POR UNHA MAREA GALEGA


Concentración contra o trazado do AVE
Día 8 de xullo




Lugar e hora: diante da estación de RENFE ás 12 H.

Saída en tren da estación de Cambre, ás 11:36 h.
Saída en tren da estación da Coruña, ás 14:40 h.


Convoca: Asociación de Afectados polo AVE

[máis información]

___________________________________________________________

Panfleto repartido pola Asociación de Afectados polo AVE:

DETERIORA GRAVEMENTE O MEDIO NATURAL E CULTURAL DUNHA ZONA XA MOI CASTIGA


- Lesiona os humedais do río Mero.
- Fai desaparecer o pouco que queda da "Fraga Encantada"
- Atravesa zonas moi poboadas creando un muro que divide parroquias e núcleos de pobacións.
- Supón o levantamento da actual liña de ferrocarril (apeadeiros das Xubias, O Burgo, Cambre, Cecebre...) eliminando a posibilidade dun ten de proximidade que evite o uso do coche particular.

NON AO TRAZADO DO AVE A CORUÑA - BETANZOS

NON É O QUE DIN


- Só se adiantan 10 minutos entre A Coruña e Ferrol respecto a un tren moderno coa vía actual.
- Non é un tren eléctrico, senon un gasoil altamente contaminante.
- Non é un AVE, senon un Tren de Altas Prestacións.
- O AVE so ten redemento en distancias moi longas. Este AVE comunica dúas cidades que están a 50 Kms. facendo unha parada intermedia en Betanzos.

PERXUDICA A MOITOS E NON BENEFICIA A NINGUÉN


- Trátase polo tanto dun eneorme despilfarro económico que non ven a solucionar ningún dos grandes problemas do transporte que temo e duna ou outra forma ven a perxudicar a todos.
_____________________________________________________________

Artigo de opinión de Lino Braxe publicado no xornal A Opinión de Coruña o 09/07/2007.

A Fraga encantada

..Non podemos seguir vivindo sós entre solitarios. Xa Machado advertía nos seus versos: En mi soledad / he visto cosas muy claras / que no son verdad. É complexo tal e como temos montado a nosa sociedade, mais para conquerir que esta sexa máis xusta e humana temos que traballar estreita e estratéxicamente unidos. Ás veces desde a nosa soedade vemos e razoamos cousas que, logo, no contraste coa realidade, observamos que non estaban tan claras. Con isto xoga o sistema. O ser humano de hoxe vive aillado. É o animal máis solitario dea historia da humanidade. Os avances técnicos e informáticos teñen unhas grandes avantaxes mais tamén unhas eivas, e unha delas é que son obxetos se calor nen emocións. O amor, as amizades, as relacións entre as persoas son cada vez máis dificultosas. Por iso, desde as televisións os conflictos se nos presentan mastigados e resumidos, así sempre teremos a sensación de estar informados e de ter criterio sobre os problemas que nos arrodean. Se facemos caso ao ton trunfalista da maioría dos governos planetarios todo vai ben, vivimos no mellor dos mundos posible. Sen embargo, cheganme cartas cada día pedíndome o apoio para algunha causa abandonada ou silenciada. Vense de criar unha Asociación de Afectados AVE Tramo Coruña-Betanzos. O certo é que o trazado que se propón non é o máis idóneo. Lesiona os humedais do río Mero. Fai desaparecer o pouco que queda da Fraga encantada de Cecebre do amigo Wenceslao Fernández Flórez, o que ademais de ser un delito ecolóxico e un delito literario. Atravesa zonas moi poboadas, criando un muro que divide parroquias e núcleos de poboación. Supón o levantamento da actual liña de ferrocarril, anulando os apeadeiros de As Xubias, O Burgo, Cambre ou Cecebre, eliminando a posibilidade dun tren de proximidade que evite o uso excesivo do coche particular. Ademáis non se trata dun tren eléctrico, senón dun tren a gasoil altamente contaminante; tampouco é un AVE senón un Tren de Altas Prestacións. En fin, que este novo drama sobre a pel da nosa terra da moito que pensar. Agardemos que os responsables do trazado deste tren entre A Coruña e Betanzos pensen e se replantexen o proxecto. Sería beneficioso para os usuarios do tren de cercanías e para os que están desexando poder utilizar este medio de transporte. O que acontece é que a frecuencia de ciruculación de trenes é insuficiente. Un servizo hai que dalo en plenitude antes de decidir se é ou non rendible. Non nos deixen sen o pouco que nos queda da Fraga encantada.

___________________________________________________

Noticias relacionadas:

No Entorno Metropolitano [...]
Na Opinión da Coruña [...]
Na Voz de Galicia [...]
No Ideal Gallego [...]

ADEGA demanda que os investimentos para o tren servan para mellorar as vías actuais e os cercanías

Ferrocarril eléctrico vs. AVE
Comentario (2) - Categoría: AVE - Publicado o 28-06-2007 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
O novo decreto do galego no ensino

O Observatorio de Dereitos Lingüísticos apoia o decreto de galeguización do ensino como un "instrumento máis" para a "normalización" da lingua [...]

O BNG di que o PP asumíu unha liña 'suicida' en Galiza ao afastarse do consenso no decreto da lingua e 'supeditar a súa autonomía ás directrices de Madrid' [...]

O novo decreto do galego no ensino [no blog de Bieito Lobeira]


28/08/07. Apróbase o Decreto de promoción do galego no ensino [máis información en Vieiros]

O novo decreto no Consello da Xunta, na páxina 11.


Decreto do Galego no Ensino

________________________________________________________________

Outras sobre a lingua...
________________________________________________________________


Golfiño, primeiro corrector gramatical na nosa lingua [...]

O galego é a primeira lingua do Estado cun corrector gramatical [...]

Descargao en mancomun.org
Decreto
LOE
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 28-06-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
O programa

O prazo inscrición será do 15 de xuño ata o 15 de xullo para os cinco colexios públicos do municipio: Cambre, Sigrás, Portofaro, O Graxal, e Brexo Lema.



O programa "Mañanceiro", segundo explicou o concelleiro en funcións de Benestar Social e Cultura e Portavoz do Grupo Municiapal do BNG de Cambre, Xabier Igresias, ten como obxectivo principal responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, garantindo a atención dos nenos por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade.

O servizo está financiado polo Concello sobre o cincuenta por cento. Ademais, sobre o prezo establecido en cada escola, están previstas bonificacións se o solicitante cumpre unha serie de requirimentos (familia numerosa, familia monoparental ou, entre outras, dependendo da renda per cápita familiar). Tamén se creou unha cota de prazas con tarifa cero para casos determinados en función dos informes do departamento de Servizos Sociais.

Antes do Xantar

Durante este mes púxose en marcha o programa "Antes de xantar", pensado para o mes de xuño polo peche do comedor escolar e para que os nenos e nenas continúen coa mesmas xornada escolar.
Concello
Programa Mañanceiro
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 12-06-2007 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS LINGUA PROPIA. QUEREMOS VIVIR NELA.














APOIA O MANIFESTO! [...]
Apoia o manifesto
A MESA
Comentario (1) - Categoría: Campañas - Publicado o 11-06-2007 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
DISENSIÓNS NO BNG DE CAMBRE, DECLARACIÓNS DE IGLESIAS
En relación ás novas aparecidas na prensa de hoxe sobre disensións internas no BNG de Cambre, o portavoz municipal e responsábel local da organización nacionalista, manifestou que o BNG como organización democrática que é, admite e practica o pluralismo e o contraste de opinións. Diante das preguntas de varios medios informativos, que se dirixiron a el no día de hoxe, confirmou que, efectivamente existe tal documento pedindo unha asemblea extraordinaria, nos términos aparecidos nun diario coruñés, pero que el non ten por costume facer comentarios en público sobre cuestións internas da organización. " o BNG dirime dentro as cuestións internas". Afirmou que os máximos órganos de dirección da organización teñen xa coñecemento do asunto e que, en Cambre, fican a espera das decisións que lles comuniquen.
Sobre o asunto da acusación de "presunto acoso moral" na que semella que coinciden diversos actores, algúns de "dentro" segundo o mesmo medio de prensa, dixo que sobre todo "dentro" coñecen perfectamente a situación e que tanto a uns como a outros (polos de fora de diversas cores)só lles pedía "un pouco de paciencia". "Pronto sairá todo a luz". Recomendóulles aos impacientes que se teñen dúbidas ou indicios dun delito a onde deben dirixirse é ao xuzgado. "Noutro caso algúen podería pensar que actuan como encubridores", dixo.

GABINETE DE COMUNICACIÓN DO BNG DE CAMBRE
CAMBRE, 7 de xuño de 2007

Categoría: FORO - Publicado o 07-06-2007 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
QUE PASARÁ EN CAMBRE?

Despois dos resultados electorais, abrense todo tipo de especulacións e propostas: goberno en minoría? acordos co Psoe, co PP? pacto si?, pacto non?. Que tipo de pacto?, etc.,etc.,etc.

Queremos abrir aquí un canal para que deixes a túa suxerencia e opinión.

Ánimate e deixa o teu comentario.

Grazas anticipadas polo teu comentario.

_________________________________________

Novas na prensa:

LÉ E COMENTA


Os socialistas cuestionan que o BNG leve servizos sociais (na Opinión ) [...]

Extraños compañeiros de mesa (na Opinión da Coruña) [...]

O sector crítico do BNG de Cambre esixe responsabilidades a Iglesias (na Opinión da Coruña) [...]

O PP invita a Tonecho a que goberne en minoría (no Entorno Metropolitano) [...]

O BNG considera que co acordo nacional se estende o cambio galego aos concellos (en GZnación) [...]

Tamén haberá bipartitos na Coruña e en Lugo [...]

O Consello Nacional aproba por práctica unanimidade o Acordo Nacional que leva o cambio galego aos concellos [...]

BNG e PSOE asinan o acordo que levará o cambio galego aos concellos [...]

acordo marco BNB-PSdeG/PSOE municipais 2007 ()
PLENO CONSTITUCIÓN DA CORPORACIÓN
Comentario (39) - Categoría: FORO - Publicado o 05-06-2007 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG agarda que Molduras del Noroeste siga a ser un referente para Cambre

O BNG agarda que Molduras del Noroeste siga a ser un referente industrial en Cambre, mantendo a aposta polo emprego de calidade e a colaboración coa sociedade, como até o de agora


Cambre, 5 de xuño de 2007. O BNG agarda que Molduras del Noroeste continue a ser un referente en Cambre dunha política industrial, xeradora de emprego de calidade e de riqueza , trala confirmación hoxe do cambio na titularidade. Así se manifestou o portavoz municipal do BNG de Cambre, Xabier Iglesias, tras coñecer esta noticia da que dixo que “é nunha empresa emblemática de Cambre pero tamén en Galiza”.

Iglesias indicou que “son moitos os postos de traballo, as familias que dependen desta empresa, pero tamén é importante o labor que Molduras ten realizado en apoio á actividade deportiva e cultural de Cambre”. Xabier Iglesias quixo transmitir o seu recoñecimento aos antiguos propietarios por ese labor e, informou, que agarda poder dirixirse aos novos para manifestarlles á benvida a Cambre e para lles expresar, en nome do BNG, o seu desexo de que Molduras sega a ser un exemplo no emprego de calidade e na xeración de riqueza para o noso Concello, ademais de contiuar na liña de esponsorización e mecenazgo e na colaboración co Concello de cambre.

Ademais de falar cas novos propietarios, Iglesias anunciou que tamén se poñerá á disposición dos representantes dos traballadores e traballadoras da empresa e lles comunicará a intención do BNG, desde a acción municipal, de ser firmes na aposta por un modelo industrial que xere riqueza e emprego de calidade e que evite calquera intento de “deslocalización” de toda ou de partes da producción, asi como de outros usos dos terreos que non sexan os industriais.

Molduras del Noreste
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2007 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal