POR UNHA MAREA GALEGA


Resultados municipais 2007

Datos desglosados ()

Consulta aquí os datos de Cambre e outros concellos [...]

Web concello [...]


Datos na Voz de Galicia [...]


MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO APOIO AO BNG DE CAMBRE
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 28-05-2007 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña pola declaración do Courel como Parque Natural

O Courel é o territorio de maior biodiversidade e xeodiversidade da Galiza. Polos seus valores naturais e culturais foi declarado Espazo Natural en 1989. Está incluído na Rede Natura 2000. Pero isto non abondou para impedir a inmensa desfeita ambiental e cultural, que se está levando a cabo en toda a comarca, con danos irreparábeis aos veciños, aos ecosistemas fluviais, aos elementos culturais, á paisaxe, á flora, á fauna... PAREMOS XA ESTA DESFEITA!

Vinte mil persoas asinan en apoio do Courel
(+)
Campaña de ADEGA
Comentario (0) - Categoría: Campañas - Publicado o 28-05-2007 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Un proxecto para 385 prazas de aparcamento



Un proxecto para 385 prazas de aparcamento no barrio, centrará a mensaxe do candidato nacionalista neste día.


O BNG remata a campaña eleitoral de Cambre no barrio máis populoso do Concello, no Temple, onde se concentra 35% da ppoboación. E remata a campaña como a empezou, facendo propostas en positivo para a xente. Neste día o BNG aproveitará para a explicar o seu proxecto de ampliación de prazas de aparcamento no barrio.

“Son moitos os reptos e as necesidades nas que traballar, como nos demandan veciños e comerciantes, pero o primeiro para todos eles, xunto co tránsito, son os problemas orixinados pola falla de aparcamentos públicos, e para iso o BNG comprométese con proxectos concretos”. Desta maneira, o candidato nacionalista, abordará un importante compromiso do BNG para a vindeira lexislatura consistente en dotar dun mínimo de 385 novas prazas de aparcamento. Estas prazas situaranse en espazos públicos das Rúas Pígara e Padre Feijoo e en aparcadoiros soterrados baixo parcelas públicas da Rúa Estanque e Estanque de abaixo (na que se construirá o Centro de día).

Mellorar a calidade de vida do barrio e colaborar cos emprendedores e emprendedoras do noso comercio é o obxectivo. Iglesias manifestará no acto de peche que os problemas se solucionan con decisión e con traballo, e con bos proxectos para a xente. E o BNG, ademais, ten a credibilidade suficiente para garantir o seu cumprimento.

Este proxecto está a ser difundido entre os veciños e veciñas do Temple e, entre os comerciantes e empresas desde onte, xoves.


Dende as 20h, no Parque Ramón Barba do Graxal, terá lugar este acto de peche de campaña. As intervencións do candidato a alcalía, Xabier Iglesias, e dos candidatos Carmen salvador e Borja Quintela serán acompañadas polas actuacións musicais de Pangaea e pola banda Potenkim.



Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 25-05-2007 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Nova posibilidade de busca de emprego en Cambre
Desde a Área de goberno do BNG e a través da Axencia de Desenvolvemento Local, a partir do mes de maio, está á disposicións dos cidadáns as ofertas de empregos das empresas privadas a través do baner da WEB municipal.

Se queres conocer as ofertas podes acceder desde [aquí...]
Comentario (0) - Categoría: EMPREGO - Publicado o 25-05-2007 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Temple contará con actuacións especiais no vindeiro período

O Temple contará con actuacións especiais no vindeiro período. A ampliación do colexio do Graxal e o acordo con Vivepresidencia para o primeiro Centro de día para maiores, son só o comezo.

O candidato á Alcaldía, Xabier Iglesias percorrerá o barrio do Temple para explicar o seu programa, acompañado por candidatos e candidatas da zona. Esta actividade de difusión eleitoral realizarase durante toda a xornada por rúas e establecementos da zona e, xa á última hora do serán, o candidato trasladarase á Coruña para acompañar a Quique Tello no mitín central do BNG coruñés.



O mércores, dia 23 de maio, a candidatura do BNG de Cambre continuará a campaña eleitoral na zona máis urbana do Concello. A caravana eleitoral recorrerá a parroquia do Temple, onde reside o 35% da poboación municipal. O potencial desta parroquia será destacado polo candidato nacionalista como unha fortaleza e como unha oportunidade. A xuventude, 36 anos de media, da poboación, o encontrarmonos nunha zona que destaca por un comercio puxante ou, o posuir grandes posibilidades de comunicación, son, a xuizo de Iglesias, aspectos positivos que serán aproveitados para unha acción de goberno que saberá poñelas en valor.

Das políticas levadas a cabo nesta lexislatura, desde o goberno do BNG en Cambre, suliñará os importantes avances en cumprir con algunhas das demandas e reivindicacións históricas da zona. Así, o acordo con Educación para a ampliación do Colexio do Graxal, a posta en marcha dos comedores escolares e, o acordo para construir instalacións deportivas no colexio Portofaro, serán avances destacados no eido educativo.

Un impulso decidido pola igualdade será o plano de eliminación de barreiras arquitectónicas, xa comezado esta lexislatura e que ten dado como froito a instalación de elevadores no CEIP do Graxal e no Centro da terceira idade.

Como resultado da súa xestión, á fronte da Área de Benestar, resaltará como un dos logros máis importantes da lexislatura o acordo acadado coa Vicepresidencia para a construcción no Temple do que será o primeiro Centro de Día municipal para maiores, que estará operativo en 2008.

A ordenación urbanística do barrio consideráse, polo candidato nacionalista, prioritaria. Explicará a súa intención de habilitar zonas de aparcamento, de impulsar o Plano viario comarcal para conseguir que a auto-estrada conecte coa N-VI e coa estrada do Temple a Cambre, para desconxestionar a Costa da Tápia. Obter solo público para novos equipamentos como un novo centro de saúde ou a construcción de vivendas protexidas, será outro dos obxectivos.

Dentro da ordenación urbanística, Iglesias, comprometerase a aprobar un regulamento para as antenas de telefonía, que estableza as restriccións necesarias para garantir a saúde pública e eliminar a alarma social xerada.

Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 23-05-2007 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG vai á Barcala para dar conta do balance de lexislatura e expoñer as súas propostas.Xuventude e maiores o primeiro



O martes, dia 22 de maio, a candidatura do BNG de Cambre continuará a campaña eleitoral. A caravana eleitoral chegará a unha das zonas máis poboadas do concello, a urbanización da Barcala, onde culminará a xornada nun acto cos veciños e veciñas no local socio-cultural da Rúa Río Brexa, ás 20:30h. Neste acto o candidato nacionalista, Xabier Iglesias, estará acompàñado pola número dóus da candidatura e actual concelleira de Servizos Sociais, Sindi Becerra.

Durante a xornada, os membros da candidatura, acompañados polo candidato á Alcaldía, o nacionalista Xabier Iglesias, recorrerán o barrio para repartir e explicar o seu programa eleitoral en contacto dircto cos veciños, nomeadamente, as propostas pensadas para este barrio. Ao remate da tarde, ás 20:30, no local sociocultural, Xabier Iglesias fará espepecial énfase nas liñas de traballo que impulsarán desde o vindeiro goberno, apartir do 27 de maio.

Neste encontro cos veciños e veciñas, o candidato á Alcaldía aproveitará para explicar como a xestión do goberno municipal foi especialmente satisfactorio nesta zona e puxo como exemplo as accións das que foi responsable como Concelleiro de Benestar Social e Cultura: A ampliación da superfecie da Biblioteca municipal e a eliminación de barreiras, a construcción e posta en funcionamento do Centro de Servizos Sociais ou, a construcción no barrio da primeira escola infantil pública do Concello, unha Galescola, que comenzará a andar co novo curso.

A mellora xeral do barrio e dos seus espazos urbanos, da seguridade vial e dos equipamentos e programas sociais indican o interese amosado por este importante barrio, comentóu e, indican, a intención de proseguir dotando de servizos á xente que aquí reside. Os xóvenes, con puntos de encontro e convivencia, e os maiores, que precisan un local para desenvolver as súas relacións e actividades, son compromisos para a vindeira lexislatura. Así mesmo, Iglesias, anunciará a súa intención de dotar á Barcala dunhas dependencias onde se poidan realizar trámites administrativos sen necesidade de se desprazar.

O candidato nacionalista explicará que unha das accións máis importantes que levará a cabo a partir do 27 de maio, será a construción dunha zona adicada a skaters e patinadores entre a Barcala e o Temple, para recoller as demandas da grande cantidade de xóvenes aficionados destes dóus entornos de Cambre. Unha obra non de gran custo pero sí de grande incidencia social entre a nosa xuventude.

Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 22-05-2007 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG centrará en Sigrás a explicación das suas propostas




O luns, dia 21 de maio, a candidatura do BNG de Cambre continuará coa súa intensa campaña eleitoral. A caravana eleitoral chegará a parroquia de Sigrás, onde culminará a xornada nun acto cos veciños e veciñas no local social do Souto, ás 20:30h. Estará acompàñado pola número dóus da candidatura e actual concelleira de Servizos Sociais, Sindi Becerra.

Durante a xornada, os membros da candidatura, acompañados polo candidato á Alcaldía, o nacionalista Xabier Iglesias, recorrerán a parroquia para repartir e explicar o seu programa eleitoral e, nomeadamente, as propostas pensadas para Sigrás. Ao remate da tarde, ás 20:30, no local do Souto, Xabier Iglesias fará espepecial énfase nas liñas de traballo que impulsarán desde o vindeiro goberno, apartir do 27 de maio. Neste encontro cos veciños e veciñas o candidato á Alcaldía aproveitará para explicar propostas referidas á seguridade vial: a construcción de sendas peonís entre a ponte das Insuas e o Instituto de Sigrás – frecuentada por cantidade de estudiantes a diario será prioritaria-, no lugar de Aián, ou na Xira; a extesión da rede de saneamento será outro dos eixos. Neste aspecto destacará como foron as súas xestións persoais co Alcalde de Culleredo, o que permitíu o desbloqueo do enganche do saneamento de boa parte da parroquia ao colector do río Valiñas, que levaba anos parado e que se conectará de inmediato. Noutra orde de cousas, fara especial mención á atención ás necesidades educativas, liña na que se compromete a seguir, como as importantes melloras xa conseguidas no colexio público coa construcción da polideportiva cuberta, o programa “mañanceiro”, de recepción de alumnos/as antes da hora de apertura da escola ou o apoio ao comedor escolar. Manifestará, así mesmo que un dos grandes obxectivos desta lexislatura que remata do goberno nacionalista en Cambre é, precisamente, o comenzo das obras da Escola Municipal de Música no Souto-Sigrás. Serán 850m que estarán disponibeis a principios do vindeiro ano e que, satisfarán e completarán as necesidades de Cambre en canto á formación e difusión da Cultura Musical por moitos anos.

Respeito á parroquia de Sigrás, o candidato nacionalista, fará especial mención dassúas intencións de estabelecer un plano de protección do “camiño inglés”. Entre a ponte da Xira e a Rocha, transcurre un dos máis senlleiros tramos da ruta xacobea e o BNG comprométese a protexelo e poñelo en valor. Recuperar o entorno da ponte, acordar o uso veciñal do vello hospital de peregrinos e tomar medidas para o mantenimento do camiño e das súas características, serán obxecto da planificación urbanística que o BNG promoverá desde a Alcaldía de Cambre.
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 21-05-2007 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana presenta o 065 social do transporte adapatado na estación de tren de Cambre

Quintana pon a creación dun servizo de transporte adaptado para a terceira idade e as persoas dependentes como un exemplo das "propostas sociais en positivo que está a realizar o BNG"

O portavoz nacional do BNG lembra en Cambre a “importancia da colaboración institucional cos concellos” para a posta en marcha deste servizo que ten como posíbeis beneficiarios ás case 600.000 persoas maiores de 65 anos e aos 90.000 dependentes que hai en Galiza

Cambre, 18 Maio 07
. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegurou esta mañá en Cambre que o servizo de transporte adaptado, o 065 social, que está a poñer en marcha o BNG dende a Xunta de Galiza en colaboración cos concellos “é unha das porpostas sociais en positivo que está a realizar o BNG para mellorar a vida da xente”.

Quintana estivo acompañado no acto de presentación polo candidato do BNG á alcadía da Coruña, Henrique Tello, e por Xabier Iglesias, candidato nacionalista á alcaldía de Cambre, un concello no que, grazas á colaboración das concellalías gobernadas polo BNG, puídose poñer en marcha esta iniciativa de transporte adaptado.

“Queremos que Cambre sexa noticia por estas cousas e non por outras menos edificantes”

Neste sentido, o portavoz nacional do BNG asegurou que “se trata dunha proposta de gran calado social e unha mostra de que os concellos deben de facer unha política para a xente”.

“Queremos que Cambre sexa noticia por estas cousas e non por outras menos edificantes”, subliñou o líder nacionalista.

Só mediante a colaboración institucional entre a Xunta de Galiza e os concellos se poderá poñer en marcha este servizo

Quintana lembrou que a Lei de Dependencia “está moi ben porque recoñece dereitos, pero o importante é a súa posta en marcha, e iso é o que está a facer o BNG dende a Xunta de Galiza”.

Nesta liña, salientou que unha das medidas que está a poñer en marcha o BNG para garantir a autonomía persoal, e en definitiva, unha mellor calidade de vida das persoas maiores, é o 065 social, un servizo de transporte adaptado “necesario para completar o estado do benestar”.

“Partindo de que Galiza ten 35.000 núcleos de poboación, é necesario este servizo para achegar á xente aos centros de día, tamén aos servizos sanitarios que non son de urxencias, ou mesmo para a chegar ás persoas que o necesiten a facer trámites administrativos”, explicou Quintana.

O portavoz nacional do BNG afirmou que o servizo estará formado por entorno a 300 autobuses de entre 38 e 12 prazas, coordinados desde un servizo central, o 065. Os posíbeis beneficiarios serían as case 600.000 persoas maiores de 65 anos e as 90.000 persoas dependentes que hai en Galiza. Destas últimas, “os primeiros en beneficiarse destas medidas serán os 17.000 grandes dependentes”.

Ademais, engadiu que “toda a sociedade se beneficiará deste servizo” porque creará 1.200 postos de traballo.

Pero para que a posta en funcionamento deste servizo sexa posíbel, Anxo Quintana subliñou que “é necesaria a colaboración institucional entre o Goberno de Galiza e os concellos”.
Noticia na web BNG
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 19-05-2007 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana demanda a transferencia da rede ferroviaria interna e a creación dun ente ferroviario galego
Cambre, 18 Maio 07. Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG, percorreu esta mañá en tren o traxecto que une Cambre coa estación de tren de San Cristovo, na Coruña, acompañado polos candidatos do BNG á alcaldía destes dous concellos, Henrique [...]
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 19-05-2007 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista ao Candidato á Alcaldía na Voz de Galicia

Foto da Voz de Galicia


18 de maio. A Voz de Galicia fai unha entrevista ao noso candidato á alcaldía, Xabier Iglesias.

Consulta a entrevista aquí[...]
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 19-05-2007 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMA ELECTORAL 2007/2011 - BNG de Cambre
Catro anos do BNG no goberno:
Un balance positivo



Se queres ver o noso programa electoral en soporte dixital e formato pdf,

só tes que descargalo desde aquí [...]
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 18-05-2007 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Iglesias comprométese a políticas centradas na xuventude
Afirma que os mozos e mozas terán unha atención especial desde a Alcaldía de Cambre apartir do 27 de maio



Durante a celebración do II festival “rock na ría”, que congregou a centos de xóvenes no Temple, o candidato nacionalista a alcaldía de Cambre, Xabier Iglesias, manifestou que a vindeira lexislatura será a dos xóvenes.

Este festival, organizado pola concellaría de Cultura, que dirixe, e no que participan 9 grupos aficionados de Cambre, é unha demostración do apoio ás formas de expresión da nosa xuventude, recordou.

Salientou que froito dese interese, o pasado mes chegou a un acordo coa Dirección Xeral de Xuventude polo que, este mesmo ano, comezará a construcción de locais de ensaio gratuitos para os músicos aficionados xóvenes de Cambre, instalcións que contarán cunha pequeno estudio de gravación de maquetas. Estas instalacións serán complemantarias da Escola municipal de Música, que nestes días comenza a súa construcción e que estará lista a principios de 2008.

En políticas para os xovenes anunciou que, ademais do apoio ás expresións musicais e artísticas, na vindeira lexislatura extenderán a habilitación de puntos de encontro e convivencia para a mocidade en todas as parroquias. “Os xóvenes non poden estar na rúa como único recurso, desde o goberno promoveremos locais e espazos urbanos para que a nosa xuventude poida convivir e desenvolver as súas aficións e capacidades”.

Unha das medidas que se acometerán de inmediato, dixo, é a preparación dunha zona no Temple habilitada para patinadores e skaters, actividade con moitos practicantes entre os mozos e mozas das zonas urbanas do Concello.

Programa electoral
Comentario (1) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 14-05-2007 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Iglesias comprométese a ordenar urbanisticamente o concello en dous anos
Afirma que as promesas poden ser as mesmas pero non todas as forzas políticas teñen credibilidade. Uns demostramos que cumprimos e outros están instalados na política de “vender fume”.


O candidato nacionalista a alcaldía de Cambre, Xabier Iglesias, no comezo da campaña elitoral, afirmou que as políticas municipais positivas para a xente pasan pola ordenación urbanística do concello.

Necesitamos solo público en Cambre para un novo colexio, necesitamos crear cidades deportivas en Cambre e no Temple, necesitamos espazos para un novo centro sanitario no Temple, para podermos ordear o tránsito rodado e aparcamentos.

Iglesias advertíu que isto non é posíbel sen unha xestión urbanística que mire polo interese xeral e non polo duns poucos. “uns demostramos a nosa responsabilidade cumprindo cos acordos e sacando adiante os proxectos e, outros, terán que dar moitas explicacións de porqué non hai sobre a mesa nen unha soa proposta de ordenación do Concello, cando foi esa a súa responsabilidade nesta lexislatura. O proxecto socialista en Cambre está agotado e roto, e Cambre precisa dun cambio de liderazgo.


O BNG prioriza, tamén, o impulso desde o concello á construcción de vivenda protexida. Unha das peores consecuencias da falta de planeamento e de políticas urbanísticas ao servizo da xente é o encarecimento da vivenda e imposibilidade para os que empezan ou para os traballadores , de adquirir a súa primeira vivenda. O candidato nacionalista confirmou que desde a alcaldía será firme en garantir que o 40% das novas promocións residenciais teñan algún tipo de figura de protección oficial, sexa para a venda ou aluguer.


Rematou a súa intervención decindo que o que se xoga nestas elección non é quen escrebe máis e mellor nos seus programas, quen ten as mellores ocurrencias, senon que ten a credibilidade suficiente para cumprilas. O BNG en Cambre é críbel e demostrouno co enorme traballo en políticas culturais, de igualdade e benestar, desenvolto nestes catro anos.


Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 12-05-2007 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
MITINS do BNG de Cambre
Campaña municipais 07


Domingo, 13 de maio 12:00
MITIN en Peiraio

Instalacións da Xuventude de Peiraio
Falarán Pili Agilda e Xabier Iglesias

Luns, 14 de maio 20:30
MITIN en Sta. Mª de Vigo

Local Social A.VV.
Falarán Laura Fernández e Xabier Iglesias

Martes, 15 de maio 20:30
MITIN en Andeiro

Centro Sociocultural de Andeiro
Falarán Antón Otero e Xabier Iglesias

Mércores, 16 de maio 20:30
MITIN en Brexo

Local A.VV. “A Unión” de Brexo
Falarán Miguel Barreda e Xabier Iglesias

Xoves, 17 de maio 20:30
MITIN en Cambre

Anfiteatro do Parque da Igrexa de Cambre
Falarán Antón Otero , Sindi Becerra, Borja Quintela, Tereixa Táboas (Conselleira de Vivenda)e Xabier Iglesias

Venres, 18 de maio 20:30
MITIN no Temple

Local Sociocultural do Graxal,
Rúa Álvaro Cunqueiro
Falarán Carmen Salvador e Xabier Iglesias

Sábado, 19 de maio 18:00
MITIN en Bribes

Local Sociocultural no Cruceiro
Falarán Pili Agilda e Xabier Iglesias

Sábado, 19 de maio 20:30
MITIN en Anceis

Local Social de Anceis
Falarán Borja Quintela e Xabier Iglesias

Domingo, 20 19:00
MITIN en Pravio

Local Social de Pravio
Falarán Silvia Quintela e Xabier Iglesias

Luns, 21 de maio 20:30
MITIN en Sigrás

Local Social do Souto
Falarán Sindi Becerra e Xabier Iglesias

Martes, 22 de maio 20:30
MITIN na Barcala

CSC da Barcala
Falarán Sindi Becerra e Xabier Iglesias

Xoves, 24 de maio 20:30
MITIN en Cecebre

Local Social Apeadeiro
Falarán Laura Fernández e Xabier Iglesias

Venres, 25 de maio 20:30
FESTA PECHE CAMPAÑA
FESTA DA MOCIDADE

Parque Ramón Barba
Falarán Rai Pérez, Borja Quintela, Carmen Salvador e Xabier Iglesias


progama electoral
Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 11-05-2007 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG presenta a nova Escola de Música de Cambre

Cambre, 6 de maio 07.- Xabier Igrexas presentou o proxecto da nova Escola Municipal de Música que se construirá no Souto de Sigrás. O prazo de execución do edificio, de máis de 800 metros cadrados de superficie, é de oito meses, polo que en "xaneiro ou febreiro" estea finalizado.

A Escola estará plenamente integrado no entorno. A parte superior da construción será unha praza pública e as inmediacións do edificio contará cun aparcamiento con capacidade para uns trinta vehículos.

A nova escola estará ao pé ao actial edificio de Sementeira e contará cunha aula de 175 metros cadrados que se aproveitará, ademais de para a práctica docente, para celebrar actuacións. O proxecto presenta ademais aulas individuais con superficies comprendidas entre os 17 e os 38 metros cadrados. O novo edificio servirá para continuar coa aprendizaxe dos máis de 100 alumnos da Escola Municipal de Música de Cambre. O edil de Cultura recordou que o orzamento para a construción do centro ascende a 557.000 euros e que as obras comezarán "de inmediato".

O grupo de acción local Terra dás Mariñas financia con 256.000 euros a construción da escola de música tras asinar un convenio co Concello.
Comentario (0) - Categoría: Escola de Música - Publicado o 07-05-2007 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG quere impulsar a igualdade desde as 21 oficinas I+ B que creará a Xunta este ano

Ao acto acudirón varias candidatas do BNG de Cambre.


O portavoz nacional do BNG incluíu onte entre os obxectivos do programa nacionalista para as municipais a creación das vinte e unha oficinas I+B (Igualdade e Benestar) que Vicepresidencia quere poñer en marcha este ano, e para as que espera "contar coa colaboración dos concellos". Quintana realizou o anunciou no acto celebrado este sábado -6 de maio- en Santiago para explicar as bases das políticas de igualdade dos nacionalistas ante un auditorio de duascentas mulleres no que se atopaban varias das candidatas do BNG nos concellos.Tanto o vicepresidente da Xunta como a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, revisaron as medidas impulsadas desde a Vicepresidencia que, dixeron, baseáronse na "transversalidade" e nun maior protagonismo "fronte ás propostas raquíticas do PP". Quintana recordou que dos seus 315 candidaturas, 64 están encabezadas por mulleres.
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 07-05-2007 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
II Rock na Ría 12 de maio 07

Paseo Maritimo do Temple, 12 de maio 07.

Grupos seleccionados polo xurado para formar cartel no Rock in Cambre e orde de actuación:

Black Jack

Dalai Lama

Ánima

NORABOA AOS SELECCIONADOS e a todos os que participaron por mellorar o nivel e calidade do anos pasado.

Orde de actuación

1º Cat´s Barks

2º Ánima

3º Malasombra

Extretxez demente

Dalai Lama

6º Arka

7º Pangea

8º Opium Esperience

9º Black Jack

Comentario (3) - Categoría: Música - Publicado o 02-05-2007 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno do BNG en Cambre adiántase ás políticas que quere facer o nacionalismo nos concellos

Este luns, día 30, acudín a Ourense, xunto con outros candidatos e candidatas do BNG da nosa comarca. Tratábase dun acto de presentación de "dez medidas estrela do BNG para os concellos". Un resumo, ou mellor un eixo de traballo, do que temos intención de facer a partires do 27 de maio. Imaxinade a miña satisfacción cando comprobo que algunhas delas, desas dez medidas, xa son unha realidade no noso Concello, en Cambre. Son realidade porque a acción de goberno do BNG estivo desde o principio centrada en cubrir as necesidades da xente. Porque puxemos un especial empeño en priorizar as persoas a atención as persoas dependentes e en pór en marcha medidas favorecedoras da conciliación laboral e familiar. Sei, sabemos que non está todo feito, que queda moito por andar, pero en Cambre neste camiño da igualdade e o benestar xa temos un bon treito recorrido.

Cando iniciamos esta lexislatura, aló polo verán de 2003, definimos unha folla de ruta: no ano 2007 en Cambre, os veciños e veciñas, terían que disfrutar duns servizos inexistentes nese momento. E puxémonos mans a obra. No ano 2004 comenzamos, en dous colexios, o servizo de recollida dos estudiantes desde as 7:30 horas, con almorzo opcional. É o programa "mañanceiro", hoxe consolidado en catro colexios, posibelmente chegará ao quinto no vindeiro curso, e que atende a cen nenos de infantil e primaria do noso concello. Son moitas as familias que grazas a este programa teñen un pouco máis fácil a súa vida diaria, que poden atender as súas profesións sen estar condicionadas polas obrigas familiares. Isto, que semella tan lóxico e normal non existe na grande maioría dos concellos galegos.
Pero fixemos máis cousas nesta liña. Veíamos que non só eran as xornadas escolares as que xeraban conflicto cos horarios laborais. Que faciamos cos nosos fillos neses periodos vacacionais curtos que salpican o calendario. Os días de Nadal, da Semana Santa, do mes de Xullo. Normalmente nas empresas só nos dan un mes de vacacións ao ano e, quen temos fillos, atopámonos cun auténtico conflicto neses periodos. Pois tamén desde o noso goberno puxemos en marcha medidas neste sentido. Os campamentos urbanos, combinando actividades de lecer e educativas, permiten en Cambre, atender e educar aos nosos fillos cubrindo os horarios de vacacións escolares.

Pero tamén no campo da dependencia fumos pioneiros, non en exclusiva pero sí excepcións no mapa de servizos que os concellos aportan aos seus cidadáns. Desde o ano 2005 temos en marcha un servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidades. Facilitando a accesibilidade a servizos médicos, sociais ou a necesidades de tipo persoal antes impensábel e que en moitas ocasións as persoas que o precisaban ou as súas familias non tiñan posibilidade de conseguir. Ou puxemos en marcha un servizo de comidas a domicilio, "o comedor sobre rodas" , que neste momento beneficia a trinta usuarios e que lles permite continuar nos seus domicilios, no seu entorno e coa súa xente, se ter que marchar a unha residencia.

A partir de maio continuaremos ampliando estes servizos, creando outros novos, pero polo de pronto podemos decir con orgullo que en Cambre hai persoas, xente, máis independente que no ano 2003. Podemos decir con satisfacción que en Cambre a atención aos nenos e nenas é un pouco máis doada para as familias porque o Concello destina fondos e medios a axudar a conciliar a vida persoal e laboral. Nisto adiantámonos pero non está todo feito.

Os xóvenes, os nosos maiores, o acceso á vivenda son os retos que nos marcamos para o vindeiro periodo pero, diso continuaremos falando...

Xabier Iglesias

Cambre, primeiro de maio de 2007
Programa electoral
Comentario (3) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 01-05-2007 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal