POR UNHA MAREA GALEGA


Categoría: O Temple - Publicado o 29-02-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
O Pleno de Cambre debatera anulación convenio urbanístico



Solicitan que se expropie a parcela e se impida edificio en zona verde


Unha vez máis son cuestionadas as políticas urbanísticas do Alcalde socialista de Cambre. Esta vez, os nacionalistas, presentaron, para a súa aprobación no pleno do xoves, unha moción na que propoñen a anulación do convenio urbanístico firmado polo Alcalde cos propietarios da parcela obtida para a ampliación do Colexio do Graxal.

Desde o BNG afirman que é mentira que esa parcela saia gratis. “non se trata dunha cesión gratuíta, é a cambio de meter un edificio nunha zona verde do barrio”, afirmou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias. Comentou, ademais, que no caso de que se produza un retraso na aprobación do Plan xeral, ou de que non se recoñezan as condicións conveniadas o Concello deberá indemnizar aos propietarios.

A xuízo do BNG, isto non é máis que hipotecar a facenda pública de próximos gobernos. “Se é necesario agora, débese pagar agora”, afirmaron as fontes do BNG, en referencia a que a falla de patrimonio municipal do solo en Cambre é da exclusiva responsabilidade deste Alcalde que nin soubo, nin quixo, facer un urbanismo pensando no interese xeral.

Para os nacionalistas resulta de todo punto de vista inadmisíbel que agora se pretenda parchear a situación coa concesión dun novo negocio urbanístico. O máis grave de todo, dixeron, é que se non o impedimos construirase un edificio nunha zona verde do Graxal. “Cambre non pode pagar ese prezo, non podemos renunciar ao pouco espazo libre que queda e, non podemos permitir que se cometa tal fraude cos veciños que adquiriron as súas vivendas mirando a un espazo público que agora verían convertido en ladrillo”. Para o BNG, ademais, o edificio proxectado condenaría á sombra permanente ás instalacións escolares.

O pleno debaterá, neste sentido, que se anule o convenio urbanístico, que se declare a protección sobre a zona verde e, que se pague aos propietarios o valor da parcela incluíndo unha partida nos orzamentos municipais.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 25 de febreiro de 2008
moción
Categoría: Urbanismo - Publicado o 25-02-2008 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre a cesión da parcela para a ampliación do CEIP do Graxal

A dotación de novos equipamentos sociais de todo tipo é unha necesidade perentoria no noso Concello. Sobre todo en aspectos básicos como os educativos, como ter o número e calidade suficiente de prazas escolares. A permisividade e alento a construción desmedida de vivendas, sen que se acompañara da adquisición de patrimonio de solo para dotacións públicas tennos levado a unha situación de colapso.

Para remediar esta situación non serve calquera solución, sobre todo cando algunhas poden supoñer un agravamento dos problemas de saturación e falla de servizos en prazos moi próximos.

O convenio urbanístico asinado polo Alcalde para obter a cesión da parcela anexa ao CEIP do Graxal é un caso destas características. Entendemos que máis pensado para favorecer os intereses particulares dos propietarios que para velar polo interese xeral de Cambre e, sobre todo, dos veciños do contorno do colexio.

Condénase unha zona verde para autorizar un novo edificio nunha zona que non soporta unha vivenda máis. Deixarase na sombra permanente ao colexio e á súa ampliación. Cométese un fraude coas ducias de veciños que adquiriron unha vivenda en edificios que daban a un futuro parque e a un colexio. Todo, a cambio, dunha suposta cesión gratuíta que non é tal. Porque, ademais, o alcalde sabe que os prazos aos que se comprometeu non se van a cumprir, coma sempre, e a indemnización aos propietarios polo incumprimento do convenio tocaralle a outro goberno onde el non estará.

Por estes motivos o GM do BNG de Cambre propón ao Pleno a adopción dos seguintes acordos:

1- Rexeitar o convenio urbanístico asinado polo Alcalde cos propietarios da parcela de ampliación do CEIP do Graxal.
2- Non admitir que se ocupen as zonas verdes con usos residenciais.
3- Iniciar o procedemento de pago da parcela aos seus propietarios, baseándose nas valoracións feitas polo arquitecto municipal, chegando ao procedemento de expropiación de non haber acordo.
5- Ordenar a correspondente modificación orzamentaria para facer fronte ao pago da parcela e, no seu caso, introducila na proposta de orzamento xeral de 2008.


Cambre, 23 de febreiro de 2008
Categoría: O Temple - Publicado o 25-02-2008 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Propoñen ao Pleno a revisión de oficio do concurso de prazas de auxiliares
Visto o informe de Réxime Interior as denuncias do BNG se ven confirmadas

O grupo municipal do BNG de Cambre presentou esta mañá, no rexistro municipal, unha moción para o seu tratamento no pleno ordinario do vindeiro día 28, na que se insta á declaración de nulidade do resultado do concurso de auxiliares administrativos celebrado en agosto de 2007. Os nacionalistas propoñen a declaración de lesividade para o interese público desta resolución e, propoñen, que se inicie a revisión de oficio do proceso.

Visto o informe da unidade de Réxime interior municipal, pedido na moción aprobada no pleno de xaneiro, os nacionalistas, ven confirmadas as denuncias efectuadas en todos e cada un dos extremos. “Non entendemos a alegría do Alcalde por este informe", comentou responsábel de comunicación do BNG, Antón Otero, " cando, un por un se ratifican as denuncias que presentou o BNG”. Otero facía referencia a que neste informe o único que o funcionario xefe da área de interior afirma que foi correcto é, precisamente, o que ninguén cuestionou, a convocatoria e a tramitación. “Outra cousa é a resolución, o resultado”, dixo.

Tocante ás denuncias na aplicación das bases, Antón Otero, foi contundente: “se confirma cun informe técnico do propio concello que a determinadas persoas se lles regalou un posto de traballo público, pasando por riba dos dereitos lexítimos doutros concursantes que aportaban méritos superiores”.

Para o BNG de Cambre, estase diante dun suceso lamentábel, no que se vulneraron dereitos fundamentais das persoas no acceso ao emprego público. A responsabilidade non é técnica, non é dos membros do tribunal exclusivamente, é do concelleiro socialista que nomeou o tribunal e condicionou a súa decisión, Javier Varela Tejedor, que foi xuíz e parte neste proceso e, dun Alcalde, Antonio Varela, que demostra cada día que perdeu os papeis e que non “pinta nada neste des-goberno socialista que sufre o concello de Cambre”.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 23 de febreiro de 2008
Moción
Informe solicitado polo pleno
Categoría: Comunicados - Publicado o 24-02-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para a contratación por conta allea de mozos e mozas


Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.


Beneficiarios.

As empresas, autónomos e as sociedades civís e as comunidades de bens.

Prazos.
As axudas previstas nos diferentes programas desta orde solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.


O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de setembro de 2008 aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social do traballador ou traballadora contratado/a polo que se solicite subvención.
Orde
Categoría: Xuventude - Publicado o 24-02-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Moción para a “revisión de oficio” da resolución do tribunal cualificador do concurso de provisión de prazas de auxiliares administrativos de agosto de 2007
Que o pasado xoves, 21 de febreiro de 2008, foille entregado, na súa calidade de portavoz do GM do BNG de Cambre, o informe do xefe da área de Urbanismo e Réxime interior sobre a convocatoria do concurso para a provisión de prazas interinas de auxiliares administrativos, celebrado no mes de agosto de 2007. Isto, en cumprimento da resolución do Pleno ordinario de 31 de xaneiro deste ano.

Analizado o informe mencionado e, comprobado que, segundo corrobora o informe técnico, as bases do concurso foron vulneradas de maneira sistemática, presentamos a seguinte moción para o seu debate e aprobación polo Pleno do concello de Cambre. Isto sen menoscabo das outras actuacións decididas polo mencionado Pleno da Corporación de 31 de xaneiro.

Moción para a “revisión de oficio” da resolución do tribunal cualificador do concurso de provisión de prazas de auxiliares administrativos de agosto de 2007

A análise do informe da Área de Urbanismo e Réxime Interior do Concello de Cambre, a instancias da decisión adoptada polo Pleno, non ven senón a confirmar a denuncia exposta polo BNG, e os demais grupos municipais, excepto o socialista, sobre graves irregularidades cometidas na resolución e adxudicación de prazas deste concurso.

Confirma que se produciu unha vulneración das bases da convocatoria, das regras de xogo, totalmente inadmisíbel nunha sociedade como a nosa.

Como xa quedou demostrado no Pleno de xaneiro, unha tras outra, as bases, as normas establecidas para puntuar os méritos das persoas concursantes foron “papel mollado” ao que non se lle prestou a máis mínima atención. Pasouse por alto todo rigor e ecuanimidade e, froito diso, foron nomeadas persoas como funcionarias sen ter os méritos necesarios e, pola contra, persoas que si contaban con eles, víronse relegadas e discriminadas no acceso a un posto de traballo público. Curiosamente, como explicamos no seu momento, foron tres persoas do contorno político e persoal do goberno socialista as beneficiadas deste cúmulo de irregularidades.

A desmesura desta decisión, supera os límites admisíbeis do erro ou do descoñecemento. Mesmo, para quen tivemos, en cumprimento da nosa función e obriga, que analizar este expediente, pode alcanzar a cualificación de fantástico, de impropio dun estado de dereito como no que vivimos. Observando as contestacións do tribunal ás tímidas reclamacións presentadas por algunha das concursantes, á vista dos resultados, estamos máis convencidos aínda de que este concurso estaba resolto antes do seu final e que, algunha das persoas nomeadas funcionarias interinas, estaban designadas “de facto” antes do inicio do expediente.

Pero vivimos nun estado de dereito, como antes diciamos, e existen mecanismos para facer respectar os dereitos das persoas.

Dereitos fundamentais das persoas, recoñecidos pola Constitución e o ordenamento xurídico foron vulnerados neste proceso. Non se aplicaron as bases do concurso á hora de baremar os méritos aportados polas persoas concursantes. Desta maneira adquiriron a condición de funcionarios interinos persoas que non reunían requisitos necesarios e, foron rexeitadas outras que tiñan méritos suficientes. Rompeuse, polo tanto, o principio de igualdade e mérito no acceso á función pública. E iso queda demostrado no informe aportado polo departamento de réxime interior cando confirma que a aplicación das bases do concurso, nomeadamente a 6ª e a 7ª (valoración de méritos e entrevista), non teñen posibilidade de interpretación. Isto é, que os cursos de formación teñen que ser certificados por organismos oficiais, e explica que é e que se entende por organismo oficial, ou que a vida laboral se demostra con copia compulsada de contrato de traballo e, xunto con ela, por certificación da tesourería da Seguridade social, exclusivamente. Ou, en referencia a base 7ª, a referida a entrevista, e ás preguntas sobre coñecementos que nela se formularon, evidentemente fora de lugar nun concurso como este.

Estamos, pois, diante dun acto con graves vicios que, nos aspectos penais será a administración de xustiza quen teña que determinar as responsabilidades, como así decidimos en xaneiro, pero que, nos aspectos administrativos corresponde a este Pleno corrixir a situación.
Neste sentido propoñemos ao Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos:

1- Que se inicie a revisión de oficio da resolución deste expediente, consonte ás disposicións legais vixentes: Lei 30/92 de Réxime xurídico das administracións públicas e, Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado. E que se proceda a iniciar todos os trámites necesarios para a nulidade deste acto.

2- Que se declare lesivo para o interese público a resolución de nomeamento de funcionarios interinos deste concurso.

3- Que se proceda, no prazo máximo de dez días, á convocatoria urxente mediante oposición, das cinco prazas de auxiliares administrativos obxecto do concurso de interinaxe.


Cambre, 23 de febreiro de 2008
Categoría: Mocións - Publicado o 22-02-2008 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno ordinario 28 de febreiro 2008

Igrexa do Temple. A sensibilidade polo patrimonio



Hora: 20:30 no salón de sesións

Orde do día:

1º Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 31 de xaneiro de 2008

2º Proposta de formalización dun convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para a ampliación do CEIP do Graxal II

3º Mocións.

Moción para a “revisión de oficio” da resolución do tribunal cualificador do concurso de provisión de prazas de auxiliares administrativos de agosto de 2007.

Moción sobre a cesión da parcela para a ampliación do CEIP do Graxal

4º Informes da Alcaldía.

5º Rogos e preguntas.

Preguntas para o Pleno Ordinario e cc.ii.

Categoría: Plenos - Publicado o 22-02-2008 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Preocupación polo demora acumulada na obra da escola municipal de música
escola de música municipal de cambre
O grupo nacionalista de Cambre manifestou, a través dun comunicado aos medios, a súa preocupación pola demora acumulada na súa construcción


Segundo o contrato asinado coa empresa gañadora da subhasta, o 29 de xuño era a data de comezo das obras e en oito meses, o edificio tería que ser entregado”, manifestou o portavoz dos nacionalistas en Cambre, Xabier Iglesias, ao comprobar que a data de hoxe, case cumprido o prazo de remate, as obras están paralizadas e non se fixo máis que comezar. “Sabemos”, dixo,”que sempre hai dificultades ou contratempos non previstos. Que, as veces, imponderábeis non contemplados impiden o cumprimento dos prazos pero, neste caso, a situación chega a extremos inaceptábeis”. Referíase a que, a punto de cumprirse o prazo no que a obra tería que ser entregada non só non está rematada, senón que a empresa constructora retirou todos os seus medios técnicos da obra, cando só fixo os primeiros traballos.

Desde o BNG manifestouse unha grande preocupación porque o goberno municipal esquece as súas obrigas e parece dedicarse a outras misións que non teñen que ver co interese xeral. “Terán que explicar o porque de dedicar tanto tempo e esforzo a proxectos para favorecer a asociacións afíns de fora do municipio –en referencia á casa das ideas, ou das ocorrencias como a definiu o portavoz do BNG no último pleno- en vez de sacar adiante proxectos que estaban en marcha que contaban con financiamento asegurado e que, ademais, respondían á demanda da cidadanía de Cambre”.

Desde o BNG resaltan que este retraso acumulado non só priva dun equipamento necesario e que xa estaba programado, pon en perigo, ademais, unha parte substancial do seu financiamento. Os nacionalistas recordaron que unha parte importante da obra subvencionábase a través do Plan Proder, polo Grupo de Acción Local “Terra das Mariñas”. “Esta colaboración económica foi froito da nosa xestión á fronte da Área de Cultura no pasado Goberno e, está a punto de se perder, polo incumprimento dos prazos de execución de obra deste goberno”. Desde as filas nacionalistas tacharon de irresponsábel ao actual goberno municipal de Cambre, facendo un chamamento a traballar polos intereses da maioría e non polos de uns poucos.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 20 de febreiro de 2007
Categoría: Escola de Música - Publicado o 20-02-2008 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
O PSOE de Cambre permite un edificio de sete plantas nunha zona verde do Graxal
parcela no Graxal
Iso debe ser o que entende o Alcalde por “humanización do entorno urbano"



O BNG de Cambre denunciou mediante un comunicado de prensa a política urbanística do Alcalde socialista cambrés. Manifestaron, fontes nacionalistas, que non só non fai os deberes aos que se comprometeu, de sacar adiante o Plan Xeral, senón que as últimas medidas tomadas acrecentan o deterioro e o caos na ordenación existente.

Facían referencia á autorización, mediante un convenio urbanístico, a que se poda construír un edificio de sete plantas nunha zona cualificada como verde na actual normativa urbanística.
É un auténtico fraude e a demostración de que o Alcalde de Cambre está ao servizo de intereses particulares”, comentou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, facendo referencia a que non sabía que explicación lle ían dar desde o goberno local aos veciños que compraron as súas vivendas na rúa Álvaro Cunqueiro, na parte traseira do CEIP do Graxal, cando vexan que se levanta un edificio de sete plantas nun solar que estaba clasificado como zona verde. Iglesias manifestou, así mesmo, que este edificio deixará na sombra perpetua ao colexio, incluíndo a súa ampliación. “Isto é o que lle preocupan os nosos cativos ao Alcalde, condénaos a un inverno permanente”.

O portavoz do BNG, recordou que xa hai máis dun ano, en decembro de 2006, cando estaba á fronte da Área de goberno competente en educación, manifestou que a súa opción pasaba pola expropiación dos terreos necesarios para ampliación do colexio e polo mantemento das zonas verdes. “Curiosamente o Alcalde só se moveu para que os propietarios puideran sacar tallada da operación”, “parecía máis interesado que ninguén en que a compensación aos propietarios non foran só os pouco máis de 400.000€ nos que se valorou a parcela necesaria para a ampliación do colexio, había que meter ladrillo”. “Como se pode comprobar, o Alcalde e o seu goberno non entenden de saturación urbana, de falta de aparcamentos, de calidade de vida para a maioría”. Os nacionalista fixeron fincapé no paradoxal de estar, no pleno de hai tres días, escoitando as presuntas intencións de humanizar o Graxal cando na realidade se comproba como a pretensión é esgotar até o paroxismo as posibilidades de negocio duns poucos, sen importar os intereses da maioría e, o que é máis grave, dos nenos e nenas que verán como o colexio ficará na sombra permanente. A contumacia deste alcalde en encher de edificacións o Temple é enfermiza, denuncian desde o BNG.

Anunciaron que no vindeiro Pleno van presentar iniciativas, que agardan que conten co respaldo dos demais grupos, para que se volva atrás nese convenio urbanístico, para que se expropie a parcela necesaria para o Colexio e, para que se impida unha nova edificación nunha zona saturada. Sobre todo, dixeron, nunha zona verde.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,16 de febreiro de 2008
moción
Categoría: Urbanismo - Publicado o 17-02-2008 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
A precampaña electoral chega a Cambre


“Francisco Jorquera intervirá este xoves nun mitin do BNG”


Mañá xoves, dia 14 de febreiro, os nacionalistas de Cambre arrancan a súa carreira electoral neste municipio.

As 20,30 da tarde, no Centro Sociocultural do Graxal, na rúa Álvaro Cunqueiro, terá lugar o primeiro dos actos que o BNG cambrés organiza cara os comicios do 9 de marzo.

Neste acto, que será presentado polo portavoz municipal do BNG en Cambre, Xabier Iglesias, participarán ademais a candidata ao Senado, Avia González, e o candidato ao Congreso e concelleiro de Rehabilitación Urbana da Coruña, Mario López Rico.

A intervención principal deste acto preelectoral correrá a cargo do cabeza de lista para o Congreso dos deputados polo BNG, Francisco Jorquera, que explicará o labor desenvolvido en Madrid polo deputados nacionalistas e, as propostas para a nova lexislatura. Fará especial mención da importancia de contarmos cunha forte representación galega en Madrid para garantir a adecuada defensa dos intereses do noso territorio e da nosa xente.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,13 de febreiro de 2008

No Ideal Gallego:
O BNG avoga pola intermodal en San Diego como solución ao tráfico

Francisco Jorquera fixo acto de presenza en Cambre. Xunto a el estivo o portavoz local do BNG, Xabier Igrexas, que instou aos cambreses a votar ao Bloque para que salga adiante o proxecto da estación intermodal de San Diego e solucionar así o problema do transporte na área.

Candidaturas do BNG pola Coruña para o Congreso o Senado


CONGRESO DOS DIPUTAD@S


BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

1. Don Francisco Xesús Jorquera Caselas.
2. Doña Josefina Elvira Cienfuegos López.
3. Don Francisco Da Silva Bello.
4. Doña Maria Dominga Brión Sanmiguel.
5. Don Evencio Ferrero Rodríguez.
6. Doña María Socorro Cea Vázquez.
7. Don Mario Antonio López Rico.
8. Doña Mónica Góñez Silva.

Suplentes

1. Don Pablo Carlos López López.
2. Doña María Dolores Torrado Ares.
3. Don Manuel Castro Alonso.
4. Doña Mercedes Vidal Baamonde.
5. Don José Luís Novo Abraira.

SENADO

1. Don Xosé Bieito González Domínguez.
Suplente: Doña María Encarnación Muiño Fernández.
2. Doña Avia González Veira.
Suplente: Don José Manuel Tomé Fernández.
3. Doña Ana María Vérez Gómez.
Suplente: Don Xosé Ramón Farinós López.

Na provincia da Coruña foron 17 listas para o Congreso do Deputad@s e 23 listas para o Senado.

todas as listas

todas as listas
Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 12-02-2008 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario mércores 13 de Febreiro 2008
Día 13 de febreiro de 2008, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Sorteo para nomear os membros das mesas electorais nas vindeiras eleccións, segundo convocatoria efectuada por Real Decreto 33/2008, de 14 de xaneiro, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións

2º Proposta do concelleiro delegado da Área de Educación, Xuventude e Deportes de modificación, por erro material, da achega provincial para a execución do proxecto de obra do campo de herba artificial da Barcala

3º Proposta de cualificación como ben patrimonial dun terreo cedido ao Concello de Cambre para a ampliación do CEIP do Graxal II

4º Proposta de solicitude de axudas do Fondo FEDER 2007-2013 para proxectos de desenvolvemento local e urbano

Acta

Comisión inf. de educación,...

Comisión inf. de presidencia, ...
acta pleno
Categoría: Plenos - Publicado o 09-02-2008 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Malestar veciñal coas obras na Costa da Tapia
Obras costa da tapia

“As obras e o deseño da Costa da Tapia agravarán a mobilidade nesta vía ”


“Malestar veciñal diante das dificultades para os vehículos de emerxencia e pola saturación do tránsito"



Desde o grupo municipal do BNG de Cambre manifestouse a preocupación polo desenvolvemento das obras de reforma da costa da Tapia. Unha vez que comeza a tomar forma o deseño da travesía, os veciños e veciñas están moi preocupados polas solucións adoptadas. Refírense ao establecemento dunha enorme mediana que reduce as posibilidades de tránsito e, dificulta a circulación de vehículos de emerxencia. “Que vai pasar nos constantes atascos que se producen se un camión de bombeiros ou unha ambulancia quere atravesar esta vía?” comentaron os veciños aos membros do GM do BNG que na tarde de onte estiveron a comprobar o estado dos traballos. Pola súa parte, desde as filas nacionalistas, lembraron que son varios os servizos de emerxencia que teñen a súa base na propia costa da Tapia e que, constantemente, verán entorpecido o seu labor de velar pola seguridade da xente. Referíanse ao cuartel da Garda Civil e a Base de Protección civil de Cambre. Ademais do constante paso de ambulancias e outros servizos, como os bombeiros, ao non haber vías alternativas de circulación.

Para os nacionalistas o problema máis grave xa non é a eliminación de prazas de aparcamento, consecuencia dun desastroso deseño urbanístico e falla de previsión deste Alcalde, o peor é que non se resolve e se agravan as dificultades para a mobilidade dos vehículos de emerxencia. “Imaxinemos o que podería ocorrer diante dun escape de gas no barrio con esta rúa colapsada, e non é ciencia ficción, xa ocorreu hai un mes no paseo marítimo”.

As mesmas fontes do BNG de Cambre comentaron que o deseño escollido agravará os colapsos diarios desta travesía. Un vehículo avariado, un pequeno accidente, pecharán o carril de circulación e converterán nunha odisea atravesar esta rúa. “Con esta enorme mediana non quedará espazo para poderse apartar na espera dun guindastre ou, para deixar paso aos vehículos de emerxencia”.

Lembraron, os nacionalistas, que estes mesmos argumentos foron expostos por eles e por veciños do contorno nas asembleas realizadas no outono con responsábeis municipais. Prometeuse tomar nota e, agora vemos que “nada de nada. Un goberno que fai ouvidos xordos, non só ás demandas da poboación, tamén , o que é peor, aos aportes en positivo e construtivos que mellorarían o proxecto.”

Desde o BNG, recordaron, que está estrada se ten convertido nun punto neurálxico da actividade comercial e económica do contorno: bancos, cafeterías, tendas e un centro comercial moi frecuentado, que agora verán interrompido o fluxo de clientes que é a súa razón de ser.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 4 de febreiro de 2008
Categoría: O Temple - Publicado o 05-02-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas de subvencións
Axudas e subvencións públicas


Axudas á vivenda


Para consulta todas as axudas á vivenda na Consellería, tal como renda básica de emancipación, bolsas para o acceso ao aluguer, etc. (todas as axudas)


Consellería do Medio Rural


Convocatorias para o novo rural


ACCESO AO CONTRATO DE EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE

Medio Rural pon en marcha o Contrato de Explotación Sustentábel para que 10.000 explotacións apliquen sistemas produtivos viábeis e fixen poboación no rural

Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas para o fomento dos sistemas de producións agrarias sustentables a
través da implantación do contrato de explotación sustentable (CES).


A posta en valor do rural galego

Servizo Galego de Igualdade
axudas a vivenda
Categoría: Axudas e subvencións - Publicado o 04-02-2008 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Anteproxecto de da Lei de servizos sociais de Galiza
Na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar iniciouse a tramitación do anteproxecto da Lei de servizos sociais de Galicia. A demanda social e a incidencia do seu contido aconsellan a maior difusión para que sexan tidas en conta as opinións e alegacións achegadas polos interesados.

Resolución do 25 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se anuncia a apertura do trámite de información pública do anteproxecto da Lei de servizos sociais de Galiza

Prazo:sábado, 16 de febreiro de 2008


O texto íntegro do anteproxecto está publicado na páxina web da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=128
Vicepresidencia
Categoría: Benestar - Publicado o 04-02-2008 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Aprobada unha moción do BNG sobre accidentes na rede de gas

Lugar do accidente do gas no Graxal

“O concello elaborará un protocolo de actuacións para casos de accidentes na rede de gas”


“Esixirá responsabilidades sobre as neglixencias detectadas"


O BNG de Cambre expresou, mediante un comunicado, a súa satisfacción porque o Pleno municipal, na maratoniana sesión do pasado 31, tivese tempo de tratar e aprobar, por unanimidade, a moción nacionalista pola que se decidiron unha serie de actuacións que redundarán en mellorar a seguridade para veciños e veciñas.

O portavoz municipal do BNG manifestou que o texto aprobado inclúe unha dura crítica ao goberno local pero que, en todo caso, o importante foi que todos os grupos apoiaron a adopción de medidas que beneficiarán aos cidadáns e aos seus bens. “Agora ao que lle toca é ao Alcalde que está obrigado a impulsar as acción necesarias para que se cumpra o acordo plenario”. A reclamación de responsabilidades ás empresas actuantes, a esixencia dunha auditoría da rede de distribución de gas á empresa propietaria e, a elaboración de protocolos de actuación para casos de emerxencia son, en resumo, os acordos adoptados.

O portavoz nacionalista anunciou que serán rigorosos en comprobar que as medidas aprobadas se cumpran con eficacia e rapidez. “Saben que somos unha oposición seria e rigorosa, facemos propostas e damos alternativas boas para a xente, pero tamén somos e seremos firmes na esixencia de que se cumpran estes acordos”.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 2 de febreiro de 2008moción
Moción da rede do gas
Categoría: O Temple - Publicado o 02-02-2008 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Moción urxente polas irregularidades na contratación de 5 auxiliares administrativos no Concello de Cambre
Os grupos municipais do Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego, Esquerda Unida-Izquierda Unida e Partido Galeguista presentan unha moción conxunta

A moción foi aprobada por 14 votos a favor e 6 en contra, o concelleiro sr. Varela Tejedor non volveu ao pleno despois de ausentarse para o debate da súa compatibilidade co posto de xefe do gabinete no concello de Culleredo



MOCIÓN



A situación de alarma xerada polos indicios de malas prácticas e irregularidades en procedimentos de selección de persoal funcionario no concello de Cambre, baixo a responsabilidade do 1º tenente de Alcalde, D Javier Varela Tejedor, como concelleiro delegado de Presidencia, Planificación e Réxime Interior e, do Alcalde, D. Antonio Varela Saavedra, como xefe nato de persoal e, máximo responsábel do goberno, non foi debidamente esclarecida con motivo da comparecencia do Sr. Varela Tejedor á iniciativa dos grupos municipais do PP, BNG, EU e PG, no Pleno ordinario do concello de Cambre de 31 de xaneiro de 2008.

As preguntas e esixencia de explicacións dos diferentes grupos políticos non obtiveron respostas satisfactorias por parte dos responsábeis políticos citados. Antes ben, este debate en Pleno, só contribuíu a acrecentar e fortalecer as sospeitas de irregularidades e de vicios que, supuxeron unha vulneración dos dereitos das persoas que concursaron no proceso selección de auxiliares administrativos do pasado mes de agosto de 2007, na medida en que non se seguiron os principios de mérito e capacidade á hora da selección final.

Por estes motivos o Pleno do Concello de Cambre, despois de sometido a votación, aproba as seguintes resolucións:

1º Remitir unha copia do expediente completo deste proceso de selección de persoal ao Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Incluirá toda a documentación do expediente deste Pleno relacionada co asunto.

2º Remitir, así mesmo, outra copia ao Valedor do Pobo.

3º Encargar ao departamento de persoal do Concello de Cambre que emita un informe sobre os trámites, xestión e conclusión deste expediente de selección de persoal, que terá que ser entregado aos portavoces dos grupos municipais antes do seguinte Pleno Ordinario. Nunca despois do vindeiro xoves, 21 de febreiro. Neste informe daráselle especial atención a responder ás preguntas formuladas polos distintos GGMM nesta sesión plenaria.

4º Así mesmo, seralles remitida, Ao Fiscal e ao Valedor do Pobo, a acta deste pleno unha vez sexa aprobada




Cambre, 31 de xaneiro de 2008
Categoría: Mocións - Publicado o 01-02-2008 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal