POR UNHA MAREA GALEGA


Cambre recibe solicitudes de case 65 empresas para participar nos procedementos de contratación del FEES


Iglesias explica que todas as firmas que cumpran os requisitos esixidos recibirán invitación para expoñer a súa oferta nalgún dos proxectos do plan estatal

Cambre, 24 de febreiro de 2010.-

O proceso aberto de recepción de solicitudes de empresas interesadas en participar no Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local espertou un grande interese. O Concello de Cambre recibiu a documentación de 64 firmas que solicitan ser invitadas aos procesos de contratación dos proxectos que se realicen mediante un procedemento negociado sen publicidade.

Una vez finalizado o prazo para rexistrar solicitudes, que concluíu onte, os servizos técnicos do concello comprobarán que as empresas presentadas cumpren cos requisitos de non estar incursas en casos de incompatibilidade para ser contratadas polas administracións públicas, ter solvencia económica acreditada por unha entidade financeira e ter solvencia técnica demostrada coa realización de actuacións similares no sector público ou privado. Posteriormente, o Concello revisará a qué proxectos pode optar cada compañía, en función do seu obxecto de actividade e do interese manifestado por determinados tipos de obra, servizo ou subministro o por una actuación en concreto das 26 incluídas no FEES.

Terminadas estas comprobacións, a Concellaría de Obras e Servizos procederá a realizar unha distribución equitativa de invitacións entre as empresas candidatas. Anque a lei marca que como mínimo deben ser tres firmas as convocadas, o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, estima que en cada un dos procedementos se convidará a presentar ofertas “a entre catro e seis empresas, para contar cun amplo número de ofertas pero á vez evitar que se saturen os servizos técnicos que tramitan os contratos”.



letra capital



Iglesias mostrouse satisfeito polo proceso levado a cabo para favorecer o acceso do tecido empresarial ás obras, servizos e subministracións enmarcados no plan estatal. “Resultou un procedemento moi áxil que proporcionou un plus de facilidade ás posibles adxudicatarias”, sostén.

O primeiro tenente de alcalde afirma que esta recepción aberta de solicitudes “demostra a transparencia coa que o Concello quere levar as contratacións”. Iglesias avanza que a proba se producirá una vez que todas as empresas que superen as comprobacións pertinentes reciban invitación para participar nalgunha das actuacións. “E quen vai determinar a adxudicación será a oferta a nivel técnico, económico e de xeración de emprego”, sinala.

O concelleiro nacionalista explica que se opta polo procedemento negociado sen publicidade nas actuacións con presuposto inferior a 200.000 euros, como permite a Lei de Contratos, ante os prazos reducidos que impoñen as condiciones do FEES, un mes para tramitar a contratación desde a aprobación de cada proxecto polo Ministerio de Política Territorial. Si se levasen a cabo procedementos abertos nos 26 proxectos aprobados pola corporación, a tramitación superaría o tempo máximo que regula o Real Decreto 13/2009 de 26 de outubro, regulador do Fondo.
Categoría: EMPREGO - Publicado o 24-02-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario, 25 de febreiro


Sesión ordinaria do Pleno da Corporación para o día 25 de febreiro de 2010, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:


Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2010, sesión extraordinaria do día 2 de febreiro de 2010 e sesión extraordinaria do día 12 de febreiro de 2010

Aprobación, se procede, da Ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria

letra capital

Mocións

Informes da Alcaldía

Rogos e preguntas



















Categoría: Plenos - Publicado o 19-02-2010 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro coas entidades sociais que colaboran no programa “Arume”


O primeiro tenente de Alcalde e o concelleiro de Participación Cidadá presidiron a reunión na que se asinou o convenio de colaboración que dá forma ao Grupo de Acción Urbano



Cambre, 11 de febreiro de 2010.-

Un total de oito asociacións de distinto tipo forman parte do Grupo de Acción Urbano que, xunto co Concello, participan na dinamización e xestión do programa Arume que desenvolve o concello de Cambre. Este proxecto finánciao nun 70% o FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e no 30% restante complétase co aporte municipal.

Durante a reunión o tenente de Alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, explicou o estado dos distintos proxectos e as actuacións de participación cidadá –inherentes ao programa- que se levaron adiante nos últimos meses. Así, informou Iglesias, desde a creación da Concellaría de Participación, que dirixe o tamén concelleiro do BNG, Antón Otero, se impulsaron diferentes reunións e encontros para a xestión de algunhas das accións do programa Arume. Así, concretou, se fixo co proceso de recollida de suxestións para incluír no concurso de ideas de reforma do Campo da Feira ou coa reunión coas entidades sociais do Temple co obxecto de precisar actuacións dentro do Plan de Humanización deste barrio. Tamén destacou as densas sesións de traballo coas asociacións e afeccionados ao skate, para o deseño da pista que se construirá nas inmediacións do campo de fútbol de Cambre.


Ademais deuse conta do estado de tramitación dos proxectos e das obras incluídas no Arume, indicando que en datas próximas iniciaranse varios dos procedementos de contratación. Referíanse á mencionada pista de skate, a actuación de rexeneración urbana en Sobreguexe-Cecebre, ou á próxima saída a contratación da obra da rede wifi.

O primeiro tenente de Alcalde destacou, neste sentido, que xa está practicamente listo o proxecto de remodelación das rúas Pígara e Padre Feijoo, no Temple, e que pronto se procederá á súa licitación. Neste punto estableceuse un interesante diálogo coas asociacións presentes, centrado na importante cantidade de obras que se van a desenvolver na zona ao longo do ano. Iglesias informou que ademais das actuacións do Arume, levaranse a cabo importantes investimentos con cargo a planes provinciais e ao FEESL, que esixiran unha coordinación estrita e unha grade colaboración cidadá. Precisamente neste aspecto, comprometeuse coas entidades a manter un contacto fluído e reunións de coordinación e información para diminuír as molestias no posíbel.

Co programa Arume investiranse uns 3,8 millóns de Euros, dos que 1 millón son de aporte municipal. O remate das actuacións está previsto en xuño de 2011.

Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 13-02-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre abre un prazo para recoller solicitudes de empresas con interese en ser invitadas aos procesos de contratación das obras do FEESL





Cambre, 13 de febreiro de 2010.-

O Concello de Cambre abre un prazo para recibir solicitudes de empresas que desexen ser invitadas naqueles procesos de contratación do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local que leven a cabo mediante o procedemento negociado sen publicidade. Como recolle a resolución de 3 de febreiro da concelleira de Contratación, Arita Prado, o equipo de goberno solicitará os datos das firmas con interese nos procesos para posteriormente estudar a súa inclusión na contratación.

Así, a Concellaría de Obras, que dirixe Xabier Iglesias, confeccionará unha base de datos coas compañías que remitan a solicitude para posteriormente tramitar as invitacións. “A lei marca como mínimo que sexan tres as invitadas, pero ampliaremos as peticións de ofertas a empresas nas obras e subministros, sempre tendo en conta que non saturen os servizos técnicos que tramitan os contratos”, avanza.



O primeiro tenente de alcalde explica que se optará polo procedemento negociado sen publicidade nas actuacións con orzamento inferior a 200.000 euros ante os prazos reducidos que impón as condicións do FEESL, un mes dende a súa aprobación. Se levasen a cabo procedementos abertos nos 26 proxectos aprobados pola corporación, a tramitación superaría o tempo máximo que marca o Real Decreto 13/2009 de 26 de outubro, regulador do Fondo.

As empresas que estean interesadas en participar nas contratacións disporán ata o 23 de febreiro para enviar unha declaración de non ter incompatibilidade de contratación por parte da administración pública, ademais do seu obxecto social e ámbito de actuación, para que o Concello coñeza que proxectos poderían asumir. As solicitudes recolleranse tanto nos rexistros municipais como vía fax ou correo electrónico. Máis información







Categoría: Infraestruturas - Publicado o 13-02-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo

GZnacióntid

A viñeta do día. Por M.B.Rei-------------------___________________--------------------______________________Éche o que hai. Por López
www.galicia-hoxe.com/ -------------------___________________------------------------- ______________________ www.gznacion.com/


Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo

letra capital

Jorquera comunicará a Alonso que o BNG está disposto a dialogar, mais non para avalar o xiro antisocial do Goberno

A formación nacionalista teme que a apelación ao pacto encobra a intención do PSOE de procurar amparo ao pensionazo e ao abaratamento do despedimento[+]

letra capital

"O BNG reúne a axentes sociais, empresariais e sindicais para alargar a base de apoio do Manifesto

“Imos abrir unha dinámica social para levar a que o Goberno reconsidere a súa posición e deixe de vetar a fusión galega”, di Guillerme Vázquez aos xornalistas[+]

Categoría: Novas - Publicado o 13-02-2010 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario.-11 de febreiro de 2010
Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día:

Modificación, se procede, do acordo de aprobación dos investimentos a incluír no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local creado por Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro, adoptado polo pleno da corporación o día 2 de febreiro de 2010

Aprobación, se procede, da conta xeral do exercicio 2008
letra capital















Categoría: Anuncios - Publicado o 08-02-2010 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Avanzan a bo ritmo os traballos que concluirán a variante de Lendoiro, no novo acceso ao Polígono do Espírito Santo.

Iglesias amosou a súa preocupación porque Xunta e Deputación non se dan posto de acordo para construír unha rotonda no enlace do novo viario coa estrada autonómica Cambre-Guísamo

Cambre, 07 de febreiro de 2010.-

O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, amosou a súa satisfacción polo avance dos traballos na nova variante de Lendoiro (Cecebre) que supoñerá un novo acceso ao polígono de Espírito Santo. “Desta vez, dixo, as partes implicadas están a cumprir os compromisos”, referíndose á reunión mantida con representantes da Xunta e Deputación o pasado 22 de xaneiro.

Iglesias informou que a empresa encargada dos colectores de saneamento que atravesan a estrada leva toda a semana traballando e que isto permitirá que antes dun mes se poida rematar a segunda capa de rodaxe e poñer en servizo a variante.

Non obstante o concelleiro amosou a súa preocupación porque o entronque coa estrada autonómica Cambre-Guísamo non está aínda solucionado. Explicou que a previsión é un enlace perpendicular, claramente insuficiente e inseguro, e que resulta imprescindíbel convertelo en rotonda para permitir os xiros e incorporacións coa seguridade necesaria.


Iglesias comentou que en varias ocasións se ten exposto desde Cambre esta necesidade á Xunta e á Deputación sen que estea solucionado o asunto. Informou que nos próximos días trasladarán novamente ás dúas institucións o problema para que sexa adoptada unha solución con urxencia.

O concelleiro nacionalista explicou tamén que as obras da nova variante inclúen tamén unha beirarrúa que se acometerá en canto rematen os traballos na estrada.


Categoría: Infraestruturas - Publicado o 08-02-2010 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
A Xustiza condena a un candidato popular de Cambre por inxurias a unha concelleira do BNG
Desde o grupo municipal nacionalista faise unha chamada á cordura e á serenidade na práctica política

Cambre, 6 de febreiro de 2010.-

O xulgado de Paz de Cambre fixo pública esta semana a sentenza sobre a demanda que a concelleira nacionalista de Cambre, Sindi Becerra, interpuxo contra un candidato do PP de Cambre, quen á saída dun Pleno da corporación no pasado mes de xullo se dirixiu a ela con frases inxuriosas.

Na sentenza considéranse probados os feitos e tamén a inxuria realizada, condenando ao denunciado, Julio Mosquera a unha pena de quince días de multa, tal como se solicitou pola acusación que representaba á concelleira. Así mesmo considérase ao condenado como responsábel civil dos danos provocados e das costas procesais.

Para os nacionalistas de Cambre esta denuncia debe supoñer un punto de inflexión nos modos nos que se está a desenvolver a política municipal en Cambre. O seu portavoz, Xabier Iglesias, dixo que esperaban que de aquí en diante se serenaran os ánimos e que, fundamentalmente, no PP, deberían reflexionar e considerar que non todo vale para facer política. Que as discrepancias e as diferenzas nunca poden dar lugar á crispación, ao insulto e as agresións de calquera tipo, dixo.




Comentou que non tiña ningunha dúbida do consentimento e amparo popular en todos estes acontecementos. Explicou que o condenado formou parte da lista dos populares nas últimas eleccións municipais e o seu avogado neste xuízo foi o concelleiro popular Felipe Andreu, quen lonxe de basear a súa defensa na negación dos feitos ou a súa falta de intencionalidade ofensiva, tentou demostrar a “veracidade” e fundamentado das acusacións do agora condenado. “Agardo agora da rectificación destas condutas. Non tanto dunha petición pública de desculpas, que sería lóxica, como que este tipo de feitos non se volvan repetir e non se lles dea amparo”, expresou.

Mostrando a satisfacción do grupo nacionalista pola sentenza, o concelleiro indicou que ían ser inflexíbeis na defensa da dignidade e integridade dos seus concelleiros no exercicio das súas funcións representativas e institucionais, e que non ían deixar pasar por alto nin unha soa agresión, de calquera tipo. “Discrepancias, todas, violencia, ningunha”, afirmou con rotundidade.

DESCARGAR SENTENZA

Categoría: Anuncios - Publicado o 06-02-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Party cambRED

5, 6 e 7 de Marzo de 2010

Pavillón Polideportivo de Cambre

Prazo de inscrición:
a partir do 8 de Febreiro de 2010




Máis información :

id


Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2010 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
O pleno de Cambre aproba unha proposta nacionalista que aboga polo consenso nas políticas de normalización lingüística


Cambre, 3 de febreiro de 2010.-


O pleno da corporación aprobou unha moción na que insta a Xunta de Galicia á retirada do borrador de decreto do Galego e a volver ao consenso lingüístico. Despois de non acadar os votos suficientes para a súa declaración de urxencia no pleno anterior, o goberno municipal decidiu incorporar esta proposta dentro da orde do día do pleno extraordinario celebrado o martes, día 2. Desta vez o manifesto foi aprobado ao contar co apoio de todo o goberno (Psoe-Bng) e co respaldo dos dous concelleiros de IU-EU.

Durante o debate, o portavoz nacionalista e primeiro tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, agradeceu o apoio dos concelleiros de IU e resaltou a sorpresa polo non apoio do único representante do Partido Galeguista. "Coma sempre, manifesto o meu respecto polas súas opinións e recollo o que significa que o representante dunhas siglas que fundaron Bóveda e Castelao, teña tales posicións sobre o noso idioma", concluiu Iglesias en resposta á intervención do PG.




Na súa intervención de defensa da proposta, Iglesias, sinalou que tiña esperanzas de que a posición do PP en Cambre estiver na liña doutros representantes populares, en referencia ao recente apoio do goberno popular de Vilar de Santos a unha moción similar, ou do activo posicionamento de destacados persoeiros do partido como Xosé Cuíña, desmarcándose da liña imposta por Feijoo. Insistiu en que o único conflicto que existe sobre a língoa é o que promove o PP, apartándose do consenso e introducindo unha crispación falsa na sociedade e nas escolas.
Categoría: Educación - Publicado o 06-02-2010 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Ábrese ao público a renovada Fonte do Carballo



Cambre, 29 de xaneiro de 2010.-

O lavadoiro do Carballo, en Cambre, quedou aberto para uso veciñal logo da visita cursada por unha representación da corporación na mañá do venres 29. Nesta visita, encabezada polo Alcalde e o 1º tenente de alcalde, operarios da empresa que acometeu a obra, procederon a retirar os valados de protección e mostrar o traballo realizado.

Esta obra financiouse con cargo ao Feil cun investimento de 32,300€ e ocupou un total de 6 operarios. Esta fonte e lavadoiro tradicional atopábase moi deteriorada polo paso do tempo e por actos vandálico. Po riso decidiuse unha remodelación completa e a súa integración no espazo urbano que conta cunha pequena zona verde e un parque infantil. “Os materiais empregados son a madeira, o granito e a lousa, todos eles materiais nobres”, explicou Iglesias, quen informou que se lle engadiron tamén dous bancos de pedra para mellorar o lugar con elementos de descanso.






Plan de recuperación de fontes

Ademais desta actuación, o goberno local destina 120.000 euros, procedentes no seu cento por cento de fondos propios, para emprender un plan de recuperación de fontes e lavadoiros do municipio. A Concellaría de Turismo e Patrimonio Histórico elaborou un proxecto básico para restaurar estes espazos. A concelleira responsábel, a nacionalista Sindi Becerra, desenvolveu un traballo de selección, xunto cos técnicos municipais, polas distintas fontes para elixir as que entrarían no plan. “Como criterio definimos o valor histórico, artístico e etnográfico”, explica. Así mesmo, tivo en conta aquelas que corrían un risco elevado de desaparición polas condicións nas que se atopaban.

Así, as catro primeiras fontes en que o Concello intervirá serán

- Fonte dá Pitona (parroquia de Brexo-Lema)

- Fonte dá Vila ou Fontemoura (parroquia de Santa María de Vigo)

- Fonte do Pontido (parroquia de Sigrás)

- Fonte dá Pena (parroquia de Cela)

Os traballos que se executarán perseguen a posta en valor destes importantes elementos patrimoniais que aínda conserva Cambre. “Non queremos uniformizalas, recuperaremos cada unha en función dás características da súa contorna e do uso actual”, argumenta Becerra. A concelleira vaticina que a mellora das decenas de fontes do municipio continuará en sucesivas fases.

Categoría: Infraestruturas - Publicado o 06-02-2010 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADILLO SOLIDARIO CON HAITÍ

SOS días 2 e 21 de febreiro de 2010,

organizase o mercadillo móntarase na Feira de Cambre para recadar fondos para Haití.

Será polo sistema de troco,

un donativo = un artículo

Os postos estarán estarán xestionados por persoas voluntarias do Concello de Cambre.


Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 01-02-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal