Para cando a rexeneración integral da Ría do Burgo?

Continuamos sen ver o horizonte para a rexeneración integral da Ría do Burgo

En resposta a unha pregunta do deputado do BNG, Francisco Jorquera, sobre a rexeneración integral da Ría do Burgo, o Goberno de España responde que é imposible realizar a obra e executar a partida orzamentaria especifica mentras non se eliminen totalmente os verquidos á Ría e que a Xunta de Galiza elabore o proxecto de tratamento dos residuos, que son competencia da Xunta.



letra capital

Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 18-12-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario con Carácter Supletorio, 21 de decembro de 2009

letra capital

Toma de posesión como concelleira do Concello de Cambre de dona Mª Ángeles Míguez Mouzo, polo PSdeG-PSOE

Proposta de recoñecemento de obrigas de exercicios anteriores, expediente número 2/2009

Rogos e preguntas

Mocións

Informes da Alcaldía

Rogos e preguntas

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día:.

Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 24 de setembro, sesión ordinaria do día 29 de outubro e sesión extraordinaria do día 20 de novembro de 2009

Proposta de resolución de alegacións presentadas á aprobacion provisional para o exercicio 2010 e seguintes, da imposición e ordenación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, polas empresas subministradoras de servizos de telefonía mobil e da aprobacion provisional da ordenanza fiscal numero 21 reguladora desta taxa, e aprobación definitiva da imposición e ordenación da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local polas empresas subministradoras de servizos de telefonía móbil e da taxa por aproveitamento especial da vía pública con caixeiros automáticos, adosados aos edificios e con acceso directo dende a vía pública, así como das ordenanzas fiscais números 21 e 22 reguladoras das devanditas taxas.

Categoría: Plenos - Publicado o 17-12-2009 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Busca de emprego
PORTAIS DE EMPREGO

EN CAMBRE (+)´
PORTAL DE EMPREGO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO
EN ARTEIXO (+)
www.cimo.org
galiciaempleo.net
No blog Enfermaría Galega Integral
BUSCAR TRABALLO.

Acceda á información e aos servizos para conseguir un emprego, tanto nas Administracións Públicas como no sector privado

Indicadores do mercado laboral



Categoría: EMPREGO - Publicado o 17-12-2009 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello reclamará formalmente a Audasa que repare os peches da AP-9 en mal estado


letra capital


O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, percorreu xunto á asociación de veciños da parroquia de Pravio, a que asume en Cambre a maior parte de quilómetros da autoestrada, o estado dos peches. O edil comprobou que nalgúns dos puntos “a rede está totalmente rota e son perfectamente accesíbeis para animais e persoas”.

letra capital

O nacionalista recorda os incidentes ocorridos nos últimos tempos como a falta de limpeza que provocou a propagación de incendios ou os accidentes por placas de xeo sucedidos hai dous anos.

Ademais do deficiente estado do valado, Iglesias denuncia a existencia de maleza que invade a contorna da AP-9. Así mesmo, algúns dos tramos que lindan con camiños locais, a reixa está reforzada con arame de espiños completamente oxidado, o que podería danar a calquera
viandante. “O que hai que facer é manter a autoestrada en bo estado e coidada, limpa de maleza e cos valados enteiros. O que non se pode consentir é que se recorra a arames de espiño”, expresa.






Iglesias percorreu cos veciños de Pravio a contorna da autoestrada e achou unha ducia de puntos co valo roto

Cambre, 15 de decembro de 2009.-

O Concello de Cambre esixirá á concesionaria da autoestrada AP-9 a reparación inmediata dos puntos onde o peche presenta danos. O goberno local toma a decisión unha vez que na mañá de hoxe a existencia dunha ducia de lugares co valo roto, por onde os animais dispoñen dunha entrada libre á calzada.

O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, alerta do perigo de non garantir o acceso controlado á estrada, como o demostra o accidente provocado polas vacas que entraron na madrugada do domingo por un dos lugares rotos do valo. Por iso, o goberno local cambrés trasladará ao Ministerio de Fomento a solicitude formal que se remitirá a Audasa para que actúe en todo o tramo municipal da AP-9 e nas dúas marxes. “Mañá mesmo encargarei a redacción dá reclamación”, anuncia.

Iglesias mostrouse “indignado” por que a concesionaria do servizo tratase de culpar ao propietario dos animais do incidente. “Como puiden comprobar, esta persoa tiña arranxado tramos do valado de Audasa que lindan cos seus prados”, revela.

Para o concelleiro, a responsabilidade reside unicamente na empresa. “Esta situación só é imputábel á falta de mantemento da concesionaria. Teñen unha explotación económica rendíbel dun servizo público fundamental e non dedican o necesario ao seu coidado”, lamenta.

letra capital


Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2009 19:58
# Ligazón permanente a este artigo

GZnacióntid

A viñeta do día. Por M.B.Rei-------------------___________________--------------------______________________Éche o que hai. Por López
www.galicia-hoxe.com/ -------------------___________________------------------------- ______________________ www.gznacion.com/

Categoría: Anuncios - Publicado o 15-12-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Cambre e Adega únense para mellorar a rede fluvial do municipio
O voluntariado do Concello e grupos de escolares analizarán o estado dos ríos e emprenderán accións para melloralos

Cambre, 14 de decembro de 2009.-

O Concello de Cambre impulsa a posta en valor da rede de ríos que discorre polo seu territorio. O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, e a edil de Turismo, Patrimonio Cultural e Natural, Sindi Becerra, presentaron na mañá de hoxe o Proxecto Ríos que se desenvolverá o próximo ano no municipio. O acto contou tamén coa presenza de Ramsés Pérez, representante da entidade Adega, responsable da iniciativa xunto co Concello. Ademais estiveron presentes un grupo das persoas voluntarias que desenvolverán o proxecto.

Os participantes percorrerán o treito dalgún dos ríos ou regachos que atravesan o municipio identificando as especies animais e vexetais existentes tanto nas marxes como no leito do río.

Con todo, o resultado que se obtén, unido ao solicitado noutros ríos de Galicia, conforma un informe anual do estado da rede fluvial da comunidade autónoma. Unha vez coñecido, o proxecto contempla a realización de actuacións para corrixir as deficiencias achadas, como campañas de limpeza de lixo.


Conxunción de voluntarios e metodoloxía de Adega

“Xuntaremos un grupo humano de voluntarios con experiencia á metodoloxía de Adega”, explica Iglesias. O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, resalta o bo estado en que se atopa na actualidade o principal río de Cambre, o Mero, e os seus afluentes, e apunta como obxectivo dos cidadáns o preservar a contorna para o futuro.

O primeiro tenente de alcalde sinalou que aínda que o proxecto en si non comezará ata as primeiras semanas do próximo ano, o Concello xa conta con 20 voluntarios apuntados e que xa tomaron contacto co río ao delimitar o tramo sobre o que van intervir. “Cambre ten un dous voluntariados máis grandes de Galicia e que logrou perdurar”, subliña. No entanto, os participantes recibirán antes das saídas de campo unha sesión de formación por parte de Adega.

Dada a implicación cidadá que persegue o programa, o Concello reclamará colaboración á Xunta de Galicia. “Augas de Galicia é titular dos ríos e imos solicitar ou seu apoio”, anunciou o nacionalista. Quen abondou en que o mantemento e recuperación dos ríos debe ser un exemplo de participación cidadá e tamén de colaboración institucional.

Proxecto pioneiro

“O proxecto será pioneiro na comarca”, afirma Sindi Becerra. A concelleira de Patrimonio Cultural e Natural avisa de que a actuación non se esquecerá dos elementos culturais situados ao longo da canle dos ríos, como os muíños. “Queremos que sexa a cidadanía quen se responsabilice da custodia dous ríos”, confesa.

O responsable da asociación, Ramsés Pérez, coincidiu en mencionar como obxectivos da iniciativa o achegar á xente aos ríos, que os coñezan e que os gocen”.



letra capital


Unirase a experiencia do programa de voluntariado de Cambre coa base centífica e metodolóxica que aporta ADEGA para efectuar unha diagnose e elaborar propostas de accións de posta en valor para o futuro.

Así mesmo, cun material apropiado proporcionado por Adega efectuarán análise da calidade das augas, que abarcará tanto parámetros físicos e químicos como biolóxicos. Ademais, estúdase tamén os macroinvertebrados recolleitos, que darán un nivel de saúde do río. Estas saídas realizaranse na primavera e outono, xa que o estado dos ríos varía moito en función da época do ano que se trate.

letra capital


Ademais do grupo municipal de voluntarios, un grupo de escolares formará parte do Proxecto Ríos. Trátase dun aula do instituto David Buján, que se fará cargo dun treito do Mero situado a 200 metros do centro. O docente de Bioloxía dirixirá aos estudantes cambreses.

letra capital


Becerra mostrouse satisfeita pola coordinación que realizará Adega do proxecto, que cumpre xa cinco anos en Galicia e que chega a Cambre despois dunha ampla experiencia.
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 14-12-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo


Alcaldes e alcaldesas do BNG denuncian que a privatización dos centros de día suporá unha merma na calidade do servizo


Santiago de Compostela,5 Decembro 09

Alcaldes e alcaldesas do BNG, através deste comunicado de imprensa, denuncian a privatización dos centros de día que pertencen ao Consorcio Galego de Servizos Sociais e Benestar por supor unha merma na calidade do servizo para a cidadanía.[+]

Categoría: Benestar - Publicado o 10-12-2009 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Continúan a bo ritmo as obras de eliminación de barreiras na Barcala

O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, mostrou a súa satisfacción polo avance das obras de eliminación de barreiras arquitectónicas na Barcala.

Cambre,5 de diciembre de 2009

Iglesias explicou que este proxecto permitirá a accesibilidade á zona de equipamento do paseo da Barcala. Lembrou que a previsión é mellorar a mobilidade entre a rúa Río Barcés e a pista polideportiva, o parque infantil e o paseo. Ademais, subliñou, que neste lugar é onde se acaban de habilitar os locais municipais para diferentes usos. Ademais, segundo o responsábel de Meioambiente e obras, nesta zona será onde se preparen, o vindeiro ano, os locais de ensaio que se poñerán á disposición dos grupos musicias de xóvenes de Cambre.

O portavoz do BNG e primeiro tenente de alcalde realizou estas manifestacións durante unha visita de inspección que realizou esta mañá por este barrio cambrés que alberga unha poboación superior ás dúas mil persoas.



letra capital

Insistíu en que esta é a primeira fase dunha serie de actuacións na Barcala e que, desde mediados de decembro comezará a actuar unha brigada de obras que acometerán obras de mellora e mantemento no conxunto da urbanización. "Esta será o tempo dos veciños e do xóvenes", concluiu.

letra capital


Categoría: Infraestruturas - Publicado o 05-12-2009 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro tenente de alcalde anuncia que a pista de skate se construirá xunto ao campo de fútbol de Cambre


Iglesias destaca que a súa proximidade ao núcleo propiciará a afluencia dos usuarios



Cambre, 3 de decembro de 2009.-

O Concello de Cambre xa dispón de localización para a futura pista de skate.

O primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, xunto a concelleira Igualdade e Xuventude, Laura Fernández, anunciaron que este recinto de lecer de construirá na propia capital municipal, xunto ao campo de fútbol Dani Mallo, situado na travesía do centro de saúde. “Lograremos unha importante zona deportiva a poucos metros do centro de Cambre”, destacaron.

“Será un lugar que propicie a afluencia dous usuarios ao situarse nunca zona próxima de Cambre e con bos accesos”, recalca o edil de Medio Ambiente, Obras e Servizos. En efecto, á pista chegarase a través da travesía do centro de saúde que o Concello vai remodelar nas próximas datas. A estrada será ampliada e reordenada para albergar un centenar de prazas de estacionamento.
De feito, os mozos apuntaron a idoneidade da proximidade da pista co campo de fútbol para a celebración de campionatos que requiran das instalacións deste último, como os vestiarios.


Deseño de pezas

Polo demais, os participantes, representantes das distintas modalidades que poden usar a instalación, “skaters”,”bikers” e “rollers”, móstranse dispostos a colaborar co Concello no desenvolvemento do proxecto. Dentro de 15 días, a Concellaría de Xuventude convocará de novo aos mozos para levar a cabo un novo encontro para avanzar sobre as características que terá a pista. “O seu papel será ou de expor suxestións sobre as características dá pista, como ou deseño das pezas que se instalarán”, avanzou o dirixente nacionalista.

letra capital

O goberno local tomou a decisión unha vez estudadas as distintas posibilidades ofrecidas polos mozos, aos que implicou no proceso desde o primeiro paso. Iglesias explica que se tiveron en conta as cualificacións urbanísticas das parcelas, as afeccións e a titularidade dos terreos, e as conclusións sinalaron á contorna do campo de fútbol municipal como emprazamento máis adecuado, nun solar cunha superficie de 1.200 metros cadrados, suficientes para acoller o recinto.

O equipo de goberno xa informou do estado do proceso aos mozos na segunda reunión mantida na tarde de onte na Oficina Municipal de Información Xuvenil. Os representantes dos distintos colectivos mostráronse conformes coa localización do recinto escollido polo Concello. Laura Fernández recalcou que a estas reunións estiveron convocados ademais os representantes das organizacións xuvenís dos partidos con representación municipal, Galiza Nova, Novas Xeracións e Xuventudes de EU.



A construción da pista de skate enmárcase no proxecto Arume, cuxas actuacións son financiadas nun 70% pola Unión Europea e nun 30% polo Concello de Cambre. O investimento para a creación do recinto deportivo roldará os 150.000 euros
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 03-12-2009 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Iglesias anuncian que a subida a Pena da Nosa Señora disporá de beirarrúas e unha calzada máis ancha
letra capital

O Concello adecuará os accesos para vehículos e peóns ao núcleo de Pena da Nosa Señora, situado na parte de alta da parroquia de Cambre. Trátase dunha zona onde radican decenas de vivendas unifamiliares e varias urbanizacións, polo que dispón dunha elevada cifra de habitantes e un tránsito rodado elevado.

“A zona ten unha poboación considerábel polo que require unha reforma que garanta a seguridade dos seus residentes”, xustifica. Así, dado que a recollida das augas pluviais se efectúa a unha gabia, o concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos anuncia que se procederá a entubar as canalizacións e a soterralas. “Desta forma, gañaremos beiravía e, polo tanto, marxe de seguridade”, sostén.

E é que a maiores das decenas de persoas que radican na contorna, Igrexas admite que moitos condutores atravesan o núcleo para sortear o centro de Cambre e conectar desde O Temple coa estrada de Pravio e Guísamo. “Esta calzada funciona ás veces como circunvalación, polo que a necesidade de actuar era clara”, afirma.



Conexión coa Telva

Nesta mesma liña de mellorar as estradas que os veciños utilizan habitualmente como circunvalación, o Concello actuará na vía que comunica a Fontenla, coa zona da ponte do ferrocarril perto da Telva. Como no caso de Pena da Nosa Señora, moitos condutores que proceden do Temple toman este desvío para dirixirse cara á contorna de Sigrás sen ter que atravesar a capital municipal.


Indica a necesidade desta intervención polo intenso tránsito da estrada, dos propios residentes na zona e por ser usada como circunvalación da capital municipal



Cambre, 1 de decembro de 2009.-

Actualmente, para acceder ao lugar, desde a estrada que conecta O Temple coa capital municipal, os veciños deben ascender unha longa costa que non dispón de beirarrúas. Así mesmo, o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, sinala que a estreiteza da vía “dificulta ou cruzamento normal de dous vehículos”.

No lado contrario aos tubos, o Concello construirá unha pequena beirarrúa para facilitar o acceso a pé á Pena da Nosa Señora.

letra capital

O proxecto de remodelación dos accesos a Pena da Nosa Señora será financiado pola Deputación da Coruña, que achegará 40.000 euros.


O problema reside en que varios treitos destes camiños son moi estreitos e dificultosos para a condución. Por iso, o goberno local ensancharaos para garantir a seguridade dos seus usuarios. O entubado da recollida de pluviais neste tramo permitirá gañar un espazo de beiravía. Tamén a Deputación colabora economicamente neste proxecto, que inclúe así mesmo a pavimentación de boa parte das rúas que forman o núcleo tradicional de Amil.












Categoría: Infraestruturas - Publicado o 03-12-2009 20:03
# Ligazón permanente a este artigo






Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2009 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id

id

id

id

id

id

id

id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





contador de visitas com


© by Abertal