|
|
|
|
| O BNG denuncia ilegalidades no paseo fluvial |
|
O BNG puxo en coñecemento Augas de Galicia, consellaría de Medio Ambiente,
Confederación Hidrográfica del Norte, Ministerio de Medio Ambiente,Servicio de protección de la Naturaleza, Guardia Civil e Concello de Cambre a través dun escrito de denuncia obras ilegais no paseo fluial.
Ver escrito denuncia e resposta da Confederación Hidrográfica do Norte
|
|
|
|
|
| A mala xestión do goberno municipal fará perder 300.000€ a Cambre |
|

Mantense paralizada a obra da Escola Municipal de Música
Xa tiña que estar totalmente rematada
[ler máis] |
|
|
|
|
| O Alcalde debe esforzarse por coidar o mobiliario urbano e manter a calidade dos servizos públicos |
|
Ducias de veciños diríxense ao concello denunciando o deterioro das marquesiñas da parroquia de Cecebre
|
|
|
|
|
| A Comisión Informativa especial dá o visto bo ao informe de efectos ambientais do Plan Xeral |
|
A participación construtiva dos representantes do BNG, permite sacar adiante o documento
Irá a “Medioambiente” como paso previo a outras tramitacións do Plan
|
|
|
|
|
| Pleno ordinario 24 de abril 2008 |
|
No salón de plenos ás 20:30 horas.
- Orde do día
- Preguntas para o pleno
- Preguntas para as comisións informativas
"a sensibilidade do goberno local cun 1º premio do Certame de Pintura" |
|
|
|
|
| A instancias do BNG celebrarase unha reunión para analizar o impacto da Vía Ártabra |
|
Consideran que “política territorial” debe explicar os cambios introducidos no proxecto
Cambre convocará á Consellería para que xustifique as súas propostas
|
|
|
|
|
| O BNG téndelle a man ao PSOE para aprobar os orzamentos que necesita Cambre |
|
O PSOE debe decidir entre negociar co PP ou chegar a acordos co BNG
|
|
|
|
|
| O BNG diante os orzamentos municipais de 2008 |
|
O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, ten serias dúbidas de que os orzamentos conten co apoio dos compañeiros de Venancio Salcines
O BNG de Cambre recoméndalle ao concelleiro
de Facenda que negocie os orzamentos co seu grupo de goberno (PSdeG-PSOE) antes de presentalos ao resto de partidos políticos
|
|
|
|
|
| Vía Ártabra: INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROXECTO DE TRAZADO E ESTUDO AMBIENTAL DO 2º TRAMO |
|

Vía Ártabra
Trámite de información pública do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Treito: Polígono de Espíritu Santo - autoestrada AP9 - autovía A6 (Costa da Lapa).
Prazo para as alegacións: 30 días hábiles, até o 8 de maio
Resolución do 24 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6.
Descargar planos
Ficha resumo
Podes consultalo no Servizo Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de Cambre.
1 comentario
|
|
|
|
|
| Cambre queda sen patrimonio natural e paisaxístico ante a indiferenza dos seus gobernantes |
|

Mediante un comunicado, o BNG de Cambre fixo pública hoxe a súa indignación polas agresións salvaxes que está a sufrir o territorio e paisaxe municipal. Refírense os nacionalistas á praga de talas de masas arbóreas que se veñen sucedendo nos últimos tempos. Talas que non respectan nada, nin frondosas , nin especies autóctonas, e que están modificando a paisaxe tradicional de maneira irreversíbel. Agresións que alcanzan a exemplares únicos de carballos e castiñeiros sen que ninguén faga nada.
Denuncian a hipocrisía dos actuais gobernantes que, din solicitar subvencións para preservar os valores naturais e paisaxísticos, en referencia ao proxecto Arume, mentres miran para outro lado sen lles preocupar a desaparición dun patrimonio que é de todos. “como é posíbel que o Alcalde e a súa concelleira de medio ambiente non se decaten do que está a ocorrer, se sucede á vista de todos. A que se dedican?”, comentou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, que afirmou que, “no caso de que veña algunha subvención para a preservación, non quedará nada que protexer”.
Os nacionalistas denunciaron diante dos servizos técnicos municipais este espolio e, esixiron que se poña en marcha a maquinaria municipal para impedir que continúe. Citaron tres exemplos destes días, os máis significativos, no lugar de Xan Faba, na parroquia de Sigrás, a desaparición dunha carballeira, onde, para colmo dos despropósitos, a superficie cortada está bordeada por un sendeiro ciclo-turístico recentemente inaugurado. “Todo unha aberración que indica a desidia dun Alcalde máis preocupado polas liortas internas do seu goberno que por atender ás súas obrigas”, comentaron os nacionalistas. A segunda, moi próxima aos muíños de Naia (Norgasa), pola parte norte da vía do ferrocarril. E a terceira, aínda a tempo de impedirse, no Monte do Marco, en Piñeiro-Cecebre. Esta é unha masa forestal moi próxima á Rede Natura do encoro de Cecebre e que constitúe unha das masas arbóreas máis grandes que quedan no Concello.
Para o BNG, estase a demostrar o nulo interese do Alcalde por protexer e ordenar o territorio. “Neste comezo da primavera, a poucos días de saír da festividade do día da árbore, o concello de Cambre o conmemora permitindo que o seu patrimonio natural e paisaxístico se destrúa, é unha vergoña”, lamentou o portavoz do BNG, que anunciou ademais que pedirán explicacións sobre este abandono e irresponsabilidade no vindeiro Pleno da Corporación.
Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 1 de abril de 2008
|
|
|
|
|
| Ocupación do espazo público no Caneiro |
|
Nas fotos que podedes consultar desde aquí amosan a ocupación do espazo público por parte dalgúns "privilexiados", mentres outros saben respetar espazo que deixou a obra. Non sabemos se por consentemento,pero si seguro por deixadez ,dos dirixentes locais.
ver fotos.
|
|
|
|
|
| Cambre segue a perder masas forestais, segue a perder identidade. |
|

31 de marzo 08. Cambre sufre un andazo pola tala de árbores en todas as parroquias e especialmente en Sigrás e Cambre.
Desde aquí podemos ver a fotos da tala ao norte de Norgasa e, tamén, a tala en Xan Faba, en Sigrás. Así se acaba con carballeiras que definían a nosa paisaxe. Auténticas xoias das Mariñas. Xa non darán máis sombra aos camiñantes e ciclistas da última ruta de sendeirismo creada, a do Xalo-Sete Regos.
E mentres, que fan os gobernantes, que fai o Alcalde?
ver fotos
|
|
|
|
|