POR UNHA MAREA GALEGA


Os concelleiros e concelleiras nacionalistas de Cambre satisfeitos coa sentenza firme que condena a un militante do PP
Queda demostrado que o único acoso que houbo foi a unha concelleira nacionalista


Cambre, 26 de febreiro de 2011.-

Fontes do grupo de concelleiros nacionalistas de Cambre manifestaron hoxe a súa satisfacción unha vez que o Xulgado de Instrución nº 5 da Coruña fixo ‘firme’ e inapelábel á Sentenza de 15 de xaneiro de 2009 do Xulgado de Cambre que condenaba a un militante do PP de Cambre por inxurias á súa compañeira de corporación e concelleira nacionalista Sindi Becerra. Informaron que ademais da confirmación da Sentenza o Xulgado imponlle as ‘costas’ do xuízo ao condenado.

Para os nacionalistas de Cambre remata así un longo proceso que arranca hai xusto catro anos, cando nos prolegómenos da compaña das eleccións municipais de 2007 levantouse unha ‘terríbel campaña’ de desprestixio e difamación persoal e política contra unha persoa e todo un grupo con fins claramente partidistas e vexatorios.

O actual Primeiro Tenente de Alcalde de Cambre, Xabier Iglesias, trouxo á memoria aqueles feitos que tentaron condicionar os resultados dunhas eleccións e lembrou que foi precisamente nos últimos días de campaña de maio de 2007 e, mesmo, na xornada de reflexión cando se lles deu maior eco nos medios de comunicación.



A concelleira nacionalista sindi Becerra, no centro, dirixíndose á xente durante a celebración do Día da Árbore o pasado ano.

Naquel momento, lembrou, a utilización por parte do PP foi absolutamente miserenta o mesmo que nos días posteriores cando intentaron condicionar a formación do novo goberno aproveitando unhas acusacións falsas. Os nacionalistas cambreses afirmaron que o PP está obrigado a desculparse publicamente e a tomar medidas e censurar ao militante condenado. Dixeron que resultaba patético ver como esta persoa é un dos acompañantes habituais do candidato popular á alcaldía de Cambre, tal e como se puido observar no último Pleno da corporación o pasado xoves, cando xa coñecían a sentenza, en referencia a que foi precisamente un concelleiro Popular, Felipe Andreu, o avogado defensor dese militante.

Confesaron a súa felicidade e satisfacción porque se fixera Xustiza e, sobre todo, porque quedara definitivamente sentada a verdade sobre este caso. ‘Queda demostrado que nin houbo acoso laboral e nin tan sequera denuncia presentada’, afirmaron. No mesmo sentido indicaron que só resta saber a que intereses obedecía esa funcionaria cando se dedicou a propagar a difamación, posto que a utilización política do PP e o silenzos elocuentes e cómplices doutros quedaron en evidencia.

Estudarán accións legais contra os que orixinaron e propagaron estas difamacións

Iglesias comentou tamén que este asunto foi utilizado na ‘guerra sucia’ interna que lles fixeron sectores da organización onde militaban, os mesmos que agora teñen o control do BNG e que chegaron a recorrer a este asunto con escritos e debates internos con total deslealdade e mala fe.
Afirmaron que agardaban esta sentenza condenatoria e esclarecedora e que agora, restituída a verdade e posto cada un no seu sitio, estudarán a posibilidade de exercer accións legais contra as persoas que deron orixe ás inxurias que hoxe se demostran falsas.

Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2011 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os concelleiros e concelleiras nacionalistas de Cambre apelan á responsabilidade do BNG para garantir canto antes a súa substitución
Manifestan a súa sorpresa pola “pouca dilixencia” amosada pola formación, cando comunicaron o 1 de febreiro a súa intención de seren relevados


Cambre, 18 de febreiro de 2011.-
Os concelleiros e concelleiras nacionalistas representados na corporación municipal de Cambre manifestaron hoxe a súa contrariedade diante da confusión provocada por informacións manipuladas que están a aparecer.

Lembraron que “non é que o BNG lles pida que entreguen as actas” senón que foron eles quen o día 1 de febreiro, hai 18 días, se dirixiron por escrito á Responsábel Comarcal do BNG para informala da súa vontade de seren relevados nos seus postos de representación institucional. Os concelleiros indicaron que se senten sorprendidos pola pouca dilixencia en solucionar este asunto e polo interese en sementar confusión en troques de traballar coa responsabilidade que unha forza política está obrigada.

Os concelleiros insistiron en que foron eles os que tiveron a iniciativa e os que


tomaron a decisión e que agardan do BNG que axilicen a posta en marcha dos mecanismos que a lei contempla para garantir a estabilidade institucional do concello. Confirmaron ademais que tamén comunicaron formalmente ao concello o seu novo status como ‘non militantes’ para que dende a Secretaría Xeral municipal se dean as instruccións necesarias conforme á lexislación vixente.



Non permitirán que se produza un baleiro institucional e ingobernabilidade no concello de Cambre




Diante da preocupación e alarma xerada en distintos ámbitos cidadáns, aseguraron que non permitirán que se produza un baleiro institucional e ingobernabilidade no concello de Cambre, “agora é o BNG quen ten que moverse e demostrar que é unha forza responsábel centrada no interese xeral da cidadanía e non nos seus debates internos”.

Respecto do seu futuro político os catro concelleiros nacionalistas advertiron que


xa comunicaran en comparecencia pública o pasado 12 de xuño de 2010, que non ían competir por postos nas candidaturas do BNG. Polo que desmenten de maneira rotunda que o seu abandono da militancia no BNG teña algunha relación coa composición das candidaturas. “No BNG coñecen perfectamente os motivos da baixa da militancia”, dixeron os concelleiros nacionalistas, “puxémolo por escrito en carta ao Portavoz Nacional o pasado mes de decembro”.
Categoría: Comunicados - Publicado o 18-02-2011 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre, 10 febreiro 2011.
Hai algo máis de catro anos que mantemos este blog na rede. Os concelleiros e concelleiras nacionalistas no concello de Cambre iniciamos nos comezos de 2007 unha etapa de comunicación e información na ‘rede’ cuns resultados sorprendentes. O noso contador de visitas, os accesos dende os lugares máis remotos, a incidencia que os contidos do noso blog tiveron neste tempo son boa mostra do seu éxito.

No noso arquivo histórico podemos encontrar de todo referido as distintos contextos políticos que se sucederon neste tempo. Dende as posicións da nosa estadía no goberno no remate da anterior lexislatura, até xuño de 2007, á travesía pola oposición na actual corporación que durou até xullo de 2009 e, por último, a etapa de cogoberno que chega á hoxe.

Polo medio páxinas e páxinas con información e posicións políticas. Con convocatorias, con loitas e reivindicacións. Case todo o que sucedía e nos tocaba de cerca. De Cambre, de Galiza, da xente.

Até este momento baixo a imaxe corporativa da organización pola que concorremos as eleccións, o BNG. Este medio serviu tamén para transmitir a liña política xeral da organización.

Hoxe prodúcese unha nova situación. Graves acontecementos dentro do BNG. Erros incríbeis nunha forza política destas características provocaron que unha boa parte dos e das militantes do BNG en Cambre nos deramos de baixa. Entre os que estaban os catro concelleiros e concelleiras en Cambre. O día 1 de febreiro comunicouse á organización a baixa de 28 persoas pero a isto hai que sumarlle a de outro grupo importante que, un a un, o foron facendo nos últimos tempos.



Antecedentes hainos. Cabe lembrar o anuncio público dos actuais concelleiros de que non ían participar nas listas das vindeiras eleccións municipais. Anuncio feito en comparecencia pública o pasado 12 de xuño de 2010, tal e como recolleron os medios de comunicación.

A pesares do anuncio de que non se ía competir, as últimas decisións adoptadas polo BNG local e ratificadas polos órganos superiores non deixaron outra alternativa. Os feitos que consideramos inaceptábeis foron postos en coñecemento da organización por escrito e non se tiveron en consideración. Non é necesario abondar en explicacións, podemos mesmo estar errados. Pero o tempo dirá...

A partires deste momento e mentres dure a actividade municipal este blog continuará pero cos axustes técnicos e de imaxe acordes coa nova situación. Non imos eliminar os contidos anteriores, son a nosa historia e traballo. Somos nacionalistas e esa condición non se adquire cun carné. Estivemos, estamos e estaremos no compromiso coa nosa sociedade, coa cidadanía que nos apoiou e á que nos debemos.


Categoría: Comunicados - Publicado o 18-02-2011 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión ordinaria do Pleno da Corporación para o 24 de febreiro de 2011, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º- Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 30 de decembro de 2010, á sesión extraordinaria e urxente do día 24 de xaneiro de 2011 e á sesión ordinaria do día 27 de xaneiro de 2011

2º- Proposta de aprobación inicial do Regulamento dos ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Cambre

plenos

3º- Mocións

4º- Informes da Alcaldía

5º-Rogos e preguntas



Categoría: Plenos - Publicado o 18-02-2011 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Iglesias agradece a felicitación do PP, pero “se ofrece” a explicarlle a diferenza entre o paseo da Barcala e o paseo fluvial do río Mero
O Concello eliminou barreiras no paseo da Barcala, que non ten nada que ver co paseo do río Mero


Cambre, 10 febreiro 2011.
O primeiro tenente de alcalde de Cambre, Xabier Iglesias, quere mostrar o seu agradecemento ao candidato do Partido Popular á alcaldía pola súa felicitación polas obras de eliminación de barreiras arquitectónicas na urbanización da Barcala. O concelleiro de Obras entende que se trata dunha actuación necesaria para facilitar o acceso ao espazo para todos os veciños.

Con todo, Iglesias observa “moi perdido” ao candidato do PP ao confundir o paseo da Barcala co paseo fluvial do río Mero. Tanto é así que o primeiro tenente de alcalde “ofrécese a asesorar” ao popular para que evite este tipo de erros que poden provocar “vergoña allea” ao escoitalos en boca dunha persoa coa aspiración de dirixir o Concello de Cambre.

O paseo da Barcala transcorre en paralelo á vía de tren, na parte máis baixa do núcleo, e alberga unha ludoteca, un local social, parque infantil, parque biosaludable, pista polideportiva e unha futura sala de ensaios para grupos locais. Mentres, o Mero é o principal río de


Cambre e xunto a el discorre un paseo fluvial, moi utilizado para pasear ou facer deporte. Atravesa o termo municipal de leste a oeste, pasando por núcleos como Cela, Peiraio, O Caneiro e A Barcala. Pero son, evidentemente, dous paseos diferentes.



O primeiro tenente de alcalde opina que dá “vergoña allea” un erro desta clase nun candidato á alcaldía

Iglesias convida o candidato do PP a organizarlle unha visita ás ramplas construídas na Barcala para facilitar a accesibilidade e así mostrarlle a diferenza entre o paseo da Barcala e o paseo fluvial do río Mero.
Así mesmo, o primeiro tenente de alcalde pregúntase baixo que condicións de credibilidade quedará o candidato do PP, especialmente na urbanización da Barcala.

Categoría: Infraestruturas - Publicado o 10-02-2011 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concello e veciños de Cambre conclúen a elaboración do primeiro Regulamento de Participación Cidadá
Os servizos técnicos municipais emitirán un informe xurídico necesario para a súa votación no pleno da corporación


Cambre, 10 febreiro 2011.
O Concello de Cambre e os veciños xa dispoñen dunha proposta do Regulamento de Participación Cidadá para darlle traslado ao pleno da corporación. Despois de catro foros de debate, nos que participaron unha vintena de asociacións do municipio e de cidadáns a título individual, acordouse un texto no que figuran todas as achegas elevadas polas entidades e residentes.

Agora, os servizos técnicos municipais deberán emitir un informe xurídico da validez de todos os artigos, como paso previo e indispensable antes de incluír a súa aprobación na orde do día dunha sesión plenaria. En canto se conte co visto e prace, o Concello levará a pleno a proposta para que Cambre conte co seu primeiro Regulamento de Participación Cidadá.



O goberno local destaca a “gran implicación” acadada no tecido asociativo de Cambre

O concelleiro de Participación Cidadá, Antón Otero, destaca a “gran implicación” conseguida entre os cidadáns de Cambre para confeccionar unha norma que regule os seus órganos de participación na vida municipal. De feito, o Concello programara tres foros de debate, pero o interese suscitado levou a convocar un carto para dar coa proposta definitiva.
Otero destaca “o consenso total” conseguido entre veciños, asociacións, grupos políticos e Concello para trasladar un texto común aos servizos técnicos municipais. O edil aplaude o ánimo por “involucrarse” na elaboración dun regulamento “clave para permitir a participación dá sociedade cambresa non devir do Concello”.



O regulamento abordará os seguintes dereitos dos cidadáns:

• Dereito a servizos públicos de competencia municipal.
• Dereito á información.
• Dereito de petición e proposta.
• Dereito de audiencia pública.
• Dereito de iniciativa popular.
• Dereito de intervención no Pleno Municipal.
• Dereito á consulta popular.
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 10-02-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo Aberto Solidario 2011

Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 10-02-2011 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello elimina as barreiras arquitectónicas do paseo da Barcala
Dúas novas ramplas facilitan o acceso á principal zona de esparcemento da urbanización


Cambre, 8 febreiro 2011.
A urbanización cambresa da Barcala creceu sensiblemente en servizos á cidadanía nos últimos dous anos. A principal zona de esparcemento, o paseo, alberga agora unha ludoteca, un local social, parque infantil, parque biosaludable, pista polideportiva e unha futura sala de ensaios para grupos locais.

Con todo, o acceso requiría utilizar unhas escaleiras que constituían unha barreira arquitectónica para as persoas con mobilidade reducida. Por iso, o Concello de Cambre emprendeu a súa eliminación coa construción de dúas ramplas, en cada un dos extremos do paseo, que propicien o seu uso a todos os veciños.

Primeiro construíuse unha rampla desde a rúa río Barcés, no inicio do paseo. Alí sitúanse ademais a Concellaría de Asuntos Sociais e o local sociocultural, polo que se trata dun punto moi transitado. Agora, complétase a actuación de supresión de barreiras no final do paseo, desde a rúa río Sil, xunto á escola infantil e a contorna do instituto e a piscina municipal. Ambas as obras foron financiadas pola Deputación da Coruña.







O primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, desprazouse na mañá de hoxe até A Barcala para comprobar o resultado da intervención. Ademais da rampla dotouse á zona de mobiliario urbano. Os operarios ultiman a súa apertura coa plantación do céspede e o remate dos últimos detalles.

“É unha pequena intervención, pero cuns beneficios moi grandes”, afirma o concelleiro de Obras. Iglesias apunta que unha das tarefas “prioritarias” que asume o goberno local é a de “mellorar e renovar espazos para que calquera veciño poda acceder a eles”.

O primeiro tenente de alcalde móstrase “contento” por ver feita realidade o acondicionamento nos accesos ao paseo da Barcala, unha das actuacións que impulsou especificamente neste mandato, tanto desde o goberno local como desde o papel de portavoz do seu grupo. “O paseo da Barcala é utilizado a diario por moitos veciños para pasear e descansar, e ademais acolle unha chea de servizos municipais. Era necesario e apropiado mellorar os accesos”, sostén.


Categoría: Infraestruturas - Publicado o 09-02-2011 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Dende a Casa da Xuvetude seguimos traballando coa mocidade




INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Dende o martes 8 ó xoves 10 ás 14.00 horas.

-OMIX Tel:981 613 170
omix@cambre.org
infoxuvenil@cambre.org

-PMIX- Casa da Xuventude-Palmeiras
Tel: 981 650 269
pixtemple@cambre.org


DATA DA ACTIVIDADE:
Venres 11 de febreiro de 18.00 a 20.00 horas.

No caso de que se presenten modificacións nos poñeremos en contacto cos inscritos.

DESTINATARIOS:
Preferentemente moz@s de 12 a 30 anos.





Nº PLAZAS:
O número máximo de prazas é 15 e un mínimo de 6 para realizar o obradoiro.

Se non se cumple o número mínimo de participantes o obradoiro será cancelado.

No caso de que se anoten maís de 15 participantes realizarase un sorteo o xoves 10 ás 14.00 horas.

Contactar o xoves a partir das 18.00 para confirmar plaza.
Categoría: Xuventude - Publicado o 09-02-2011 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
O histórico tapón urbanístico do Temple xa se converteu en beirarrúa
Con esta actuación queda paracticamente listo o proxecto de mellora da seguridade viaira na estrada do Temple

O Concello reformará o paso de peóns para completar a mellora de seguridade viaria na contorna do Paraugas

Cambre, 3 febreiro 2011.
As imaxes de peóns invadindo a calzada na estrada do Temple a Cambre forman xa parte do pasado. O histórico tapón urbanístico do núcleo, un galpón que cortaba a beirarrúa a poucos metros do emblemático Paraugas, xa se converteu nunha beirarrúa que continúa á existente e que garante o paso seguro para os viandantes.

Foi a Deputación da Coruña, titular da estrada O Temple - Cambre (CP-1706), a que a petición do Concello de Cambre realizou a actuación, ansiada desde hai anos por veciños e corporación. En decembro procedeu á demolición do galpón e quedou habilitado un paso provisional para os peóns. Agora, o organismo provincial xa acometeu a urbanización da contorna, acondicionando tanto o espazo para peóns como habilitando as prazas de aparcadoiro que ocupaba tamén o tapón.

O Concello de Cambre mostra a súa alegría pola eliminación do principal tapón urbanístico do municipio, que facilitará a accesibilidade dos cidadáns. O equipo de goberno resalta a “mellora substancial” que se van a atopar os veciños do Temple coa derriba dun “galpón pequeno pero que causaba un risco importante”.

Coa supresión do tapón, o Concello emprenderá a mellora do paso de peóns situado xunto a el. A idea do goberno local consiste en estudar unha posible, aínda que mínima, variación do punto exacto onde se atopa e a instalación





dunha iluminación directa que proporcione a visibilidade que necesitan peóns e condutores, así como a mellora da sinalización.

Estas labores de mellora dos pasos de peóns xa foron realizadas no tres situados na CP-1706 na contorna do Paraugas. “Trátanse duns pasos a peóns complicados e nunha carreteira con moito tráfico polo que queremos aumentar a súa visibilidade de cara aos condutores”, explica o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias.

Un dos pasos de peóns máis complexo era o situado na porta do colexio Portofaro. Tratábase dun cruzamento moi longo, que utilizan a diario moitos nenos e pais do centro de ensino, e no que coinciden os vehículos da estrada principal cos que proceden da travesía da Coutelana e do paseo dos Templarios. Por isto, a intersección concentra a un gran número de veículos e peóns, aínda que ás horas de saída do colexio a Policía Local encárgase de dirixir a circulación.

O goberno local decidiu variar uns metros a localización do paso de peóns para facilitar o cruzamento dos viandantes. O paso situouse xunto ao edificio de nova construción levantado na esquina entre a travesía dá Coutelana e a estrada principal, o que reduciu a súa lonxitude sensiblemente. Agora, para acceder ao colexio, os peóns teñen que utilizar dous pasos consecutivos, do CP-1706 e do paseo dos Templarios.
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 03-02-2011 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre emprende a transformación do Graxal á vez que garante a eliminación de verquidos á ría do Burgo
O Concello urbanizará as rúas Pígara e Padre Feijóo creando unha arteria que dea prioridade aos peóns

Mentres, no subsolo, un novo colector de 1 quilómetro dotará de trazabilidade á localización de verquidos

Cambre, 1 febreiro 2011.
O Concello de Cambre emprende unha dobre renovación dunha das arterias principais do núcleo do Graxal. Polo subsolo instalarase un novo colector de recollida de pluviais que garantirá a eliminación de verquidos á ría do Burgo. Arriba, os veciños gozarán de rúas con novo pavimento e mobiliario urbano, onde as persoas terán preferencia fronte aos veículos.

Trátase da reforma das rúas Pígara e Padre Feijóo, incluída no plan de humanización do Graxal financiado mediante o Plan Arume, participado pola Unión Europea nun 70% e polo Concello de Cambre no 30% restante. A obra xa foi adxudicada de forma definitiva por 335.000 euros polo que os traballos xa empezarán de forma inminente.

Este colector, que irá desde a Nacional VI até a ría, de case un quilómetro de lonxitude, propiciará as conexións mediante arquetas e pozos de todo a contorna, asegurando así que as ligazóns sexan correctas e permitindo localizar un posible verquido de forma eficaz. O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, sinala que os verquidos son actualmente de carácter “puntual” e de orixe “particular”.



Para evitar que se produzan eses verquidos, o problema reside en localizar de onde proceden. A instalación de arquetas ao pé de cada edificio, en cada unha das conexións dos inmobles do Temple á rede, permitirá un control exacto do punto que presente algún problema. “Melloraremos a trazabilidade do sistema, é dicir, a partir dun punto final, na ría, chegaremos a un punto de orixe”, explica Iglesias.

No proxecto, ademais da construción do novo colector, inclúese así mesmo a substitución da rede de saneamento formada por colectores antigos de formigón que se atopaban deteriorados, por novos colectores en PVC, substituíndo as acometidas actuais.

Urbanización

Se a actuación no subsolo antóllase “imprescindible” para Iglesias dado que contribuirá “de forma decisiva” ao saneamento integral da ría do Burgo, a urbanización que se acometerá na superficie antóllase “fundamental” para a humanización do antigo núcleo do Graxal.
O proxecto consistirá na incorporación e renovación dos servizos urbanos básicos, e os elementos de pavimentación e mobiliario que permitan actualizar e modernizar o viario

Categoría: Infraestruturas - Publicado o 02-02-2011 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo de inscrición para a viaxe aos Pirineos que organiza a Concellaría de Xuventude

Cambre, 31 de enero de 2011
A Concellaría de Xuventude de Cambre, que dirixe a nacionalista Laura Fernández, abriu o prazo de inscrición para a viaxe á neve que realizará aos Pirineos desde o 20 ao 25 de febreiro próximos. O Concello oferta 50 prazas para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, que gozarán na súa estancia de clases de esquí ou snowboard.

O período para apuntarse á actividade concluirá o vindeiro venres, 4 de febreiro, ás 2 da tarde. O programa da viaxe é o seguinte: o domingo 20 terá lugar a viaxe e a instalación nos Pirineos; do luns 21 ao venres 25, os participantes acudirán a dúas horas de clase diarias de esquí ou snow e de tempos de esquí libre; o venres 25 será o regreso.

O prezo, para persoas empadroadas, será de 257,54 euros. Os parados e membros do voluntariado de Cambre pagarán 180,28 euros, mentres que os que dispoñan do carné novo ou formen parte de asociacións xuvenís do municipio terán que abonar a cota reducida de 128,77 euros.



A inscrición inclúe o aloxamento en hotel, o desprazamento en avión, os traslados de hotel a pista, a manutención, as clases, o aluguer de material de esquí, o forfait para 5 días, o seguro de accidentes e os monitores.

En caso de rexistrarse máis solicitudes que prazas celebrarase un sorteo no que terán preferencia os empadroados que non acudisen noutras ocasións.

Máis información
Folla de inscrición
Categoría: Xuventude - Publicado o 02-02-2011 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal