POR UNHA MAREA GALEGA


Cambre na Rede de Dinamización da Sociedade da Informacón para reducir a fenda dixital
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información está formada por un cento de persoas seleccionadas e formadas pola Consellería de Innovación e Industria. A súa misión é achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía, con especial relevancia no rural e nas asociacións empresariais e cidadás.

O Concello de Cambre ten un convenio coa Consellería de Innomvaicón e Industria e en breve haberá obradoriros que contribuirán a reducir a fenda dixital existente.
Sociedade da Información
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2007 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Acordos con representantes de nais e pais do Ceip Portofaro (O Temple)

Cambre, 26 de marzo 07.

Hoxe celebrouse unha reunións con nais e pais representantes do ceip Portofaro con Concello para falar sobre da futura instalación deportiva para o colexio. Os acordos acadados foron os seguintes:

1º) O Concello financiará nunha proporción do 33% xunto co outras administracións públicas coas que hai que negociar (Consellería de Educacón e Deputación da Coruña).

2º) Manter entrevistas, no prazo máis breve posible, co Delegado de Educación e coa Deputación da Coruña.

3º) Xestionar a autorizacións coa autoestrada A-9 e a estrada provincial.

4º) Elaborar un informe técnico para buscar o deseño e ubicación da instalación deportiva que mellor se adapte ao espazo do patio.

Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 26-03-2007 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Entra en vigor a nova lei de igualdade
24/03/2007


Este venres publicouse no Boletín Oficial do Estado a Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, logo de ser aprobada no Congreso o pasado día 15 co apoio de todos os partidos a excepción do PP.

A lei fixa un permiso de paternidade de 15 días, a paridade nas listas electorais e nos consellos de administración das empresas.

Resumo da Lei de Igualdade

______________________________________________

Servizo Público de Emprego
B O E
Comentario (0) - Categoría: IGUALDADE - Publicado o 24-03-2007 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Os colexios de Cambre sen barreiras arquitetónicas

Cambre, 23 de marzo de 2007.

Continuando coa nosa politica de eliminación de barreiras arquitetónicas, a día de hoxe os todos os colexios do Concello de Cambre non teñen barreiras arquitetónicas.

Hoxe fica instalada o elevador no Ceip de Brexo, en poucos días rematan co elevador do colexio de Sigrás.

Os colexios de Cambre, Portofaro e Graxal xa levan tempo funcionando se barreira arquitetónica.
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 23-03-2007 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os orzamentos de Cambre contemplan as instalacións deportivas para o Ceip Portofaro

Xabier Iglexias asegura que hai partida orzamentaria para a construción do ximnasio e o patio cuberto.

Con motivo da manifestación celebrada na tarde do luns por alumnos, pais e nais do Ceip Portofaro, o responsable de Cultura e Benestar Social de Cambre, Xabier Iglexias, sinalaba que desde 1995 o Concello ten reservada partida presupuestaria para a creación dun ximnasio e un patio cuberto no centro. Ximnasio e patio que, tal e como sinalou o concelleiro, non contou co apoio da asociación de pais e nais que pedían no seu día a construción dun polideportivo. Iglexias di estar satisfeito polo cambio de actitude da asociación de pais e nais e que espera que dito cambio de parecer tradúzase tamén noutras accións como na posta en marcha do comedor.
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 23-03-2007 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Hai unha Galiza mellor
Fernando Blanco asegura que 'hai unha Galiza mellor' e defende ao BNG como a forza política que a levará adiante

Henrique Tello critica o modelo de desenvolvemento coruñés por apostar pola desindustrialización e unha urbanización irracional

A Coruña, 17 marzo 07.- O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, defendeu esta mañá en A Coruña nun acto sobre políticas económicas e de emprego do BNG, que “hai unha Galiza mellor e asegurou que o Bloque é a forza política que a levará adiante”.
Blanco defendeu que o BNG é unha forza de transformación e progreso e, subliñou algúns dos seus logros no eido industrial desde a sua chegada á Xunta, como o Plano galego de I+D+I, o Plano da sociedade da información para remtar coa fenda dixital e o Plano enerxético galego. O nacionalista destacou tamén como apostas estratéxicas do BNG, o Plano enerxético galego e a Lei de Horarios Comerciais.

“Os resultados deste traballo, tal e como explicou o Conselleiro, poden comprobarse con dados”, e destacou “os 10.800 novos postos de traballo industrial creados desde a chegada do nacionalismo ao Goberno galego”. O titular de Innovación indicou que os dados de crecemento industrial en Galiza “son optimistas e hai un clima de confianza que fai que os empresarios aposten polo noso futuro”. En opinión de Blanco, o BNG nos concellos realizará un traballo aínda máis intenso neste sentido.

“O Bloque demostrou que a análise que fixemos da realidade galega era correcta e que somos capaces de transformala”, dixo Fernando Blanco.


Artigo sobre a producción eólica ()
BNG
Consellería de Innovación e Industria
Comentario (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2007 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Candidato á Alcaldía de Cambre, venres 30 de marzo
Programa electoral
Comentario (1) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 20-03-2007 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
O bosque desanimado


O bosque desanimado

De todos os ecosistemas que ocuparon a superficie de Galicia o bosque foi o máis abondoso, abarcando preto do 90% do territorio. “Isto non quere dicir que sexa máis importante que unha duna ou un contorno acuático pero reflexa que a chave da nosa biodiversidade radica no ecosistema do bosque” asegura o documental elaborado por Pablo García sobre a súa problemática. Malia ser feito no 2002 mantén toda a súa vixencia sobre as doenzas do bosque actual. Un traballo que se pode ver grazas a “Natureza dixital”, o xornal da natureza galega.
Cultura Galega
Nutureza dixital
Comentario (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 19-03-2007 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Quintana, loubou hoxe na Bola o traballo do nacionalismo nos concellos
Quintana afirma que o BNG traballa para pór os concellos ao servizo dos seus lexítimos donos, os veciños e as veciñas
A Bola, 18 Marzo 07. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, loubou hoxe na Bola o traballo do nacionalismo nos concellos “porque é un traballo para todos” e animou “á xente” a continuar na mesma liña para situar Galiza “no lugar que lle corresponde, [...]
Bloque Nacionalista Galego
Comentario (0) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 19-03-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana visita as tres primeiras «galescolas»
17 de marzo 07.

O vicepresidente da Xunta asegura que constitúen o «buque insignia» do departamento que dirixe

Quintana define as galescolas como "o buque insignia da revolución tranquila do benestar"
O vicepresidente da Xunta visitou os tres primeiros centros deste tipo creados no país.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, realizou unha visita ás Galescolas de Boiro, Rianxo e Portas, as tres primeiras escolas que forman parte da rede que está a por en marcha a Vicepresidencia.

Trátase dunha visita, dixo Quintana, coa que se materializa, sobre o terreo, o compromiso que asumiu a Vicepresidencia de por en marcha unha auténtica rede galega de escolas infantís que favoreza a igualdade e o benestar dos galegos e galegas.

Quintana: "Hoxe fretamos o buque insignia da Vicepresidencia, as Galescolas, que navegan a velocidade de cruceiro seguindo o norte da calidade, a identidade e o compromiso de país"
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 17-03-2007 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
A alta velocidade por Cambre trazouse sobre planos de hai 14 anos
O trazado do AVE entre A Coruña e Ferrol, ou polo menos o polémico tramo que atravesa o municipio de Cambre, contra o que se presentaron unhas 10.000 alegacións, deseñouse sobre unha cartografía de hai 14 anos que non se actualizou...continúa no xornal O País...
Categoría: AVE - Publicado o 16-03-2007 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Convención Electoral Nacional

Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 14-03-2007 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Consulta o programa marco do BNG para as vindeiras eleccións municipais
Santiago de Compostela, 14 Marzo 07. "Construíndo a nación desde os concellos"; "afondando na mellora da calidade de vida" e "rexenerando a política e afondando na democracia participativa". Baixo estes tres epígrafes está estruturado o Programa marco[...]
BNG
Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 14-03-2007 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
LIGAZÓNS
que acontece?
Altermundo.org
A Nosa Terra
A Opinión da Coruña
A Peneira
A Voz de Galicia
BLOGALIZA. Procurador no blogomillo
B U S C A D O R
Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galiza
Chuza.org
De luns a venres
Galiciae
Galicia Confidencial
O Entorno Metropolitano
O Ideal Gallego
O País
Tempos Novos. Revista semanal
Xornal de Galicia

Cambre na internet
Concello de Cambre
Galescola de Cambre
EMALCSA. Augas da Coruña e bisbarra.
Consorcio das Mariñas
Axenda 21 das MariñasTerra das Mariñas
blog do IES "Afonso": biblioafonso

acción social
A.J.I. KOEA
Andoa Cambre. Asociación Micolóxica
Asociacion de veciños de Pravio e Cela "AVEPACE"
CAMPOS - Cambre, Pobo Solidario
Clube Beisbol Cambre
Clube Ciclista de Cambre
Brexo-Lema, SD
Once Caballeros CF
Sporting Cambre
Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Sementeira

xente de Cambre
Cousas de Pravio
de ful
emboscado no Temple
Fotografía. Xacobe Meléndrez Fassbender
La jornada en riazor
Poemas da Avoa Sara Veciña de Cela de Cambre
Un Cambre mellor
Veciños da Barcala

boletíns oficiais
DOGA
BOP. Boletín Oficial da Provincia
BOE

Accede a servizos públicos do teu interese060

Parlmento galego

cultura
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
readgalicia.com
Cátalogo das últimas obras da literatura galega
Culturavai
Curtas na rede
Galipedia-Wikipedia
Galiza encantada. Enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galiza
Arquivo da experiencia. Historias persoais
Praza das letras. As nosas letras xa teñen quen as asesore
Rede de Bibliotecas de Galiza

emprego, estadísticas...
Emprego na web asoc. empr. Mos
Indicadores do mercado laboral
CIS. Centro de investigacións sociolóxicas
Instituto Galego de Estadística
INE

lexislación
Axudas e subvencións públicas
Consello da Avogacía Galega

lingua
Corrector
Dicionario de galego de ir Indo
Dicionario Galego
Enciclopedia Galega Universal
Recursos Lingüísticos
Tradutor galego
Opentrad. O teu tradutor automático e moito máis!
A Mesa
Biblioteca Virtual Galega
Blogues pola lingua
CiberIrmandade da Fala
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Real Academia Galega
Secretaría Xeral de Política Lingüística

medio natural
ADEGA
Natureza dixital
Verdegaia

música
Embora
Nsaio: Rede Galega de Locais de Ensaio
AREGUEIFAplataforma
Clube dixital Música dos nosos artistas
Error Fatal
Komunikando.net.Música da Galiza
Os Sivaritas Goliardos

software libre
mancomun.org
OpenOffice.org ® en galego

saúde
Cita Previa Para o teu médico
fisterra.com web médica independente de Atención Primaria

Planeamento urbanístico

outras...

Buscar vivenda.Admón 060
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Servizo Galego de Igualdade
Voluntariado
E ti que tal?. A Rede Semántica de contacto persoal
chicassas10. Mulleres na de Teixeiro
Marcha Mundial das Mulleres
Axudas e subvencións públicas
BNG
Categoría: Ligazóns - Publicado o 12-03-2007 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Programa Marco para as municipais 07
O Consello Nacional aproba por práctica unanimidade o Programa Marco para as municipais 07

"Trátase de construír o país desde os concellos", afirma Anxo Quintana en rolda de imprensa


PROGRAMA MARCO
B N G
Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 11-03-2007 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Diretor Xeral de Xuventude explica o decreto de rede de locais ensaios aos grupos de Cambre

Rubén Cela, Diretor Xeral de Xuventude e Solidariedade, acompañado da Concelleira de Xuventude, Natalia Fontenla, e o Concelleiro de Cultura, Xabier Iglesias, explicou aos grupos de rock de Cambre, durante hora e media, o decreto sobre a rede de locais de ensaio.

Rubén Cela comentou que desde que se aprobou o decreto o pasado 13 de febreiro, inaugurouse 8 locais de ensaios e xa están ensaiando máis de 140 grupos.

Dixo que paralelamente aos ensaios, haberá un portal na internet para a comunicación virtual, información xeral, legal,...

Explicou os puntos básicos do decreto:

1) A participación, o decreto desenvolve en base as propostas concesuadas cos usuarios dos locais.
2) O modelo e tipo de local de ensaio será consensuado cos grupos.
3) Modelo de xestión, será de autoxestión dos propios usuarios.
4) Igualdade no acceso, será público e gratuito, os usuari@s serán menores de 30 anos.

Tamén dixo que os grupos da rede de locais de ensaio terán a súa oportunidade de participar na Radio Galega.

Manifestou que para este ano hai programado máis de 950 concertos, polo que amosou moi satisfeito por ver os froitos desto proxecto galego.

CSC da Barcala, 8 de marzo de 2007.

Decreto 16/2007, do 1 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude
Comentario (2) - Categoría: Xuventude - Publicado o 09-03-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
II Rock na Ría ponse en marcha

II Rock na Ría

I reunión dos grupos rock e o Concello para iniciar a organización do II Rock na Ría, onde estiveron presentes os representantes de 9 grupos.

I Reunión, 8 de marzo 07.

Despois de tratar varios asuntos, en principio chegouse aos seguintes ACORDOS:

1) O Festival será o sábado 12 de maio.

2) Os grupos ganadores. Sairán da votación popular na internet (40%) e xurado (60%), os votos se recibirán despois de celebrado o festival.

II Reunión, sábado 17 de marzo, ás 12h no salón de plenos.

Despois dunha reunión moi longa, podemos destacar, sobre todo en aspectos de organización, a creación de grupos de traballo, busca de patrocinadores, solicitar presuposto para son, alumeado e infraestruturas.

Tamén se estableceron criterios para as bases deste festival, destacan que os ganadores serán elexidos por xurado e non por internet,...,e a falta de asistencia ás reunións deixará ao grupo fora do festival.

Próxima reunión, sábado 24 de marzo, ás 12h no salón de plenos.


ROCK IN CAMBRE, o que din @s internautas


Virgen
Tenpel
NOC
Liquid Sun
Soziedad Alcoholika
Saratoga
Zenzar
Talesien
Talesien
Runic
Baron Rojo
Estirpe
Hamlet
Delamarca

Outras ligazóns

FORO na Web de música El Garito

Rede Galega de Música ao Vivo

RCG - Audio
Comentario (75) - Categoría: Música - Publicado o 09-03-2007 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Centro de Día. O Concello ofrece á Xunta unha parcela no Temple
Entrevista Quinta e Iglesias

Modelos creación centros



PROGRAMA FUNCIONAL PARA A CONSTRUCCION DUN CENTRO DE DÍA.
O presente documento ten por obxecto defini-los criterios e programa de necesidades que sirvan de base á
redacción dos Proxectos de Centros de Día da Rede Pública Galega.

A primeiros de marzo, Sr. Iglesias -concelleiro da Área de Cultura e Benestar Social- entrevistouse co Vicepresidente da Xunta de Galiza -Anxo Quintana- para ofrecer unha parcela para a construción dun Centro de Día na parroquía do Temple, onde o Concello de Cambre conta cunha parcela destina a equipamento social, neste caso, para o Centro de Día.

O Convenio que se vai asinar coa Vicepresindecia de Benestar, entre outras cousas, contempla unha financiación do 80% por parte de Xunta de Galiza.

O pasado 29 de marzo aprobouse os orzamentos de Cambre para o 2007, cuio plan de investimentos contemple unha partida para o Centro de Día. Polo que axiña farase as xestións para asinar o convenio con Vicepresidencia da Xunta de Galiza para que logo se faga a contratación para a construción do Centro de Día.
Modelos creación centros
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 08-03-2007 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O BNG aposta por avanzar nas políticas de transformación dos ‘valores sexistas’ asentados na sociedade

As nacionalistas queren estender as políticas de igualdade tamén aos concellos

Santiago de Compostela, 7 Marzo 07. O Bloque Nacionalista Galego fixo hoxe pública a súa aposta por avanzar nas políticas de transformación dos “valores sexistas” asentados na sociedade coa leitura dunha Declaración Institucional co motivo do Día Internacional das Mulleres.[...]

____________________________________________________

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Unha celebración universal que, sobre todo, é unha reivindicación social. No Álbum de Mulleres achegamos documentos de traballo para coñecer a traxectoria do movemento feminista organizado ao longo da democracia en Galicia e para situarmos nun dos grandes eixos do debate actual: as condicións da incorporación e presenza da muller ao ámbito laboral...
[http://www.culturagalega.org/album]

________________________________________________________


Repensando o feminismo
O movemento feminista galego vive unha etapa de transición mentres segue a rebelarse, desde unha estrutura diversificada e plural, contra o patriarcado

Concello de Cambre
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 06-03-2007 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea sobre o Trazado do AVE, convoca a Asociación de Afectados polo AVE, sábado 10 de marzo
REUNIÓN DE AFECTADOS POLO AVE
Sábado,10 de marzo ás 19:30 h.
Polideportiva de Os Campóns -Sigrás-
Convoca: Asociación de Afectados
AVE tramo Coruña-Betanzos



Mail Asociación Afectados trazado AVE Coruña-Betanzos

afectavecorbet@gmail.com
Categoría: AVE - Publicado o 06-03-2007 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal