POR UNHA MAREA GALEGA


A Escola de Música de Cambre xa está contratada

Cambre, 19 de abril 07. Hoxe correspondía abrir os sobres coas ofertas das empresas para contratar a Escola de Música, o procedemento de contratación é a subhasta e o tipo de licitación 630.551,54 euros. Asi quedaron as empresas na subhasta:

ESPINA HIDRÁULICAS, SA 557.912 euros

2º UTE ALVAC, SA - TEBYCON SA 573.508,36 euros

3º OGMIOS PROYECTO, SL 580.423 euros

4º ARIAS HERMANOS CONSTRUCCIONES, SA 595.739,04 e

5º SUSO FERNÁNDEZ, SL 629.290,44 euros

6º CONSTRUCCIONES LÓPEZ CAO, SL 630.551,54 euros



Cambre, 10 de abril. Rematou o prazo, 6 empresas presentaron as súas ofertas para a construción da Escola de Música.

O próximo xoves, 19 de abril, abriran as plicar, será as 12 h. no salón de Plenos.


Cambre, 28 de febreiro. Desde hoxe está publicado no DOP da Coruña a contratación para a Escola de Música de Cambre, a cal se vai facer no Souto (Sigrás), ao pé do local onde ensaia a Banda de Música Sementeira.

O presuposto ascende a 630.551,54 euros, dividida en súas anualidades:

2007: 400.000 euros
2008: 230.551,54 euros

Prazo presentación de ofertas: 10 de abril de 2007.

O prazo de execución será de 8 meses.

Anuncio no DOP da poxa para a obra Escola de Música de Cambre

Prego de cláusulas administrativas para a contratación mediante subhasta con procedemento aberto e tramitación ordinaria da obra “Escola de Música de Cambre”


Anuncio no DOGA


Anuncio rectificación

Prazo: 26 días naturais, ata o 10 de abril de 2007.

Rectificouse a clasificación do contratista, a clasificación exixible pasa a ser a correspondente ao grupo C, subgrupo 2, categoría d).

Comentario (0) - Categoría: Escola de Música - Publicado o 28-02-2007 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre os novos horarios e servizos ferroviarios de media distancia
Moción proposta polo BNG de Cambre e respaldada polos grupos municipais do PSOE, PP e BNG no Pleno Ordinario do 22 de febreiro de 2007.


O pasado 17 de xaneiro procedéuse á sinatura dun convenio entre RENFE e a Consellaría de Política Territorial, diante da presenza da Sra. Ministra de Fomento.
Este convenio contempla a subvención por parte do Goberno Galego ao operador ferroviario das liñas interiores de Galiza, consideradas deficitarias.

Queremos entender que a modificación de horarios se corresponde cun estudo técnico avaliado que indica mellores prestacións e conexións con outros servizos. En calquer caso o funcionamento na práctica nos indicará o acerto nestes cambios.
O aspecto non grato destes novos horarios aparece cando comprobamos como os servizos propostos non contemplan os apeadeiros do noso Concello nen siquera como “parada facultativa”. Referímonos concretamente ás unidades que fan o recorrido Ferrol-A Coruña nos horarios de partida das 9,08h. e das 18,08h., e os que fan no sentido A Coruña-Ferrol ás 7,23h. e ás 18,58h.
Da mesma maneira nos preocupa que os servizos realizados por unidades R-598 non esté claro que garantan a parada en Cambre, ao ser necesario a compra anticipada de billete.
Por outra banda, queremos insistir na necesaria difusíón e popularización do servizo ferroviario. Pensamos que só con boas e intensas campañas de información e promoción, acadaremos uns usos do ferrocarril que os convirta en non deficitarios e nunha demanda maioritaria da poboación. Neste aspecto o Concello de Cambre estaría disposto a colaborar no labor de difusión con todos os seus medios.

Neste sentido, conforme ás preocupacións expostas, o Pleno da Corporación municipal de Cambre diríxese á Dirección Xeral de RENFE e á Consellaría de Política Territorial solicitando:

1-Que se modifiquen as previsións dos novos horarios e servizos de media distancia que atravesan Cambre para que se contemple a parada facultativa nos dous apeadeiros do noso Concello ( Cambre e Cecebre) para todos eles.
2-Que se garanta, tamén, a parada facultativa, nos servizos cubertos por unidades R-598.
3-Que se aproveite o convenio asinado para facer unha forte campaña de difusión e información destes servizos que promova o uso do ferrocarril nos desplazamentos de proximidade como alternativa ao veículo particular.


Cambre, 23 de febreiro de 2007
Categoría: AVE - Publicado o 25-02-2007 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre rexeita o peche da Toxa en Culleredo
Moción da Corporación de Cambre rexeitando enéxicamente o peche da factoría da Toxa

Todos os grupos da Corporacíón aprobaron o 22 de febreiro unha moción na que manifestan: primeiro, que a decisión do grupo Henkel Ibérica de pecha as súas instalacións da fábrica da Toxa en Culleredo en ningún caso nos parece corecta, xa que bota por terra a ilusión e o traballo desenvolvido por todos os seus traballadores/as que ao longo destes útlimos 26 anos de traballo, esforzo e compromiso coa empresa fixeron posible os cambios tecnolóxicos e de fabricación propostos pola dirección ata facela eficiente e rendible. Todo isto sempre dentro dos mási estrictos canles de negociación entre traballadores e dirección, que convertiron á Toxa nunha das empresas modelo nas súas relacións laboreais, polo que se entende aínda menos a decisión de pechar este centro de traballo de xeito irreversibel. Rexietamos enerxicamente a incmpresible decisión adoptada. Segundo, que lamentamos que a decisión empresarial poña fin a unha das iniciativas de maior tradición industrial de Culleredo, 26 anos ddespois da súa implantación, e provoque a desaparición de 156 postos de traballo, xerando entre os afectados/as problemáticas familiares e sociais difícis de predicir.

ACORDOS:

1. Manifestarlle á dirección de Henkel Ibérica o nos rexitamento pola decisión adoptada de pechar o centro de traballo da Toxa sen ningunha razón lóxica desde o nos punto de vista.
2. Esixir de Henkel Ibérica o máximo esforzo na poroposta social para os traballadores/as –xa adoptada- e no seu compromiso de oferecer un plan de recolaciación no tecido industrial de Galiza ata o límite das súas posibilidades.
3. Esixir d eHenkel Ibérica a súa máxima colaboración en facilitar instalación para un novo proxecto infustrial que garanta a recolacación do maior posible de traballadores/as.

Cambre, 22 de febreiro de 2007.

Henkel non acepta ningunha das propostas dos traballadores de La Toja[GZnación / Redacción / 5 Mar 07]
Comentario (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2007 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas á vivenda
Para consulta todas as axudas á vivenda na Consellería, tal como renda básica de emancipación, bolsas para o acceso ao aluguer, etc. (todas as axudas)



Consellería de Vivenda e Solo
Consellería de Vivenda e Solo
todas as axudas
Comentario (0) - Categoría: Xuventude - Publicado o 19-02-2007 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os novos servizos e horarios de ferrocarril defraudan as espectativas en Cambre

Os dous novos servizos (dous en cada sentido) non pararán en Cambre e Cecebre


O BNG seguirá a ter iniciativas a prol do aumento e mellora do transporte ferroviario de cercanías


Os novos servizos e horarios que comenzan hoxe, domingo 18, foron calificados de "defraudantes" polo portavoz en Cambre e candidato nacionalista, Xabier Iglesias, considerando as espectativas que tiña xerado a sinatura do convenio entre RENFE e o Goberno Galego, quen subvenciona unha cantidade importante con diñeiro público.

"Non entendemos", comentou, "que se implanten dóus novos servizos en cada sentido e que non se comtemple a súa parada en Cambre e Cecebre, ademáis doutros apeadeiros do recorrido". Recordou que os trens que había -atá o día 17- , unicamente tiñan parada facultativa, e os novos, nin iso.

Non discutimos que o conxunto do novo programa teña aspectos positivos, nen queremos entrar en xuizos de intención polo de agora, pero a realidade é que non supoñen ningún tipo de avance para as comunicacións de proximidade por ferrocarril.

Manifestou que nun momento no que en Cambre se ten unha especial sensibilidade co transporte ferroviario de cercanias, que está a ser unha reivindicación central diante do proxecto de alta velocidade, esta "non é unha boa noticia". O BNG de Cambre agardaba que, tamén, RENFE se sumara a demanda social existente e que apostara forte polas cercanías pero, polo que se ve, non é así.

Con todo, o dirixente nacionalista, consideróu que hai ainda portas abertas e que "debemos depositar as esperenzas na presión que responsables políticos e institucionais e, o conxunto da sociedade, fagan sobre a empresa demandando a mellora real do tren". Neste sentido apuntou que o BNG de Cambre cursará iniciativas nos parlamentos galego e central, a través dos parlamentarios nacionalistas e que promoverán o posicionamento da corporación municipal de Cambre na mesma liña.

Apuntou que estas iniciativas non se deben demorar, tendo en conta que un compromiso de RENFE, neste convenio, é presentar, antes do verán, un estudio de "mobilidade e demanda" para concluir da viavilidade dos servizos de media distancia en Galiza.

Así, indicou, que RENFE debe facer un esforzo especial na información e divulgación dos novos horarios, non só nas grandes cabeceiras senón tamén en todos os puntos intermedios que poden utilizar o ferrocarril. Que se trata de que ademáis de ter bons servizos, os cidadáns os coñezan para poderen utilizalos.

Rematóu insistindo en que o tren de cercanías é unha cuestión estratéxica para o futuro de toda a nosa comarca metropolitana, coas estradas colapsadas e un parque automobilístico en crecimento desbordado.

Noticia no Metropolitano

Francisco Rodríguez aposta por crear unha compañía autonómica de ferrocarrís se Renfe descoida os servizos ferroviarios internos

Ferrocarril eléctrico vs. AVE

ADEGA demanda que os investimentos para o tren servan para mellorar as vías actuais e os cercanías
Comentario (0) - Categoría: AVE - Publicado o 19-02-2007 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Moción de apoio ao plano da Consellaría de Industria para o estaleiro de Fene
O BNG presentará mocións de apoio ao plano da Consellaría de Industria para o estaleiro de Fene en todos os concellos galegos

Os grupos municipais do BNG presentarán mocións de apoio ao Plano da Consellaría de Innovación e Industria para ceder os activos en desuso do estaleiro Navantia Fene á iniciativa privada e facilitar a creación de aproximadamente 3.000 postos de traballo na comarca de Ferrolterra.

Instarán ao Estado a “adoptar as medidas precisas que permitan que parte dos activos que no pasado perteñeceron a Astano en Fene poidan ser desafectados pola SEPI e dedicados á construción naval convencional no ámbito civil”

Moción de apoio ao Plano do Naval

PSOE e IU votan en contra da moción do BNG sobre a volta de Navantia-Fene á construción civil

Rodríguez enfatizou que “a nosa é unha proposta contra a pasividade, o despilfarro, a inactividade e a perda de cualificación dun asteleiro con grande experiencia histórica”

Madrid, 27 Febreiro 07. O Pleno do Congreso dos Deputados rexeitou a moción do BNG sobre Navantia-Fene ao receber 155 votos en contra e 146 votos a favor. Os votos en contra corresponden ás bancadas do PSOE e IU. Eso si, Rodríguez logrou o apoio dos demáis grupos parlamentares: PP, CIU, CC, PNV e ERC [...]
Máis información
Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2007 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG de Cambre presenta alegacións ao trazado de alta velocidade
BNG de Cambre presenta alegacións ao trazado de alta velocidade proposto entre A Coruña e Betanzos.



Manter o actual camiño de ferro é a garantia do futuro tren de proximidade metropolitano.

O portavoz da organización nacionalista e candidato á Alcaldía por esta formación, Xabier Iglesias, presentou esta tarde o documento de alegacións e suxestións ao "estudio informativo do tramo Coruña-Betanzos" que hoxe remata o seu periodo de exposición pública.

Aproveitou a presentación para facer un balance do acontecido este último mes, desde quese coñeceu o proxecto. Considerou como exemplar a resposta cidadá en Cambre, o alto número de alegacións e sinaturas recollidas, a mobilización e concienciación atestiguada nas numerosas asembleas informativas e na concentración do pasado domingo e o alto nivel de compromiso da poboación na posta en valor do territorio.

Destacou, asi mesmo, o espíritu unitario acadado entre as forzas políticas representativas e o consenso nas analises e alternativas. O respaldo unánime do Pleno Municipal ao documento presentado onte, foi boa proba. Só lamentou que "nalgún momento ao representante do PP puidéronlle as presas e confundíu o mes que estamos co mes de maio", referíndose aos intentos desa forza política por tirar rendimentos eleitorais "dunha cuestión que só debe suscitar unanimidade e estar codo a codo cos veciños".

Iglesias explicou que o documento de alegacións que presenta en nome do BNG pretende ir máis aló dunha crítica a un proxecto concreto, "pretendemos que se entenda como un conxunto de suxestións que buscan unha mellor alternativa para Cambre e para o conxunto da Comarca Coruñesa". "Parécenos da maior importancia que se manteña o actual trazado ferroviario como base do futuro tren de proximidade comarcal, das cercanías", comentou, e que de ser necesarios novos trazados para outros modelos ferroviarios, estos deben buscarse no consenso e na información transparente cos concellos afectados.
Para o BNG de Cambre calquera nova proposta debe ter en conta e garantir a permanencia de espazos de alto valor e que ademáis son insustituíbeis. Algúns deles, como a Fraga, de recoñecimento internacional.

Anunciou, tamén, que dentro das propostas programáticas de goberno para as vindeiras eleccións, o BNG apostará por blindar o territorio, aumentando e mellorando as proteccións medioambientais existentes. "Propoñémonos como a máxima prioridade tramitar o Plan Xeral para rematar coa incertidume e inseguridade e, como garantía de protección do noso territorio contra ocurrencias como esta".

Por último, insistiu, en que ao BNG de Cambre atoparáselle sempre na liña de procurar solucións boas para todos, na firmeza defendendo o patrimonio comun e na aposta polo diálogo institucional e social como método.
Estudo informativo
Comentario (0) - Categoría: AVE - Publicado o 16-02-2007 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Alegacións e suxerencias do BNG de Cambre ao trazado do Tren de Alta Velocidade por Cambre

Alegacións e suxerencias do Bloque Nacionalista Galego de Cambre ao documento de de informativo do “Eixe Atlántico de Alta Velocidade. Tramo A Coruña – Betanzos”

ALEGACIÓNS


O trazado proposto no territorio do Concello de Cambre, presenta unha serie de inconvenientes, erros e omisións en datos fundamentais, en calquera das dúas novas variantes( A e B) que se deben ter en conta á hora de avaliar o proxecto.

Aspectos urbanísticos e de ordenación do territorio

A utilización dunha cartografía non actualizada para realizar a avaliación das diferentes variantes, provoca que os datos de vivendas e propiedades afectadas non sexa o real. Hai que engadir, ademáis, que algunhas parcelas non edificadas contan con licencias urbanísticas aprobadas. O manexo destes datos sen actualizar da lugar a que, na avaliación final das diferentes alternativas, as conclusións sexan erróneas. A valoración económica referida aos custos de proxecto, no que atinxe a expropiacións e indemnizacións non se corresponde coa realidade actual e, polo tanto, debería anular as conclusións do informativo e, cando menos, obrigar a unha nova fase de reelaboración do .

En canto aos criterios de carácter urbanístico, clasificacións do solo, previsións de ordenación territorial, etc, coidamos que se deben ter en conta os mesmos parámetros de medida nos diferentes territorios que atravesa o trazado. Así, o mesmo que se teñen en conta as previsións de desenvolvemento urbanístico na beira da ría, nomeadamente na Coruña pero tamén en Culleredo, e que constituen, ademáis, un dos sustentos argumentais máis importantes para xustificar o cambio da alternativa da costa polo da saída por Uxes, entendemos que eses criterios, os que teñen que ver coas previsións urbanísticas e as proteccións medioambientais, deben funcionar, tamén, no resto dos recorridos propostos. Así, as mencións ao planeamento urbanístico do Concello de Cambre considerámolas escasas e só referenciais. Non se teñen en conta, por exemplo, as clasificacións de solos de protección vixentes nas Normas subsidiarias do 94 e a súa continuidade nas propostas de PXOUM, actualmente en tramitación. Non se teñen en conta, tampouco, as clasificacións urbanas dos núcleos que atravesa e, por suposto, que esas clasificacións de zonas urbanas se consolidan e, mesmo, amplian, na proposta de PXOUM en tramitación.

Por outra parte, entendemos, que non se ten en consideración o efecto barreira que esta infraestrutura supón na estrutura territorial deste Concello. Ademáis dos efectos locais, referidos aos lugares concretos do trazado, débese ter en conta o impacto sobre o conxunto do territorio municipal. Neste sentido resulta evidente que supoñerá un corte no territorio, de lado a lado, acrecentado polas características técnicas e construtivas deste tipo de infraestruturas. Taludes e trincheiras, viaductos, estrutura impermeábel, comunicacións cortadas e imposibilidade de creación doutras novas, etc. Crea ademáis unha liña de separación co sur do territorio municipal de difícil solución futura.

Dentro das previsión do planeamento que afectan ao territorio de Cambre, resúltanos sorprendente, non se atenden a proxectos en curso de iniciativa supramunicipal. Está aprobado o Plano Viario Comarcal por parte da Consellaría de Política Territorial da Xunta de Galiza e, dentro deste macro proxecto de ordenación das comunicacións está incluida a vía Ártabra. Esta vía aprobada non se ten en consideración na proposta de trazado ferroviario en exposión pública. Esta sitación da lugar a unha colisión de proxectos ao coincidir os dous trazados.

Nestea orde de cousas, non se teñen en conta, tampouco, as obras de rexeneración ambiental e acondicionamento hidráulico que se están a ultimar nas ribeiras do Río Mero. Estas obras están suxeitas a unha declaración de “interés xeral” polo Consello de Ministros e, están a ser executadas polo Ministerio de Medio Ambiente através da Confederación hidrográfica del Norte e financiado con fondos estruturais. Unha das variantes, a A, ten un recorrido superposto sobre as actuacións en marcha e, calquera das dúas, atravesa o Río, coincidindo ademáis coa Vía Ártabra.

Concluimos este apartado sinalando que existen, ao noso entender, carencias importantes nos datos manexados sobre a realidade urbanística do Concello de Cambre e sobre o conxunto metropolitano, Isto dá lugar a unha diagnose insuficiente e, polo tanto, a unhas conclusións equivocadas sobre o impacto da proposta no territorio. Destacamos que parte destes desaxustes poderían terse evitado, e aínda estamos a tempo, establecendo un proceso de comunicación e información bidireccional coas institucións implicadas, neste caso co Concello de cambre.

Aspectos Medio ambientais e paisaxísticos

A comarca metropolitana da Coruña e os seus concellos en e os seus concellos están sometidos a uns índices de presión urbanística e ocupación do territorio moi elevados. Nos últimos anos estase a crear unha nova conciencia, tanto na sociedade como nas súas institucións representativas, que camiña cara un ordenamento racional na ocupación do territorio e cara a preservar espazos con especiais valores desde o punto de vista da paisaxe, do medioambiente e do patrimonio. Nesta liña, que é ademáis a que defenden e proclaman os máximos responsabeis dos gobernos central e autonómico, está tamén o Concello de Cambre, o seu goberno, todos os partidos políticos representados e o mivemento cidadán de todo tipo. Precisamente atendendo a este tipo de razonamentos as políticas de urbanismo e de infraestruturas collen cada vez máis un cariz proteccionista e conservador, buscando alternativas para o progreso que non menoscaben os valores que ainda perduran.
Por iso pódennos parecer adecuados os argumentos de defensa do litoral, cando no informativo se trata do tramo que afecta á ría, pero non entendemos como non se utiliza esa mesma vara de medir cando doutros tramos se trata. E ademáis co agravante de que non se teñen en conta o que xa son, por normativa en vigor, espazos protexidos. Referímonos concretamente a tres espazos do Concello de Cambre que figuran catalogados como de especial proteccíón, medioambiental, paisaxística e patrimonial. Son estes a Fraga de Cecebre, a zona húmida da Telleira paralela ao Rego de San Benito, afluente do Río Mero, e, ás ribeiras do Mero. É vontade da sociedade cambresa e dos seus representantes manter estas proteccións e, mesmo, aumentalas en futuras figuras de planeamento. Están así recollidas nas Normas subsidiarias de planeamento vixentes para garantir o disfrute presente e polas futuras xeracións de Cambre, e da comarca, e, están recollidas nalgún caso (o da Fraga de Cecebre) dentro do catálogo de espazos protexidos como ben de interés cultural, na Lei de patrimonio Cultural de Galiza, tal como reolle a súa disposición adicional segunda.

Non facer cita destas clasificacións recollidas na norma vixente invalida, novamente, a certeza dunha diagnose e, outra vez, as conclusións sobre impactos causados e a valoración das diferentes opcións. Seguramente calificacións como as que aparecen no tomo de estudio de impacto ambiental sobre a Fraga de Cecebre, definíndoa como “unha masa de pinos e eucaliptos”, son froito dun erro. Pero este erro provoca unha nova equivocación engadida nas conclusións plantexadas. De querer actuar con rigor científico e técnico debería replantexarse o estudio e correxer estes datos imcompletos.

Aspectos de comunicación e accesibilidade. O tren de proximidade.

Un dos aspectos que máis nos preocupa, despois de atender aos territoriais, sociais e medioambientais, é o da situación actual e futura das comunicacións na comarca, nomeadamente as ferroviairias.
Precisamente encontrarnos en varios lugares do texto do estudio informativo con afirmacións e argumentacións no sentido de liberar os espazos ocupados polo ferrocarril existente, por iniciar a súa desafectación para uso ferroviario engade un punto de preocupación á problematica causada pola proposta de novo trazado. Isto vese confirmado ao topar no plano M-1 coa proposta de levantamento do trazado ferroviario actual entre Casablanca-a Coruña e Guísamo-Bergondo.

O que se propón neste estudio informativo pasa a constituir unha alternativa enfrontada enon complementar do actual servizo ferroviario.
Non é aceptábel e cremos que debe ser reconsiderado polos técnicos redactores e polos responsábeis políticos que se nos esté a propoñer a desaparición de calquer posibilidade de instaurar un ferrocarril de proximidade no noso entorno metropolitano. Consideramos que estas argumentacións e propostas gráficas – as que levan á desaparición da via actual- deben ser retiradas do estudio. Somos conscientes da complexidade en crear o ferrocarril de proximidade, como existe en moitas cidades do Estado, pero de ir adiante a proposta formulada faríao de todo punto inviábel.
O ferrocarril actual, coa conexión en San Diego, atravesa algunha das zonas máis poboadas e que máis circulacións producen nesta comarca. Por non ir máis lonxe entre Betanzos e A Coruña podería supoñer a absorción de miles de desprazamentos entre diferentes concellos e, sobre todo coa Coruña. Comunicaría ademáis servizos públicos de grande densidade de uso como o complexo hospitalario Juán Canalejo ou a Universade.
A mellora deste trazado, doble vía, electrificación, posta en valor de apeadeiros e creación doutros novos, establecimento de aparcamentos disuasorios e de intermodalidade nalgun punto do recorrido,..., é por onde pensamos que debe ir o futuro da comunicación por ferrocarril e por onde se poden mellorar e acortar tempos na comunicación Coruña-Ferrol e a súa conexión co Eixo Atlantico, a Alta Velocidade a Madrid e co corredor Cantábrico.

Cambre, 16 de febreiro de 2007.
Estudo informativo
Categoría: AVE - Publicado o 16-02-2007 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Rede Galega de Locais de Ensaio
O Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, explica que esta iniciativa trata non só de fomentar a cultura galega, senón tamén de “poñer en práctica actividades de ocio alternativo entre os mozos e mozas”. Outro dos obxectivos, engade Cela, “é dotar de medios e mecanismos á mocidade para que sexa ela, con total liberdade, quen decida que quere facer”, sen “paternalismos”.


Decreto 16/2007, do 1 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude.

DOGA 13 de febreiro de 2007 en PDF
No DOGA
Comentario (2) - Categoría: Música - Publicado o 13-02-2007 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Periocidade Plenos Ordinarios

Plenos Ordinarios:

Todos os últimos xoves de mes, ás 20:30 horas. Se o citado día fora inhábil, terán lugar o seguinte día hábil á mesma hora.

Cambre, 13de xullo de 2007

Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 13-02-2007 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concetración en Cambre: Non ao trazado do AVE. Tren de cercanías XA
CONCENTRACIÓN

Domingo 11 de febreiro,
ás 12 horas
no Campo da Feira de Cambre

NON AO TRAZADO DO AVE
TREN DE CERCANÍAS XA


Convoca:
-A Corporación Municipal
-As Asociacións Veciñais
id

Concello de Cambre
Comentario (3) - Categoría: AVE - Publicado o 09-02-2007 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG de Cambre apoia a concentración contra a proposta de trazado do AVE polo territorío municipal

O BNG de Cambre apoia a concentración contra a proposta de trazado do AVE polo territorío municipal.

Considera que o urxente é a posta en marcha do ferrocarril de cercanías polo viario existente.


O BNG quere declarar o seu apoio á convocatoria de concentración do vindeiro domingo en Cambre. Felícita as forzas políticas con representación na Corporación pola unanimidade acadada e considera que este é o bon camiño para, entre todos, variar unha proposta de trazado lesiva para o Concello.

Anima a veciñas e veciños a acudir a esta convocatoria e a respaldar coa súa presenza, outras alternativas, non necesariamente agresivas co territorio, que se poden adoptar.

Recorda que desde hai moitos anos teñen insistido, unha e outra vez, en que a modernización, posta en valor e dotación orzamentaria do camiño de ferro esistente é a alternativa que pode dar saída á actual saturación e colapso do transporte e tránsito de persoas na comarca metropolitana da Coruña. Que, precisamente, un dos eixos desta convocatoria e da oposición á proposta de novo trazado, é que leva consigo o levantamento da via actual entre Casablanca, na Coruña e Guísamo en Bergondo. E que isto supoñería o golpe definitivo ás posibilidades de tren de proximidade. Deixaría fora a Culleredo, Cambre e Bergondo cando o que se debe facer e potenciar os apeadeiros e estacións existentes e, mesmo, crear outras novas.

Desde o BNG de Cambre manifestáse, ademáis, que o nivel de destrucción e afectación ao que se sometería a Cambre é desde todos os puntos de vista inaceptábel e inasumíbel.
A destrucción de vivendas, a ruptura de tres núcleos de poboación, a ocupación de zonas de alto valor medio ambiental, protexidas nas normas urbanísticas municipais, e, a irrupción na Fraga de Cecebre, protexida medio ambiental e culturalmente, é un prezo que os veciños de Cambre e os seus representantes non están dispostos a pagar.
Comentario (1) - Categoría: AVE - Publicado o 09-02-2007 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
O AVE que nos ven

Esta mañá estiven na Fraga, na de Cecebre. Recoméndolles a visita. A quen a coñeza porqué sabe que ten sempre un andar gratificante, a quen non, porqué xa lle quedan poucas oportunidades,..., se non o remediamos.

¿Que nos pasa en Cambre? ¿É que temos a sorte de costas? O estudio informativo sobre o trazado do AVE (A Coruña-Betanzos) veu cubrir de nubarróns un panorama que empezaba a clarear. Sí, se non o remediamos, porqué pouco vai quedar para preservar. Non sei quen, nen onde, inventaron esta proposta pero desde logo non se esforzaron. Ou sí?

Din que en 12 minutos, doce, chegarase da Coruña a Betanzos. Non dicen, que nese intervalo, non dará tempo a enteirarse de que no recorrido, "en aquel tempo", había un val, o do Rego de San Benito, había un corredor fluvial recuperado, o do Río Mero, había unha fraga (a Fraga), a de Cecebre, a de Wenceslao, a de Dygra Films.
Pode, é certo e o apoio, que o AVE sexa unha reclamación de todos. Que se retrasos, que se discriminación, que se dilacións,..., pero, é que temos que tragar con calquer modelo? Nunha mesa de debuxo dun consulting de Madrid (digo o de Mad rid como símbolo, non dubido da capacitación técnica), ou de calquer outro sitio, encargáronlles un estudio e ...zas¡, a liña recta como recurso. Que importa que nos carguemos o patrimonio da paisaxe, o patrimonio ambiental,..., que importa que, aínda hoxe, estemos a gastar varios millóns de euros na rexeneración do Mero. Mañán metémoslle un viaducto do AVE por riba e que se amolen os parrulos.

Non semella moi coerente: hoxe recuperamos e mañá destruimos. Total, somos os Deuses de/o Fomento. Nin tan siquer temos que dar explicacións. E ademáis boa parte dos cartos veñen de Europa e...nin se enteiran.
Os trenes de hoxe poden chegar a Betanzos (desde A Coruña parada en Cambre incluida) en pouco máis de 20 minutos. Iso de habelos, porqué non os hai. Non temos ferrocarril de cercanías e están pensando en mandarnos á Lúa en cohete. Aínda por riba cuns costes de vergoña para o noso territorio.

E hai alternativas, sempre as hai desde Cambre cando se trata do interés xeral. E sobre todo desde a opción que represento, desde o BNG. E hainas ben sinxelas, ou ben complexas pero non imposibeis. Xa esiste un corredor de transporte entre A Coruña-Betanzos-Ferrol-Madrid. Usémolo. Se ao final, a conexión do AVE se fai desde Uxes, poprqué non utilizar a autoestrada A-6. Trataríase de aumentar un pouco a afectación que xa esiste pero, por trazado, por investimento e por rapidez, estou seguro que a comparativa sería favorábel.

Traballemos nesa idea, aunemos esforzos e seguro que teremos AVE. Pero tamén teremos paxaros na Fraga, disfrutaremos dun recuperado Río Mero e iremos, aló polo 25 de xullo, á romaría de San Bieito pola ribeira dun regato que aínda conserva as esencias do que foi o meu concello non hai tantos anos. E que temos, todos e todas, a obriga de preservar para o futuro.

Xabier Iglesias
Concelleiro de Cultura de Cambre e candidato á Alcaldía polo BNG
Cambre, 16 de xaneiro de 2007
Comentario (4) - Categoría: AVE - Publicado o 06-02-2007 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas de asistencia a comedores, acción de apoio para conciliar a vida familiar e laboral
A conciliación da vida laboral e familiar é un
obxectivo prioritario do goberno de Cambre
neste período. Nesta liña están as axudas de
asistencia a comedores que vos presentamos.
Con elas ademais, queremos dar un novo paso
no aumento da calidade da nosa educación pública.
Para que sexa competitiva e axude a que os
nosos estudiantes encontren en Cambre todo o
necesario. Sempre aberto ás novas suxestións e
coa intención de mellorar cada día.

OBXECTIVO
Convocatoria pública, do Concello de Cambre
para a concesión de axudas para a asistencia a
comedores escolares curso 2006/2007. É unha
acción de apoio para conciliar a vida familiar e
laboral.

DESTINATARIOS
Familias con nenos e/ou nenas que acudan ao
comedor escolar dos centros escolares públicos
no municipio de Cambre de segundo ciclo de
Educación Infantíl e Educación Primaria.
Quedan excluídos os alumnos e alumnas do CEIP
Wenceslao Fernández Flórez, bolseiros da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
da Xunta de Galicia, e que teñan subvención a través
dos Servizos Sociais do Concello
de Cambre para o mesmo obxecto. O número de
axudas de comedor para o curso escolar estará
supeditado ás prazas de comedor dispoñibles
de cada centro escolar.

PRAZO
• O prazo de presentación é do 9 ao 28 de
Febreiro DE 2007.

IMPORTE DA AXUDA
. O importe da axuda é de 0,75 euros ao día. O
importe total de axuda será o resultante do
número de días que o alumno/a acuda ao
comedor.

Conciliando a vida familiar e laboral,
Mellorando a Calidade do Ensino Público
Anuncio DOP
Máis información
Comentario (0) - Categoría: Educación - Publicado o 06-02-2007 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Aymerich fai pública en Cambre a proposición non de lei en defensa dos espazos naturais do Concello

Cambre, 2 de febreiro de 2007
Acompañado do portavoz municipal e candidato á Alcaldía, manifestan a posición do BNG, contraria á desaparición do actual trazado ferroviario.

Continuando a ofensiva política e institucional do BNG de Cambre perante a proposta de novo trazado ferroviario, esta mañá, o Deputado e portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, cursou unha visita de traballo ao Concello de Cambre. Acompañado polo responsabel local do BNG ecandidato á Alcaldía, Xabier Iglesias, e outros membros do BNG de Cambre, realizou un percorrido polas zonas que quedarían afectadas polo trazado de tren de alta velocidade proposto desde o Ministerio de Fomento.

A visita comenzou no lugar de Pontido-Sigrás, por onde entraría a liña desde Culleredo. A continuación a comitiva transladouse aos lugares próximos ao río Mero, concretamente á zona protexida da telleira, entre Meixigo, Sigrás e Cambre, e á zona onde se están a ultimar os traballos de recuperación medioambiental nas ribeiras do Mero. De seguido foi a zona de Piñeiro, na parroquia de Brexo, para rematar en Cecebre, nos lugares de Sobreguexe, no entorno da igrexa, e, por último, na Fraga onde tivo lugar unha comparecencia perante os medios de comunicación.

En plena Fraga, Aymerich e Iglesias explicaron a posición do BNG e presentaron a iniciativa parlamentar, asinada por Carlos Aymerich, na que se insta ao Goberno Galego a exercer as súas competencias en defensa do territorio, das zonas protexidas e das infraestruturas existentes.
Así, a proposición non de lei, insta a actuar en defensa dos lugares de Cambre que resultarían gravemente afectados de ser aprobado o proxecto. A zona húmeda da telleria, a ribeira do Mero e, atendendo aos seus valores patrimoniais, a Fraga de Cecebre. Lugares, todos eles, que figuran protexidos dentro das normas urbanísticas municipais e que, no caso de Cecebre, a súa protección está, por lei, recollida na normativa da lei de patrimonio cultural de Galiza. Cuestións que, denunciaron, non se tiveron en conta polos redactores do estudio.
Avanzaron que a posición da Consellaría de Cultura será firme na defensa deste espazo protexido e que, agardan, que esa mesma postura sexa a mantida plo resto das Consellarías relacionadas.
Ademáis, a proposición non de lei, incide nun segundo aspecto de grande importancia para o futuro desta comarca. Refírese á propostade levantamento das vías actuais entre Casablanca-a Coruña e Guísamo-Bergondo. Proposta que estragaría calquer posibilidade de poder contar no futuro cun transporte ferroviario de cercanías, tal como desde o BNG vimos reclamando desde hai anos. Ínstase ao goberno galego a que actue para impedir este levantamento e que se impulse o ferrocarril de cercanías.



PROPOSICIÓN NON DE LEI
Comentario (0) - Categoría: AVE - Publicado o 04-02-2007 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Información sobre o trazado do AVE de Betanzos – A Coruña
Concello de CambreInformación pública

Está a disposición do todo o mundo o documento completo do Estudo informativo e de impacto ambiental do trazado do AVE na páxina web do Concello de Cambre para toda aquela persoa que queira consulta. Web Concello de Cambre

Atención @s veciñ@s
Por outra parte, o Grupo Municipal do BNG de Cambre está a disposición de todos os veciños e veciñas nas oficinas de Cultura do Concello de Cambre para tratar este asunto e impedir o trazado do AVE polo Concello.

En canto a nosa posición, que xa fixemos público, despois dunha reunión do Consello Local e que continuaremos estudando desde a propia organización e xuntos cos veciños e veciñas que os desexen. De maneir breve expoñemos as nosas primeiras propostas de actuación:

* Solicitar a convocatoria dun Pleno extraordinario da Corporación para pronunciarse en contra do trazado e para tomar todas as medidas necesarias para brindar e protexer o noso territorio deste enorme agresión.
* Promover o inicio de expedientes urxentes de clasificación de protección ás áreas máis afectadas, nomeadamente ao Río Mero e á Fraga de Cecebre, para conservar este patrimonio para toda a humanidade.
* Defender o trazado actual para transporte de cercanías. Non podemos permitir a supresión do camiño de ferro, nin quedar prividados do transporte de tren de cercanías tan necesario para a poboación da Comarca.
* Promover a celebración dunha mobilización festival en Cambre e todas as que sexan necesarias para presionar a FOMENTA para que retire este monstruoso tranzado ao seu paso por Cambre.
* Preparar alegacións.
* Apoiar e solidarizarse cos veciños afectados.
* Estender a información deste proxecto á toda a sociedade, grupos ecoloxistas, etc.

MOBILÍZATE, ÍMOLO CONSEGUIR!!
Web Concello de Cambre
Categoría: AVE - Publicado o 01-02-2007 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal