cura das feridas superficiais dos troncos, saneando onde proceda as súas cavidades mediante mallas que permitan, ademais da súa ventilación evitar a acumulación de residuos.

Segundo.- Proceder dende o concello e os seus servizos xurídicos contra os autores de actos vandálicos que poñan en perigo a existencia das árbores.

Terceiro.- Solicitar da Xunta de Galicia inclúa, o arboredo do Campo da Feira de Cambre e os da estrada de Cambre aos Campóns, no inventario de árbores senlleiras de Galicia.

Cuarto.- Realizar un proxecto para o saneamento integral do conxunto do Campo da Feira .”

Dona Mª Beatriz Ramos Padín, concelleira delegada de Medio Ambiente, Obras e Servizos, contesta que o seu grupo acepta a moción.

Concedida a palabra a don José Antonio Baamonde López, voceiro do PP, expón que o PP tamén está de acordo co contexto da moción, e lembra que durante a lexislatura anterior o PP presentou unha moción que foi rexeitada, así como varios rogos e preguntas.

Segue dicindo que están de acordo cos apartados 1º, 2º e 4º da parte dispositiva, pero teñen dúbidas respecto do 3º, pois non saben se ese apartado pode condicionar a Cambre en futuras actuacións de servizos públicos.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que tanto unhas árbores como as outras xa están protexidas nas Normas subsidiarias municipais, e o mesmo que están no inventario de árbores senlleiras de Galicia as de Padrón, as do Pazo de Mariñán, etc., considera que tamén deben estar incluídas as do Campo da Feira e as da estrada de Cambre aos Campóns.

Don Francisco Javier Varela Tejedor, voceiro do PS de G-PSOE, manifesta que apoian a moción, pero gustaríalles que explicase o punto 4º.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que, entre outras cuestións, as losas están levantadas, refírese ao seu acondicionamento, tamén hai uns servizos públicos e debería estudarse cal é a mellor colocación, etc.

Concedida a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, expón que apoian a moción e cren que o máis interesante da proposta é o apartado terceiro, pois elévase a protección a outras instancias con independencia de quen goberne en Cambre.

Sometido o asunto a votación ordinaria, votan a prol os sete concelleiros do PS de G-PSOE, os sete concelleiros do PP, os catro concelleiros do BNG, e os dous concelleiros de EU-IU.

A Corporación, por unanimidade dos vinte concelleiros asistentes á sesión, acordou aprobar a moción presentada, tal e como aparece transcrita.

4º.- Informes da Alcaldía.

Non foi utilizado este punto.

5º.- Rogos e preguntas.

Rogos do PP presentados por escrito.

1º.- Ao chegar a época estival faise absolutamente imprescindible limpar e rozar os camiños e estradas do municipio. Este ano non se realizou. Iso é prexudicial para manter a limpeza e a seguridade, xa que o perigo de incendios ao existir maleza é maior, así como o da seguridade tanto para peóns como para condutores, xa que a maleza invade a cuneta e a calzada en numerosos puntos. Por iso o grupo municipal popular solicita ao goberno local que se realice a limpeza e roza de todos os viais municipais, e que dende o goberno municipal de Cambre se inste a que realicen o mesmo en todas as estradas dependentes das diversas administracións para que os viais situados en Cambre se atopen en perfecto estado. Ademais o grupo municipal popular solicita tamén a creación de cuadrillas que se ocupen do seu mantemento todo o ano.

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que a roza empezará a vindeira semana. Falta que a empresa adxudicataria presente a fianza. Engade que os medios de que dispón a cuadrilla de obras non son suficientes.

Don Francisco Javier Varela Tejedor engade que se está estudando, se os medios económicos o permiten, contratar un servizo de mantemento plurianual para que se executen os traballos dun xeito continuado.

2º.- Concelleiros do grupo municipal popular recibiron queixas de numerosos veciños debido ao lamentable estado en que se atopa o denominado “Camino Inglés”, na zona da Rocha, na parroquia de Altamira. Este camino é utilizdo por moitos peregrinos do Camiño de Santiago e numerosos veciños. O camiño na actualidade atópase invadido de maleza polo que é imposible visualizar o desnivel existente na ponte da autovía debido aos matos existentes, o que supón un grave perigo para a seguridade dos transeúntes. Por iso o grupo municipal popular roga ao goberno local de Cambre que se limpe o camiño sobre todo á altura da ponte de xeito inmediato para que os peóns poidan utilizalo sen ningún risco.

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que está incluído no plan de roza deste ano.

3º.- É por todos coñecida a falta dun elevador para o cemiterio de Cambre, para facilitar o labor dos operarios. Por iso o grupo municipal popular roga ao goberno local de Cambre que se adquira un para dar un mellor servizo municipal, así como en caso necesario, o arranxo das rúas interiores do cemiterio municipal para o bo uso e manipulación do elevador.

O Sr. alcalde contesta que se fixeron xestións e pediron orzamentos. Agardan darlles contestación en breve.

Rogos do BNG presentados por escrito.

1º.- Solicitamos que se reparen con toda urxencia as bandas rugosas de limitación de velocidade da Estrada da Estación e do comezo da nova ponte das Insuas.

O Sr. alcalde contesta que se puxeron en contacto coa Deputación e parece ser que a primeiros de mes vaise estudar o asunto e posiblemente se coloquen unhas bandas granuladas máis anchas.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que, non obstante, se deberían restituír os anacos que faltan, pois se está a falar da seguridade da xente.

2º.- Solicitamos que o goberno local se dirixa, en nome de toda a Corporación, á dirección de Correos e ao Ministerio de Transportes para manifestar a nosa protesta pola baixa calidade do servizo de entrega en cambre e, para que se esixa que se dote ás oficinas de Cambre de máis medios materiais e humanos que garantan un reparto axil e puntual da correspondencia.

O Sr. alcalde contesta que esta mañá falou co director rexional e informáronlle que ampliaron o cadro de persoal con dous postos máis.

3º.- Solicitamos que, a través dos medios informativos municipais, se traslade á cidadanía a información sobre a celebración e os contidos dos plenos da Corporación. Mentres non se regule a través do Estatuto que terá que elaborar a Comisión especial de Participación e Información, solicitamos que as convocatorias sexan anunciadas por medio dos paneis informativos electrónicos, na páxina web municipal e por meido do servizo de correo electrónico municipal.

Coincide coa moición, polo que se considera aceptado.

4º.- Solicitamos que se orden a limpeza da finca municipal da casa de Arrigada, convertida nestes momentos nunha auténtica selva co perigo e molestias que supón para os veciños do contorno.

Dona Erundina Prado Arcay contesta que se deron as ordes oportunas e quedaron de limpala inmediatamente.

5º.- Pasado case mes e medio da constitución desta corporación e dúas semanas da formación dos grupos municipais, solicitamos do goberno local que se habiliten con toda urxencia locais dotados cos medios técnicos necesarios, para o uso dos grupos municipais na oposición. En cumprimento do Regulamento orgánico municipal vixente que, no seu art. 11 di:

1.- Os grupos políticos disporán, na Casa do Concello ou nun inmoble próximo pertencente ao Concello, dun local ou despacho para se reunir de maneira independente e recibir visitas dos cidadáns. Os devanditos locais estarán dotados dunha infraestrutura en medios materiais, informáticos e de comunicación necesarios, en consonancia coa capacidade económica e técnica do Concello.

Don Francisco Javier Varela Tejedor contesta que a vontade política de facilitar o funcionamento dos grupos políticos municipais quedou patente co acordo adoptado na sesión extraordinaria de data 13 de xullo, coa dotación económica aos grupos.

En canto aos locais, estase analizando que locais están dispoñibles para levar a cabo a pertinente reforma, polo que se facilitarán locais á maior brevidade posible.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que se hai que facer un expediente de contratación para arranxar os locais, vaise alongar no tempo, polo que agarda que se lles dote de locais o antes posible dado que os necesitan para traballar, recibir aos veciños, etc.

Don Francisco Javier Varela Tejedor responde que ninguén nega a necesidade dos locais, e a obriga que hai de facilitalos, pero hai que axustarse ao que se ten. O Regulamento orgánico municipal establece a obriga pero non hai un prazo, e si hai locais, pero non hai un local digno, polo que se comprometen a facilitalo no tempo máis breve posible.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que o Regulamento orgánico municipal é de obrigado cumprimento, non hai un prazo establecido, pero dende o momento en que se constitúen os grupos municipais xa deberían ter un lugar para traballar.

6º.- Solicitamos do novo goberno local que se dirixa á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia co fin de continuar as xestións comezadas no final da pasada lexislatura para que os gurpos de músicos aficionados de Cambre poidan dispor de locais de ensaio gratuítos.

Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que segundo información recibida do persoal do departamento de Cultura, o 8 de marzo celebrouse unha reunión entre os concelleiros don Henrique Xabier Iglesias Oviedo e dona Natalia Fontenla Sabio co director xeral de Xuventude, á que asistiron rapaces representantes dos 11 grupos de rock de Cambre, unha persoa do servizo de Xuventude e o persoal de Cultura.

O director de Xuventude presentou unha proxeción dun par de locais da rede, e os concelleiros de Cambre comentaron a posibilidade de utilizar o segundo andar do edificio modernista de Arrigada, logo do seu acondicionamento.

Os representantes dos grupos de rock presentes na reunión cubriron e entregaron unha ficha informativa, a solicitude do director xeral, e a día de hoxe non se ten constancia de que se presentara a solicitude de recoñecemento oficial dos locais de ensaio e inclusión na Rede galega de locais de ensaio para a xuventude. Están pendentes dunha chamada para ver que pasou.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que xa coñecía os datos e se formulan o rogo é para que as xestións políticas que se iniciaron no seu día, continúen.

Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que están de acordo, pero este asunto estaba na Concellería de Cultura non na de Xuventude, por iso non puido facer máis ao respecto, pois primeiro tivo que informarse xa que en Xuventude non se dipoñía dos datos.

Rogos de EU-IU presentados por escrito.

1º.- Con idependencia das competencias que legalmente lle corresponden no área do ensino público ao concello, e tendo en conta os problemas existentes no colexio do Graxal, en materia de escolarización de alumnos/as.

O noso grupo municipal, prega á Alcaldía información sobre os seguintes:

-En que situación se atopa a ampliación do colexio de O Graxal
-Previsión de escolarización para o novo curso.

Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que con data 20 de xullo actual recibiuse un proxecto de convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Cambre para a ampliación do CEIP do Graxal II.

Co citado convenio requírese o envío da documentación necesaria para a súa sinatura. Remitíronllelo aos técnicos e están en marcha. Estase seguindo os trámites normais, e en canto ao tema dos terreos, está solucionado.

En canto á previsión de escolarización, no Graxal había problemas e solucionouse con dúas aulas. Mentres non se leven a cabo as obras, vanse montar dous módulos prefabricados para escolarizar a eses rapaces e tamén se farán noutros colexios.

2º.- O grupo municipal de EU-IU prega ao goberno municipal:

-Que por parte dos servizos técnicos municipais, se revisen os contedores de depósito de pilas, tendo en conta as carencias e fase de deterioración que actualmente existe neste tipo de mobiliario urbano.

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que están nos centros escolares e nalgúns locais e que se recollen de vez en cando.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que se refire aos que están colocados polas rúas e solicita que se limpen.

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que se acepta.

3º.- Veciños/as do lugar do Souto en Cela, que acceden cos seus vehículos á estrada Pravio-Cela, vense sometidos diariamente ao risco permanente de accidente, pola escasa ou nula visibilidade no lugar.

-O grupo municipal de EU-IU, prega se instale no lugar máis axeitado, un espello que facilite a súa incorporación nas mellores condicións de seguridade.

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que se comunicou á Policía Local e farán un informe ao respecto.

4º.- A maioría dos camiños do concello, atópanse en pésimas condicións de acceso para a circulación rodada e peonil, motivado a cantidade de maleza que os invade, o que supón un perigo de accidentes, e risco de incendios.

O grupo municipal de EU-IU prega ao grupo de goberno:

-Se leve a cabo a roza e acondicionamento das cunetas nos camiños do concello de titularidade municipal.

Está aceptado, é similar ao rogo presentado polo PP.

5º.- Aproximadamente un 10% dos accidentes infantís ocorren nas áreas recreativas, que son os lugares expresamente indicados para os nenos/as. A prevención de estes accidentes correspóndelle aos adultos e tamén ás institucións que deben velar pola seguridade en estes recintos. Co fin de garantir o dereito dos nenos/as ao xogo, os parques infantís deberán seguir unha serie de indicacións no seu deseño e cumprir unha serie de normativas establecidas para tales fins:

-O noso grupo prega se verifiquen as condicións de seguridade nos parques infantís do concello, e se axeiten os espazos e elementos de xogo, aos criterios recomendados, para evitar que o seu uso poida producirlles perigos ou danos importantes

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que dos 37 parques existentes, fóronse adaptando pouco a pouco á normativa e hoxe en día todos os xogos cumpren con ela.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que na Barcala non se cumpre coa normativa en canto á suxeición dos bambáns, pois nalgúns sitios están ancorados con cadeas.

6º.- Nun bloque de vivendas na Costa da Tapia no Temple, existen dúas antenas de telefonía móbil. O mantemento deste tipo de infraestruturas preto das vivendas e das zonas densamente poboadas, non só representa un perigo por si mesmo, senón que ven sendo obxecto de polémica, por canto segundo algúns estudos científicos, existente un razoable grao de certeza na relación entre a proximidade destas instalacións, e o incremento de número de casos de enfermidades orixinadas polos campos electromagnéticos que no contorno se producen.

-O grupo municipal de EU-IU, prega o goberno municipal se nos facilite todo tipo de información relativa a situación das infraestruturas mencionadas.

-Se nos facilite unha relación das antenas de telefonía móbil existentes no concello, onde se indique a súa situación administrativa e os seus niveis de radiación, así como o seguimento deles.

-Que o concello non conceda máis licenzas das instalacións referidas, mentres non se elabore unha Ordenanza municipal reguladora de instalacións base de telefonía móbil, que regule as competencias municipais na materia.

-Que polos servizos xurídicos municipais se estude a posibilidade de utilizar a vía xurídica referida, as instalacións que carezan de licenza, e especialmente cando exista reiteración de actuacións ilegais.

Don Francisco Javier Varela Tejedor contesta que toman nota das peticións e facilitaráselles a información que obra nos expedientes.

Respecto de que non se concedan máis licenzas, serán os servizos xurídicos os que deben informar ao respecto pero, se é posible, e mentres non se redacte a ordenanza, non teñen problema en acceder ao solicitado.

Don Luis Miguel Taibo Casás responde que hai instalacións en Cambre que están feitas dende fai máis de dous anos e non teñen licenza.

Don Francisco Javier Varela Tejedor contesta que se é posible dende o punto de vista xurídico, non teñen problema en non dar licenzas.

Preguntas do PP presentadas por escrito.

1ª.- Trala creación na presente lexislatura da Comisión Especial Informativa para o Plan Xeral de Ordenación Municipal, e debido á grande importancia que o desenvolvmento do citado plan ten para o municipio de Cambre e os seus veciños, xa que inflúe de xeito considerable no desenvolvemento social e económico de Cambre, o grupo municipal popular pregunta ao goberno local de Cambre que plan de traballo existe para levar a cabo o desenvolvemento do plan xeral, que reunións de traballo están previstas, que prazos existen e en que punto se atopan os traballos de desenvolvemento do importante documento.

O Sr. alcalde contesta que se puxeron en contacto co equipo redactor do plan e agardan que o arquitecto da empresa se incorpore o vindeiro luns. Parece ser que está feita a Memoria medioambiental e agardan que no mes de agosto se faga unha reunión e despois xa elaborarán o plan de traballo.

2ª.- Por todos os veciños de Cambre é sabido o grave problema que existe co tema da corrente eléctrica no municipio. A pouca forza que ten a rede eléctrica en numerosas zonas de Cambre é un prexuízo importante para os veciños. Fai xa tres anos dende o concello se recolleron as demandas dos veciños para reclarmar as melloras pertinentes á compañía eléctrica Fenosa. Ademais a mellora da rede eléctrica foi unha das promesas electorais do actual goberno municipal. A pasada semana o alcalde mantivo unha reunión en Fenosa. Ante esta situación e dada a necesidade urxente de que se mellore a rede eléctrica no municipio para asegurar un servizo digno aos veciños de Cambre, o grupo municipal popular pregunta ao goberno local que temas se trataron no encontro, se se tratou sobre estas melloras na rede eléctrica de Cambre e que prazos existen para levalas a cabo.

O Sr. alcalde contesta que hai máis de trinta obras pendentes, a maior parte por ocupación de terreos. Así, hai obras programadas na zona do Graxal, Paseo Marítimo, rúa Constitución e rúa Pintor Lucio Muñoz. Agarda que a maior parte se inicien en setembro.

Engade que lles pasará unha fotocopia da relación que lle facilitou o técnico municipal.

3ª.- Dende a pasada lexislatura se estiveron realizando obras para instalación da rede de sumidoiros en diferentes zonas de Cambre. Estas obras foron realizándose por tramos soltos en numerosas parroquias, sen completar as obras en motias das zonas sinaladas. Ademais hai estradas nas cales unha vez terminadas as obras non se deixaron os citados viais como se atopaban nun principio, senón que quedaron mal asfaltados. Noutras zonas moitas vivendas non poden acceder á rede de sumidoiros, xa que esta se atopa nun nivel máis alto que o das vivendas, polo que a conexión destas a ela non é posible. Ante esta situación e debido a que aínda faltan numerosas zonas do municipio nas que construír o saneamento, o grupo municipal popular pregunta ao gobenro local de Cambre que estrutura está prevista realizar para levar a cabo as obras do saneamento integral do municipio, e como se vai realizar a instalación da rede de sumidoiros de Cambre, que obras están previstas e en que prazos se van levar a cabo.

O Sr. alcalde contesta que se está a facer o proxecto de construción de colectores secundarios do río Mero. Os traballos están avanzados, estanse construíndo as estacións de bombeo, pero hai casas que non van a ter cota suficiente para enganchar, e ao mellor terán que facer pequenos bombeos.

Don José Antonio Baamonde López responde que hai que facer unha planificación, pois se fixeron obras da rede de sumidoiros por tramos soltos.

O Sr. alcalde contesta que iso se fixo para que todas as parroquias teñan colector xeral, pero haberá que amplialo.

Preguntas do BNG presentadas por escrito.

1ª.- ¿Cando se levará adiante a acta de replanteo e o comezo das obras da Escola municipal de Música, despois de que o contrato coa empresa adxudicataria fora asinado o pasado 29 de maio?

Don Francisco Javier Varela Tejedor contesta que o 23 de novembro de 2006, polos técnicos municipais se suxeriu que se encomendase a dirección das obras a técnicos alleos ao Concello, e a pesares diso, polo concelleiro da área de Cultura e Benestar Social ditouse resolución o 9 de maio designando director das obras ao arquitecto municipal e coordinador de seguridade e saúde ao aparellador municipal. Co ánimo de manter as resolucións administrativas ditadas, o 19 deste mes deuse orde aos técnicos para que leven a cabo, de inmediato, a acta de comprobación do replanteo.

2ª.- ¿En que punto están as xestións para que o colexio Portofaro conte cunhas instalacións deportivas cubertas e en que data poderemos contar con elas?

Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que a Xunta de Galicia acaba de enviar no día de hoxe un protocolo para asinar entre a Xunta, Deputación e Concello, para a construción do polideportivo. A Xunta encargarase da elaboración do proxecto.

3ª.- ¿Cal é a razón de non seguir os acordos acadados na mesa negociadora en relación coa convocatoria de consolidación de emprego de postos de traballo interinos, entre os representantes do goberno anterior e os sindicatos, en relación coa orden en que se convocan as prazas?

Don Francisco Javier Varela Tejedor contesta que non sabe por que se fixo así, pero o que si lle pode asegurar é que fai unha semana que deu a orde para que, de xeito inmediato, saian todas as prazas suxeitas a consolidación.

4ª.-¿Existe algún expediente de disciplina urbanísitca aberto no que estea incluído algún membro da actual Corporación municipal de Cambre?

O Sr. alcalde contesta que o descoñece, preguntará aos servizos de Urbanismo e, unha vez informado, contestaralles incluso antes da vindeira sesión.

5ª.- ¿Que medidas vai adoptar o goberno local diante da declaración de ilegalidade, por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, da reforma acometida no nº 46 da rúa Temple pola empresa Roncesvalles Hogar S.L., da que é propietario o que foi concelleiro de Urbanismo de Cambre ata o ano 99?

O Sr. alcalde contesta que é un tema que non concerne ao Concello, é entre a propiedade e a Consellería. O Concello non ten que intervir mentres non se lle diga nada.

6ª.- ¿Cando entrarán en funcionamento e poderán engancharse os veciños de Sigrás e Anceis á rede de colectores do río Valiñas, e se poderá eliminar o vertido constante de augas negras no núcleo de Aián e os directos ao río?

¿Canto tempo máis teñen os veciños que continuar soportando esta situación? ¿Para cando vai ser a conexión para evitar a contaminación do río Valiñas e dar servizo aos veciños de Sigrás e Anceis?

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que se asinou un convenio con Culleredo. Falta meter catro caudalímetros na zona de Anceis e en Sigrás.

Preguntas de EU-IU presentadas por escrito.

1ª.- O Regulamento orgánico municipal no artigo 11 punto 1º . Di: “Os grupos políticos disporán na Casa do Concello ou nun inmoble próximo pertencente o Concello, dun local ou despacho para se reunir de maneira independente e recibir visitas dos cidadáns. Os devanditos locais estarán dotados dunha infraestructura en medios materiais, informáticos e de comunicación necesarios, en consonancia coa capacidade económica e técnica do concello” . Tamén o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, no seu artigo 27 se pronuncia en similares termos.

Transcorrido máis de un mes da constitución da nova Corporación Local:

¿Ten previsto o goberno municipal algún local destinado para os fins mencionadas?
-No caso afirmativo, en que lugar están situados os mencionados locais, e cando estarán dispoñibles para o seu uso.

Conclúe dicindo que houbo unha falta de previsión tanto polo equipo de goberno como pola oposición, pois non se pensou na falta de local. Comprende que se necesita un prazo para facer obras, etc., pero gustaríalle saber se xa pensou nalgún local en concreto.

Don José Antonio Baamonde, voceiro do PP, manifesta que están de acordo con EU-IU, foi o único grupo dos tres que había na anterior lexislatura que pediu un local, incluso nun pleno, e foilles denegado segundo se alegou, por falta de espazo, polo que considera unha lixeireza dicir que non se amosou interese tampouco pola oposición. Se ben é certo que, ao final, se lles deixou, de xeito provisional, un local.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que non tiña coñecemento de que o PP dispuxera dun local, e se é así parécelles unha discriminación que gocen dun local e os demais non.

Don José Antonio Baamonde responde que o grupo do PP foi o prexudicado, pois os mandaron a un despacho pequeno.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que o traslado do PP se consensuou.

Don Francisco Javier Varela Tejedor conclúe que non van entrar nos problemas da anterior Corporación, o desexo do PSOE é procurar que todos os grupos políticos dispoñan de despacho, polo que se reafirma no dito anteriormente.

2ª.- Recentemente ven de implantarse o servizo de transporte denominado Noite-Bus, conectando o noso concello con outras zonas de ocio da comarca.

-¿Ten proxectado o concello facer algunha campaña de información, respecto da posta en funcionamento do servizo?

Don Jaime Manuel López Lisnier contesta que acaba de chegar á Corporación e atopouse con isto, polo que non lles extrane que primeiro teña que enteirarse do que hai. Unha idea era enviar folletos dende o Concello para dalo a coñecer entre a xuventude, pero a mesma empresa que fai o servizo se comprometeu a facer foleltos. Está a espera de ver o folleto que elabora a empresa.

3ª.- EU-IU xa ten formulado en diversas ocasións o perigo que supón a ausencia de iluminación e escasa visibilidade na ponte da ría de O Burgo no Temple. Resulta verdadeiramente unha sorte que non se produzan accidentes graves nesta zona tan densamente poboada, cunha intensa circulación rodada, e beirarrúas deficitarias.

¿Existe algún proxecto para mellorar situación de perigo?

Don Mª Beatriz Ramos Padín contesta que entra dentro do proxecto de remodelación da costa da Tapia.

O Sr. alcalde engade que se está pensando en facer unha ponte peonil, á marxe da ponte existente, así como ampliar as beirarrúas dos dous lados como unha segunda plataforma. A ponte actual só sería para os coches.

4ª.- Fai aproximadamente un ano, realizáronse obras de destrución e eliminación da ponte das Insuas en Cambre. O goberno municipal, contemplaba a posibilidade de poder reconstruír a ponte, que para os cambreses/as tiña un valor non só económico, senón tamén simbólico, que podería servir para ser reconstruída noutro lugar axeitado dentro dun espazo público, é así preservar o patrimonio arquitectónico respectando un legado histórico de máis de cen anos.

-¿ Cal foi o destino final da totalidade das pedras?
-¿Ten o concello algún expediente aberto respecto do problema?

O Sr. alcalde contesta que o Concello o que fixo foi abrir un expediente e pedirlle á Confederación que se numeraran as pedras. Non se fixo, e parte delas están nos noiros. Tamén se lle pediu á Deputación, pero non interviu.

Don Luis Miguel Taibo Casás contesta que as pedras se numeraron, pero están noutros lugares, algunhas nos muros de construción no paseo fluvial, que non era o uso máis axeitado. Pregunta se hai algún expediente aberto a persoas que se levaron as pedras.

O Sr. alcalde contesta que non.

5ª.- O proxecto de execución de sendas peonis na parroquia de Pravio, está sen rematar, producindo indignación e malestar dos veciños/as, que comproban como unha vez máis son enganados polo goberno municipal. Este problema, está ocasionando grandes molestias, a mais do risco permanente de accidentes pola lamentable situación en que quedaron as obras.

-¿Cales son as razóns da paralización e execución do proxecto?
-¿Para cando está previsto continuar as obras?

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que foron a Fenosa e a semana pasada deron a autorización para retirar os postes. Quedaron de vir a vindeira semana.

6ª.- No centro da vila en Cambre, estanse realizando traballos de construción e acondicionamento dunha praza pública.

Tendo en conta que no solar existían varias árbores, algunhas delas dunha beleza e singularidade notable.

-¿Está previsto a plantación dalgunha especie arbórea na mencionada praza?

Dona Mª Beatriz Ramos Padín contesta que se farán tres parterres e colocaranse algunhas árbores.



Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 20-07-2007 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG solicita informes sobre os acordos do Pleno de organización
O BNG de Cambre considera que estos informes xurídicos deberían formar parte do Pleno e solicitaos a través do seguinte escrito:


Que por parte da Secretaría Xeral do Concello sexa emitido un informe sobre os seguintes asuntos:

1. A legalidade dos acordos adoptados polo Pleno extraordinario da corporación do pasado 13 de xullo de 2007 adoptados nos puntos 4 e 9 da orde do día.
2. Consideración sobre a validez das votacións para a súa aprobación en canto a que foron aprobados con maioria relativa de sete votos, co voto de calidade do Alcalde.
3. Informar sobre se os actos referidos poidan ser considerados nulos ou anulabeis.
4. Informar sobre se pode considerarse que no procedimento da convocatoria do Pleno referido aos contidos dos expedientes do Pleno e informes de legalidade anexos, poideron “ser vulneradas as regras esenciais para formación da vontade dos órganos colexiados”.

Cambre, 19 de xullo de 2007
Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 19-07-2007 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Becas e axudas
Axudas para cursos de lingua extranxeira

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

Orde do 13 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases que rexen as axudas a mozos para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea

Destinatarios
1. Poderán solicitar as axudas todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter fixada a súa residencia en Galicia.
c) Realizar un curso de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea…
d) Non estar matriculado no curso académico 2007/2008 en ningún centro universitario...

Prazo até 27 de marzo de 2008.


MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA

Orde ECI/394/2008, de 1 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua alemá ou francesa no extranxeiro durante o verán de 2008, para alumnos universitarios e de ensinanzas artísticas superiores

Orde ECI/395/2008, de 4 de febreiro, pola que se convocan axudas para cursos de lingua inglesa, durante o verán de 2008, destinadas a xoves de entre 18 e 30 anos


Becas, axudas e premios
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 18-07-2007 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
O remate dos traballos no Mero deixa atrás perigos para a xente
O GM do BNG insta á súa eliminación inmediata



O remate das obras no Río Mero deixou atrás zonas mal executadas ou inacabadas. Algunhas delas con perigos para as persoas.

Grupos de rapaces, que volven a disfrutar os espazos de lecer do río, informaron ao noso Grupo Municipal de elementos perigosos nalgún dos lugares. Froito desa denuncia, os concelleiros do BNG, Laura Fernández e Xabier Iglesias, cursaron onte, domingo 15, unha visita de comprobación á zona do antigo merendeiro de Cecebre.

No que era un dos lugares de baño máis frecuentado e que agora volve a ser usado por xóvenes, pódese observar como os traballos de demolición do merendeiro deixaron ao descuberto boa cantidade de ferros que, de baixa altura e case invisíbeis, son unha auténtica ameaza para os paseantes. Sobre todo se pensamos en rapaces e rapazas que frecuentan a zona como lugar de xogo.

Os ferros son restos do peche perimetral do merendeiro que, ancorados nos cimentos do muro, poden causar accidentes graves.

Os concelleiros do BNG anunciaron que continuarán coa súas comprobacións destas obras e, neste caso, que transmitirán urxentemente este aviso para que se tomén as medidas adecuadas.

Preguntará no vindeiro Pleno municipal sobre cal foi o traballo de control que desde os Servizos Municipais se fixo da marcha e remate das obras e, para que translade á Confederación Hidrográfica estas denuncias e se resolvan de inmediato as deficiencias. Instará ao Goberno Local para que, cos seus medios, sinalice o perigo e se eviten accidentes que haxa que lamentar.

Cambre, 16 de xullo de 2007
Comentario (2) - Categoría: Río Mero - Publicado o 18-07-2007 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas ás comisións informativas ordinarias de marzo 2008
Preguntas do BNG para as Comisións Informativas

Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica.

PRIMEIRA
Visto que o traballador municipal, D. Roberto Naveira , figura na lista de teléfonos interna con extensión propia e que segundo as informacións recibidas, ocupa un despacho os locais da OMIX, solicitamos que se nos explique cal é o status do mencionado traballador municipal no organigrama funcionarial, se ten variado o seu réxime retributivo e, cales son as súas funcións e horarios.

SEGUNDA
Cal é a situación laboral da educadora social interina que, a data de hoxe, debería ter rematado o seu contrato por superar –segundo explicou o Concelleiro delegado de Presidencia e Réxime interior nas Comisións informativas de agosto de 2007- o período máximo de seis meses no mesmo ano?

TERCEIRA
Cando estarán á disposición dos grupos municipais as novas oficinas?

CUARTA
Cal foi o motivo de facer coincidir a feira de oportunidades do Temple en xornada electoral?

QUINTA
En que punto están as bases para a convocatoria de oposicións das prazas de auxiliares administrativos interinos e cando se nos entregaran para a súa fiscalización aos grupos municipais, tal como se acordou no pasado Pleno?

SEXTA
Cando se nos vai a entregar a documentación do concurso de contratación das instalacións eléctricas municipais?
Que prazos e trámites están previstos?

SÉTIMA
En que situación se encontran os procedementos para a contratación do restos dos servizos municipais pendentes, nomeadamente a limpeza de edificios, a auga e saneamento e, a conservación de zonas axardinadas?

OITAVA
Cando presentarán para o seu debate a proposta de orzamento de 2008?

NOVENA
Cando nos van a entregar unha copia do proxecto “Arume” reformado despois do seu paso polo Pleno da corporación en xaneiro?
Hai algunha información sobre o resultado desta solicitude?
Cal foi o custo de elaboración deste proxecto?

Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos.

PRIMEIRA
Que acordos hai para o mantemento das sendas do Mero cos organismos implicados e cal será o seu custo para as arcas municipais?
SEGUNDA
Cantas prazas de aparcamento están anuladas polas necesidades do cuartel da Garda Civil, cantas máis hai previsto suprimir e, como pensan compensar o déficit de aparcamentos no contorno?

Comisión Informativa de Educación, Benestar social, Cultura, Normalización lingüística.

PRIMEIRA
Por qué non se organizou ningunha actividade con motivo do día internacional das mulleres?

SEGUNDA
Que se fixo para difundir o manifesto consensuado polos grupos municipais con motivo do 8 de marzo?

TERCEIRA
Sobre a intervención realizada na casa dunha veciña de Brexo solicitamos explicación ás seguintes cuestións:
- Que técnicos/as emitiron informe recomendando a intervención?
- Houbo autorización da persoa habitante da vivenda para o seu desaloxo e posterior intervención ou, pola contra, fíxose con autorización xudicial?
- Quen foi a persoa que informou aos medios de comunicación, aportando datos persoais da persoa desaloxada?

CUARTA
Cal é o proxecto da casa da cultura incluído no proxecto “Arume”?
Existe, cando menos, unha memoria vaalorada?
BNG
Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 11-07-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno de Organización Concello de Cambre
Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación para o día 13 de xullo de 2007, ás 13:00 horas, coa seguinte orde do día:

1) Aprobación da acta correspondente á sesión de constitución da Corporción.

2) Coñecemento dos escritos de constitución dos grupos políticos, dos seus integrantes e nomeamento dos voceiros.

3) Proposta da Alcaldía respecto da periocidade das sesión do Pleno e da Xunta de Goberno Local.

4) Proposta da Alcaldía respecto da creación e composición das comisións informativas permanentes, da Comisión Especial de Contas e das comisións informativas especiais.

5) Coñecemento das resolucións de Alcaldía en materia de: membros da Xunta de Goberno Local, nomeamento de tenentes de alcalde e delegacións de atribucións pola Alcaldía en membros da Xunta de Goberno Local.

6) Proposta da Alcaldía respecto do nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados.

7) Proposta da Alcadía para constituír como órgano complementario a Xunta de Voceiros.

8) Proposta da Alcaldía respecto da determinación dos cargos da Corporación a desempeñar en réxime de dedicación exclusiva e parcial, as súas retribucións, así como fixación das contías a percibir en concepto de asistencias e indemnizacións.

http://www.dicoruna.es/bop/2007/08/16/07-9303-0.htm

9) Proposta da Alcaldía de asignación dunha dotación económica aos grupos políticos municipais.


###


Á proposta do BNG, o Pleno aproba a constitución dunha comisión especial de participación cidadá e información



O Pleno de Organización, celebrado no Concello de Cambre o pasado vernes, día 13, asumíu, á proposta do GM do BNG, a constitución dunha comisión informativa especial non permanente que terá como obxecto a elaboración do Regulamento de Participación Cidadá, asi como o Regulamento sobre a información, comunicación e xestión dos medios informativos públicos do Concello. Está comisión, segundo a proposta nacionalista, deberá constituirse no prazo dun mes e, terá reunións mensuais até rematar os seus traballos e presentalos para a súa aprobación plenaria.

O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, manifestou a súa satisfacción por esta aprobación e convida a todos os GGMM, do goberno e da oposición, a facer un esforzo de elaboración de propostas e de consenso que permita crear os instrumentos de participación e transparencia, necesarios nunha sociedade sana democraticamente.

Ofreceu toda a súa colaboración e a do seu grupo para acadar este obxectivo e, anunciou, que a participación do BNG nesta comisión estará libre de prexuizos e de condicións previas. “Traballaremos co máximo espíritu de consenso, recoñecendo e respeitando o sentimento plural, as diferentes sensibilidades políticas expresadas pola sociedade cambresa.” “Agardamos, dixo, que esa mesma actitude sexa a dos demais grupos”.

Tan só, manifestou, seremos firmes e intransixentes en que se respeite o acordo plenario, se constitua efectivamente a comisión e, comencen os seus traballos de maneira inmediata.



Cambre, 14 de xuño de 2007


###



O GM do BNG analiza hoxe as propostas do Alcalde para o Pleno de Organización


Lamenta que a hora da convocatoría impida a asistencia de veciños e veciñas


O GM do BNG de Cambre, xúntase hoxe para analizar as propostas do Alcalde que serán debatidas mañá no Pleno de Organización.

O Portavoz municipal, Xabier Iglesias, lamentou que a hora da convocatoria deste Pleno, ás 13h, impida a asistencia de moitos veciños e veciñas que teñen amosado o seu interese por este Pleno. Recordou que as propostas en minoría do PSOE e as posicións que manterán os distintos grupos, teñen levantado moitas expectativas en Cambre. Sobre todo pensando que, unha vez que os socialistas descartaron o acordo co BNG, van a formar un goberno en minoría inédito en Cambre.

Sobre os asuntos que serán obxecto de debate, Iglesias, adiantou que non empeza con bons prexasios unha lexislatura cando o expediente completo do Pleno non se puxo á disposición de toda a Corporación até o día de hoxe, cando a lei marca que debería estar desde o momento da convocatoria, onte, día 11. Precisamente un informe que faltaba e non foi entregado até hoxe mesmo, aborda a legalidade da proposta de dedicacións remuneradas do grupo de goberno. Dedicacións que en tres dos casos propostos se adxudican a persoal ao servizo das administracións públicas e que teñen exclusividade na súa actividade profesional, e que con esta proposta pasarían a cobrar dóus soldos da administración.

Por outra banda, o portavoz nacionalista, comentou que na proposta de creación e composición das comisións informativas, limítase a participación dos concelleiros e concelleiras de todos os grupos, sendo os máis perxudicados os de máis membros (PP e BNG). Na proposta se contempla que os grupos terán un só representante, con voto ponderado. Desta maneira, nas tres comisións informativas ordinarias propostas, un concelleiro/a do BNG e catro do PP ficarían sen poder ser adscritos a ningunha das comisións.

Por último, destacou que a redución á mitade das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados (que só recibirían os corporativos na oposición e que contrasta co aumento de case 5000€ nas retribucións a membros do goberno) non semella a mellor maneira de facilitar o labor da oposición, labor lexítimo e democrático para o que temos o mandato cidadán e que o goberno debe favorecer e non cercenar.

Cambre, 12 de xuño de 2007

ACTAS

Acta 13 de xullo 07

Acta 6 de xullo 07

Acta 16 de xuño 07
Plenos
Comentario (15) - Categoría: Plenos - Publicado o 11-07-2007 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Programas de garantía social en centros públicos para o curso 2007-2008
Se queres consultar a oferta de programas de garantía social que van a ofrecer nos institutos de cambre, aquí tes o enlace para ver os distintos programas. Para ver os de Cambre, vai ás páxinas 3 e 4 do documento.

Resolución do 12 de xuño de 2007, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan os programas de garantía social en centros públicos para o curso 2007-2008.
Resolución
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 11-07-2007 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Convocatoria Rede Galega de Música ao Vivo
A convocatoria para A Rede Galega de Música ao Vivo 2008 suprime a selección previa e a distinción en categorías

O prazo de apuntarse á Rede Galega de Música ao Vivo 2008 xa está aberto para as salas e músicos desde o día 5 de xullo ata o 3 de agosto a través da páxina web de Galescena. As bases deste programa do IGAEM destinado a favorecer unha programación de concertos en salas privadas estable e de calidade traen numerosos cambios respecto ao vixente ano. Desaparecen nesta convocatoria dous elementos que suscitaron numerosas controversias anteriormente como foron as dúas categorías nas que se dividía aos artistas e a fase de selección previa por parte dunha comisión designada. A convocatoria do 2008 deixa liberdade para fixar o caché aos artistas, impondo un máximo de 800 euros por actuación e un mínimo de seis concertos para estar na rede, o programa inclúe tamén actuacións no mes de setembro. As salas asumirán o 15 % dos cachés e a recadación que supere a inversión repartirase a partes iguais entre músicos e salas.
galescena.info
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 10-07-2007 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un volta polo paseo do Río Mero
A Confederación Hidrográfica do Norte dou por rematado o seu traballo na súa actuación sobre o rí­o Mero, pero deixa un paseo con algunhas eivas que deben correxir. Para que o vexas por ti, mellor é descargar o arquivo que nos pasou un veciño de Cambre, o seu traballo merece a pena velo.

Descarga arquivo [...]
Comentario (0) - Categoría: Río Mero - Publicado o 07-07-2007 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id

id

id

id

id

id

id

id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





contador de visitas com


© by Abertal