POR UNHA MAREA GALEGA


Pleno Ordinario 30 de abril de 2009

Xaquín Marín



O pleno terá lugar para xoves, 30 de abril, ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, das bases da convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro.
Aprobado

2º.- Aprobación, se procede, das bases da convocatoria pública de bolsas para deportistas de Cambre durante 2009.
Aprobadas

3º.- Proposta troco plan de investimentos do exercicio 2005 respecto da obra “terreos praia Santa María de Vigo”.
Aprobado

4º.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito número1/2009.
Era para aprobar unha cantidade de 55.000 euros, só se aprobou unha de 16.000 euros, xa que era a única que tiña informe técnico municipal

5º - Orzamentos xerais para o exercicio 2009

6º- Cadro de persoal

7º - Catálogo de postos de traballo
Os puntos 5º, 6º e 7º foron retirados da orde do día

8º - Mocións

9º - Informes da Alcaldía

10º - Rogos e preguntas

Preguntas do GM do BNG de Cambre:

- Aumento das situacións de alteración da convivencia.
- Regulación da actividade forestal e protección da paisaxe.
- Continuación das beirarrúas entre Cambre e Pravio.
- Paralización da variante de Espírito Santo a Volteiro.
...ler
Preguntas
Categoría: Plenos - Publicado o 24-04-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Aprobación definitiva da vía Ártabra no treito de Cambre

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes publicou no DOGA de hoxe a resolución de aprobación definitiva do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental.

Tivo en conta os seguintes condicionates, segundo publica na resolución:

-Modificarase a rasante rebaixando a súa cota entre os p.k. 0+900-2+200 co fin de permitir a construción dun falso túnel en Peiraio.

-Definirase un falso túnel en Peiraio (p.k. 1+600-1+710).

-Estudarase en proxecto de construción a viabilidade da execución dun falso túnel no Volteiro (p.k. 4+020-4+190).

-Garantirase o acceso ás propiedades lindantes ao trazado. Para iso, definiranse os seguintes camiños de servizo adicionais:

* p.k. 1+540-1+690 marxe dereita.
* p.k. 3+980-4+060 marxe dereita.
* Vía Cela Peiraio: p.k. 0+000-0+130 marxe esquerda.
* Vía Cela Peiraio: p.k. 0+120-0+550 marxe dereita.

-Disporanse muros nos seguintes puntos:

* p.k. 0+700-0+840 marxe dereita (protección do contorno do río Brexa).
* p.k. 1+580-1+600 marxe esquerda (protección de vivendas).
* p.k. 2+750-2+870 marxe dereita (protección de canles, altura máxima 7 m).
* p.k. 3+560-3+680 marxe dereita (protección de vivendas).
* p.k. 3+620-3+680 marxe esquerda (protección de vivendas).
* Enlace de Vigo (Ramal 1): p.k. 0+355-0+390 (protección de vivendas).

-Establecerase un paso inferior para peóns no p.k. 3+030 para dar continuidade a unha ruta peonil.

-Modificarase a tipoloxía do enlace de Peiraio, establecendo un enlace con glorieta a distinto nivel. Esta glorieta comunicarase coa estrada de Peiraio mediante unha vía bidireccional.

-O largo de pasos superiores e inferiores será ampliado ata os 12 m.

Ver a resolución
Resolución
Categoría: Vía Ártabra - Publicado o 23-04-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Deterioro da Fraga de Cecebre



Como cuidamos o patrimonio natural!

Desde aquí podes ver unhas fotos do estado de deterioro no que se atopa a Fraga de Cecebre...ver as fotos
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 23-04-2009 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Eleccións delegad@s á Asemblea Extraordinaria BNG. 10 de maio

Categoría: Anuncios - Publicado o 21-04-2009 17:33
# Ligazón permanente a este artigo

Categoría: Música - Publicado o 21-04-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca Mais?: HQB (2005)


Dirixido por Carlos Alberto Alonso

Máis información
Ficha
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 06-04-2009 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os concelleiros do BNG denuncian unha nova tala de árbores na zona de A Marisqueira ante o “pasotismo” do goberno local


Cambre, 4 de abril de 2009.- O BNG de Cambre denuncia a talla indiscriminada de árbores que se está a efectuar na zona da Barcala-A Marisqueira, no tramo de protección da canle do río Gándara. O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, lamenta a tala de castiñeiros e piñeiros realizada nos últimos días na zona coa que se elimina un elemento importante e rico da paisaxe.

O BNG alerta de que a actuación conta co beneplácito do Concello xa que nin para esta tala nin para o resto que se fixeron nos últimos meses en terreo rústico situado en varios puntos do municipio é necesario contar con licenza municipal, simplemente con autorización de Medio Rural. O portavoz do BNG explicou que un alto funcionario municipal recoñeceu que o Alcalde decidira prescindir da esixencia da licenza municipal para esta actividades.

O “pasotismo” do Concello nesta cuestión fai que por un lado nin defenda os intereses patrimoniais nin tampouco os intereses económicos xerais, xa que por esta actividade económica tampouco cobra ningún tipo de impostos ou taxas como si fan outros concellos, afirmaron desde o grupo municipal nacionalista.

O grave do feito para o BNG está en que ese “pasotismo” do actual equipo de goberno lle leva tamén a pasarse por alto os acordos plenarios como o da moción que presentou o grupo nacionalista- aprobada en pleno- o pasado ano na que se lle reclamaba ao Concello que atendendo ás súas competencias "sacara unha ordenanza que regulase as talas e na que se protexese dalgunha forma os valores paisaxísticos do municipio". Coa tala que se produciu estes días é patente que se está a incumprir de forma reiterada a moción, o acordo o que pon novamente de relevo "a renuncia de funcións do alcalde e de todo o seu grupo de goberno".

Ver máis imaxes

Calificación urbanística de especial proteción podedes atopala na desembocadura do río Gándara...ver

Gabinete de comunicación do grupo municipal do BNG de Cambre
Moción aprobada
Calificación urbanística no Concello de Cambre
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 04-04-2009 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal