POR UNHA MAREA GALEGA


Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 26-03-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Moción nacionalista en solidariedade e apoio do Pleno ao persoal e ás familias da Galescola da Barcala(Cambre)

Insta á Xunta a manter o compromiso de construción da 2ª Galescola e do Centro de Día no Temple

Cambre, 24 de marzo de 2009.- O BNG de Cambre presentou unha moción para o seu debate no Pleno do xoves, día 26, na que se propón unha declaración de solidariedade e apoio ao persoal da Galescola de Cambre e, ás familias que teñen alí os seus nenos escolarizados, diante das acusacións de deficiencias aparecidas en pasadas datas.

O BNG quere, con esta proposta, que o conxunto dos grupos políticos con representación municipal, manifesten de maneira expresa e formal a satisfacción polo bo funcionamento desta institución escolar, e que se rematen dunha vez os rumores e acusacións malintencionadas que se produciron. Os nacionalistas afirmaron que con esta proposta recollen o sentir das familias que, dixeron, amosaron desde o principio a súa satisfacción pola calidade educativa e asistencial da Galescola. Cren, ademais, que é unha boa oportunidade para que os representantes de Cambre, de todas as forzas, trasladen esta satisfacción ao persoal técnico e educativo da Galescola como recoñecemento ao seu traballo cando se está a piques de completar o seu segundo curso de funcionamento.


Ao mesmo tempo, os nacionalistas, solicitan ao Pleno que se ratifiquen os acordos deste outono, que deran lugar a un acordo co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, para a construción no Temple dunha segunda Galescola de dun Centro de Día para as persoas maiores. Desde o BNG lembraron que o Pleno municipal xa tomou no outono a decisión de ceder unha parcela nesta zona ao Consorcio e, explicaron que a pretensión con esta moción é que a nova administración galega non dea marcha atrás nun compromiso xa adquirido. Insistiron en que as prazas en educación infantil de 0-3 anos seguen a ser deficitarias en Cambre e que o Centro de Día será o primeiro equipamento destas características que tería o concello.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
Categoría: Comunicados - Publicado o 24-03-2009 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG de Cambre instará ao alcalde a que inicie as xestións para que non queden nenos sen praza no colexio de Cambre o vindeiro curso


Tamén para que o comedor do CEIP de Cambre poida acoller a todos os estudantes que o soliciten

Cambre, 23 de marzo de 2009.-O Grupo Municipal do BNG en Cambre anunciou hoxe que un dos asuntos que incluirán no pleno ordinario deste xoves, día 26, serán as previsións de escolarización e de prazas de comedor no CEIP W. Fernández Flórez de Cambre.

Desde as filas nacionalistas instaran ao Alcalde a que inicie as xestións coa administración educativa en funcións na Xunta e a que as continúe co goberno entrante, a fin de acada compromisos para que se cubra a demanda de prazas escolares no novo curso. Coincidindo co período de solicitudes para os centro públicos, informaron de que existe unha grande preocupación ente as familias diante do posíbel déficit de postos escolares. Os nacionalistas lembraron que teñen recollida esta preocupación entre as familias que neste momento teñen escolarizados os seus fillos nas escolas unitarias de Pravio e Cecebre, adscritas ao CEIP de Cambre, e tamén de entre pais de nenos escolarizados na Galescola da Barcala.

Centrarán esta iniciativa en Cambre aínda que, lembraron, é moi probábel que unha situación similar se dea nos colexios do Temple dado o retraso das obras de ampliación do Graxal.

Ao mesmo tempo expresaron a preocupación e malestar pola situación do comedor escolar en Cambre. Recordaron que foi o único do concello onde, apesares das promesas, non se logrou que todas as solicitudes foran atendidas neste curso. Desde o BNG insistirán en que se chegue a un acordo coa Consellaría de Educación e que o concello, de ser necesario, acometa as obras de ampliación necesarias no comedor escolar. “Parécenos, dixeron, unha moi pequena inversión tendo en conta o beneficio social que se obterá”.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
Categoría: Anuncios - Publicado o 23-03-2009 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
A ría do Burgo no Parlamento Europeo

A UE confirma a existencia dun procedemento de sanción ao Estado español polo mal saneamento da ría do Burgo

O BNG presentou unha pregunta no Parlamento Europeo através dos eurodeputados de CiU e PNV...máis
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 22-03-2009 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario 26 de marzo de 2009

de Xaquín Marín


Pleno Ordinario no salón de plenos ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Proposta de modificación do Proxecto Arume

2º Designación de representante do Concello de Cambre na Comisión de Escolarización, curso 2009-2010

3º Mocións

MOCIÓN do BNG: De apoio ao funcionamento da Galescola de Cambre...máis

4º Informes da Alcaldía

5º Rogos e preguntas

Rogo e preguntas para o Pleno...máis

- Prazas escolares e de comedor no colexio de Cambre.
- Seguridade vial en Pravio e Cela.
- Reposición do arborado na Pz. Europa.
- Espazo de traballo nos Servizos sociais de Cambre.
- Nova perda de subvención en Cambre, a reforma da casa consistorial.

Preguntas ás Comisións Informativas...máis

- Tramitación das obras do fondo especial estatal de inversións.
- Tramitación das obras do Plan Arume.
- Escola Municipal de música.
- Adquisición de terreos para o novo colexio.
- Persoal que traballa nos Servizos sociais Municipais.
- Inspección dos Servizos Sociais Municipais.
- Transporte adaptado.
Categoría: Plenos - Publicado o 21-03-2009 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Anxo Quintana na Cadena Ser
Quintana subliña o "grao de unidade e
responsabilidade" que permitiu chegar a un acordo
entre todas as sensibilidades no Consello


MÁIS INFORMACIÓN



Categoría: Anuncios - Publicado o 16-03-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Quintana anuncia a demisión da Executiva e a súa renuncia a volver ser portavoz nacional
MÁIS INFORMACIÓN

Categoría: Anuncios - Publicado o 14-03-2009 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Rolda de prensa de Francisco Jorquera
Categoría: Anuncios - Publicado o 14-03-2009 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Tres novas farmacias para Cambre
Xa era hora!

A Consellería de Sanidade ven de aprobar tres farmacias para Cambre...máis

Resolución farmacias
Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2009 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana afirma que "o compromiso do BNG vai ser, coma antes, o de estar ao lado da xente"


O candidato nacionalista admite que “o BNG non cumpríu os seus obxectivos electorais” e agradece o apoio “aos milleiros de galegos e galegas que confiaron no proxecto propio que representa o BNG”...máis
Categoría: Eleccións Galegas - Publicado o 02-03-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal