POR UNHA MAREA GALEGA


Cambre acolleu un acto cívico institucional contra a violencia de xénero


A concelleira de Igualdade, Laura Fernández, deu lectura ao manifesto aprobado polo Pleno da corporación


A Coruña, 25 de novembro de 2009.-

Numerosas persoas se concentraron esta mañá diante da Casa Consistorial na celebración dun acto cívico convocado desde o concello de Cambre en conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia Machista. Neste acto participaron representantes dos grupos municipais da corporación e contou coa presenza das forzas de seguridade que operan na localidade, Guardia civil e Policía Local. Representantes de distintas asociacións de Cambre e de cidadáns e cidadás, que a título individual, quixeron manifestar o seu activismo contra a violencia e a súa solidariedade coas vítimas.

Ao remate da concentración, Fernández, lembrou que en Cambre existe unha partida específica nos orzamentos para axudar ás mulleres agredidas, e que se creou precisamente por unha iniciativa do BNG no pasado ano, apoiada por todos os grupos. Insistiu en que, desde a súa concellaría, continuará o labor de concienciación e difusión das ideas da solidariedade e da igualdade que contribúan a poñerlle cerco á violencia machista. Manifestou, ademais, que boa parte dos esforzos se centraran na coordinación e reforzo dos medios de prevención e axuda.
letra capital


Foi a concelleira de Igualdade e Xuventude, a nacionalista Laura Fernández, a encargada de ler o manifesto institucional que, recentemente aprobou o Pleno da corporación municipal por unanimidade. Este manifesto insta á unidade social e institucional na loita contra a violencia machista e avoga polo necesario de cambio de roles para chegar a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Tras a lectura do manifesto, a concelleira, pediu un minuto de silencio en lembranza das mulleres vítimas de agresións.


id



Categoría: IGUALDADE - Publicado o 25-11-2009 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG demanda xenerosidade para levar adiante o novo Consorcio comarcal coa integración da Coruña
letra capital

A Coruña, 25 de novembro de 2009.-

A portavoz comarcal do BNG, Silvia Seixas, acompañada de Abel López Soto, alcalde de Sada, Xabier Iglesias, primeiro tenente de alcalde de Cambre, e de Henrique Tello, primeiro tenente de alcalde da Coruña, presentou esta mañá en rolda de prensa a posición dos nacionalistas sobre a ampliación do Consorcio das Mariñas.

Os portavoces nacionalistas insistiron no positivo do camiño que se está a iniciar, coincidente coas reivindicacións históricas do BNG na Comarca da Coruña, que debe permitir resolver grandes problemas e retos que ten diante a área metropolitana da Coruña, como a mobilidade, a ordenación territorial ou o tratamento do lixo, dixeron

Anuncian que para o BNG será válida calquera solución que sexa válida para todos


Xabier Iglesias participou con outros dirixentes nacionalistas da comarca coruñesa explicando a posición do BNG sobre a ampliación do Consorcio das Mariñas



Os comparecentes explicaron que o BNG demanda, do conxunto das institucións implicadas na ampliación do Consorcio comarcal, xenerosidade á hora de levar adiante o proceso de integración da Coruña. Neste sentido, salientaron que “a solución que sexa válida para o conxunto das administracións implicadas será válida para o BNG, sempre e cando non lesione os dereitos nin os intereses de ninguén”.

Insistiron ademais en que a cidadanía está expectante e que agarda dos concellos que se poñan de acordo na solución dos problemas que son comúns a todos. O BNG está nesa liña, dixeron, e centrará todos os seus esforzos en promover os acordos e o consenso.

Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2009 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Iglesias anuncia a remodelación da rede viaria de Amil que incluirá unha reordenación do tránsito


Cambre destinará máis de 420.000 euros a mellorar calzadas e adecuar vías que serven de circunvalación da capital municipal





Cambre, 21 de novembro de 2009.-

O Concello de Cambre certifica o seu compromiso cos centos de veciños que residen no núcleo de Amil, a escasos metros da capital municipal. O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, anuncia a inmediata remodelación das rúas do barrio, a renovación da rede de pluviais e a mellora do abastecemento.

“Aproveitaremos para ensanchar algún treito moi utilizado nos últimos tempos para evitar o paso pola capital, que serve para ir da estrada do Temple á Telva”, apunta Iglesias. Desta forma, o Concello aposta por proporcionar alternativas válidas aos condutores e diminuír así a carga de circulación que soporta a estrada que comunica O Paraugas con Cambre.

A implantación dun plan de circulación constitúe unha das principais demandas dos residentes de Amil. Iglesias entende que coa renovación dos firmes das calzadas e a instalación de sinalización baseado nun plan de reordenación do tránsito garantirá unhairculación normal polas rúas da localidade. ”Coa mellora da mobilidades, subirá tamén a calidade de vida dos centos de residentes de Amil”.




Pleno

O equipo de goberno elevará ao pleno ordinario, que se celebrará o vindeiro xoves, a proposta de actuacións a incluír no Plan de Obras e Servizos para trasladala á institución provincial. As obras que se propoñen consisten na renovación de firmes, apertura de distintos camiños, melloras da rede de abastecemento, ensanchado puntual de vías, colocación de sinalización e reforma da rede de pluviais co entubado de cunetas. Nalgúns casos, co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos camiñantes, mellorarase ou construirase algunha beirarrúa, casos de Cecebre ou a Travesa da Coutelana no Temple

A duración prevista para o desenvolvemento de todos os traballos enmarcados no proxecto ascende a cinco meses.



letra capital

En total, ao goberno local destina 75.000 euros dos 422.000 que recibe en virtude do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña á reforma de Amil. O proxecto consiste na reposición de todos os asfaltados, o ancheamento dalgúns dos camiños, e a canalización das augas pluviais.

A actuación de mellora da rede viaria precederá á execución dun plan de reordenación do tránsito en Amil. O proxecto consistirá no establecemento de sentidos únicos de circulación, coa dotación de sinalización vertical e horizontal, que faciliten aos veciños a mobilidade polo núcleo. “Hai que ter en conta que esta barrio conserva a estrutura de rueiros medieval, moi estreitos e de trazado sinuoso, que impide un tránsito de vehículos e de persoas adaptado aos usos de hoxe”, explica o primeiro tenente de alcalde.

A intervención en Amil servirá tamén para completar a malla de abastecementos de auga. “Con esta operación se culminará o forte investimento iniciado co FEIL, que supuxo a renovación dás redes de abastecemento deste barrio”, sostén o concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos.

letra capital

En concreto, a remodelación das calzadas acometerase en 20 camiños municipais situados en Amil, Espírito Santo, Meixigo, Pravio, Mercuìn, A Rocha, Anceis, ou Cecebre. Mentres, as intervencións na rede de pluviais levarán a cabo na Pena da Nosa Señora, Samosteiro e Meixigo, ademais de Amil, onde tamén se ampliará a rede de abastecemento.

Xabier Iglesias expresou ou seu convencemento de que estes proxectos contarán co apoio unánime de toda a Corporación. “Estamos a falar de intervencións demandadas dende hai anos polos veciños dos distintos lugares, e que por fin poden ser realidade”, dixo.


Categoría: Infraestruturas - Publicado o 22-11-2009 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario - 26 de novembro de 2009

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 15 de setembro de 2009, con carácter supletorio da correspondente ao día 27 de agosto de 2009, e á sesión ordinaria do día 24 de setembro de 2009

3º.- Proposta de aprobación do expediente de modificación orzamentaria de transferencia de crédito número 8/2009

5º.- Aprobación, se procede, do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS 2010

7º.- Informes da Alcaldía



2º.- Proposta de prórroga da delegación na Deputación Provincial da Coruña das competencias en materia de xestión tributaria e recadación

4º.- Proposta de aprobación do expediente de modificación orzamentaria de suplemento de crédito número 4/2009

6º.- Mocións

8º.- Rogos e preguntas
Categoría: Plenos - Publicado o 22-11-2009 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
A concelleira de Xuventude mantén un encontro cos colectivos xuvenís para o deseño da pista de “skate” que se construirá no vindeiro ano
letra capital

Cambre, 20 de novembro de 2009.-

A concelleira explicou o punto no que se atopan as xestións para sacar adiante este proxecto, que está incluído dentro do programa “ARUME” e que constituíu unha das propostas do programa electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais.

A concelleira de Xuventude explicou na xuntanza o estado actual dos traballos. Indicou que até este momento centraron os esforzos na localización das parcelas máis axeitadas e que dispuxeran de todas as condicións para a instalación deste equipamento. Manifestou que unha vez localizadas e contando co acordo dos colectivos xuvenís, pasarán a desenvolver todos os procedementos técnicos e orzamentarios para que a pista sexa unha realidade o vindeiro ano. De entre os mozos xurdiron novas propostas de localización da pista que a concelleira comprometeuse a estudar. Indicou que calquera que se elixa debe contar con dúas condicións: que sexa de titularidade municipal e que teña viabilidade urbanística.


A concelleira do BNG, Laura Fernández, titular da área de Xuventude e Igualdade, mantivo na tarde de onte unha xuntanza con mozos e mozas de distintas asociacións xuvenís de Cambre co fin de expoñer o proxecto de construción dunha pista de “skate” municipal.


Neste encontro participaron afeccionados ás diferentes modalidades de usuarios deste tipo de instalacións, “skaters, bikers e rollers”, cos que a concelleira quixo iniciar a toma de contacto. “Eles serán os usuarios e debemos contar coa súa opinión”, dixo. Ademais foron convidados representantes das organizacións xuvenís dos partidos con representación municipal. Fernández indicou que quería lograr o máximo de participación e transparencia nas políticas para a mocidade.

letra capital

Na xuntanza acordouse, así mesmo, manter novos encontros en próximas datas para achegar propostas de deseño sobre as instalacións.
Categoría: Xuventude - Publicado o 21-11-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Protesta contra os despedimentos e o recorte de servizos no Consorcio


Os traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Servicios Sociais teñen en grave perigo os seus postos de traballo coa conseguinte supresión dos servicios que se prestaban.












Solidaricémonos con eles engadindo a nosa sinatura: sinatura


Folleto informativo.



Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 20-11-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a obra de eliminación de barreiras arquitectónicas na Barcala




Cambre, 19 de novembro de 2009.-

Co aporte de terras e peche da zona de obras deron comezo as obras que permitirán a eliminación dunha importante barreira arquitectónica na Urbanización da Barcala.

Esta obra, que custará entorno aos 50.000€, facilitará o acceso á zona de ocio deste importante barrio de Cambre.

Xabier Iglesias destacou que esta obra nace do acordo ao que chegou, en nome do BNG, co Alcalde logo da negociación dos orzamentos do pasado ano, dentro dun marco de intervencións na Barcala.

O concelleiro de Obras e 1º tenente de Alcalde manifestou a súa satisfacción polo comezo desta obra. “Estamos demostrando que cumprimos os acordos acadados, e iso é importante, pero non só entre os partidos que formamos o goberno, tamén cos veciños, que é o que realmente interesa”, dixo.

id

Informou que esta é a primeira dun conxunto de actuacións que se acometerán por unha brigada de obras municipal, agora mesmo en proceso de contratación.

Destacou que este acceso facilitará o achegamento a unha zona da urbanización que inclúe un parque infantil, a pista polideportiva e os novos locais municipais que se acaban de preparar.




Categoría: Infraestruturas - Publicado o 19-11-2009 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Os medios de intervención municipal dedican esta semana a operacións de mantemento e reparación logo das treboadas do pasado fin de semana




Cambre, 19 de novembro de 2009.-

Tanto a brigada municipal de obras como o operativo de Protección Civil, tiveron un papel fundamental durante os temporais do último fin de semana. Desde o luns, ademais, a brigada de obras e outros medios técnicos contratados especialmente, están a desenvolver un importante esforzo nas reparacións dos danos causados. O concelleiro de Medioambiente e Obras, o nacionalista Xabier Iglesias, explicou que non só se está a intervir en reparacións e restitución de servizos, senón que deu instrucións para que se acometan reformas en distintos lugares co fin de que non se volvan a producir danos cando repitan fenómenos meteorolóxicos adversos.

id
id

Técnicos municipais acompañaron ao concelleiro durante a mañá do luns percorrendo os puntos máis afectados polo temporal. Durante a inspección se determinaron as prioridades na intervención que, durante esta semana, está en marcha. Lugares como o Pombo ou a Urbanización dos Castros do Bosque en Cecebre, o Drozo en Cambre, ou diferentes rueiros da parroquia de Pravio son algúns dos puntos onde se intervirá durante estes días.

Así, o concelleiro, indicou que se están procurando solucións permanetes na evacuación das augas pluviais en diferentes puntos. “É mellor esforzarse agora e non ter que estar permanentemente co medo no corpo”. Facía referencia ás penalidades que algúns veciños teñen que soportar ante as choivas fortes. “Imos facer todos os esforzos posíbeis na prevención”, indicou.




Categoría: Infraestruturas - Publicado o 19-11-2009 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Iglesias reclama que o “ofrecemento de negociación” sobre a vía Ártabra, non agoche un retraso na construción da infraestrutura





As alegacións foron consensuadas con todos os grupos e aprobadas en Pleno, polo que a Xunta coñece a posición de Cambre



Cambre, 18 de novembro de 2009.-

O Concello de Cambre apóiase nas alegacións á construción da Vía Ártabra aprobadas polo pleno ante o anuncio da Xunta de consensuar o trazado durante o transcurso da redacción do proxecto. Os reparos acordados pola corporación datan da sesión celebrada no mes de xuño de 2008. Dende entón, no mes de marzo pasado, o Concello recibiu unha resolución autonómica nas que só se estiman unhas cantas das observacións.

Insistiron en que a posición non é de Goberno posto que foi adoptada por toda a corporación, en referencia ás alegacións aprobadas por unanimidade en Pleno. “Agardamos que sexa fácil chegar a acordos tendo en conta que en Cambre xa se conseguiu entre afectados, veciños e grupos políticos”.

O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos apunta que a solución proposta polo Concello xa foi ofrecida fai tempo e “comunicada por escrito” á administración autonómica. Por iso, urxe á Xunta a “cumprir os prazos”. “O que pide a corporación está moi claro, polo que non hai que lle dar máis voltas”, afirma.

Alegacións

Entre as alegacións cabe mencionar a oposición á peaxe que se quere impor na AP-9 en dirección A Coruña. O Concello entende que esta decisión implica a creación dun ramal desde a estrada AC-221 cara á Gándara que afecta directamente a un área húmida especialmente protexida como é a que se atopa entre ese núcleo e a autoestrada. Esta área, pola súa importancia dentro do sistema ecolóxico e paisaxístico, está incluída no Catálogo de Áreas e Elementos de Especial Protección das Normas Subsidiarias da Planeamento de Cambre e sobre ela non se permite ningunha clase de construción ou instalación, nin movemento de terras nin apertura de camiños. Ademais, este espazo natural, ao estar catalogado, tamén se inclúe no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. Calquera intervención en tales bens precisa dunha autorización da Consellería de Cultura.

Esta formulación xa se recollía no Plano Sectorial dá Rede Viaria aprobado en 2001, do que esta Vía Ártabra forma parte, ao indicarse que “a eliminación das peaxes é básica se se quere conseguir que o sistema viario comarcal funcione”.




id

Dende o goberno local valórase a oferta de consenso feita pública onte pola Xunta, e se indica que os aspectos que Cambre quere modificar xa foron comunicados á Xunta con total precisión.

Neste sentido, o primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Igrexas, espera que a nova negociación anunciada pola Xunta “non demore” o comezo dos traballos de construción da estrada. “É unha infraestrutura necesaria para a comarca e a situación de colapso do tránsito non permite maior dilación, argumenta.

id


Á marxe do manifestado, que de seu xa invalidaría o ramal da peaxe, o Concello considera que non ten xustificación. A imposición dunha peaxe nunha autoestrada leva unha diminución importante da circulación de vehículos na mesma, coa consecuente sobrecarga do resto do viario local.

A resolución contradí tamén o acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado o 29 de xullo de 2004 polo que se aprobaba definitivamente o Plan Sectorial dá Rede Viaria dá Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo, no que se indicaba que “o planeamento de Cambre deberá incluír unha solución que una o polígono industrial de Cambre coa A-6, con características de VR-80 entre o polígono e a AP-9 e, e con características de C-80 e accesos controlados entre a AP-9 e a A-6.” É dicir, optouse por este treito da Vía Ártabra como unha estrada convencional ou vía rápida e non unha autoestrada como agora se pretende.


Categoría: Vía Ártabra - Publicado o 19-11-2009 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario 20 de novembro de 2009




Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 13:00 horas, coa seguinte orde do día


1º.- Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleiro presentada por don José Venancio Salcines Cristal


2º.- Toma de coñecemento da renuncia expresa a ser proclamado concelleiro electo presentada por don Roberto Antonio Naveira Filgueiras, e proposta de designación da persoa á que corresponde cubrir a vacante



Categoría: Plenos - Publicado o 17-11-2009 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha Solidaria Contra a Violencia de Xénero


Categoría: IGUALDADE - Publicado o 12-11-2009 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello comeza un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas na Barcala


O proxecto remodelará os accesos ao paseo da urbanización para permitir o seu uso a persoas con mobilidade reducida

Con esta obra dan comezo as intervencións comprometidas para a mellora e mantemento do barrio no acordo de orzamentos e goberno que promoveu o BNG

Cambre, 10 de novembro de 2009.-

O Concello de Cambre iniciará nas próximas semanas un plan de eliminación de barreiras arquitectónicas na urbanización da Barcala, un dos núcleos con maior poboación do municipio. O primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, anuncia que a actuación persegue facer do barrio “un espazo totalmente adaptado e accesible para as persoas con mobilidade reducida”.

Por iso, a intervención municipal consistirá na construción dunha gran rampla que comunique dunha forma accesible as beirarrúas da rúa do río Barcés co paseo. “Trátase dunha vía idónea para o paseo e o lecer, ademais de constituír no camiño de entrada a diferentes equipamentos municipais, e desde o Concello debemos garantir o acceso para todas as persoas”, razoa Igrexas.



En total, o goberno local destinará un montante de 55.000 euros para a primeira das fases. O proxecto xa foi adxudicado de forma provisional, e as obras comezarán nas próximas semanas. O prazo de execución previsto ascende a un mes.

A remodelación urbanística da Barcala constituíu unha das actuacións adiantada polo edil nacionalista e o alcalde, Antonio Varela, nunha visita que realizaron fai meses ao núcleo e que serviu de base para a negociación dos orzamentos municipais, e constituíu unha das propostas do BNG para incluír no plano de investimentos municipal.



O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos, avanza que a primeira fase do proxecto centrarase en mellorar o acceso ao paseo da Barcala, que discorre en paralelo á vía do tren, no extremo da urbanización. Actualmente, para acceder desde a rúa do río Barcés, onde se sitúa o centro sociocultural, cara ao mencionado paseo, os transeúntes vense obrigados a atravesar distintos tramos de escaleiras.

No punto onde finalizará a rampla emprázase unha pista polideportiva, un parque infantil, os reformados locais do Concello que se destinarán a usos múltiples, e a futura sala de ensaio, que construirá Cambre a cargo do novo Fondo Estatal de Investimento Local. “Hai que garantir a utilización dos equipamentos públicos por parte de todos os veciños e veciñas que ou desexen”, reitera o concelleiro.

Coa obra, o Concello tamén propiciará o acceso de vehículos se servizo ás instalacións municipais para realizar tarefas de transporte de materiais e de mantemento das instalacións municipais.

Segunda fase

A construción da rampla só constitúe a primeira parte das actuacións que prepara a Concellaría de Obras para a urbanización cambresa. Iglesias anuncia que nas próximas datas realizarase unha segunda fase, que redundará na mellora do acceso ao paseo. “No extremo da escola infantil, a entrada se fixo en distintos puntos con escaleiras que tamén imos eliminar”, avanza.

O portavoz do BNG reiterou, así mesmo, que estas obras son parte do plan de obras para a Barcala que se ten marcado como obxectivo nos próximos meses. Explicou que xa está en marcha a contratación dunha brigada especial de obras que acometerá diferentes traballos de mantemento e mellora no barrio. Comentou que a contratación esta en curso marcha e que confía que comece o seu labor a finais deste mes.






Categoría: Benestar - Publicado o 11-11-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello impulsa un proxecto de voluntariado para dinamizar o Camiño Inglés no Xacobeo 2010




Os participantes, en colaboración con Protección Civil, apoiarán aos peregrinos e montarán unha oficina de información da ruta







Cambre, 9 de novembro de 2009.-

O Concello de Cambre une voluntariado con turismo para pór en valor o Camiño Inglés de cara ao próximo ano santo. O goberno local acaba de deseñar o proxecto “Catuxa” co obxectivo tanto de dinamizar o traxecto do Camiño de Santiago que atravesa o municipio como de aproveitar a gran afluencia de persoas prevista para 2010 e promocionar o propio concello. Será unha iniciativa que vinculará a actuación directa de, cando menos, catro concellarías do goberno local. As áreas de Seguridade, Solidariedade, Xuventude, Turismo e Patrimonio, terán un papel destacado no funcionamento deste programa.

Así, a actuación consiste en que voluntarios cambreses apoien e asesoren aos peregrinos que se dirixen a Santiago no treito que lle corresponde ao municipio. Para iso, os participantes formarán pequenas patrullas que se distribuirán pola ruta para estar dispoñíbeis ante as posíbéis necesidades que lles xurdan aos peregrinos. Así mesmo, o Concello abrirá unha oficina de información, que atenderán os voluntarios. Estas dúas accións desenvolveranse nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, xa que no verán se producirán un maior número de desprazamentos a Santiago.

Para realizar estas tarefas, os voluntarios recibirán primeiro, no mes de maio, un curso de formación co fin de establecer o protocolo de actuación e unificar criterios. Posteriormente, en xuño, realizarán unha ruta polo Camiño Inglés para coñecer ao detalle cada quilómetro e os distintos elementos patrimoniais culturais e naturais que existen xunto á vía, para mostralos logo aos peregrinos.

O proxecto apenas suporá un pequeno desembolso para as arcas municipais. O Concello estima que o pago de indemnizacións ás persoas voluntarias por desprazarse e por manutención roldará os 4.500 euros.

idForzas de seguridade

O equipo de goberno pretende involucrar tamén na actuación ás forzas de seguridade que operan no municipio. De momento, a Concellaría de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade que dirixe Antón Otero xa acordou a participación do servizo de Protección Civil. Os efectivos patrullarán dacabalo polo Camiño Inglés para atender aos peregrinos. Nas próximas datas, o goberno local manterá reunións coa Policía Local e Garda Civil co obxectivo de fixar un dispositivo de vixilancia especial para o Camiño no próximo ano.

Papel da Xunta


O concelleiro de Solidariedade, Antón Otero, e a edil de Xuventude, Laura Fernández, aproveitaron a reunión que mantiveron a pasada semana co Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, para presentar o proxecto “Catuxa” (Cambre-Turismo-Xacobeo). O dirixente autonómico aplaudiu a actuación de posta en valor do Camiño e augurou que encaixaría pefectamente coas accións dinamizadoras do Xacobeo que prepara a Xunta.

Nese mesmo encontro, os concelleiros preguntaron pola subvención económica que concede anualmente a Xunta para proxectos de acción voluntaria, dado que na última convocatoria produciuse un descenso importante e a contía concedida. Rodeiro comprometeuse a estudar os motivos polos que sucedeu a diminución da axuda.


Categoría: PARTICIPACIÓN CIDADÁ - Publicado o 09-11-2009 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova manifestación entre Cambre e Culleredo esixiu a limpeza da Ría



Concelleiros do BNG de Cambre acompañaron a comitiva en apoio ás reivindicacións da Plataforma Cidadá




Cambre, 8 de novembro de 2007.-

Centos de veciños e veciñas dos concellos ribeiráns manifestáronse esta mañá reclamando a intervención dos distintos gobernos na recuperación ambiental da Ría do Burgo. Os manifestantes percorreron un bo tramo do paseo que circunda a Ría entre os concellos de Cambre e Culleredo.

id Ás 12 da mañá se concentraron no contorno da Casa das Palmeiras do Temple exhibindo distintas pancartas que resumían o motivo da protesta. Entre os representantes políticos presentes se encontraban os portavoces nacionalistas no Parlamento Galego, Carlos Aymerich e no congreso dos deputados, Francisco Jorquera. Por parte municipal participaron na comitiva os edís do BNG de Cambre, Xabier Iglesias, Antón Otero e Laura Fernández, que quixeron coa súa presenza, amosar o compromiso do BNG no goberno municipal de Cambre de contribuír á erradicación dos vertidos que acaban na Ría.

O portavoz nacionalista e concelleiro de Medio Ambiente de Cambre, Xabier Iglesias, aproveitou a oportunidade para declarar que nos pouco máis de dous meses que levan á fronte das súas áreas no goberno local, se teñen marcado como obxectivo prioritario a erradicación dos vertidos de todo tipo que se están a producir, tanto á Ría como a distintas canles fluviais do territorio municipal.

Iglesias explicou que o traballo será longo e que será necesario que haxa unha forte colaboración da Xunta de Galiza e do goberno Central. “Por nós non vai ser”, dixo, afirmando que o concello de Cambre poñerá todos os medios aos seu alcance nesta tarefa.

Neste sentido, precisou que se está a abordar un completo programa de traballo que inclúe inversións fortes, en referencia á substitución dos colectores de pluviais da Rúa Pígara, no Graxal, do que se está a redactar o proxecto cunha estimación de custes de 400.000€, como a intervencións máis pequenas en distintas rúas do Temple nas que se procura detectar enganches irregulares ás redes de recollida de pluviais. Por outra banda, insistiu en que estes días se teñen aberto un total de 17 expedientes sobre puntos de vertido en diferentes lugares do Concello e que darán lugar as pertinentes ordes de execución para eliminar os focos de contaminación.

O 1º tenente de alcalde felicitou á Plataforma na Defensa da Ría pola convocatoria. Explicou que é necesario manter a mobilización cidadá para que non se esqueza que a limpeza das augas é unha asignatura pendente para as administracións competentes. Lamentou que non se encontraran entre os manifestantes representantes dos partidos que sustentan os gobernos central e autonómico e, afirmou, que os votantes e militantes socialistas e populares tamén queren accións firmes de rexeneración da Ría e agardan que os seus representantes institucionais en Galiza e Madrid actúen dunha vez.

id


Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 08-11-2009 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello abre 17 expedentes informativos por vertidos a distintos ríos do municipio

id


Os propietarios terán que selar os desagües e canalizar os vertidos á rede de saneamento ou a unha fosa séptica


Cambre, 7 de novembro de 2011.-

O Concello de Cambre ven de iniciar un total de 17 expedentes a propietarios de distintos inmóbeis situados no municipio tras comprobar a existencia de vertidos de augas fecais ás augas dos ríos. A actuación da Concellaría de Medio Ambiente, Obras e Servicios, emprendida a raíz dun informe remitido por Augas de Galicia, consistiu nun traballo de campo dos técnicos municipais que atoparon a orixe de 17 puntos de verquidos en 11 lugares.

Agora, segundo explica o primeiro tenente de alcalde , Xabier Iglesias, o Concello comunicará aos propietarios a apertura do expediente informativo para, a partir de aí, determinar as ordes de execución necesarias para eliminar os puntos de vertidos detectados. “Será necesario o selado de todos os desagües de augas residuais e canalizalos ben a través dunha fosa séptica ou ben á rede de saneamento nos lugares que exista”, sinala.

Os vertidos atopados localízanse en diversas parroquias de Cambre e terminan en distintos ríos que discurren polo Concello. Así, os 17 puntos sitúanse nas parroquias de Cecebre, Bribes, Santa María de Vigo e Cela, e verten ao caudal dos ríos Mero, Gándara ou o Brexa.

Iglesias explica que a maior parte dos verquidos poden proceden de “augas residuais de lavadoiros, fregadeiros ou electrodomécticos como lavadoras ou lavavaixelas”. Noutros casos, a orixe dos puntos contaminantes sitúase no rebosadeiro de fosas sépticas, aínda que os expedientes informativos que se abran van a determinar con exactitude o carácter dos mesmos.

O primeiro tenente de alcalde resalta o traballo que levan a cabo os técnicos para atopar a procedencia exacta duns verquidos, que nalgúns casos, como os do río Mero, contribúen a danar á ría do Burgo. “Ás veces non resulta doado porque nin os propios propietarios dos inmobles se decatan de onde terminan as súas augas residuais”, razoa. Sen embargo, o concelleiro nacionalista aposta por continuar a dedicar boa parte dos esforzos do seu departamento á erradicación total dos verquidos que se producen en Cambre. “É un dos principais obxectivos que me marquei cando asumín esta área”, confesa.

id Conexións irregulares

As tarefas de detección de verquidos se centran tanto na ría do Burgo como nos ríos do municipio. No primeiro caso, o Concello céntrase en atopar conexións irregulares á rede de saneamento. Trátase de vivendas, baixos ou incluso trasteiros de edificios que verquen os residuos por erro á rede de pluviais en lugar de a de fecais, o que termina por contaminar a ría.

“Aproveitamos o plan de humanización que acometemos no Temple para atopar estes enlaces incorrectos”, afirma o edil de Medio Ambiente. Precisamente, os operarios encontraron hai días na rúa Abelairas uns enganches irregulares dun edificio, que enviaba a agua da recollda de pluviais aos conductos de fecais. “Non é tan grave como se fose á inversa, pero sobrecarga a rede de saneamento e xera máis consumo eléctrico”, sinala Iglesias. O Concello ordeou a súa reparación inmediata.

O plan de erradicación dos verquidos que emprende Cambre tamén inclúe a realización de grandes obras que requiren dunha elevada inversión. É o caso da construcción dun colector no núcleo do Graxal, na rúa Pígara, que irá desde a Nacional VI, xunto ao colexio, ata a propia ría. A actuación necesita unha inversión de 400.000 euros, que recibe a cofinanciación nun 70% da Unión Europea a través do plan Arume.

O Concello aproveitará a obra para acondicionar a rúa Pígara, que disporá de zonas compatibles para veículos e peóns, co obxectivo de humanizar a zona e garantir a seguridade vial dos transeúntes.

Tamén na mesma zona están a espera de comezar os traballos de ampliación da estación de bombeo do Temple e a renovación do colector principal do Paseo dos Templarios, obras comprometidas e aprobadas polo goberno bipartito e que agora están en proceso de contratación por parte do goberno da Xunta.




Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 07-11-2009 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello anuncia que habilitará un local de ensaio en 2010 e esixe á Xunta que adquira os equipos necesarios

id


O baixo situarase na urbanización da Barcala e financiarase a cargo do novo Fondo Estatal de Investimento Local

Cambre, 5 de novembro de 2011.-

O Concello de Cambre farase cargo das obras necesarias para crear un local de ensaio que utilizarán os grupos musicais do municipio. O anuncio prodúcese logo da reunión mantida onte entre a concelleira de Mocidade, Laura Fernández, e o edil de Participación Cidadá e Solidariedade, Antón Otero, co director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro. Os responsables cambreses trasladaron ao autonómico a petición que a Xunta executase a
actuación en 2010, pero recibiron unha resposta negativa debido á carencia dos fondos necesarios.

Por iso, o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, asegura que o goberno local incluirá a reforma dun dos baixos que dispón o Concello na urbanización da Barcala para convertelo nun local de ensaio no novo Fondo Estatal de Investimento Local. “O Concello disporá do local a finais de 2010 e logo corresponderalle á Xunta asumir a compra do equipamento”, establece.

Así, o equipo de goberno esixe á Dirección Xeral de Xuventude que se comprometa a financiar en 2011 a adquisición dos equipos que necesitará o local de ensaio para
continuar co compromiso verbal logrado na anterior lexislatura. O Concello xa iniciou os traballos de elaboración do proxecto de reforma do baixo da Barcala, que necesitará un investimento de ao redor de 150.000 euros. “Trátase dunha cantidade moi superior á que terá que achegar a Xunta”, indica o primeiro tenente de alcalde. O local disporá de dous ou tres salas de ensaio e dunha cabina de gravación, ademais dun almacén e unha oficina. Os 174 metros cadrados de superficie contarán cun sistema de illamento acústico.

Coa actuación, o goberno local pretende “garantir o acceso dous grupos musicais de Cambre, especialmente dos compostos por xente nova, a un recinto coas condicións óptimas para o desenvolvemento do seu talento”, sostén Iglesias. En total, estímase que no municipio están radicados en torno a vinte grupos, con maior ou menor estabilidade.

Doutra banda, na reunión con Xuventude, a edil Laura Fernández entregoulle un dossier coas actividades realizadas na Oficina Municipal de Información Xuvenil e cos proxectos nos que se traballa. O dirixente autonómico asegurou que a OMIX de Cambre, un dos que máis subvencións recibe en Galicia, manterá as axudas por parte da Xunta no próximo ano.


Categoría: Xuventude - Publicado o 07-11-2009 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
dignidade I + B
Categoría: Benestar - Publicado o 07-11-2009 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello prepara a rehabilitación exterior da histórica Vila Concepción

id

Os traballos centraranse no saneamento da cuberta e fachadas e a retirada das edras


O Concello de Cambre traballa na rehabilitación da histórica Vila Concepción. O inmoble, situado na parroquia do Temple fronte á rotonda do Seixal, presenta unha certa situación de deterioro, con humidades no interior, como puido comprobar o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias, que a semana pasada visitou a antiga casa señorial acompañado por técnicos municipais.

En virtude do convenio urbanístico asinado polo Concello coa promotora que desenvolve a unidade de execución número 7 (parcela onde se atopa Vila Concepción), a construtora terá que realizar un proxecto técnico no que se detallen as obras precisas para o uso que determine o goberno local. Agora, como anuncia Iglesias, o Concello aposta por emprender “un plan de conservación e rehabilitación do exterior do edificio para impedir ou seu deterioro”.

“A actuación centrarase na rehabilitación da cuberta do edificio, a retirada das edras, o saneamento e pintado das fachadas e a reparación do soportal exterior”, establece o concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos. Para o proxecto, o convenio urbanístico inclúe que a promotora destinará un importe de 177.120 euros.

A construtora xa presentou un orzamento para a obra que agora examinan os técnicos municipais. Unha vez finalizado esta análise, a empresa redactará o proxecto técnico definitivo que terá que aprobar o Concello antes de comezar os traballos. En calquera caso, a rehabilitación de Vila Concepción terá que estar completada antes da recepción final das obras de urbanización e edificación que levan a cabo en devandita unidade de execución.

Iglesias afirmou que o prioritario neste momento é realizar os labores de mantemento e conservación imprescindíbeis para evitar a degradación do edificio.


Categoría: Infraestruturas - Publicado o 03-11-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG DENUNCIA O DETERIORO DO SERVIZO 065




O BNG DENUNCIA O DETERIORO DO SERVIZO 065 NO CONCELLO DE CAMBRE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS




Santiago de Compostela, 3 novembro 09.-

Os deputados do BNG no Parlamento Galego pola comarca da Coruña, Ana Luisa Bouza e Carlos Aymerich, veñen de presentar unha iniciativa na que denuncian o deterioro do servizo 065, dependente da Xunta de Galiza, no concello de Cambre.

Os parlamentarios nacionalistas lembran que o Servizo Galego de Transporte Adaptado (Servizo 065), que atende ás persoas con discapacidade e dependentes, foi instaurado en toda Galiza pola Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar na pasada lexislatura.

No caso do concello de Cambre, subliñan que até o ano 2009, o transporte adaptado corría a conta do concello. O servizo púxose ne marcha a finais do ano 2005, en virtude a unha colaboración acordada coa entón Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar e o concello, de maneira temporal en canto non se puxera en marcha o servizo da Xunta.
“O concello -salientan- fixo un esforzo importante naquel momento, cunha forte dotación económica que fixo de Cambre un dos concellos poineiros en prestar estes servizos”.

Queixas porque a Xunta cancela as citas


Porén, advierten de que “o Goberno local de Cambre ten denunciado nos últimos días que usuarios do servizo se teñen posto en contacto co concello para protestar polas deficiencias do 065, manifestando que os responsábeis autonómicos cancelan as citas concertadas para efectuar o transporte o día anterior a pesar de térense fixado até cunha semana de antelación”.

Ante esta situación, os deputados do BNG pregúntanlle á Xunta de Galiza polos servizos de transporte adaptado que foron solicitados e se realizaron efectivamente polo 065 no concello de Cambre durante os últimos meses.

Asemade, Carlos Aymerich e Ana Luisa Bouza esíxenlle ao Goberno do PP que adopte medidas para solucionar as eivas do 065 no concello de Cambre.
Categoría: Benestar - Publicado o 03-11-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal