POR UNHA MAREA GALEGA


Cambre participa no proxecto europeo “Mellora da planificación e xestión das Redes de cidades irmandadas” (NTT Plus)

Ana Miranda, deputada no parlamento europeo, Margarida Vázquez, deputada provincial, Manuel Ferro, tenente alcalde de Toques e Laura Fernández, concelleira de igualdade e xuventude de Cambre


A Deputación da Coruña participa como socia nun proxecto europeo titulado “Mellora da planificación e xestión das Redes de cidades irmandadas” (NTT Plus), enmarcado no programa “Europeo para os cidadáns” (Acción 1, medida 2.2), sendo os seus obxectivos principais:

- Mellorar o traballo dos traballadores e traballadoras municipais para iniciar, revitalizar e desenvolver as relacións de irmandamento de cidades.

- Fomentar o compromiso dos xestores municipais responsables das actividades de irmandamento a nivel local

- O desenvolvemenro de proxectos de redes temáticas de alta calidade entre os participantes

O coordinador do proxecto é o SERN (Agrupación de concellos e provincias Suecas e Italianas – Provincia de Emilia Romagna). Os socios do proxecto son: a Deputación da Coruña, a Asociación de concellos da provincia de Norbotten (Suecia), Asociación de concellos e provincias de Finlandia.

As actividades do proxecto van dirixidas fundamentalmente aos traballadores e traballadoras municipais cuxas tarefas se relacionan coas temáticas que se van abordar, e inclúen a participación de cargos electos.

Os temas a tratar e sobre os que se poderán presentar novos proxectos en rede, escolleranse entre os seguintes: Xuventude e desenvolvemento sostible; Igualdade de xénero; Empresas de economía social; Integración e inmigración; Accións de apoio ás familias; Enerxías renovables ou Emprego para grupos de exclusión.

As actividades do proxecto son:

1. Cursos intensivos de formación

A concelleira de Igualdade e Xuventude Laura Fernández Martínez participou no seminario celebrado na Coruña os pasados 6 e 7 de abril do 2010. No seminario (impartido integramente en Inglés) formouse un grupo de traballo de traballadores e traballadoras municipais e cargos electos para dotalos de ferramentas metodolóxicas e de os coñecementos precisos para participar en redes de traballo temáticas e para a elaboración e presentación de diferentes proxectos ao Programa “Europa cos cidadáns”.

A temática escollida foi a de Igualdade de xénero.


Ao mesmo tempo en Suecia (Lulea), Italia (Bologna) e mais Finlandia (Helsinki) tamén se celebraron seminarios dirixidos aos traballadores e traballadoras dos concellos das entidades participantes de cada país.


2. Unha vez rematados os seminarios, se realizaron os Encontros Transnacionais

A mediados do mes de xuño realizouse un Encontro Transnacional en Rimini, Italia, ao que asistiron algúns dos participantes nos seminarios de cada país socio no proxecto. Este encontro, de 3 días de duración tivo como obxectivo desenvolver ideas para novas redes. Houbo sesións de grupo moderadas por expertos e representantes das entidades sociais e obradoiros específicos con especialistas en calidade e xestión da construción de redes. O idioma do encontro volveu a ser o inglés.

A Deputación da Coruña seleccionou finalmente á concelleira Laura Fernández para a súa participación neste Encontro Transnacional.


3. Evento Final en Bruselas

Os días 18 e 19 de novembro, realizouse a presentación dos resultados finais do proxecto en Bruselas.

O día 18 realizouse unha xornada dirixida aos socios do proxecto mentras que o día 19 foi unha xornada aberta ao público e con representación da Comisión Europea, cun debate entre os participantes dos 4 países e unha reflexión sobre as distintas cuestións relacionadas co programa "Europa cos cidadáns". O idioma do encontro foi novamente o inglés.



Como parte da viaxe, realizouse unha visita ao Parlamento Europeo acompañados por Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo.
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 26-11-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 25-11-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Cambre contribúe con 32.647 euros ao proxecto do Fondo Galego no Haití
- A asociación municipalista e mais o Fons Català de Cooperació cofinancian unha intervención de post-emerxencia en tres municipios da fronteira nordeste

- A iniciativa de reconstrución do tecido institucional local promove, entre outros aspectos, accións formativas para erguer casas resistentes aos terremotos

Cambre, 17 de novembro de 2010. O Concello de Cambre achegou 32.647 euros á intervención de post-emerxencia que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de pór en marcha no Haití. O proxecto permitirá, entre outras cuestións, formar preto dun cento de persoas en técnicas de construción antisísmicas e anticiclónicas con materiais tradicionais. A iniciativa, formulada canda o Fons Català de Cooperació, desenvolverase nos municipios de Carice, Vallières e Monbin Crochu, na fronteira nordeste coa República Dominicana. A entidade municipalista achega 160.000 euros procedentes de diversas administracións socias e algúns cidadáns que realizaron as súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta tras o devastador terremoto do 12 de xaneiro.

O proxecto de apoio ao desenvolvemento local presentado polo Fondo Galego actúa en varias frontes co fin de crear capacidades rexionais para mellorar as condicións de vida da poboación en equilibrio coa natureza, e así disipar os riscos e mitigar os desastres provocados polos fenómenos naturais na illa caribeña. Trátase, en definitiva, de apoiar as institucións e ás organizacións sociais para fortalecer a súa capacidade de desenvolveren plans de acción que disipen esa vulnerabilidade, aplicando políticas para o uso e ocupación do solo e sensibilizando á cidadanía para unha axeitada xestión da terra.

Para conseguilo, dunha banda impulsarase un programa intermunicipal de concertación de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o crecemento económico e a prevención de riscos. Tamén se adaptarán os plans de estudos que afectan aos 60 alumnos do Centro de Formación Profesional de Carice de acordo aos novos retos nas disciplinas de agroecoloxía, construción local adaptada, socio-administración e economía social.

Ao mesmo tempo, construirase un centro polivalente intermunicipal que se constituirá como un espazo intercomunal para o desenvolvemento local. Erguerase con estruturas e materiais resistentes aos terremotos e os furacáns que terán en conta a recuperación do medio ambiente e o emprego de elementos tradicionais. Entre eles destacan a arxila e o bambú, principalmente a clase chamada ‘guadua’, tamén coñecida como ‘aceiro vexetal’, que está a dar excelentes resultados noutros países de tradición sísmica. De xeito paralelo impartirase un taller sobre economía social e fortaleceranse as capacidades dos produtores coa plantación de bambú e outras especies vexetais, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construción. A edificación resultante será un exemplo para futuras vivendas na zona e servirá como práctica para unhas 90 persoas que sairán graduadas en construción.

A iniciativa cofinanciada en Haití polo Fondo Galego de Cooperación terá aínda un cuarto resultado. Crearase un sistema de información intercomunal en base á vulnerabilidade da poboación en relación aos riscos e desastres que implicará aos comités de Protección Civil de cada un dos tres municipios. En total, calcúlase que o proxecto completo repercutirá sobre preto de 500 beneficiarias e beneficiarios que se seleccionaron tendo en conta, entre outros, criterios de equidade territorial urbano-rural e de equidade de xénero. Son institucións, organizacións locais, profesionais e estudantes, aínda que se considera que indirectamente os efectos positivos repercutirán sobre os 64.000 habitantes que suman Carice, Vallières e Monbin Crochu.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que actualmente engloba a 96 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Foi fundado en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste modo de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.

Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade mantén aberta a conta de emerxencia para a reconstrución do Haití.

Secretaría Técnica do Fondo Galego
Tel. 986 357 238
www.fondogalego.org

Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 22-11-2010 20:44
# Ligazón permanente a este artigo

DESTINATARIOS:

Mozas e mozos de 16 a 30 anos.

INSCRICIÓNS:

Do venres 19 ó xoves 25 de novembro.

Na OMIX de 10-14 h/18.00 a 20.00h.
Tel: 981 613 170

Na Casa da Xuventude
(PIX Casa das Palmeiras)
Tel: 981 612 103

No PIX da Barcala de 18.00 a 20.00.h Tel: 981 654 814

PREZO: Gratuito


Solicitude de INSCRICIÓN-emprego e vivenda

Categoría: Xuventude - Publicado o 22-11-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
A cooperación galega sufrirá un recorte do 19,4% en 2011
Segundo informe da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento, a Xunta de Galicia e o Partido Popular incumpren sistematicamente os compromisos de aumentar o orzamento destinado á loita contra a pobreza

O informe 'Unha cooperación pobre para os máis pobres' analiza o descenso que, en 2011, sufrirán estas partidas. [ler máis]
Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 22-11-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación para o 25 de novembro de 2010, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º- Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 26 de agosto de 2010 e sesión ordinaria do día 30 de setembro de 2010

2º- Proposta de Alcaldía respecto do nomeamento de representantes da corporación nos consellos escolares

3º- Proposta de aprobación de expediente de modificación de crédito: Suplemento de crédito número 3/2010

4º-Aprobación, se procede, do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS 2011
plenos

5º- Aprobación, se procede, do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Cambre 2011-2015

6º- Mocións

7º- Informes da Alcaldía

8º- Rogos e preguntas


----------------------------------------
----------------------------------------

----------------------------------------
----------------------------------------


Categoría: Plenos - Publicado o 22-11-2010 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Masivo respaldo cidadán á manifestación en defensa da sanidade e contra a política privatizadora do PP


Despilfarro e peor servizo para a cidadanía, con máis listas de espera

Santiago de Compostela, 21 Novembro 2010

Guillerme denuncia que `"a politica sanitaria do PP consiste en privatización, estrago de fondos públicos e peor servizo para os galegos e galegas" [...]

Categoría: Benestar - Publicado o 21-11-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Anuncios - Publicado o 19-11-2010 14:20
# Ligazón permanente a este artigo

A activista sahariana pide que a opinión pública intensifique a presión política sobre Marrocos

Bruxelas, 16 Novembro 2010.

A activista en defensa dos dereitos do pobo sahariano Aminatou Haidar estivo hoxe no Parlamento Europeo convidada pola Alianza Libre Europea –da que fai parte o BNG- para participar nunha conferencia sobre o Sáhara Occidental perante o Acordo da Unión Europea con Marrocos, que nestes momentos está en fase de reunións técnicas en Bruxelas.
[ler máis]



Categoría: Anuncios - Publicado o 17-11-2010 19:28
# Ligazón permanente a este artigo

DEIXATE DE CONTOS PDF


Información de interese

Datos de violencia machista no concello de Cambre:

- Denuncias 2009 46 casos
- Denuncias 2010 35 casos

- Ordes de protección en vigor:

· 34 por violencia xénero
· 7 por violencia doméstica de fillos a pais e nais
Campaña de prevención da violencia de xénero 2010
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 15-11-2010 22:00
# Ligazón permanente a este artigo

3º Foro de participación cidadá, sábado, 27 de novembro de 2010, de 10.00 - 13.00 h.

Lugar: Colexio de Cambre

ACTA DO 1º FORO
Acta do 1º foro
Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 11-11-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
“O servilismo de Feijóo ante o Papa colócao entre o Tea Party e o nacionalcatolicismo baixo palio

Guillerme cualifica as declaracións do Papa de "inxerencia intolerábel" e denuncia o "fiasco de planificación e o despilfarro" do PP

"Destinaron máis de 3 millóns de euros en previsión da chegada de 200.000 persoas a Santiago e ao final encheron a duras penas o Obradoiro", afirma o portavoz nacional [...]

----------------------------------------
----------------------------------------

----------------------------------------
----------------------------------------


Categoría: Anuncios - Publicado o 08-11-2010 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Anuncios - Publicado o 08-11-2010 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal