POR UNHA MAREA GALEGA


Entrevista na Opinión da Coruña ao Portavoz Xabier Iglesias
Xabier Iglesias Oviedo, Voceiro do Bloque Nacionalista Galego en Cambre

“Esta lexislatura caracterízase pola parálise no Goberno local”

“Se non chegamos a un pacto de goberno co PSOE, desde logo non foi por ningún impedimento que puxera o BNG”.


ANA BLASCO (La Opinión), CAMBRE, 30 de novembro de 2008. -Que balance fai do ano e medio que vai de lexislatura?

-Caracterízase pola parálise no Goberno local. O primeiro ano non saíu practicamente nada adiante, só funcionou en base a rutinas. E nesta última parte, algúns acordos dos que se adoptaron foron grazas ao noso apoio. Está por ver se o Goberno ten a capacidade de conseguilo; nós desexamos que así sexa, pero temos as nosas dúbidas.

-Por que cre que o Goberno traballou "en base a rutinas"?

-Esa é unha pregunta que hai que facerlle a eles.

-Quizais porque está en minoría?

-Están en minoría, pero tiveron un acordo co PP no inicio da lexislatura. Non estou facendo una valoración moral. De feito, debemos de ser os únicos que felicitamos ao alcalde por ter chegado a ese acordo porque sempre consideramos que o goberno de Cambre ten que ser un goberno estable. A pesar diso, non foron capaces de sacar as cousas adiante e foi unha lexislatura moi tambaleante, de moi poucas decisións, de moi pouca firmeza.

-Ao principio da lexislatura o alcalde semellaba moi disposto a chegar a un pacto de goberno co Bloque. Que foi o que fallou?

-Teño lido ese tipo de declaracións do alcalde, pero acordos non os houbo. Desde logo non foi por ningún impedimento que puxera o BNG. De feito, estamos demostrando que podemos chegar a acordos para cuestións importantes, como as prazas de educación. Esa é a nosa función e a nosa responsabilidade, permitir que un goberno funcione. A responsabilidade do goberno é executar eses acordos.

-O pacto limítase aos orzamentos ou hai outros acordos?

-Tamén para as ordenanzas fiscais de 2009. Iso é todo o que hai. O que segue habendo é a disposición pola nosa banda para chegar a acordos nos orzamentos do ano que vén ou en cuestións que sexan importantes.

-Parece que hai un maior entendemento?

-Na práctica houbo maior entendemento no sentido de que aprobamos conxuntamente os orzamentos. Da súa execución vai depender que teñamos confianza en que se poidan renovar acordos. Nós imos controlar que se cumpran.

-Ao PSOE conferiríalle maior estabilidade, ao BNG supoño que lle interesa entrar no goberno. Que é o que falla?

-Que se poña sobre a mesa sería o primeiro, pero nós non temos ningún interese especial en entrar no goberno agora porque a situación política en Cambre é moi complexa polo resultado das eleccións. O papel do BNG é procurar acordos sobre temas que sexan fundamentais para a xente, para que non se produzan máis retrasos. A cidadanía xa vai resolver en 2011 que tipo de goberno é o que quere.

-Para o 2011 aínda queda.

-Está a volta da esquina. Estamos practicamente na metade da lexislatura. Son dous invernos máis.

-Pero hai moitas cousas que poden quedar retrasadas como, por exemplo, o plan xeral.

-O plan xeral evidentemente está retrasado. Decidimos entre todos rescindir o contrato á empresa, pero non quero entrar en se fixo un bo ou mal traballo. Todo Cambre sabe o que ten acontecido desde o ano 1997, en que se empeza o plan xeral, ata a data de hoxe e estou seguro de que o van valorar dunha maneira intelixente. O que queda agora é sacar a concurso a contratación dunha nova empresa. Non imos poñer ningún pau nas rodas da maquinaria administrativa para paralizar a contratación. Gustaríanos pensar que ao remate da lexislatura contaremos co documento para que o novo goberno teña unha ferramenta urbanística para poder desenvolver o Concello.

-Que cousas está a facer mal o Goberno local?

-As cousas non saen, está todo parado, os proxectos quédanse en declaracións e as ideas quédanse en comunicados. Obviamente, un goberno que traballa ao 100% e se dedica ao que se ten que dedicar podería facer moito máis, marcando as pautas do futuro.

-Que pensa da campaña que está a facer o PP contra o Plan Sectorial de Vivenda?

-Creo que é unha irresponsabilidade total e absoluta. Haberá que modificar as cuestións que non sexan acertadas, desde o punto de vista do interese xeral de Cambre, pero é que estamos falando de que o problema da vivenda vai ter solución! O que é necesario é poñer no mercado vivenda a prezos protexidos, de calidade e en entornas urbanizados dunha maneira racional e coherente. A Xunta vai investir 50 millóns de euros en Cambre que van mover a nosa economía. Cremos que é o modelo de urbanismo para o futuro.


A continuación podes ir ao texto publicado:

Esta lexislatura caracterízase pola parálise no Goberno local...máis
Categoría: Anuncios - Publicado o 30-11-2008 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Poema de Uxío Novoneyra e música de Emilio Cao
Categoría: Poema - Publicado o 30-11-2008 12:56
# Ligazón permanente a este artigo



Arquivos en pdf:

- A Barcala-Lendoiro
- O Graxal
- O Temple
Categoría: Anuncios - Publicado o 27-11-2008 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
O Plan de vivenda será o exemplo dun novo urbanismo de calidade, o urbanismo ao servizo da xente

Declaracións de Xabier Iglesias sobre o plan de Vivenda...máis

Outros artigos no seu blog:

- Vivenda protexida para a nosa xente, aproveitemos a oportunidade

- Plan de vivenda, como auga de maio!


Arquivos en pdf:

- A Barcala-Lendoiro
- O Graxal
- O Temple


- Documento completo na web da Consellería de Vivenda e Solo
Demandantes de VPA e VPP inscritos no Rexistro de Demandantes
Categoría: Plan Vivenda - Publicado o 24-11-2008 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario 27 de novembro de 2008



Sesión ordinaria do Pleno da Corporación para o día 27 de novembro, ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión extraordinaria do día 13 de agosto e sesión ordinaria do día 28 de agosto de 2008.

2º Aprobación, se procede, do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS 2009.

3º Aprobación, se procede, do proxecto de “Mellora da estación de bombeo do Temple, incluído dentro do Plan de saneamento de Galiza. Solicitude de financiamento e compromisos de colaboración

4º Mocións

Moción do BNG:

MOCIÓN: 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

5º Informes da Alcaldía

6º Rogos e preguntas

Os presentados polo BNG:

- O Plan de vivenda protexida en exposición pública.
- O transporte de proximidade.
- A xestión dos subministro de auga.
- Obras de ampliciación do colexio do Graxal.
- Acordos adoptados polo Pleno da Corporación.

Categoría: Plenos - Publicado o 21-11-2008 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Extracto do debate no Pleno ordinario de xullo sobre a "Situación do Voluntariado de Cambre"
Pregunta feito no Pleno Ordinario. Formulada desde o noso grupo municipal diante da constatación do deterioro que está a sofrer o voluntaiado do noso concello

- O voluntariado de Cambre chegou a ser exemplar entre o voluntariado municipal en Galiza. Cal é a situación actual do voluntariado de Cambre?

...máis (debate extraído da acta do pleno)
Categoría: Benestar - Publicado o 20-11-2008 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Catálogo de Castelao
Categoría: Anuncios - Publicado o 19-11-2008 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Plan de vivenda, como auga de maio¡
"...crearemos “cidade”, e será de maneira planeada e seguindo o interese da maioría, non polo capricho especulador dos poucos de sempre...máis"


Arquivos en pdf:

- A Barcala-Lendoiro
- O Graxal
- O Temple


- Documento completo na web da Consellería de Vivenda e Solo
Demandantes de VPA e VPP inscritos no Rexistro de Demandantes
Categoría: Plan Vivenda - Publicado o 14-11-2008 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial permanece en exposición pública desde o luns 27 de outubro ata o 27 de decembro
O documento completo poderá consultarse na sede da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela (Polígono de Fontiñas-Área Central s/n), en concreto na Dirección Técnica de Solo (3º andar), onde haberá un técnico deste departamento para resolver posibles dúbidas dos interesados. O documento poderá consultarse polas mañás de 9 a 14:00 horas. Os 57 concellos nos que se vai a desenvolver algunhas das actuacións previstas dispoñen dunha copia en formato dixital do documento.

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, publica o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial para vivenda protexida, tal e como recolle no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 24 de outubro. O documento completo permanece en exposición pública desde o luns 27 de outubro durante dous meses e poderá consultarse na sede da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela (Polígono de Fontiñas-Área Central s/n), en concreto na Dirección Técnica de Solo (3º andar), onde haberá un técnico deste departamento para resolver posibles dúbidas dos interesados. O documento poderá consultarse polas mañás de 9 a 14:00 horas...máis

Arquivos en pdf:

- A Barcala-Lendoiro
- O Graxal
- O Temple


- Documento completo na web da Consellería de Vivenda e Solo
Demandantes de VPA e VPP inscritos no Rexistro de Demandantes
Categoría: Plan Vivenda - Publicado o 14-11-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración silenciosa en Cambre




Cambre, 12 de novembro de 2008.-
Ás 12 da mañá tivo lugar a concentración silenciosa diante da casa consistorial na que numerosas persoas de Cambre manifestaron a súa dor polo crime machista de onte. A solidariedade coas familias e a condea máis enérxica presidiron o acto. A corporación estivo representada polo Alcalde en funcións, que leu o manifesto acordado por todos os grupos municipais, e por portavoces, concelleiros e concelleiras do consistorio cambrés. Como mostra de colaboración institucional e de solidariedade, por parte da Xunta de Galiza, estivo tamén presente a directora xeral do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luísa Bouza, quen ofreceu a colaboración do seu departamento co concello no que fora preciso para axudar ás familias.
O grupo municipal nacionalista estivo representado polo seu portavoz, Xabier Iglesias.

Ás 8,30 da tarde tivo lugar, ademais, outra concentración convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, no mesmo lugar, á que acudiron en representación do grupo municipal do BNG, as concelleiras Sindi Becerra e Laura Férnandez.


Categoría: Anuncios - Publicado o 12-11-2008 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo caso de violencia machista golpeou hoxe as conciencias

Un novo caso de violencia machista golpeou hoxe as conciencias. Como repulsa por este asesinato, o pleno da corporación aprobará esta tarde un manifesto conxunto de todos os grupos municipais e, convocará para mañá, ás 12 da mañá, unha concentración de denuncia deste crime. A concentración terá lugar diante da casa consistorial e nela estará presente unha representación do noso grupo municipal.

O BNG expresa a súa máis enérxica condena ante o asasinato dunha muller no noso País a mans da súa ex parella...máis

Vicepresidencia condena o caso de violencia de xénero ocorrido en Vilaboa...máis

Artigo no blog de Xabier Iglesias
Categoría: Anuncios - Publicado o 11-11-2008 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG pedirá ao grupo de goberno que aprace o pleno de aprobación de ordenanzas municipais previsto para mañá



O Grupo Municipal do BNG pedirá ao PSOE que aprace o pleno de aprobación das ordenanzas municipais previsto para mañán, martes, ao comprobar que os informes da intervención municipal son desfavorábeis a boa parte das propostas de modificación de Ordenanzas para o 2009. O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, explicou que o seu grupo “consideránse defraudado por un goberno municipal incapaz de facer fronte aos seus compromisos”...máis
Categoría: Plenos - Publicado o 10-11-2008 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario: modificación ordenanzas fiscais 2009
O día 11 de novembro de 2008, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º) Proposta de aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais n.º 1, 3, 4, 5, 6, 7, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 18 e 20 para o exercicio 2009.


ORDENANZAS FISCAIS 2008
Categoría: Plenos - Publicado o 06-11-2008 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal