POR UNHA MAREA GALEGA


Apatía e falta de actuación efectiva por parte do Goberno de Cambre
Asociación de Afectados Ave Tramo Coruña-Betanzos mantivo reunións con todos os grupos municipais, agás o GM do PSOE.

Como resultado destas reunións a Asociación de Afectados Ave Tramo Coruña-Betanzos elaborou o documento que aquí se expón.

Todos os grupos municipais e a Asociación terán unha reunión o 10 de Xaneiro de 2008 no Concello para tratar este asunto.

Documento

Presentan con este documento a súa preocupación pola aparente apatía e falta de actuación efectiva por parte do Goberno de Cambre, no caso do Estudo Informativo do "EIXO ATLÁNTICO DE ALTA VELOCIDADE, TRAMO A Coruña-BETANZOS."

EXPOÑEN:

Que o pasado 12 de Xaneiro de 2007 publicouse no BOE o "ESTUDO INFORMATIVO DO EIXO ATLÁNTICO DE ALTA VELOCIDADE". De escollerse o proxecto suxerido neste estudo, o impacto no Concello de Cambre sería moi prexudicial. No aspecto ecolóxico con afectación de humidais, contorna do río Mero, Fraga de Cecebre, etc. No tocante ás infraestruturas, dito trazado partiría o municipio en dous e xa non entramos a valorar os prexuízos a nivel de particulares. E todo iso para non obter ningunha mellora nas condicións do tramo, nin para Cambre, nin para toda a rexión metropolitana.

A partir da publicación dese estudo, este goberno emprendeu unha serie de accións como a presentación de alegacións, a realización dun informe no que se propón unha alternativa ao trazado proposto, así como reunións en Fomento. Así mesmo este Goberno municipal informou de peticións de reunións non atendidas tanto a nivel do Goberno Central como Autonómico. A postura oficial do rexedor do Concello e do seu partido, así como do resto dos partidos políticos é un NON ao mencionado estudo informativo.

Con todo os abaixo asinantes consideran que aínda que esas actuacións poden ser suficientes para os primeiros momentos, logo da publicación do estudio informativo, a día de hoxe, case un ano despois, non son abondo.

Por iso, queremos manifestar o noso malestar diante da aparencia de certo abandono no seguimento e realización de actuacións neste tema durante os últimos meses e, xa que logo,

DEMANDAMOS:

1- Informacións do estado actual das alegacións presentadas. Se houbo algún tipo de resposta e en caso de non habela: que actuacións ten previstas este Goberno?

2- Sobre a franxa presentada polo Concello de Cambre para un trazado alternativo houbo algunha resposta do Goberno Central?

De non haber resposta, de novo Que medidas ten previstas o Concello respecto diso?

3-Se as reunións co Goberno Central e Autonómico tiveron lugar ou se teñen datas previstas para iso?

En caso negativo: que actuacións se emprenderán?

4- Xa que no último estudo informativo de Fomento proponse o desmantelamento da vía existente e con iso a eliminación de todo proxecto futuro dun tren de proximidade para a comarca: cal é a postura do Concello? Se a súa oposición a tal proxecto é real: que actuacións propón na súa contra?

5-Respecto dos estudos ambientais promoveu o Concello algún estudo serio que poida deter a agresión bestial da actual proposta da Administración?

6- Que clase de actuacións ten previstas para informar e mobilizar á poboación, como grandes prexudicados do actual estudo de Fomento?

7- Que plan de traballo ou actuacións ten previstos a Comisión Especial Non Permanente, constituída polo Concello para o asunto?
Categoría: AVE - Publicado o 28-12-2007 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Rede Galega de Centros de Día
O Consorcio habilita un número de información sobre a Rede Galega de Centros de Día

O 902 304 200 está operativo coa finalidade de facilitar información a todos os interesados en solicitar unha praza nos primeiros centros da rede pública impulsada pola Vicepresidencia da Xunta e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. (...)

O Consorcio é o primeiro organismo do Estado que adapta as tarifas para os Centros de Día aos criterios do Consello Territorial da Lei de Dependencia

O transporte adaptado comeza a funcionar en toda Galicia e dará servizo aos Centros de Día xestionados polo Consorcio
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Categoría: Benestar - Publicado o 28-12-2007 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
A Executiva Nacional do BNG propón 12 mulleres e 11 homes para as listas ao Congreso dos deputados


Santiago de Compostela, 27 Decembro 07. A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego ven de aprobar, por unanimidade dos presentes, as propostas de listas completas ao Congreso dos Deputados e ao Senado. Así, de ser aprobada a proposta nas asembleas comarcais e ratificada no Consello Nacional, ocuparían o segundo lugar da lista pola circunscrición da Coruña a edil santiaguesa Elvira Cienfuegos; en Pontevedra, a número dous sería Anxos Riveiro, portavoz do goberno municipal de Pontevedra e responsábel comarcal; por Lugo sería Severino Rodríguez, alcalde de Monforte; e en Ourense ocuparía o segundo lugar da lista a actual vicepresidenta do Parlamento Galego, Tereixa Paz.
O BNG fai unha aposta decidida con esta proposta de lista pola paridade de xénero. Así, o BNG terá 12 mulleres por 11 homes no conxunto das candidaturas ao Congreso. No tocante ao Senado, haberá 6 candidatos e 6 candidatas. (...)

Proposta Xerais 2008 da Executiva Nacional do BNG
Proposta da Executiva
BNG
Categoría: Xerais 2008 - Publicado o 28-12-2007 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno ordinario 27 de decembro 2007
Hora: 20,30

Orde do día:


1º) Proposta respecto da revisión de tarifas do servizo urbano de transporte en auto-taxis do Concello de Cambre para o ano 2008.

2º) Proposta respecto das suxestións presentadas polos grupos municipais do BNG e PG á aprobación inicial da modificación do Regulamento Orgánico Municipal.

3º) Proposta para modificar a data de celebración das sesións ordinarias da Xunta de Voceiros.

4º) Proposta para asumir como propia a prestación do servizo público de desenvolvemento, mantemento e conservación das instalacións de iluminación municipal e centros dependentes do Concello, aprobación da forma de xestión, memoria-proxecto de explotación, regulmento do servizo e expediente de contratación.

Deíxase sobre a mesa a proposta do GM do BNG para o seu estudo.

5º) Proposta de modificiación da retribución bruta anual polo desempeño con dedicación parcial dos cargos de concelleiro delegado da Área de Educación, Xuventude e Deportes e concelleiro delegado da Área de Facenda, Comercio e Emprego.

6º) Proposta de modificación da relación de postos de traballo.

Acordouse deixa este asunto enriba da mesa.

7º) Mocións.


8º) Informes da Alcaldía.

9º) Rogos e preguntas.

Preguntas do GM do BNG ao pleno



Preguntas do GM do BNG ás Comisións Informativas

Acta Pleno
Acta
Categoría: Plenos - Publicado o 26-12-2007 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas para o pleno ordinario 27 de decembro 2007
PRIMEIRA

Por que o Grupo Municipal Socialista emprega o membrete do concello, en papel oficial municipal para presentar a súas propostas como foi no caso da Asemblea de Veciños do Temple?

SEGUNDA


Travesía de Pravio

Nas reunións coa A.VV. De Pravio temos debatido sobre como ten que ser a travesía de Pravio, xa que o proxecto presentado polo Concello supón unha división da parroquia, un perigo para os peóns e o criterio é a preferencia para o tránsito dos coches.

Nestas reunións todos os GG.MM. - incluído o de goberno- adquirimos o compromiso de optar por unha alternativa máis humana e integradora do territorio, por unha travesía que non divida a parroquia e que os vehículos non poidan circular a máis de 40 km/h:

Cales sons os pasos avanzados neste sentido polo Goberno Local?

Cal é o estado de tramitación da contratación do proxecto presentado na COPTOP para chegar a tempo coa alternativa da que falamos?


TERCEIRA

Saneamento en Pravio.

Xa hai máis de 6 meses que está rematado o saneamento que se fixo por parte da Xunta de Galiza e outra parte con fondos da Deputación da Coruña; na actualidade estase a producir unha situación de agravio, xa que algúns veciños xa fixeron a conexión e outros están esperando a autorización municipal para poder enganchar e usar o servizo; por outra parte parece que algúns veciños tiveron presións por parte da empresa concesionaria municipal para que a contrataran para facer o enganche desde o pozo á vivenda ofrecendo un presuposto do dobre aos prezos de mercado:

Que tipo de control hai sobre os enganches realizados?

Por que aínda non se concederon autorizacións solicitadas?

Quen emite os informes para autorizar os enganches?

Está recibida esta obra?

Son coñecedores desta práctica por parte da empresa concesionaria do saneamento?


CUARTA

Saneamento de Aián e Altamira.

Transcorrido un mes desde que tratamos este asunto, cando poderán os veciños de Aián e Altamira usar o servizo de saneamento?

Categoría: Plenos - Publicado o 26-12-2007 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas CC.II. 26 de decembro 2007
Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica.

Preguntas

PRIMEIRA

Desde o verán establecéronse reunións de todos os grupos coa A.VV. de Pravio para, entre outras cousas, a ampliación de equipamento social para a parroquia, en concreto a ampliación do local social a través dun convenio coa Igrexa para o uso da casa do cura e da finca.

Desde que se iniciaron os contactos ou negociacións non volvemos a ter noticias nin información sobre as xestións levadas para conseguir o uso da casa do cura:

Que negociacións se fixeron e cal é o estado das mesmas?

Por que razón no se informou aos GG.MM.?

SEGUNDA

En relación coas recomendacións do proxecto de acondicionamento medioambiental do Río Mero nas que se incide en impedir o uso de vehículos a motor:

Cal é a explicación para a compra dun “quad” para a policía local?

TERCEIRA

Por que ultimamente o Goberno Local emprega as veces só o castelán nos comunicados aos veciños a través de e-mail, etc.?




Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos.

Preguntas

PRIMEIRA

A senda peonil de Pravio comezouse en maio 2007, hai meses que a obra está paralizada, dada a situación actual, supón un perigo para as persoas e para o tráfico. Esta situación non pode continuar así por máis tempo:

Como e cando se vai rematar con esta obra tantas veces prometida?

SEGUNDA

Continuando coa senda na mesma parroquia, para cando pensan facer a senda de Pravio á Castellana?

TERCEIRA

Vista a resolución da Alcaldía que suspende a actividade á empresa Armaduras Metálicas Lambda S.L.: Cal é a situación actual e en que vai a consistir a reposición da legalidade?
Categoría: Plenos - Publicado o 26-12-2007 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas do BNG para o Pleno 27 de marzo 2008

PRIMEIRA

Visto o expediente das obras da Escola Municipal de Música e, visto que estas continúan paradas:
- como pensan garantir o cumprimento dos prazos para non perder a subvención concedida polo grupo de acción local Terra das Mariñas? En que estado están as subvencións concedidas para esta obra por parte da Deputación provincial?

SEGUNDA
Cal é o estado das negociacións e acordos para a construción do primeiro centro de día público no concello?

TERCEIRA
Respecto á situación de contaminación na Ría, solicitamos información dos resultados das accións emprendidas polo concello. Tendo en conta que a Xunta (Pesca e Medio ambiente) están a realizar estudios da auga e os lodos da ría, porque se contratou un estudio propio á universidade? Cales son as conclusións deste estudio e canto nos custou? Que posición ten pensado adoptar o goberno local respecto á plataforma recen creada?.

Categoría: Plenos - Publicado o 21-12-2007 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario alegacións ordenanzas fiscais

Está convocado a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación para o mércores -día 19 de decembro 2007- ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

Proposta de resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación das ordenanzas fiscais para o exercicio 2008.

Comisión Informativa

Antes da sesión do Pleno extraordinario, ás 20 horas, está convocada a Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica, coa seguinte orde do día:

1º Proposta de resolución de alegacións e aprobación definitiva da modificación das ordenanzas fiscais para o exercicio 2008.

Alegación:

Alegación presentada polo Bloque Nacionalista Galego


O Bloque Nacionalista Galego de Cambre expón que no boletín Nº 254, sábado, 3 de noviembre de 2007 publicouse o anuncio de aprobación inicial de modificación ordenanzas fiscais. De conformidade co establecido no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno da Corporación do Concello de Cambre en sesión ordinaria de 25 de outubro do ano que andamos, adoptou, entre outros acordos o de aprobar provisionalmente para o exercicio 2008 as modificacións das Ordenanzas fiscais.

Estando dentro do período de exposición pública da ordenanza, ao ter un interese directo e examinado o expediente; presenta as seguintes reclamacións:

PRIMEIRA.- En concreto, respecto da Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, propoñemos que se reduzan os dereitos de inscrición nos procesos de selección de persoal ao 50% cando se trate dunha interinaxe.


SEGUNDA.- Respecto da Ordenanza fiscal n.º 14, reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas municipais e servizos deportivos, propoñemos que se suprima a alínea c) do artigo 5 que se refire a que as persoas maiores de 55 anos recibirán unha bonificación do 25% da cota, e modificar a alínea g) do mesmo artigo 5 no sentido de que as persoas maiores de 55 anos terán unha bonificación do 50% da cota con independencia do tipo de actividade á que se inscriban.

TERCEIRA.- Respecto da Ordenanza fiscal n.º 15, reguladora da taxa por suministración de auga, propoñemos que se aplique un sistema por bloques de consumo se apliquen en función do número de persoas que habitan nunha vivenda, en concreto, segundo a seguinte proposta:

“ARTIGO 6º bis.- BONIFICACIÓNS

1. - Establécese unha bonificación das cotas para o consumo doméstico de auga potable a aquelas vivendas nas que convivan máis de catro persoas, sempre que estas estean empadroadas na mesma vivenda.

2. - O beneficiario da bonificación terá que ser titular da póliza de abono á subministración de auga e estar empadroado na vivenda obxecto da bonificación.

3. - A bonificación aplicarase de oficio. Aplicarase por primeira vez na facturación correspondente ao segundo trimestre do ano 2008 baseándose na información facilitada a data 1 de Abril do 2008 polo Departamento de Estatística do Concello.

4. -Non obstante do anterior, se a alta na titularidade do contrato, ou a convivencia na vivenda de máis de catro persoas, se produce con posterioridade ao 1 de abril de 2008, aplicarase a bonificación que corresponda a partir da facturación do trimestre posterior á data en que se produce o cambio de circunstancias. O primeiro día de cada trimestre natural serán notificadas polo Departamento de Estatística do Concello á empresa xestora do servizo de auga potable as modificacións acaecidas durante o trimestre anterior en máis ou en menos do número de persoas empadroadas por vivenda, que poidan modificar o dereito á bonificación.

5. -Importe das bonificacións:

5.1. -VIVENDAS CON ACOMETIDA INDIVIDUAL

5.1.1. En os abonos de uso doméstico, de vivendas habitadas por máis de catro persoas e menos de oito, e con consumos trimestrais iguais ou inferiores a 95 m3/ttre., gozarán dunha bonificación no prezo dos m3 consumidos no trimestre que superen os 30. A Bonificación consistirá en aplicar, os m3 consumidos, situados no epígrafe 1.2 do consumo, o prezo do m3 establecido para o epígrafe 1.1 nas tarifas vixentes.

5.1.2. Cando a vivenda estea habitada por oito persoas ou máis, e o consumo sexa igual ou inferior aos 122 m3/ttre., gozarán dunha bonificación no prezo dos m3 consumidos no trimestre que superen os 30. A Bonificación consistirá en aplicar, os m3 consumidos, situados no epígrafe 1.2 do consumo, o prezo do m3 establecido para o epígrafe 1.1 e para os situados no epígrafe 1.3 do consumo, o prezo do m3 establecido para o epígrafe 1.2 nas tarifas vixentes.

5.2. VIVENDAS CON ACOMETIDA COLECTIVA

5.2.1. Para os abonos dunha toma colectiva destinada só a vivendas dun mesmo terreo, na que unha ou varias vivendas estean habitadas por máis de catro persoas e menos de oito e cando o consumo xeral do terreo sexa superior a 30 m3/ttre./vivienda e igual ou inferior a 95 m3/ttre./vivienda, a tarifa para os m3 consumidos que superen os 30 m3/ttre/vivienda, se bonificará, por cada vivenda habitada por máis de catro persoas e menos de oito, co previsto no apartado 5.1.1.

5.2.2. Para os abonos dunha toma colectiva destinada só a vivenda dun mesmo terreo, na que unha ou varias vivendas estean habitadas por máis de oito persoas e cando o consumo xeral do terreo sexa superior a 30 m3/ttre./vivienda e igual ou inferior a 122 m3/ttre./vivenda, a tarifa para os m3 consumidos que superen os 30 m3/ttre./vivienda, se bonificará, para cada vivenda habitada por máis de oito persoas, co previsto no apartado 5.1.2.”

Artigo relacionado: O BNG propón modificar a ordenanza da auga

Texto extraído do borrador da acta do pleno ordinario de outubro 2007



...Aberto debate, concédese a palabra a don Henrique Xabier Iglesias Oviedo, voceiro do BNG, quen manifesta que presentaron na comisión informativa unhas modificacións ás ordenanzas que queren manter no pleno.

En concreto, respecto da Ordenanza fiscal n.º 6, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, propoñen que se reduzan os dereitos de inscrición nos procesos de selección de persoal ao 50% cando se trate dunha interinaxe.

Respecto da Ordenanza fiscal n.º 15, reguladora da taxa por subministración de auga, propoñen que se aplique un sistema similar ao doutros concellos limítrofes, é dicir, que os tramos por bloques de consumo se apliquen en función do número de persoas que habitan nunha vivenda.

Respecto da Ordenanza fiscal n.º 14, reguladora da taxa por utilización das instalacións deportivas municipais e servizos deportivos, propoñen que se suprima a alínea c) do artigo 5 que se refire a que as persoas maiores de 55 anos recibirán unha bonificación do 25% da cota, e modificar a alínea g) do mesmo artigo 5 no sentido de que as persoas maiores de 55 anos terán unha bonificación do 50% da cota con independencia do tipo de actividade á que se inscriban.

Don José Venancio Salcines Cristal, concelleiro delegado de Facenda, Comercio e Emprego contesta que, en canto á redución dos dereitos de inscrición nos procesos selectivos, implicaría que determinadas prazas pagarían cinco euros, o que podería xerar unha demanda excesiva, e é importante indicar que cada vez que se convocan prazas hai que realizar uns exercicios, o que leva consigo que os técnicos municipais que forman parte dos tribunais se dediquen durante uns cantos días a exercer esas funcións.

En canto á Ordenanza fiscal n.º 15, reguladora da taxa por subministración de auga considera que, de aprobar a modificación proposta, os estudos económicos se farían a posteriori, e deberían estar feitos antes para poder elaborar os orzamentos do vindeiro ano con datos fiables.

Don Henrique Xabier Iglesias Oviedo contesta que se propoñen a modificación é para recoller unha petición feita polos veciños a todos os grupos políticos municipais, e se en vez de traelo ao pleno sen ningún tipo de discusión, se tivera intentando consensuar os contidos das ordenanzas, ao mellor os estudos poderían terse realizado. E en canto á inscrición nas probas selectivas, eles estanse referindo fundamentalmente aos grupos máis elevados. Ademais, engade, o politicamente correcto sería intentar que moita xente se presente. En todo caso, trátase só de interinos, cun tempo de traballo limitado, e pagar 40 ou 50 € de taxa si que retrae á xente.

Don Francisco Javier Varela Tejedor, voceiro do PS de G-PSOE, contesta que esas prazas interinas non son para catro días, poden ser meses e, nalgún caso, aínda que non sexa o ideal, poden ser anos, co cal esa argumentación non é válida. Ademais, despois forman parte dunha lista de espera e poden ser chamados...

...Sometido a votación ordinaria o ditame emitido pola Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica do día 25 de outubro actual, votan a prol os sete concelleiros do PS de G-PSOE e os sete concelleiros do PP, e votan en contra os catro concelleiros do BNG, os dous concelleiros de EU-IU e o concelleiro do GM (PG).

...- Ordenanza fiscal n.º 15, reguladora da taxa por subministración de auga.

Modifícanse os artigos 5º e 6º da presente ordenanza fiscal, quedando como seguen:

Artigo 5º. - Beneficios fiscais.

Aplicarase unha bonificación do 100% sobre ó minimo facturable determinado para os usos domésticos a aqueles contribuíntes cuxos ingresos anuais sexan inferiores ó salario mínimo interprofesional referido a toda a unidade familiar, sempre que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, segundo informe dos servicios sociais do Concello de Cambre ó respecto. Os excesos facturaranse segundo as tarifas establecidas nos apartados 1.2 e 1.3 do epígrafe 1 do artigo seguinte.

Artigo 6º. - Cota tributaria.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a determinada nas tarifas seguintes:

Epígrafe 1. Usos domésticos:

1.1. Ata 30 m3 trimestre, a 0,37 euros cada m3.
1.2. Máis de 30 e menos de 90 m3 trimestre, excesos a 0,53 euros cada m3.
1.3. Máis de 90 m3 trimestre, excesos a 1,03 euros cada m3.

O mínimo facturable por aboado será de 30 m3 trimestre.

Epígrafe 2. Usos non domésticos:

2.1. Ata 30 m3 trimestre, a 0,53 euros cada m3.
2.2. Entre 30 e 3.000 m3 trimestre, excesos a 0,71 euros cada m3.
2.3. Máis de 3.000 m3 trimestre, excesos a 1,00 euros cada m3.

O mínimo facturable por aboado será de 30 m3 trimestre.

Epígrafe 3. Tarifas especiais:

3.1 Cando o aboado sexa unha entidade inscrita no rexistro municipal de asociacións veciñais e a subministración se destine a uso deportivo, cultural ou cívico, ou ben sexa unha institución relixiosa que o destine a súa finalidade:

3.1.1. Ata 30 m3 trimestre, a 0,12 euros cada m3.
3.1.2. Máis de 30 m3 trimestre, excesos a 0,16 euros cada m3.

O mínimo facturable por aboado será de 30 m3 trimestre.

3.2 Cando se trate doutra Entidade Local á que se lle subministre auga procedente do municipio de Carral:

Tódolos m3 a 0,44 euros cada m3 sen mínimo facturable.

Epígrafe 4. Outras tarifas:

4.1. Enganche á rede e primeira contratación do servicio, 95,00 euros.
4.2. Formalización de póliza de enganche por cambio de titularidade, 35,00 euros.

Acta pleno
Acta
Categoría: Plenos - Publicado o 14-12-2007 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Quintana logra a desblocaxe das transferencias e que o Estado liquide o segundo prazo da débeda social

Quintana fai valer o modelo da 'cooperación esixente e intelixente' e logra 'un bon acordo político' entre Galiza e o Estado [...]
BNG
Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2007 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Elaboración da ordenanza das antenas
BNG recorda que o pleno do 26 de xullo aprobou unha moción nacionalista para a elaboración dunha ordenanza de antenas


Catro meses despois continua a alarma social e a impunidade das operadoras co consentimento do goberno local


O GM do BNG de Cambre quixo saír ao paso das “supostas preocupacións” dalgunha forza política de Cambre e da habitual “manobra de despiste” do Goberno local , diante da alarma social en aumento pola instalación ilegal de antenas de telefonía móbil en diversos lugares do concello.

Os nacionalistas salientaron que xa no primeiro Pleno Ordinario da lexislatura, o 26 de xullo, presentaron unha moción que foi aprobada, na que se decidiu a elaboración desta ordenanza e, dábase un prazo de tres meses ao goberno par presentar un borrador á comisión informativa correspondente. Transcorridos xa máis de catro meses a situación sigue igual, antenas funcionando sen permiso, alarma entre os veciños e veciñas que se senten no abandono e, algunhas forzas políticas facendo o “paripé “ en lugar de cumprir coa súa obriga, que non é outra que esixir do goberno local que cumpra o mandato plenario.

Desde o BNG recórdase que é o goberno local o responsábel de controlar a disciplina urbanística e as actividades económicas no territorio municipal e tamén de elaborar as ordenanzas. Que está comprometido a presentar unha proposta para debate que regule as antena de telefonía e, que xa hai máis dun mes que venceu o prazo que lle deu o Pleno do Concello para isto.

En lugar disto os responsábeis municipais miran para outro lado, continúan coas tramitacións de antenas, sen que exista regulación e, non informan a verdade do que acontece coas distintas instalacións funcionando por todo o concello.

Se isto ocorre, manifestou o portavoz nacionalista, é tamén responsabilidade dos grupos municipais na oposición que se desentenden das súas obrigas: “ Non é de recibo que grupos políticos que ostentan a vontade maioritaria do electorado, consintan que este goberno en minoría faga o que lle pete e incumpra sistematicamente todos os acordos ”. Manifestou, así mesmo, que volverán a esixir no vindeiro Pleno do goberno o cumprimento estrito da moción aprobada en xullo e que, así, Cambre poida contar en breve prazo dun ordenanza reguladora das antenas de telefonía.

Recordou, así mesmo, que a creación dunha comisión de representantes veciñais e grupos políticos, foi unha proposta do BNG na última asemblea celebrada no Temple o pasado 30 de novembro.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,7 de decembro 2007
Categoría: Comunicados - Publicado o 09-12-2007 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas mocións do BNG foron aprobadas por unanimidade no Pleno de Cambre
Cambre creará un fondo de emerxencia para atender a mulleres vítimas de violencia machista


O Pleno traslada o seu recoñecemento e felicitación á Escola e Banda Sementeira polo éxito acadado no 1º Certame Galego


O último Pleno Ordinario de Cambre aprobou sendas mocións nacionalistas por unanimidade. Nunha delas tómase a decisión de crear un fondo de emerxencia para atender as necesidades máis urxentes de mulleres vítimas de violencia machista.

A concelleira nacionalista, Sindi Becerra, que presentou a moción, manifestou a súa satisfacción polo apoio unánime a esta iniciativa e, felicitou a todos os grupos municipais. Considerou que con esta decisión “Cambre ponse á altura das institucións máis activas contra a violencia machista”. “desta maneira desde Cambre damos un paso máis, mellorando os nosos instrumentos de axuda ás mulleres. Temos que ter en conta que, como administración máis próxima, somos case unha institución de primeira instancia, onde primeiro se detectan e reciben ás vítimas e, polo tanto, debemos contar con medios para poder actuar”.

Pola contra, tal como reclamaron os nacionalistas no mesmo Pleno a través dunha pregunta ao goberno local, manifestou a súa contrariedade porque o goberno deixara pasar este 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista, sen convocar ningún acto público nin desenvolver algunha campaña de difusión e concienciación contra a violencia machista, tal como se viña facendo anos atrás e, tal como outros concellos do noso contorno si protagonizaron.

Noutra orde de cousas, o Pleno abordou asemade unha outra iniciativa nacionalista pola que se aprobou, tamén por unanimidade, o recoñecemento e felicitación da Corporación á Escola e Banda de Música Sementeira, despois de que, o pasado 23 de novembro, acadara dous primeiros premios no I Certame Galego de Bandas Populares. Xabier Iglesias, portavoz nacionalista e defensor da moción, destacou que “está felicitación inclúe a todo o colectivo da Banda, porque foi o esforzo e o traballo colectivo de todos e todas o que levou a Sementeira a este posto, directivos, mestres, alumnado e familias”. Destacou que, precisamente, o apoio que se deu a Sementeira desde o seu goberno, no anterior mandato, é o que permite que estes días comezara a construción da Escola Municipal de Música, proxecto xestionado e contratado desde a Área de Cultura e Benestar que dirixiu os pasados catro anos.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre,5 de decembro 2007
Categoría: Comunicados - Publicado o 09-12-2007 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
ACCESO AOS CENTROS DE DÍA
Comeza o proceso de admisión de usuarios na Rede Galega de Centros de Día

[30/11/2007] As persoas maiores interesadas en acceder a un destes centros xa poden presentar as súas solicitudes. O proceso estará aberto de xeito permanente, e os potenciais usuarios e usuarias admitidos recibirán atención terapéutica integral e plural durante o día, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual. Todo a cargo dun equipo de profesionais especializados na atención aos maiores e coordinados mediante a xestión do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
ACCESO AOS CENTROS DE DÍA
Categoría: Benestar - Publicado o 02-12-2007 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal