POR UNHA MAREA GALEGA


Novo Consello Local do BNG de Cambre
Na Asemblea Local celebrada o pasado venres, día 26 de xuño, resultou proclamado o novo organismo de dirección local nacionalista. Estará composto pola totalidade das persoas integrantes da candidatura encabezada por Daniel Carballada, logo da retirada da outra candidatura inicialmente presentada e que encabezaba Iván López.

O cabeza da lista proclamada, Daniel carballada, é o novo responsábel local do BNG.

Novo consello Local do BNG en Cambre

Daniel Carballada
Carlos Amoedo
Carmo Gasamáns
Fernando Novás
Carolina Fernández
Xoán García
Susana López
Rafael Recuna
Begoña Iglesias
Alfredo Rodríguez
Ana Aranda
Xoán Ramón Díaz
Categoría: Anuncios - Publicado o 29-06-2009 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas candidaturas disputarán os 12 postos do Consello Local de Cambre. A elección terá lugar o venres, día 26 de xuño

O proceso de renovación dos órganos de dirección do BNG en Cambre como consecuencia da Asemblea nacional Extraordinaria do pasado 10 de maio, completarase en Cambre este venres. A Asemblea Local elixira ás 12 persoas que formarán parte do novo Consello Local de entre as dúas candidaturas presentadas. O organismo do BNG de Cambre completarase posteriormente coa inclusión dun representante de Galiza Nova.

As dúas candidaturas presentadas son as seguintes:
 
 
Daniel Carballada
Carlos Amoedo
Carmo Gasamáns
Fernando Novás
Carolina Fernández
Xoán García
Susana López
Rafael Recuna
Begoña Iglesias
Alfredo Rodríguez
Ana Aranda
Xoán Ramón Díaz
 
  
 
Iván López 
Javier Castro 
Xesús Queixo 
Pilar Agilda 
Serafín Vicente 
Diego  Casal  
Antón Otero 
Marcos Deive 
Carlos Fernández
Laura Fernández 
Sindi Becerra 
Xabier Iglesias 
Categoría: Anuncios - Publicado o 25-06-2009 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Decreto lexislativo
Categoría: Anuncios - Publicado o 24-06-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario 25 de xuño de 2009
Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Actas de plenos anteriores.

2º Resolución do contrato de consultoría e asistencia para a realización dos traballos consistentes na redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Cambre, formalizado coa empresa IDASA, Ingeniería del Atlántico S.A. (hoxe EPTISA, Servicios de Ingeniería S.A.)

3º Mocións
4º Informes da Alcaldía
5º Rogos e preguntas

Preguntas:


PRIMEIRA.-
(Sobre as recomendacións do Valedor do Pobo en relación a taxa pola recollida do lixo)

SEGUNDA.-
(Ampliación do polígono industrial)



Categoría: Plenos - Publicado o 19-06-2009 17:13
# Ligazón permanente a este artigo


Impacto ambiental do AVE a consulta

Consultas evaluación de impacto ambiental AVE

Hai 30 días hábiles desde a recepción do escrito no Concello. Rexistro de entrada 25/05/2009. Botando contas temos ata o 30/06/2009 para:

Consultas sobre su opinión sobre al amplitude e nivel de detalle que debe darse máis significatis¡vos, así como sobre outras posibles alternativas de actuación, informacións ou normas que deban ser especialmente consideradas polo promotor para a elaboración de dito estudo




Categoría: AVE - Publicado o 09-06-2009 19:49
# Ligazón permanente a este artigo

Categoría: Anuncios - Publicado o 09-06-2009 19:32
# Ligazón permanente a este artigo


O BNG consegue o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda será deputada ano e medio


O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, vén de comparecer rodeado de membros da Executiva Nacional e da candidata Ana Miranda ante os medios de comunicación para avaliar os resultados destes comicios nos que o BNG acadou o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda ocupará un escano en Bruxelas durante un tempo aproximado de ano e medio.

O líder nacionalista quixo agradecer o apoio prestado por todos e todas e lanzou unha mensaxe ás persoas que votaron BNG: "o seu voto servirá para contribuír, modestamente, a construír un novo modelo de Unión Europea tan necesario, que responda mellor ás necesidades da maioría social".

Vázquez considerou os resultados "pouco positivos desde o punto de vista cuantitativo" mais aclarou que o Bloque non estaba "no mellor cenário posíbel, despois dun proceso eleitoral galego e dos esforzos que ten invertido tamén o BNG en resolver un proceso interno na Asemblea Nacional".

O número un do nacionalismo explicou que "PP e PSOE fixeron o posíbel e imposíbel para non suscitar debate e que non apareceran as eleccións" e, nese contexto, os resultados de máis de 100.000 votos e un 9,5% da porcentaxe que, tal e como apuntou foi a maior das forzas políticas integradas na coaligazón de Europa dos Pobos-Verdes.

"Son bos resultados se os consideramos desde o ponto de vista obxectivo de que os reultados que tiñamos marcados era obter representación no Parlamento Europeo e Ana Miranda vai ser eurodeputada en función dos acordos da coaligazón aproximadamente ano e medio e teremos a ventaxa impagábel de que os nosos intereses vanse defender a través dos representantes da coaligazón", concluíu.

"Recuperamos unha presenza que non tiñamos e iso será positivo para o BNG e para Galiza porque permitirá que os problemas do país non fiquen silenciados como aconteceu estes anos", asegurou, ao tempo que insistíu en que "estamos comprometidos en seguir traballando por este país cunha convicción absoluta de que somos necesarios neste país
RESULTADOS EN CAMBRE
RESUMO
Categoría: Anuncios - Publicado o 08-06-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal