POR UNHA MAREA GALEGA


Cambre destina 260.000 € a mejorar parte del Camino Inglés
O Goberno local aposta por recuperar a ruta tradicional, para o que se instalarán laxas de formigón lavado en seis puntos do percorrido

Cambre, 31 de maio de 2011.-
Nunha aposta por recuperar o percorrido tradicional do Camiño Inglés ao seu paso por Cambre, o Concello leva a cabo na actualidade diversas obras de pavimentación, canalización, alumado e instalación de mobiliario en seis puntos da ruta, nas parroquias de Sigrás e Anceis. Estes traballos contan cun orzamento de 260.000 euros e serán financiados polo Consorcio das Mariñas.

No lugar chamado Encrucillada dous Seis Camiños, as obras centraranse na recuperación do camiño tradicional coa instalación de formigón lavado e lousado, segundo detalla o Goberno local nun comunicado.

Tamén na zona do cruceiro de Sigrás optarase por mellorar a súa contorna e recuperar a ruta tradicional, traballo que se repetirá na igrexa de Santiago de Sigrás, onde se instalará unha fonte de auga potable e tratarase de reducir o impacto visual dos colectores. Para a fonte de Sobrecarreira, o Goberno local ten previsto crear un punto de auga potable, acondicionar a zona axardinada existente así como desenvolver os traballos necesarios para recuperar a fonte tradicional e rehabilitar o lavadoiro.

Outro dos seis puntos previstos para levar a cabo estes traballos de mellora, co obxectivo de enxalzar o valor da ruta

id

O conde de Anceis acompañado polo Alcalde en funcións Don Antonio Varela, e os nacionalistas Gumersinda Becerra, concelleira deTurismo, Patrimonio Hº - Artístico, e o primeiro tenente de Alcalde Xabier Iglesias

peregrina a Santiago ao seu paso por
Cambre, será o cruzamento da Cabana, onde unicamente se recuperará o camiño tradicional.

O conde de Anceis cede un terreo para a construción dunha praza

Máis actuacións desenvolveranse no cruceiro de Anceis, lugar que onte visitaron o alcalde en funcións, Antonio Varela; o primeiro tenente de alcalde, Xabier Igrexas, e a concelleira de Turismo, Gumersinda Becerra, para observar o estado das obras, acompañados polo conde de Anceis, que cedeu un terreo para a próxima construción dunha praza pública. Ademais plantaranse árbores e dotarase da iluminación necesaria. A previsión do Concello é que estes traballos finalicen "nos próximos días".

Fonte-www.laopinioncoruna.es

Categoría: Anuncios - Publicado o 31-05-2011 18:31
# Ligazón permanente a este artigo

I encontro ecolóxico de Cambre

Programa para o sábado, 4 de xuño
Xornada de mañá:

09:45-10:00
Inauguración oficial a cargo de Gumersinda Becerra Montes, concelleira nacionalista de Turismo, Patrimonio Hº - Artístico e Natural e Medio Rural

10:00-11:00
Relatorio O horto familiar ecolóxico a transformación dende o horto convencional.
Impartido por Andrés Castro Ramos, socio de Medra en Verde, Sociedade Cooperativa Galega.

11:00-12:00
Relatorio O horto urbano ecolóxico
producindo alimentos na terraza.
Impartido por Andrés Castro Ramos, socio de de Medra en Verde, Sociedade Cooperativa Galega.

12:00-12:30. Descanso

12:30-13:30
Relatorio As plantas medicinais e aromáticas no horto familiar.
Impartido por Carmen Valiño Vázquez, socia de Milhulloa, Sociedade Cooperativa Galega

13:30. Fin dos encontros.


Xornada de tarde:

17:30-19:00
Xornada práctica:
Creación dun xardín de olores
Parque Municipal Ramón Barba


Díptico informativo - Folla de Inscrición - Cartel


Xornada de voluntariado medioambiental


Limpeza cidadá das marxes da Ría do Temple

Domingo, 5 de xuño

10:00
Encontro das persoas participantes na Casa das Palmeiras do Temple

10:15
Organización dos grupos de limpeza

10:30 - 14:30
Traballos de limpeza e traslado do lixo
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 30-05-2011 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
O pleno da corporación cambresa deu luz verde ao primeiro regulamento de Participación Cidadá.

O texto recibiu o aprobado de todas as formacións políticas e concelleiros non adscritos.

Cambre, 28 de maio de 2011
O documento viu a luz despois de que se celebrasen catro foros de debate, nos que participaron unha vintena de asociacións do municipio, así como de cidadáns a título individual. “Consensuouse un texto no que figuraron todas as achegas elevadas polas entidades e residentes”, apunta o concelleiro nacionalista de Participación Cidadá, Antón Otero
.
A continuación, os servizos técnicos municipais emitiron un informe xurídico da validez de todos os artigos, como paso previo e “indispensábel” antes de incluír a súa aprobación na orde do día da sesión plenaria.

A maiores, Otero destaca a “gran implicación” conseguida entre os cidadáns de Cambre para confeccionar unha norma que regula os órganos de participación do tecido asociativo e veciñal na vida municipal.

Neste sentido, desde a administración local recordan que, nun primeiro momento, programaran tres foros de debate, pero, “o interese suscitado levou a convocar un cuarto para dar coa proposta definitiva”.
Antón Otero (concelleiro nacionalista de Participación Cidadá)

Otero tamén recalca o “consenso total”conseguido entre os “veciños, asociacións, grupos políticos e Concello” para trasladar un documento común aos servizos técnicos municipais, un punto fundamental para “permitir a participación cidadá”.Fonte-www.elidealgallego.com

Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 28-05-2011 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: MUNICIPAIS 2011 - Publicado o 27-05-2011 13:06
# Ligazón permanente a este artigo


Categoría: MUNICIPAIS 2011 - Publicado o 23-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 13:00 horas, coa seguinte orde do día:


Proposta de aprobación inicial do Regulamento orgánico de participación cidadá do Concello de Cambre

Categoría: Plenos - Publicado o 14-05-2011 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre, 4 de maio de 2011.-
A concelleira de Turismo e Patrimonio, a nacionalista Sindi Becerra, presentou hoxe oficialmente a a web que alberga a Fototeca Municipal de Cambre.

A concelleira destacou que esta é a culminación dun traballo que arranca no ano 2004 coa recollida de fotografías e outros elementos gráficos históricos e que deu lugar xa a catro exposicións e á edición de catro libros. A concelleira aproveitou para presentar tamén a publicación do libro correspondente á primeira exposición 'Estampas de Cambre', que quedara pendente por cuestión orzamentarias e que dende hoxe está a disposición da xente nas instalacións do Museo de Cambre.

Becerra explicou que a relevancia da posta en marcha da Fototeca a través da web radica en que "tan importante é a conservación do Patrimonio e a Memoria como que estos sexan accesíbeis á cidadanía".
Na presentación estivo acompañada polo primeiro tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, quen amosou a súa satisfacción pola culminación dun traballo iniciado




cando el era o titular da concellaría de Cultura (2003-2007) e porque con isto dábase por cumprido outro dos compromisos que os concelleiros nacionalistas adquiriron na súa entrada no goberno local en agosto de 2009.

A recompilación de material inclue máis de 14.000 fotos, todas elas catalogadas e dixitalizadas e que poden ser consultadas a través da web, así como cumprida información sobre as actividades e materiais editados. A web tamén contén un potente buscador que permite localizar fotografías de maneira temática ou navegar a través dos distintos fondos familiares que a compoñen.


Categoría: Cultura - Publicado o 04-05-2011 23:36
# Ligazón permanente a este artigo












Concerto Letras Galegas
Domingo, 15 de maio, 13:00 h
Coro Arumes da Fraga

da Fundación Wenceslao Fernández Flórez Banda de Música Sementeira
Auditorio do Parque da Igrexa


--------------Máis Información:

Categoría: Cultura - Publicado o 04-05-2011 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Xuventude - Publicado o 03-05-2011 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal