POR UNHA MAREA GALEGA


Gala Cómica Solidaria, sábado 10 de abril

Queremos Galego convoca concentración de urxencia contra o decretazo este mércores 7 de abril

Este mércores 7 de abril ás 16.15 diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2), en Santiago de Compostela
queremosgalego

Coincidindo coa reunión do máximo órgano consultivo da comunidade educativa, na que se debaterá o proxecto do goberno



Este mércores 7 de abril ás 16.15 diante da sede do Consello Escolar de Galiza (Rúa San Roque, 2), en Santiago de Compostela


Coincidindo coa reunión do máximo órgano consultivo da comunidade educativa, na que se debaterá o proxecto do goberno




Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 31-03-2010 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario.- 25 de marzo de 2010


Sesión ordinaria do Pleno da Corporación para o día 25 de marzo de 2010, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:


Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2010

Aprobación, se procede, da Ordenanza reguladora da inscrición dos participantes nos programas de actividades do Concello de Cambre, e das condicións do seu desenvolvemento



Plenos

Aprobación definitiva, se procede, do Plan de sectorización do solo apto para urbanizar residencial denso-2, sito en Castrobó

Mocións

Informes da Alcaldía

Rogos e preguntas



Categoría: Plenos - Publicado o 20-03-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre conmemorará o Día da Árbore cunha plantación de castiñeiros acompañada das letras de “O Bosque Animado”

A edil de Patrimonio Natural aposta polo simbolismo dun acto que marca o compromiso do concello coa preservación do medio natural

Cambre, 17 de marzo de 2010.-

A Organización das Nacións Unidas elixiu o cambio do outono á primavera para establecer unha xornada de sensibilización sobre o coidado ao medio ambiente e o Concello de Cambre decidiu involucrarse na iniciativa. O vindeiro domingo, día 21 de marzo, a Concellaría de Medio Rural, Patrimonio Natural e Artístico e Turismo preparou un sinxelo acto para celebrar o Día da Árbore nunha parroquia onde a natureza ofrece enclaves senlleiros: Cecebre.

A partir das 12.30 horas xunto á Ponte do Cubo (o da vía do ferrocarril), terá lugar unha plantación simbólica de castiñeiros á que acudirán tanto representantes da corporación cambresa como veciños e membros da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, que colabora na organización da actividade.

 Día da Árbore







 Día da Árbore

Precisamente, para completar a cerimonia, a institución porá voz a fragmentos de “O Bosque Animado”, cuxa acción tiña lugar na Fraga emprazada a poucos metros de onde se efectuará a plantación. Os grupos de teatro da fundación, tanto o infantil “O Polo Saltón” como o adulto “Fas-que-fas”, encargaranse de interpretar as letras da obra.

A concelleira de Patrimonio Natural, a nacionalista Sindi Becerra, fai un chamamento aos veciños para que acudan a un acto que encerra un simbolismo con miras “ao futuro que deben preservar vos Concellos e as administracións públicas”. A edil nacionalista considera que a plantación servirá tamén “para que todos reflexionemos sobre a actitude que temos coa natureza que nos rodea”.

Becerra engade así mesmo que a participación na iniciativa dos adultos contribuirá a que os pequenos dun municipio con tantas zonas verdes como Cambre se conciencien da súa responsabilidade no coidado do medio natural.

O goberno local apunta que desde as actuacións municipais trátase de facer da creación de espazos verdes unha “marca de identidade” do Concello. Así, os proxectos de urbanización adoitan incluír a dotación de zonas de xardín, como no caso da futura praza de Sobreguexe, que albergará exemplares de buxo e castiñeiro, ou a reposición de exemplares de arborado en espazos urbanos como as dúas cerdeiras plantadas nas inmediacións do pavillón de Cambre.




Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 20-03-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre investirá 186.000 euros na construción dunha nova praza pública en Cecebre


O espazo, con xardín e mobiliario urbano, crearase nunha pequena parcela situada xunto á igrexa parroquial

Cambre, 16 de marzo de 2010.-

Cambre, 16 de marzo de 2010.- O Concello de Cambre aumentará os espazos públicos da parroquia de Cecebre coa construción dunha nova praza. Situarase nunha pequena parcela situada na contorna da igrexa, en Sobreguexe, xunto á estrada que conecta Apeadeiro con Fraíz, e ofrecerá un lugar agradable para o esparexemento dos veciños.

O proxecto forma parte do plan Arume que desenvolve o Concello, que está inxectado con fondos procedentes do FEDER. Para a urbanización do terreo, o orzamento reservado ascende a 186.000 euros, dos que 100.000 euros son proporcionados pola Unión Europea e o resto polas arcas municipais.
A actuación consistirá tanto na pavimentación da praza como na dotación de equipamento que a complemente para o goce dos usuarios. A maior parte do investimento dedicarase urbanizar a parcela, unha vez que se completaron as tarefas de roza e limpeza da mesma.




 mellora de seguridade viaria en Sigrás

Un dos elementos fundamentais da nova praza serán as zonas verdes, que predominarán con céspede e exemplares de buxo e castiñeiro. O mobiliario completarase con bancos de madeira e granito.

En canto aos servizos, o proxecto inclúe a instalación de elementos de alumado público e a canalización da rede de pluviais, ou dos cables de telefonía e de electricidade. Para acceder á praza, o Concello construirá un paso de peóns elevado que obrigue aos condutores a reducir a velocidade para garantir a seguridade viaria.
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 20-03-2010 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia: PALESTINA: o conflito desigual e a paliación das consecuencias

-------------Modera: -------------------___________________----------------------Participan:

Antón Otero Domínguez Concelleiro de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade

Carmen Quintana Gundí Directora de proxectos do Comité Español da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA)
Roberto Mansilla Blanco Analista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI)


Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 17-03-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
A viñeta por Euler

A viñeta por Euler
www.gznacion.com/







Aymerich acusa a Feijóo de confundir o "Debate da Nación" co "Debate de Investidura"

O portavoz do g.p do BNG lamenta que tras un ano de xestión Feijóo teña que seguir anunciando Plans sen un só dato tralos que agocha os seus incumprimentos durante este tempo [...]


Categoría: Anuncios - Publicado o 16-03-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre comeza os traballos de mellora de seguridade viaria en Sigrás


O goberno local destina 165.000 euros á construción de espazos para peóns e redes de saneamento e abastecemento



Cambre, 13 de marzo de 2010.-

As actuacións impulsadas polo Concello de Cambre para garantir a seguridade viaria así como os servizos de saneamento e abastecemento de auga sucédense nas distintas parroquias do municipio. Esta semana acaban de comezar as obras de creación dun espazo dedicado para os peóns na AC-400, que conecta Sigrás con Culleredo ou Cerceda, á altura do lugar de Aián.

O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, que visitou onte as obras, acompañado polos seus compañeiros de formación Antón Otero e Sindi Becerra, explica que a actuación recentemente iniciada consiste no entubado da recollida de pluviais dunha marxe da estrada e o posterior tapado da gabia para propiciar unha zona adecuada para o tránsito dos viandantes. Até o de agora, a vía dispuña dunha gabia xunto ao asfalto por onde discorría a auga da choiva, o que impedía o paso de persoas a pé.

 mellora de seguridade viaria en Sigrás
 mellora de seguridade viaria en Sigrás

A intervención realizarase nun tramo de 300 metros de lonxitude, desde o cruzamento coa estrada de Tarrío até o campo de fútbol de Sigrás. O orzamento rolda os 50.000 euros que proceden das arcas municipais e estará completada, segundo Iglesias, a próxima semana.

Iglesias resalta que os traballos levanse a cabo desde o Concello “a pesar de que a estrada é de titularidade dá Xunta de Galicia”. Por iso, o edil considera que se constata a aposta decidida da Concellaría de Medio Ambiente, Obras e Servizos que dirixe por garantir a seguridade viaria en Cambre. O primeiro tenente de alcalde destaca que a remodelación da rede viaria ao seu paso por Aián constituía un compromiso expreso cos veciños do lugar, tanto pola súa banda como polos concelleiros do seu grupo.

 mellora de seguridade viaria en Sigrás
-------------------___________________
Nova rede de fecais

Pero o investimento en Aián non descansará nos próximos meses. O goberno local incluíu no Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local un proxecto para a construción de novas redes de saneamento e a creación de beirarrúas. A actuación, que xa foi aprobada polo Ministerio de Política Territorial, suporá un investimento de case 115.000 euros.

Por unha banda, a actuación consistirá na instalación dunha nova rede de fecais con colectores de PVC que terá que ser conectada co colector xeral mediante unha perforación subterránea da AC-400. A rede de recollida de pluviais será así mesmo de nova construción e disporá dun colector que enlazará co que circula por unha marxe da mencionada vía autonómica.

Nun dos camiños do núcleo prevese tamén a ampliación de rede de abastecemento de auga existente así como a reposición das acometidas.

Para rematar, a actuación contempla a mellora da seguridade viaria nunha estrada que dá acceso a varias naves industriais e a un grupo de vivendas. Este camiño, de cinco metros de anchura, será ampliado a seis metros e contará con beirarrúas nun das marxes. Tamén se acometerá o retranqueo dun poste eléctrico que agora está situado no centro do viario.

Con estas dúas intervencións, que suman case 165.000 euros de orzamento, Iglesias apunta que se logrará unha substancial mellora da seguridade viaria para unha poboación situada ao pé dunha estrada que soporta unha elevada carga de tráfico. Á vez, prosegue co seu compromiso de dotar de redes de saneamento ao maior número de veciños posible. De feito, máis dun terzo do FEES destínase en Cambre á renovación do saneamento.
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 13-03-2010 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Cultura - Publicado o 12-03-2010 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
As Concellarías de Voluntariado e Solidariedade en Coruña, Culleredo e Cambre esixen á Xunta a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento da Lei


OS TRES RESPONSABLES MUNICIPAIS AMOSARON O SEU REXEITAMENTO AO PLAN DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO 2010 DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO



A Coruña, 10 de marzo de 2010.

ESTA MAÑÁ TIVO LUGAR UN ENCONTRO DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA NO QUE COORDINOUSE O TRABALLO A DESENVOLVER NO FUTURO E ANALIZAR O PLAN DA XUNTA DE GALICIA

A través deste comunicado as areas de Solidariedade e Voluntariado dos Concellos de Cambre, A Coruña e Culleredo desexan mostrar o seu malestar ante a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pola decisión unilateral de cobrar ás persoas voluntarias unha cota de inscrición no programa de formación de voluntariado 2010.

A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, mantivo unha reunión de traballo esta mañá cos concelleiros dos concellos de Culleredo, María Beatríz Pérez Mosquera, e Cambre, Antón Otero Domínguez, responsables das áreas de voluntariado nos diferentes municipios na que se coordinou o traballo a desenvolver no futuro e analizar o Plano de Formación de Voluntariado desenvolvido pola Xunta de Galicia co que ata agora viñan colaborando os distintos concellos.

No mes de xaneiro de 2010, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, púxose en contacto cos distintos concellos para invitalos a solicitar ao ente autonómico cursos de voluntariado para desenvolver nos nosos municipios.

Unha vez feita a solicitude, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado outorgou varios cursos que serán impartidos en espazos de competencia municipal dos concellos de Cambre e A Coruña.

A sorpresa foi cando o pasado día 26 de febreiro de 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colga na súa páxina WEB www.voluntariadogalego.org o Plan de Formación para o ano 2010 onde se reflicte que os cursos concedidos teñen un custo para cada persoa voluntaria
participante neles.

Cabe recordar que son cursos dirixidos a persoas voluntarias que precisan formación para desempeñar a súa labor solidaria, polo que cobrar pola súa inscrición nos cursos contravén o estipulado na a Lei 3/2000, do 22 de decembro de voluntariado de Galicia.

Lei 3/2000 de voluntariado regula o seguinte:

Preámbulo

A participación da sociedade civil nos asuntos de interese xeral, e máxime naquelas situacións que redunden na erradicación de situacións de discriminación, é un feito que ten cada



vez maior incidencia na comunidade, debendo considerarse participación como o recoñecemento dun dereito que efectivamente lle asiste e como unha necesidade que ten o Estado e, neste caso, a Comunidade Autónoma de Galicia para dar resposta ás necesidades da poboación.

O lexislador autonómico fundamenta a súa regulación nos seguintes puntos básicos:

a. Garantir a liberdade de traballo voluntario fronte ós obstáculos que poidan oporse o mesmo, así como favorecer o recoñecemento de esta labor a nivel social.

Artigo 6. Principios básicos.

f. A gratuidade e a proximidade, de tal forma que as actividades de voluntariado se realicen o máis cerca posible dos cidadáns e o seu medio. (a formación entendese como actividade de voluntariado).

Artigo 8. Obrigacións das entidades coas persoas voluntarias.

c. Proporcionar ás persoas voluntarias a formación específica e a orientación necesaria para o exercicio das súas actividades.

e. Cubrir os gastos das persoas voluntarias derivados do desenvolvemento da súa actividade.

f. Dotar ás persoas voluntarias dos medios e recursos apropiados para o cumprimento das súas funcións.

l. Facilitar a participación do voluntariado na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas nos que interveñan.

Artigo 14. Dereitos das persoas voluntarias.

c. Recibir a orientación, apoio e formación necesarios para o exercicio da súa actividade.

g. Ser reembolsadas dos gastos que poida ocasionarlles a actividade de voluntariado.

h. Dispoñer dos medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.

Artigo 15. Deberes das persoas voluntarias.

f. Participar nas actividades de formación establecidas pola organización.

Por todo o aquí exposto, os Concelleiros de Coruña, Culleredo e Cambre solicitan á Xunta de Galicia e máis en concreto á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento ao establecido na Lei 3/2000 do 22 de decembro de voluntariado de Galicia.
grupo municipal BNG da Coruña
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 10-03-2010 18:49
# Ligazón permanente a este artigo

<GZnacióntid
------- Luis Davila------------___________________--------------------______________________Éche o que hai. Por López
http://obichero.blogspot.com/-------------------___________________------------------------- --------------- www.gznacion.com/

Categoría: Anuncios - Publicado o 07-03-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL "PROXECTO RÍOS"

Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 03-03-2010 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
"Día Internacional da Muller Traballadora"


Categoría: IGUALDADE - Publicado o 03-03-2010 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Cultura - Publicado o 03-03-2010 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal