POR UNHA MAREA GALEGA


A estrela da campaña fírmana os candidatos e as candidatas do BNG
A estrela da campaña fírmana os candidatos e as candidatas do BNG

O portavoz nacional apresenta en Ourense as dez ideas estrela do BNG para as municipais 07

Ourense, 30 abril 07.- Os candidatos e candidatas do BNG aos 315 concellos de Galiza realizaron esta mañá en Ourense unha presentación simbólica das 10 propostas estrela da formación nacionalista para todos os concellos galegos.
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 30-04-2007 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña informativa sobre a Lei de Dependencia
Vicepresidencia lanza a campaña informativa sobre a Lei de Dependencia In-dependencia, lema que simboliza o obxectivo primiordial desta norma que é aumentar a autonomía persoal...


Teléfono de información gratuita 900 333 666

Solicitudes e información aquí...




AUTOBÚS INFORMATIVO EN CAMBRE

Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás
persoas en situación de Dependencia

O pasado xoves 28 de xuño o autobús visitou Cambre para informar aos veciños e veciñas.

Descargas docuementos ()
Xunta de Galiza. Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar
Descargas documentos
Sistema Galego de Atención á Dependencia
Categoría: Benestar - Publicado o 29-04-2007 02:25
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana asegura que o BNG 'fixo unha pretemporada sobresaínte en Cambre e xa lle chegou o momento de gobernar'

O cabeza de lista, Xabier Iglesias, asegura que "este é o momento de que os veciños e veciñas escollan entre a decadencia e a eficacia"

Cambre, 27 Abril 07.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, participou este serán no centro cultural O Graxal, en Cambre, no acto de presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais, encabezada por Xabier Iglesias Oviedo.

O líder nacionalista manifestou a súa convicción de que a lista do BNG forma o "mellor equipo", e o único "preparado para que Cambre deixe de saír polo seu urbanismo nas páxinas de sucesos e saia nas de política social".

Asi, lonxe das divisións internas que ocasionan nas outras formacións as actividades inmobiliarias dos seus candidatos, Quintana destacou a cohesión da lista formada polos 23 homes e mulleres do BNG, e lembrou que xa teñen "demostrado a súa capacidade para gobernar" e lembrou as iniciativas postas en marcha desde o goberno municipal como o xantar a domicilio.

O portavoz asegurou que só a candidatura que encabeza Xabier Iglesias poderá vai facer "o que os veciños e veciñas queren, que se preocupen por protexelos, e non polos seus intereses particulares".

A este respeito, Quintana salientou o importante traballo levado a cabo polo BNG nos últimos catro anos dende a Concellaría de Benestar Social , "o que supuxo unha notábel mellora nos servizos de benestar e igualdade".

Neste sentido, salientou as propostas que lle teñen apresentado e anunciou que acaba de asinar o decreto para a subvención dun centro de día no concello e lembrou que xa está na fase de selección de persoal o proceso para abrir unha Galescola no concello coruñés.

A única candidatura en positivo

Pola súa parte, número un da lista nacionalista en Cambre asegurou na súa intervención que "este é o momento do cambio posíbel en Cambre" e insistiu en que o 27 de maio a única opción válida é o nacionalismo e advertiu de que hai que "escoller entre o continuismo e o cambio, entre a decadencia e a eficacia".

O cartel do BNG estendeuse na descrición dos 23 homes e mulleres que compoñen a lista nacionalista e asegurou que forman "un equipo que demostra capacidade, vinculados á súa xente, dialogantes, ilusionados e capacitados para gobernar este concello". Tal e como xa dixera ao presentala aos medios, Iglesias dixo da súa candidatura que "en ela, hai de todo, menos promotores inmobiliarios".

"PXOM para a cidadanía e non para os especuladores"

Ademais, Xabier Iglesias comprometeuse a que unha das súas primeiras medidas como alcalde de Cambre será aprobar un Plan Xeral de Ordenación Urbana "pensado nos intereses de todos os cidadáns, e non nos dos especuladores".

O cabeza de lista chamou tamén a atención sobre o feito de que a lista nacionalista é a única composta por persoas "que viven aquí, e con interese por que este concello vaia adiante" e contrapuxo esta situación á das listas das outras oito candidaturas "porque case todas se formaron contra alguén, contra o PP, contra o PSOE, ou contra os seus candidatos, pero a nosa é unha candidatura en positivo, e a favor de Cambre".
Programa electoral
Comentario (2) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 29-04-2007 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Candidatura BNG Cambre - Eleccións 2007

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)

1 HENRIQUE XABIER IGLESIAS OVIEDO

2 SINDI BECERRA MONTES

3 ANTÓN OTERO DOMINGUEZ

4 LAURA FERNANDEZ MARTINEZ

5 BORJA QUINTELA CASAS

6 PILI AGILDA FERNANDEZ

7 MIGUEL A. BARREDA CEREIJO

8 CARMEN SALVADOR PARDO

9 LUIS CAO MAHIA

10 ANA M. FERNANDEZ RAMILO

11 ELISEO LOPEZ RIO

12 ELVIRA EIROA VARELA

13 RAIMUNDO A. PEREZ FERNANDEZ

14 MARI CARMEN IGLESIAS IGLESIAS

15 DIEGO CASAL GARCIA

16 XOSE MANUEL DIAZ SANCHEZ

17 LURDES IGLESIAS VAZQUEZ

18 XOSÉ GONZALEZ BREA

19 SILVIA MABEL QUINTELA MARTINEZ

20 JAVIER CASTRO CONCHEIRO

21 CARLOS BRUQUETAS SANTOS

Suplentes:

1 FÁTIMA GALÁN IGLESIAS

2 XOAN ANTÓN VAZQUEZ RAMOS



Noticia no Metropolitano
Programa electoral
Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 25-04-2007 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
A presentación da Candidatura de Cambre contará coa participación de Anxo Quintana, este venres 27 de abril no CSC do Graxal ás 20:30
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 22-04-2007 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG advirte da necesidade de crear novas prazas escolares no Temple


O candidato do BNG en Cambre advirte da necesidade de crear novas prazas escolares no Temple

Cambre. 20 de abril07. Expropiar os terreos necesarios que permita levar a cabo a ampliación do colexio do Graxal. Esa será unha das primeiras medidas que tome o candidato do BNG, Xabier Iglesias, a súa chegada a alcaldía de Cambre despoís das eleccións do 27 de maio.

O candidato nacionalista amosou a súa preocupación polo retraso na negociación cos propietarios de esta parcela que está levando a cabo o alcalde, Antonio Varela, unha negociación que chega a perto dun ano. Esta negociación está a dilatar que se poida levar a cabo o proxecto de ampliación do colexio que foi acordado polo responsable de Benestar Social e Cultura e candidato a alcaldía de Cambre, Xabier Iglesias, coa consellería de Educación.

O candidato recordou que esta ampliación é necesaria para atender a demanda de prazas escolares que se vai producir no municipio e en especial nunha zona como a do Graxal-O Temple, que experimentou un importante crecemento de poaboación durante estos últimos anos. Insistiu en que este ano, para atender as solicitudes que houbo, o Concello tivo que habilitar unha nova aula de Educación Infantil, acondicionando una parte do colexio para elo.

A expropiación de estes terreos é un claro exemplo dunha política urbanística onde debe primar os intereses xerais por riba de intereses particulares. Xabier Iglesias afirmou que este será o prinicipio que mova a política urbanística a partires do 27 de maio unha vez que o BNG obteña a alcadía de Cambre.
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 21-04-2007 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Iglesias participa en Localía TV este luns, 23, ás 20: 30
Entrevista en TV Localía

Convidamosvos a que vexades a entrevista do noso candidato a alcaldía -Xabier Iglesias- que terá sobre as 20:30 en TV LOCALIA, este luns-23 de abril- no programa Plató Aberto.


Video campaña Cambre 2007


Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 21-04-2007 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Interesante WEB de información xuvenil e o programa Naturalmente Galiza

REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL

Poñemos aquí o enlace desta web de informacón xuvenil, que está mantida polo Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar). Parécenos unha páxina interesante como vía de información para a Xuventude.


E se queres senderismo...

Xuventude pon en marcha o programa Naturalmente Galiza para coñecer o país a través de rutas de fin de semana
Organízanse saídas de fin de semana que inclúen rutas de sendeirismo, en kaiak, en bicicleta e actividades de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico

O director xeral de Xuventude e Solidariedade presentou esta iniciativa que pretende fomentar o coidado do ambiente, amais de gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.

_______________________________________

XUVENTUDE.NET

O mellor portal de información [...]
REDE GALEGA DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUVENIL
XUVENTUDE.NET
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 19-04-2007 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista no Metropolitano do Candidato á alcaldía de Cambre
“O BNG conseguiu mellorar Cambre nestes catro anos de goberno”

Xabier Iglesias, é o candidato do BNG á Alcaldía de Cambre. Forma parte do goberno local sendo responsábel da Área de Cultura e Benestar social.
Diplomado en Maxisterio aínda que desde principios dos oitenta exerce como empresario-
autónomo de instalacións, actividade que suspendeu ao se dedicar esta lexislatura en exclusividade ao traballo municipal.
Ten 47 anos e é pai de tres fillos.Veciño de Cambre onde reside coa súa familia.
É concelleiro en Cambre desde 1999 e, en 2003 encabezou a candidatura do BNG.
Entra na política, moi cedo -seguramente demasiado cedo, coma el mesmo recoñeceaos 16 anos. Contacta co nacionalismo na Universidade Laboral, primeiro con organizacións de mocidade nacionalista e logo na frente nacionalista ANPG, a mesma que deu lugar ao actual BNG, do que é militante dende a súa fundación no ano 1982. Foi un dos promotores da actual organización do BNG de Cambre, hai 14 anos, e protagonista cos seus compañeiros do avance espectacular desta formación nas sucesivas eleccións municipais.
Ben, imos comezar abrindo fogo. Achéganse
xa as datas eleitorais. O BNG ten todo
listo?

- Estamos traballando en equipos para redactar o programa de goberno e simultaneamente para rematar a confección da candidatura.
Pendente da súa ratificación polo Consello Nacional do BNG, xa temos decidido na Asemblea local a composición dos primeiros 14 postos. Haberá sorpresas agradabeis, moitas caras novas na primeira liña da acción política en Cambre, homes e mulleres por igual e alternados e, algunhas persoas de grande prestixio no seu ámbito de actuación.
En próximas datas faremos a presentación.
O que sí me gustaría decir e destacar a grande receptividade que temos nas persoas coas que falamos para colaborar no programa, coa candidatura ou para a campaña.
Son moitas as achegas de ideas e o ofrecimento de colaboración. Estamos moi satisfeitos e coido que augura uns grandes resultados para o BNG e para Cambre.
- Coma se atoparon o Concello por dentro,
ao chegar por vez primeira a gobernar?

- Non houbo sorpresas. Tódo os veciños de Cambre coñecíamos perfectamente o estado do Concello e hoxe, asegúrolle, está moito mellor que no 2003. O BNG levaba moitos anos seguindo de perto a política municipal e integrados na vida social do noso Concello. Levóunos ben pouco tempo poñernos
ao frente das nosas responsabilidades.
Tiñamos os obxectivos claros e foi doado poñer
a maquinaria en marcha.
- Entrar a formar goberno orixinou problemas de adaptación dentro do seu equipo ou co propio partido coaligado?
- Sen dúbida, tivemos que facer un esforzo de adaptación nós mesmos - pasar da oposición ao goberno esixe cambios-. Pero para iso nos presentamos ás eleccións, para gobernar. E francamente, estou convencido de que o fixemos ben. Aí están os resultados para ver.
- Mantívose unha boa relación entre os dous partidos respectando a autonomía na xestión das áreas, así coma nos temas de carácter xeral, nestes catro anos?
- O balance xeral teño que decir que é favorábel
para os intereses dos cidadáns, que é o que importa. Coido que o que lle importa a xente é se fumos ou non capaces de xestionar ben os seus asuntos, non se Xabier Iglesias e Antonio Varela se levaron ben, ou se a relación PSOE-BNG foi cordial.
Polo demáis recoñezo que este goberno de coalición funcionou razonabélmente ben, con luzes e sombras, é certo, pero cun resultado final aceptábel.
- Qué aportou o BNG a este goberno de coalición?
- O primeiro estabilidade. Unha lexislatura cun goberno do PSOE en minoría tería sido un auténtico desastre. Non o digo desde o punto de vista dos intereses partidarios, día xente é se fumos ou non capaces de xestionar ben os seus asuntos, non se Xabier Iglesias e Antonio Varela se levaron
ben, ou se a relación PSOE-BNG foi cordial.
Polo demáis recoñezo que este goberno de coalición funcionou razonabélmente ben, con luzes e sombras, é certo, pero cun resultado final aceptábel.
- Qué aportou o BNG a este goberno de coalición?
- O primeiro estabilidade. Unha lexislatura cun goberno do PSOE en minoría tería sido un auténtico desastre. Non o digo desde o punto de vista dos intereses partidarios, dígoo desde a visión dos cidadáns que terían que sufrir a ineficacia e a parálise da administración municipal. E os nacionalistas tivemos a responsabilidade suficiente para que isto non se producira.
En segundo lugar aportamos unha grande capacidade de traballo e de renovación. Ninguén pon en dúbida en Cambre o traballo e esforzo desenvolto polo BNG no Concello. Aí están os resultados. Pero é que ademais estivemos presentes en todo, no traballo diario e nas reivindicacións veciñais . O BNG non é unha forza política que se mova só cando hai
“foto”, e as nosas xentes sábenno.
E en terceiro lugar, e non menos importante,
aportamos ideas e proxectos. Desde unha
posición política innequívoca e firme de
impulso as políticas e benestar, de defensa e promoción da nosa lígua, cultura e patrimonio e, de convertir o noso Concello nun lugar mellor cada día para convivir e criar aos nosos fillos.
Estamos ao final deste periodo e para todos é evidente que o Cambre de 2007 é mellor que o Cambre de 2003. No BNG temos a satisfacción e orgullo de ter contribuido a isto de maneira determinante desde o goberno.
- Vostede pasou de estar na oposición, a formar parte do goberno municipal, co cambio que iso supón na forma de exercer a política...
Nos traballabamos dende a oposición para que iso fose exactamentre así. Non podería ser de outra maneira: ese era o noso obxetivo.
Neste contexto, cando tantos votantes de Cambre nos dan o seu apoio, estannos a dicir que queren que gobernemos, algo que testamos tamén con posterioridade ás eleccións. Falamos con diferentes persoas para que nos deran o seu parecer e nos dixeran se estaban de acordo con que entrasemos a gobernar ou se, polo contrario, debiamos seguir facendo oposición. A opinión
foi unánime: había que entrar a gobernar. Os veciños e veciñas saben, ademais, que cando tocou exercer de oposición fixémolo de maneira constructiva, facendo propostas, aportando ideas e dando o noso respaldo a accións de goberno que nos parecían adecuadas. Non foi, polo tanto, díficil cambiar o “chip”.
- O resultado das Eleccións Municipais do 2003, supuxeron unha sorpresa polo grande avance obtido no número de votos en Cambre?
- Supuxeron unha relativa sorpresa, certamente
agradable pero tamén relativa, polo seguinte: o noso histórico eleitoral desde o ano 91, cada catro anos, foi de duplicar votos, non sabiamos con certeza que iamos duplicar outra vez, o que si tiñamos era a percepción, mellor dito a información, pola xente coa que falabamos, de que se nos valoraba coma unha formación política con espacio propio en Cambre; que tiñamos un moi bo nivel de aceptación, que estabamos para quedarnos e que o camiño á Alcaldía cada vez parecía menos complicado. Ben, chegan as eleccions do 2003, duplicamos votos outra vez, pasamos a 4 concelleiros e entramos a formar goberno. Os obxetivos cúmprense sobradamente.
- Despois destas verbas xa me deixa enriba da mesa a seguinte pregunta: con que espectativas inicia a actual campaña electoral a súa formación, o BNG en Cambre?
- Pois estamos nunha situación moi parecida á do ano 2003, de obter un grande avance, pero ademais agora partimos dunha maior presenza institucional e dunha maior experiencia e coñecimento. Desta volta o obxectivo é obter a Alcaldía e contar cunha maioría suficiente para poder exercer un goberno eficaz para beneficio dos cidadáns.
Esta posibilidade non é remota nen un simple desexo. Así nolo confirman a opinión da xente que se nos achega e, mesmo, datos de enquisas que circulan por aí e que, por certo, non as encargóu o BNG.
- Sen discutirlle esa opinión, todos os partidos poden decir o mesmo?
- Sen dúbida. O mesmo que o digo eu, todos están no seu dereito. Pero se observamos a realidade política de Cambre cunha visión imparcial podemos percibir varias cousas, ou responder a algunhas preguntas:
- Estamos ao inicio dun novo ciclo político en Cambre? -Cal é a forza política que ofrece renovación, caras novas e xente emprendedora?
- De que lado están situados os proxectos e as ideas con garantía de se cumpriren?

Non teño dúbida de que o BNG é o que ofrece esa garantía de cambio de ciclo, de renovación e de ideas. E ademáis coa experiencia práctica de que ademáis de falar e prometer, facemos.
- Hai algún asunto que destacaría da súa xestión estes catro anos?
- Como é lóxico son moitas cousas e sería inabordábel desde unha entrevista como esta. As maiores satisfaccións están nas políticas de benestar e igualdade. O esforzo realizado en conciliación laboral e familiar, programas como o Mañanceiro, a atención a nenos e nenas en campamentos urbanos nos periodos de vacacións, o apoio aos comedores escolares e as axudas directas ás familias. Multiplicar por tres o orzamento de
servizos sociais, aumentando o persoal e
construindo unha nova sede na Barcala. Fíxese
que na actualidade non hai lista de espera no servizo de atención domiciliaria nen na tele-asistencia. Programas novedosos e pioneiros como o comedor sobre rodas. A política de eliminación de barreiras arquitectónicas, os colexios rematan a lexislatura sen barreiras. O impulso ao bon labor das bibliotecas municipais. Ampliamos a X.Docampo da Barcala e creamos unha nova no Temple, “Os templarios”. A posta en funcionamento do Centro sociocultural do Graxal,
do Centro de Formación municipal no Poligono
do Espíritu Santo. Os paneis electrónicos
informativos. En fin, moitas cousas que xunto con outras que comentamos constitúen unha conta de resultados moi positiva e da que estou moi orgulloso e satisfeito. Pero, sempre o digo, queda moito por facer.
- Cales foron os seus compromisos electorais
que quedaron sen cumprir?.En que
capitulo vai o culebrón da Casa da Cultura?

- Decía antes que este goberno tivo luzes
e sombras. Tamén hai obxectivos sen cumprir e o inicio da construcción da casa da Cultura de Cambre é o máis destacado. Pero merece unha explicación. Un proxecto desta envergadura precisaba que todos fixeramos os deberes. Algúns cumprimos e outros non. Traballei cos arquitectos e o proxecto completo está nas nosas máns desde
hai un ano. Conseguín o compromiso financieiro da Deputación por 800.000 euros, o grupo nacionalista provincial puxo toda a carne no asador, e negociei coa Conselleira nacionalista Ánxela Bugallo unha achega de Cultura por 500.000 euros. Lamentabelmente estamos aínda a espera de que se concreten as promesas do Presidente Touriño e, de que, o peor de todo, se tramite dunha vez o Plan xeral de Cambre que permitiría a contrucción
nesa parcela. E iso, como todo o mundo sabe, é de competencia socialista no goberno local de Cambre. Pero non é unha queixa porque o meu compromiso, e o do BNG, é o de facer este proxecto para Cambre.
Irá máis tarde do previsto pero o faremos.
A única condición é que teñamos suficiente apoio eleitoral para ser nós quen solucionemos o problema urbanístico e rematemos a financiación.
- Queda moito por facer aínda. Cales van ser os eixos do seu programa para a próxima lexislatura?
- A xente e as políticas de benestar en sentido amplo. Estamos a punto de rematar a primeira escola infantil pública de 0 a 3 anos, e continuaremos coa dotación de prazas de infantil. Estes días está en contratación a construcción da Escola Municipal de Música que de aquí a un ano estará funcionando.
Acabamos de chegar a un acordo con Vicepresidencia para o que será o primeiro Centro de Día para os nosos maiores no Temple. Estamos, tamén, preparando o convenio coa Dirección Xeral de Xuventude para dotar de locais de ensaio gratuitos para os grupos de música de Cambre. Un montón de proxectos que están encamiñados.
Pero falaba da xente e do seu benestar e non existe tal cousa se non hai posibilidades de vivir aquí. As políticas de vivenda serán unha prioridade.
- A que se refire con prioridade en políticas
de vivenda?

- Os prezos de hoxe son inabordabeis para xóvenes e asalariados. Imos poñer só á disposición da Consellaría de Vivenda para a promoción de vivenda protexida, en venda e aluguer. Non hai benestar sen vivenda digna e sen servizos de igualdade, pero tampouco sen emprego de calidade. Imos ampliar o solo industrial no polígono e fomentar
a instalación de novas empresas.
Pero para todo iso marcámonos como obxectivo
prioritario a tramitación inmediata do Plan Xeral.
- Fálenos do Plan, semella raro non ter
nada tramitado en catro anos.

- Efectivamente. Como vosté sabe formamos en xuño de 2003 un goberno de coalición en Cambre entre o PSOE e o BNG. Repartimos as competencias de goberno e, precisamente, as de urbanismo quedaron
nas mans socialistas e tiñan, como encomenda
prioritaría, a tramitación do Plan Xeral.
O BNG dotou ao goberno da estabilidade
suficiente para que cada quen xestionara as súas áreas con tranquilidade. Nos fixémolo e aí están os resultados. Outras cousas semella que non foron tambén. Son un sorprendido máis porque aínda sabendo das dificuldades destas tramitacións, dos
cambios legais continuos e da problemática social que xenera, actuamos con responsabilidade, sen presionar e con lealdade. O resultado está á vista e por iso digo que vou asumir como tarefa prioritaria a tramitación do PXOU na nova lexislatura.
É imprescindíbel para ordenar o territorio,
para obter solo para equipamentos de benestar
e vivenda e, para financiar os investimentos.
- Non nos fala de problemas, acaso está
todo razonablemente ben?

- Ben, decía antes que hai quen ve o Concello
sumido no caos e no desastre. É un punto de vista. A min gústame falar de retos.
Creo que estou máis próximo á visión da maioría da xente que se encontra feliz por vivir aquí, que disfruta do noso contorno e da convivencia cos veciños e que vé as carencias -que as hai- como metas nas que poñer toda a ilusión para chegar. Hai unha maneira de enfocar as cousas, a pesimista
e de impotencia, a que pensa que somos vítimas
de non se sabe que poderes, e a optimista e ilusionada que quere aportar solucións e traballa para conseguilo. Aí estou xunto cos meus compañeiros do BNG, no optimismo, na ilusión e nas ganas de traballar para todos e todas.
- Cambre ten sido noticia nos últimos
anos por intervencións doutras administración,
o río Mero o AVE, que teñen xerado contestación.

- Sí, é certo, e coa presión social e a unidade
institucional conseguimos cambiar proxectos agresivos, como o inicial do río, para conseguir o que vai ser un dos mellores recorridos medioambientais de toda a área. Recuperamos un río que estaba desaparecido e maltratado, que era descoñecido, e que agora vai ser o noso pulmón natural e que o poderemos disfrutar. O do malchamado AVE e outra. Pero estou seguro que conseguiremos cambiar o proxecto entre todos. A exemplar mobilización cidadá e os apoios recibidos faranno posíbel. Desde logo desde Cambre e desde as responsabilidades que poida asumir, desde a Alcaldía, impediremos as destruccións salvaxes das
nosas mellores zonas. E ademáis vai ser unha prioridade manter o actual trazado do tren para cercanías.
Traballeremos con espíritu de cooperación, con visión de País, negociando e falando. Pero seremos firmes na defensa do noso patrimonio natural e cultural. É unha obriga que temos co noso municipio, coa comarca metropolitana onde estamos, e coa nosa Nación. E isto ten moito que ver coa
ordenación urbanística. Temos urxencia en
blindar o Concello, os seus valores patrimoniais,
medioambientais e da paisaxe para impedir futuras ameazas, e iso farémolo co Plan Xeral.
A súa vocación é a política.Coma a aquel outro político que lle cabía o estado na súa cabeza, a Xabier Iglesias, aínda que menos ambicioso, éntralle o concello de Cambre na cabeza. Ten as cualidades que precisa un bo político municipal: visión da xeografía, tanto fisica coma humana do espazo local e unha interpretación solidaria e integradora doutro espazo mais amplo, a Area
Metropolitana, da que dende moitos anos é un firme defensor. Desexámoslle moita sorte -igual que aos demais candidatos- na vindeiras eleccións municipais.

"Entrevista publicada no Entorno Metropolitano do mes de abril de 2007"
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 17-04-2007 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
II Rock na Ría: 12 de maio
Participantes e orde de actuación:

1º Cat´s Barks

2º Ánima

3º Malasombra

Extretxez demente

Dalai Lama

6º Arka

7º Pangea

8º Opium Esperience

9º Black Jack

Será o sábado 12 de maio debaixo da ponte da autoestrada no paseo maritimo do Temple entre as 21 h. ata ás 02:00 h.

Podemos dar como noticia a participación dun grupo femenino, Cat´s Barks, esperamos que no futuro haxa máis.

Facilitarnos o voso link na rede para que poidamos disfrutar da vosa música. Grazas.

BASES DO CONCURSO


1. A selección de grupos se levará a cabo entre grupos de Rock de Cambre.
2. Un xurado especializado formado por 5 ou 3 persoas, seleccionará tres grupos para tocar no ROCK IN CAMBRE.
3. Cada grupo deberá encher unha folla de inscrición que se facilitará nesta dirección:
DEPARTAMENTO DE CULTURA / O.M.IX.
4. Cada grupo tocará un tempo establecido en 30 minutos.
5. As cancións poderán ser orixinais ou versións doutros grupos.
6. Os grupos poden estar formados por integrantes que toquen en máis dunha formación.
7. A orde de actuación decidirase mediante sorteo público que terá lugar no Salón de Actos do Concello de Cambre o 24 de marzo de 2007.
8. As probas de son realizaranse o día 12 de maio en horario de mañá. A orde das probas será a inversa a da actuación.
9. A organización do concurso disporá dun backline e dun equipo de son para a realización do concerto en directo.
10. Os grupos gañadores da edición 2006 poderán participar no concurso pero non optarán o premio.
11. A falta de tres veces consecutivas as reunións marcadas pola organización e os propios representantes implicará a expulsión do concurso.
12. O incumprimento total ou parcial das presentes bases será motivo de descalificación dos interesados.
13. O concello gratificará aos grupos participantes coa gravación en directo do día 12 de maio.
Comentario (3) - Categoría: Música - Publicado o 11-04-2007 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Selección de persoal laboral para a Galescola de Cambre


Estado do trámite [...]


Calificacións das probas de oposición [...]



Convocatoria de Cambre


Selección de persoal


Cambre, 27 de abril de 2007

Solicitudes presentadas á selección de persoal da Galescola de Cambre:

- 96 Mestres/as
- 65 Educadores/as
- 65 Servizos Xerais


Cambre, 9 de abril de 2007

O DOGA de hoxe convoca o proceso de selección mediante concurso oposición de persoal laboral temporal para a Galescola de Cambre:

- Mestres/as 3
- Educadores/as 9
- Servizos Xerais 2

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: Do 12 ao 23 de abril

Información no 981 554 978

BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL
TEMPORAL DA GALESCOLA DE CAMBRE


CONVOCATORIA D.O.G. 9 de abril de 2007

BASES XERAIS CONVOCATORIA

Selección de persoal
GALESCOLAS
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Selección de persoal
Comentario (6) - Categoría: GALESCOLA - Publicado o 09-04-2007 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Video da candidatura Cambre 2007
Video da candidatura Cambre 2007

Comentario (2) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 02-04-2007 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Candidato do BNG á Alcaldía de Cambre
Intervención de Iglesias
Presentación do Candidato do BNG á Alcaldía de Cambre

Máis de 200 persoas, acompañaron o pasado venres día 30 de marzo a Xabier Iglesias Oviedo, na súa presentación como Candidato á Alcaldía de Cambre, polo BNG, nun acto celebrado no complexo hostaleiro “ O Bosque” de Bribes.

Na súa presentación, o candidato Xabier Iglesias, estivo acompañado de diversas autoridades da Xunta de Galiza, así como de varios dirixentes do BNG. Logo da presentación feita pola actriz Flor Maceiras, proxectouse un video sobre Cambre para deseguida, iniciar un turno de intervencións no que falaron: a Diretora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luisa Bouza, e os candidatos ás Alcaldías de Sada, e A Coruña, Abel López Soto e Xosé Henrique Tello León, respectivamente. Finalmente, intervíu o candidato á Alcaldía de Cambre, Xabier Iglesias, que na súa intervención, logo de agradecerlle aos numerosos asistentes a súa presenza e apoio, fixo unha exposición da xestión realizada nas áreas da súa responsabilidade, dentro do goberno municipal. Enumerou tamén, en ocasións con detalle, as novidades realizadas polo seu equipo, así coma as melloras experimentadas dentro dos servizos que dirixe, onde destacou a política de igualdade e conciliación da vida familiar e laboral, con programas como mañanceiro, programas en periodo de vacacións escolar, o programa de teleasistencia, comedor sobre rodas, transporte adaptado, acobouse coa listas de espera en servizos sociais, ..., e en servizos sociais triplicouse os orzamentos desde que chegamos ao goberno, e estos programas son irreversibeis e os feitos están aí, como a escola infantil, a contratación da escola de música e a próxima construción do centro de día na parroquia do Temple . Recordou tamén, que aínda que sempré foi coidadoso coa estabilidade do goberno municipal -evitando criticar a xestión dos seus socios de goberno- é conscente de que hubo luces e sombras e que quedaron cousas por facer, coma o Plan Xeral, pero serán outros os que lle terán que explicar aos veciños e veciñas de Cambre porqué non fixeron os deberes. Rematou, recordándolle aos asistentes que nestas eleccións o BNG aspira a Alcaldía e que está nunha excelente situación para conseguila. Así, se obtemos o goberno local, este basearase nos seguintes pilares, continuar coa política de igualdade, dedicar especial atención á mocidade, a conseguir equipamento social e facilitar o acceso á vivenda a través de reserva de solo para vivendas de proteción oficial. Para todo isto será necesario contar cun Plan Xeral de Urbanismo, en que se consegue o goberno, se compromete a aprobar o Plan Xeral no periodo de tempo máis breve posible.

Ao final do acto servíuse un viño aos asistentes, tendo o candidato a oportunidade de saludar e falar -un por un- con todos e todas as asistentes ao acto.

Video Candidato de Cambre 2007
Programa electoral
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 01-04-2007 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal