POR UNHA MAREA GALEGA


BNG decide sempre para Galiza



Acordo parlamentar a cambio de 52 millóns de euros para Galiza e do desbloqueo do traspaso de competencias




Informamos sobre o acordo conseguido polos deputados nacionalistas en Madrid co goberno de Zapatero. Podedes ler a información sobre a votación no Congreso da reprobación da ministra de Fomento, coas valoracións de Francisco Rodríguez. Tamén podedes consultar as declaracións de Anxo Quintana, e ler a valoración que escribiu no seu blog.

O BNG aspira a ter máis forza en Madrid para participar na gobernabilidade do Estado
Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2007 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
O Pleno debaterá mañá a creación dun fondo de emerxencia para atender a mulleres vítimas de violencia
Ademais pode producirse a primeira derrota do goberno socialista, de se manter a postura dos grupos diante dunha modificación de orzamentos


A concelleira do BNG, Sindi Becerra, presentará no Pleno ordinario de mañá, día 30, unha moción do BNG propondo a creación dun fondo económico nos orzamentos municipais para atender casos de emerxencia de mulleres vítimas de violencia machista. Segundo declarou: “non chega con declaracións de boa vontade e de solidariedade, desde os concellos temos que dar pasos na creación de instrumentos áxiles e útiles para axudar ás mulleres”. Referíndose ao imporante papel que, como administración máis próxima á cidadanía teñen os municipios, comentou que “o concello convértese nun recurso de primeira instancia nestas situación e é necesario dotármonos de ferramentas eficaces” . “...trátase de formalizar, de construír un chanzo máis, nese casa de solidariedade e apoio ás mulleres na que se ten que converter toda a sociedade, e os concellos non debemos quedar atrás”. A moción presentada polo BNG coincide coa celebración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia sobre as mulleres, sobre o que , ademais o BNG preguntará porque en Cambre se deixou pasar a oportunidade este ano de facer un acto reivindicativo dirixido á poboación, de sensibilización e denuncia desta lacra.

Ademais disto o GM do BNG presentará unha moción para que o Pleno acorde o recoñecemento público polo éxito acadado pola Escola e Banda Sementeira de Cambre, que obtivo o primeiro premio no I Certame Galego de Bandas Populares, celebrado o pasado 23 de novembro en Santiago.

Noutra orde de cousas, o portavoz municipal do BNG, Xabier Iglesias, destacou que este Pleno pode ter unhas características especiais. “De mantérense as posicións que distintos grupos políticos municipais adoptamos nas comisións informativas previas do pasado martes, probabelmente asistamos á primeira derrota en toda regra do actual Goberno Socialista” . Referíase a que a comisión ditaminou negativamente unha proposta de modificación dos orzamentos por un importe de 230.000€ . Esta modificación foi cualificada de “virtual e tramposa” por parte do portavoz nacionalista. “Non só non explican con detalle a que se vai dedicar cada un dos euros, e nos casos que o din acábase demostrando que son mentiras, senón que, ademais, os prazos non dan para que entre en vigor antes de que acabe o ano, por non falar do escandaloso aumento que pretenden en publicidade (30.000€)”, argumentou durante o debate en comisión. Recomendoulle ao goberno que trouxera a debate o orzamento de 2008 e que intentara consensualo e convencer a algún grupo de que dera o seu apoio. “Sempre é bo o diálogo entre goberno e oposición, pero cando un goberno está en minoría o diálogo é imprescindíbel” . Insistiu en que non pode ser que se sustitua o diálogo por arrogancia e por prepotencia, e en que o que está en xogo é que a cidadanía reciba servizos e investimentos aos que ten dereito, e non pode unha actitude dun goberno irresponsábel tirar isto pola borda.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 28 de novembro 2007

Imprensa
O PP apoia a última hora ao PSOE para unha modificación do orzamento
Categoría: Comunicados - Publicado o 28-11-2007 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
A construcción do Sistema Galego de Benestar
Os profesionais dos Centros de Día terán un papel protagonista na posta en marcha dun "gran reto" para Galicia: a construcción do Sistema Galego de Benestar

[27/11/07] O xerente do Consorcio e mailo vicepresidente da Xunta abriron esta mañá as I xornadas de formación do persoal dos 15 primeiros Centros de Día da rede pública galega. Ámbolos dous destacaron o papel destes profesionais como protagonistas dunha "revolución aínda maior que a posta en marcha dos sistemas sanitario e educativo públicos", en palabras de Anxo Quintana. En total, un plantel de 130 persoas que entre hoxe e mañá compartirán charlas e mesas redondas co obxectivo, segundo o xerente, de "sentirse parte dunha rede: a Rede Galega de Centros de Día, de Atención á Dependencia e do Sistema Galego de Benestar".

Quintana sinala que o servizo galego de transporte adaptado, pioneiro e referente no Estado, sitúa a Galiza na vangarda das políticas de benestar

[28/12/07] Esta primeira fase contará cunha flota de 44 vehículos cos que se dará cobertura a 130 concellos. Entre todos eles suman unha poboación potencial usuaria deste servizo que supera as 22.000 persoas (...)
Consorcio Galego de Benestar e Igualdade
Categoría: Benestar - Publicado o 27-11-2007 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas Pleno Ordinario de Novembro 2007
PRIMEIRA

En declaracións recollidas os pasados días por un medio de comunicación comarcal, o 1º Tenente de Alcalde e Concelleiro de Presidencia, manifesta que “La xunta ha asumido o modelo urbanístico de Cambre” e que “Hemos tenido varias reuniones con los grupos políticos para plantearles nuestra idea de plan general para el futuro”.

Son moitas as preguntas que nos suscitan estas declaracións, pero conformarémonos con que un portavoz autorizado do goberno local nos conteste a unha:

- Cal é o modelo urbanístico de Cambre que a Xunta “asumiu”, e cal é o responsábel ou órgano autonómico que fixo tal declaración?

SEGUNDA

No pasado mes o BNG preguntou pola razón do retraso na conexión do saneamento de Aián. A resposta é que se estaba pendente de recibir un informe técnico do Concello de Culleredo (así o recolle a acta da Comisión informativa de outubro).

Preocupados por este asunto, desde o grupo municipal do BNG de Cambre dirixímonos ao Goberno Local de Culleredo para nos interesar por este asunto.

- En que situación está a conexión da rede de saneamento de Aián ao colector do Valiñas?

TERCEIRA

A celebración do Magosto Xuvenil, o pasado 17 de novembro, contou con grandes cambios respecto ás anteriores edicións.

- Que valoración se fai desde o Goberno Municipal da celebración deste ano, nomeadamente en relación cos cambios introducidos?


CUARTA

Diante das nosas preguntas sobre a situación do posíbel convenio coa Dirección Xeral de Xuventude para integrar a Cambre na Rede Galega de locais de Ensaio para Xóvenes , ténsenos contestado que se estaba estudando que local ofrecer. Rematando xa o ano, desde o BNG reiteramos o noso interese por este asunto e preguntamos:

- Como están as xestións diante da DX de Xuventude a fin de que Cambre entre, nun prazo razoábel, na Rede Galega de Locais de Ensaio?

QUINTA

Por decisión plenaria téñense creado varias comisións informativas especiais. Estas comisións, logo do tempo transcorrido, non funcionan ou cando o fan son totalmente inoperativas. Son os casos da especial do AVE, da de participación cidadá e comunicación, por non falar da de seguimento do Plan Xeral.

- Ten pensado o Goberno Municipal cumprir os mandatos do Pleno respecto das encomendas para estas Comisións informativas ou continuará desprezando a vontade maioritaria da Corporación Municipal de Cambre?

SEXTA

O 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero. Por primeira vez en varios anos o Concello de Cambre deixou de facer actos de sensibilización dirixidos ao conxunto da cidadanía. Mesmo unha declaración institucional, un bando ou a difusión a través dos paneis informativos electrónicos dos chamamentos a concienciación e a posturas activas contra esta lacra, non foron utilizados, e botáronse en falla, para que quedara claro o compromiso municipal neste asunto.

- Por que razón, este ano, o goberno local de Cambre se desentendeu do esforzo de concienciación e difusión ao que estiveron comprometidas a maioría das institucións públicas entorno ao 25 de novembro?

Acta pleno
Acta pleno
Categoría: Plenos - Publicado o 26-11-2007 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Moción 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación.

Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero son pasos necesarios para loitar contra este fenómeno. A Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero é un instrumento para unha nova abordaxe desta temática no ámbito galego, co fin de conseguir unha verdadeira realización do principio de igualdade entre mulleres e homes,
A sociedade galega non debería aceptar ningunha forma de violencia de xénero, e as institucións locais teñen que tomar consciencia e responsabilizarse na tarefa de eliminación da violencia exercida contra as mulleres. Tomar consciencia é un paso que hai que dar de modo colectivo, desde o mundo laboral, as institucións, os medios de comunicación, o ensino, etc, mas tamén é un paso que se debe dar de modo persoal e individual.

Para construír unha sociedade baseada nos valores democráticos de igualdade necesitamos de medidas lexislativas, pero tamén é necesario o compromiso social. Este compromiso social constrúese desde a solidariedade persoal á hora de condenar sen paliativos as accións de violencia contra as mulleres, de denuncialas e facer visíbeis esas denuncias.

Por iso o BNG quere chamar tamén á responsabilidade e ao compromiso persoal de cadaquén. Os agresores non deben achar respaldo para continuar con “normalidade” a súa vida mentres as mulleres agredidas pasan auténticas dificultades para recuperar as súas. Estas dificultades son moitas e teñen que ver co aspecto económico, laboral, familiar e social.
No momento en que vivimos, onde as mulleres seguen a ser obxecto de maos tratos e moitas perden a vida a mans da súa parella ou ex-parella, non cabe ollar para outro lado, debemos dar a cara todos e todas, e asumir homes e mulleres que coa violencia de xénero non caben medias tintas.

O papel que teñen os concellos nesta loita común é fundamental, xa que poden actuar como ponte de conexión entre as políticas deseñadas a nivel nacional polo goberno galego e a cidadanía, e poden constituírse nun modelo de repulsa para todos os veciños e veciñas, manifestando a súa total condena e proclamando a súa corresponsabilidade na prevención, persecución e denuncia dos casos de violencia machista, así como a atención ás mulleres en situación de violencia de xénero.

As cifras de denuncias e de mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto dunha maneira brutal, que aínda non podemos baixar a garda, e que se fai imprescindíbel a implicación de todas as institucións, asociacións e persoas. Sabemos que nos enfrontamos a un problema estrutural, pero este feito non pode converterse nunha escusa para non actuar.

Cómpre pois unha implicación real de todas as administracións no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación.
Unha das medidas fundamentais é apoiar as mulleres para que poidan iniciar unha nova vida en liberdade e protexida dos agresores.
En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

ACORDO

O Pleno do Concello de Cambre aproba a creación dun fondo de emerxencia, contemplando no orzamento unha partida específica, que sirva para atender os casos de mulleres do noso concello que de maneira urxente necesiten recursos por padecer situacións de violencia de xénero.
Categoría: Mocións - Publicado o 26-11-2007 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Moción de recoñecemento de Sementeira

O pasado 23 de novembro - véspera de Sta. Cecilia-, a Escola e Banda de Música Sementeira, participou no Iº Certame Galego de Bandas Populares, dentro da terceira categoría.

O resultado desta participación non puido ser mellor. Sementeira acadou os dous primeiros premios en disputa na súa categoría: A mellor banda e, a mellor banda intérprete de música galega.

Este resultado non é unha casualidade. E froito do traballo constante e da ilusión de moitas persoas durante moito tempo. Debemos destacar, sen esquecer as orixes que fundamentaron os alicerces sobre os que hoxe traballa Sementeira, o esforzo da dirección da entidade, do Director da Banda e do cadro de mestres e mestras, pero tamén dun alumnado e músicos afeccionados que, sobre todo este último ano, teñen amosado unha capacidade de entrega e de sacrificio fora do común.

Nesta ocasión o recoñecemento chegou en forma de premio. Acadouse un agasallo merecido e labrado co traballo. Por iso cremos que un momento especial no que o pobo de Cambre debe sumarse a ese recoñecemento e expresalo da mellor maneira posíbel: manifestándoo oficialmente a través da súa representación democrática.

Neste sentido o GM do BNG propón ao Pleno a adopción do seguinte

acordo:


A Corporación municipal de Cambre exprésalle á Escola e Banda e Música Sementeira a súa máis sincera felicitación polo éxito acadado no Iº Certame Galego de Bandas Populares e, solicita ao seu Presidente e Xunta Directiva, que expresen esta felicitación ao Director da Banda, ao cadro de mestres, aos alumnos e compoñentes da Banda e, como non podía ser menos, ás familias dos rapaces e rapazas que foron imprescindíbeis para acadar este obxectivo.

A Corporación Municipal manifesta a súa satisfacción por este novo fito acadado por sementeira, poñendo o nome de Cambre nun lugar de honra da Cultura Galega.

A Corporación, ademais, amosa a súa intención de que este recoñecemento se exprese de maneira concreta nunha colaboración coa entidade que premie nunha actividade de lecer este bo facer, para o que establecerá conversacións coa Xunta Directiva de Sementeira.


Cambre, 25 de novembro de 2007
Escola de Música e Banda Sementeira
Categoría: Mocións - Publicado o 26-11-2007 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
E ti, que opinas dos malos tratos ás mulleres?


Afirma a Organización das Nacións Unidas que «a violencia de xénero é probablemente a máis vergoñenta violación dos dereitos humanos. Mentres continúe, non poderemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz».

Afirma a lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, no seu artigo primeiro, que «se entende por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria de liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada».

Afirman as mulleres que sofren violencia de xénero coas súas denuncias que non están dispostas a tolerar máis esta situación. Afirman os homes pola igualdade que non queren ser cómplices da violencia machista. Afirman as Administracións mediante plans e accións de prevención e intervención o seu compromiso cunha tarefa de longo percorrido. Demasiado longo cando volvemos a vista e vemos todos os esforzos feitos polos colectivos de mulleres para visibilizar un problema que ten múltiples causas. Unha e fundamental son as relacións asimétricas que se establecen entre homes e mulleres nunha sociedade que distribúe desigualmente poder, recursos, espazos e tempos. Polo tanto, a realización plena do principio de igualdade é o mellor antídoto contra a violencia de xénero.

Sen embargo, mentres tanto, necesitamos seguir a fortalecer o sistema de protección das mulleres que sofren a violencia, desenvolver programas como o salario da liberdade do que se beneficiaron xa 542 mulleres, mellorar a formación dos profesionais implicados e fortalecer as redes sociais de apoio e acompañamento das mulleres. Necesitamos que a sociedade galega non soamente hoxe, 25 de novembro, mostre a súa repulsa. Necesitamos que todas e todos poñamos todos os sentidos para ver, oír e falar da violencia de xénero. Que os medios de comunicación, as escolas e as familias asuman o seu papel socializador fundamental e sexan axentes activos para unha educación contra a violencia.

Necesitamos un compromiso firme de cada muller e home para vivir en igualdade.

Artigo da nosa compañeira Carme Adán, Secretaria xeral da Igualdade, publicado na Voz de Galicia o 25 de Novembro de 2007
CAMPAÑA: E ti, que opinas dos malos tratos ás mulleres?
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 25-11-2007 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas para as Comisións informativas conxuntas de 27 de novembro de 2007




Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica.

Rogos

1- En moitas ocasións o Goberno Local non resposta a algún rogo ou pregunta dos Grupos Municipais. Nestes casos a resposta dada por escrito ao GM que a formula non se inclúe na acta da sesión e queda, polo tanto, oculta para o resto dos grupos da Corporación. Consideramos que todo os GGMM deben coñecer a resposta, polo que rogamos que de aquí en diante se distribúan tamén a todos os GG.MM. as respostas escritas non contestadas nas sesións nas que se formulan.

Preguntas

1- O G.M. do BNG ten solicitado desde o comezo da lexislatura, por escrito , algunha documentación ou acceso a ela, sen obter resposta algunha. Cales son as razóns polas que aínda non achegaron copias?

Comisión Informativa de Ordenación do Territorio, Medio Ambiente, Obras e Servizos

Preguntas

1- A Xunta de Galiza creou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galiza e fixo un chamamento para que os concellos solicitaran a súa inclusión.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia é un ente público de natureza consorcial, dotado de personalidade xurídica, patrimonio e orzamento propios e plena autonomía no cumprimento das súas funcións, para o desenvolvemento en común pola Administración autonómica e os municipios que voluntariamente se integren nela das funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo e o desempeño de cantas outras competencias lle asignen estes estatutos.

Dada a especial situación de Cambre, coa gran cantidade de expedientes de disciplina abertos, a maior porcentaxe abertos de oficio e a cantidade excesivas de casos prescritos ao non ser rigorosos no seu seguimento , cos prexuízos que iso conleva (de carácter económico e de inxustiza manifesta con quen si cumpre coa legalidade), semella aconsellar incluírse nun organismo que garantiría o cumprimento da legalidade e amosaría o interese do Goberno Local no trato igualitario para todos respecto da legalidade urbanística. Contribuiría, ademais, a eliminar presión sobre a nosa administración local por parte dos infractores

- Solicitou o Goberno Local a súa inclusión na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística?

- De non telo feito, ten previsto solicitalo?


2- Seguridade no paseo do Río Mero

- Que control se está a facer sobre os usos indebidos do paseo fluvial do Mero?

- Hai algún expediente sancionador aberto polo uso de veículos a motor no seu recorrido?

3- Silencio do AVE

O Goberno Local pode explicar as causas do silencio por parte da administración central e galega? Que tipos de accións teñen pensado para rachar co este silencio sobre un tema de primordial transcendencia para os veciños e veciñas de Cambre?

4- Logo da invitación do Alcalde ao Deputado do BNG, Francisco Rodríguez, a ter unha reunión cos portavoces municipais e cos representantes da Asociación de afectados polo trazado do AVE, que tivo lugar o pasado 23 deste mes,

Vai, o Alcalde, a convidar a representantes no Congreso ou Senado dos partidos maioritarios (PSOE e PP), a visitar o noso Concello e manter un encontro similar cos GGMM e cos afectados?

5- Vertidos incontrolados

Que medidas ten adoptado o Goberno Local para a eliminación dos depósitos ilegais de vertidos en diversas zonas do Concello?

Comisión Informativa de Educación, Benestar Social, Cultura, Normalización Lingüística e Participación Cidadá

1. Deterioro da Igrexa de Cambre.

Tomouse algunha iniciativa desde o Goberno Local para evitar o empeoramento do tellado da Igrexa de Cambre?

2. Ambulancia

Porque non se fixo aínda a reserva de aparcamento da Ambulancia de Cambre?

3. Centro de Día

Cando se vai a asinar o convenio coa Vicepresidencia da Xunta de Galiza para a construción dun Centro de Día?

4. Locais de ensaio.

Hai algunha novidade tocante ás xestións coa Dirección Xeral de Xuventude para a construción dos locais de ensaio para músicos para grupos xuvenís?

5. Ordenanza reguladora da Atención domiciliaria e outras prestacións de Servizos Sociais.

Despois da estraña retirada da proposta de reforma da ordenanza no pasado Pleno (de outubro), ao non ser capaz ningún membro do Goberno de proceder á súa defensa e explicación, observamos que tampouco está incluída na orde do día do pleno de novembro.

Cal é a razón desta non inclusión?



Cambre, 24de novembro de 2007
Acta
Categoría: Plenos - Publicado o 24-11-2007 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
MOCION SOBRE O CAMPO DE FUTBOL DE LENDOIRO-A BARCALA
O club de fútbol Once Caballeros, que ten a súa sé na parroquia do TEMPLE (CAMBRE), ven utilizando, desde fai anos, o campo de fútbol de Lendoiro-A Barcala (Cambre), de titularidade municipal.

Na tempada pasada 06/07 o devandito club non puido utilizar as instalacións debido ó deterioro das mesmas, procedéndose no mes de setembro de 2006 a iniciar os trámites necesarios para o seu arranxo (proxecto de obra, permiso de augas de galicia e licitación, esta última en abril do 2007). Coménzase a obra en xuño do dous mil sete

O campo debía estar rematado o día 28 de agosto de 2007, data na que o Club de Fútbol Once Caballeros comenza a campaña 2007/2008.

O devandito club está a utilizar instalacións en SIGRAS, CAMBRE e noutros concellos límitrofes para poder levar a cabo as súas actividades ,e neste intre conta coas seguintes categorías e deportistas:

CATEGORIA EQUIPO DEPORTISTAS
VETERANOS A 25
2ªAutómicaA 24
ALEVIN A 11
ALEVIN B 11
BENXAMIN A 12
BENXAMIN B 16
PREBENXAMIN A 11
PREBENXAMIN B 11
ESCOLA DE FUTBOL (NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS) NON COMPITE 14



Do mesmo xeito, ten catorce xogadores, de categoría infantíl que, xogan no equipo TORRE da Coruña debido a unha decisión da FEDERACION que se atopa recurrida perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva, motivada por un posible erro administrativo.

Este número de deportistas fai que sexa complicado que leven a cabo o seu labor por non ter unhas instalacións axeitadas e, a lentidude coa que se están a levar a cabo as obras causa danos e perxuizos, que aínda que non son irreparables si producen sensación de malestar en todas aquelas persoas que forman parte do club, o que repercute nas distintas actividades que realiza

POLO QUE A TRAVÉS DA PRESENTE MOCIÓN QUE PRESENTAMOS CONXUNTAMENTE TODOOS GRUPOS POLITICOS DO CONCELLO DE CAMBRE INSTAMOS O EQUIPO DE GOBERNO A:


1)Que se rematen estas obras que están comenzadas antes do 1 de xaneiro de 2008
2)Que se inclúan no proxecto, de xeito definitivo, tódalas actuacións necesarias co obxecto de acadar unhas condicións mínimas para a práctica do fútbol (peche perimetral, recollida de augas residuais, equipamento e instalación eléctrica)
3)A incluir no Plan Especial de Herba Artificial da Deputación Provincial, (Boletín Nº 252. Mércores, 31 de outubre de 2007)Anuncio Pág. 11775 Reg. 07/12405-x.). Pleno da Deputación 26-10-07, ou na vindeira convocatoria da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia o devandito campo.
4)Que se habilite unha linea de subvencións, ben través dun convenio específico, ou dunha partida presupostaria, tamén específica, para as categorías de veteranos.


Categoría: Mocións - Publicado o 23-11-2007 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Carta para ler por televisión

Svetlana, ¿qué pasaría se naquel programa da tele lle dixeses ao teu asasino que volverías con el? Seguramente tardaría algo máis en matarte. Quizais te degolaría uns días máis tarde, ou ao mellor aturaba uns meses, regodeándose nos praceres inconfesábeis da súa loucura. Se volveses con el o día que che dixo «Sen ti morro» cun fato de morbosos amoreados diante da pantalla, aínda lle darías máis tempo para encherche o corpo e a alma de feridas. Feridas, Svetlana, coma se pisases os cristais dunha televisión rota.

Pero agora xa estás morta. Matoute porque eras súa, non dos que gustan de comer o lixo que lles ofrecen en horario infantil. Matoute, Svetlana, porque el non é de ninguén. Matoute porque, sen que o imaxinases, se sentiu humillado. Coma se para humillar, facer arrastrar a un maltratador e bicar o chan por onde pisas, Svetlana, fixese falla que te matase e deixar só o teu fillo. Nin sequera precisabamos velo pola tele.

¿Necesitabamos que nos amosasen, coma se fose nun teatro, que as mulleres morren ás mans duns verdugos que poñen aos ombros unha pel de año para imaxinaren mellor cómo cae o gume frío da guillotina sobre colos coma o teu? ¿Foi así, Svetlana? Estarán agora as túas cinzas de emigrante revolvéndose contra os paradoxos que ten a vida e o mundo e o amor, cando todo vira do revés.

Non só es a muller número 68 neste ano, Svetlana, que morre ás mans de quen di amarte. Ti es o nome, a cara e os ollos que, por televisión, nos demostraron que, neste país de machos, todos e todas somos un pouco verdugos. Velaí o teu medo televisado, gardado agora nos arquivos dalgún almacén cheo de xornalistas, para amosar que non hai inocentes na túa morte, Svetlana.

Por Inma López Silva

Publicado en La Voz de Galicia o vernes 23 de novembro de 2007
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 23-11-2007 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
O outono entra pletórico en Cambre
Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2007 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Sistema Galego de Benestar do Bloque Nacionalista Galego

Novas políticas sociais para Galiza

A construción do Sistema Galego de Benestar é un proxecto central da acción de goberno do Bloque Nacionalista Galego. O nasa obxectivo estratéxico é crear un marco galego de politicas de benestar como parte substancial do nasa autogoberno nacional. En mans do BNG, o autogoberno convértese así nun instrumento fundamental para garantir o benestar e a mellara na calidade de vida de todos os galegos e galegas. Os nosos esforzos van dirixidos a crear un sistema público e nacional de benestar, equiparable no seu grao de cobertura territorial e na universalización dos seus programas e prestacións aos actuais servizos públicos sanitarios ou educativos.

1. Un sistema público de benestar. Os gobernos do Partido Popular reduciron o papel da Xunta de Galicia a ser unha mera xestoría de fondos públicos que se canalizaban cara ás empresas privadas que se ocupaban da prestación de servizos e da xestións dos equipamentos sociais. A nasa política confírelle as funcións de dirección, planificación e xestión dos programas, servizos e infraestruturas do benestar á iniciativa pública a través da súa xestión directa por parte da administración galega ou de entidades participadas polo goberno galego (Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar...). O Sistema Galego de Benestar é a res posta da iniciativa pública fronte ás políticas de privatización dos servizos sociais do benestar.

2. Un sistema nacional. O Sistema Galego de Benestar ten unha dimensión nacional, o seu obxectivo é reforzar a cohesión social, o desenvolvemento comunitario e o reequilibrio demográfico e territorial de Galiza. O naso obxectivo é artellar a sociedade galega como un espazo social cohesionado, igualitario e favorecedor da autonomía persoal, a integración e a participación sociocomunitaria. Para acadar este obxectivo é imprescíndible contar cun dispositivo nacional que nos permita achegar os recursos, servizos e prestacións con estándares de calidade equiparables en todo o territorio de Galiza. O Sistema Galego de Benestar é un instrumento impulsor de políticas sociais para a construción nacional de Galiza.

3. Un modelo propio. O Sistema Galego do Benestar non é un sistema de políticas sociais supeditadas ás que promove o Goberno do Estado. Galiza conta con competencias plenas en materia de servizos sociais; na construción do benestar o autogoberno pode conducirse soberanamente. O noso modelo de políticas de benestar non se fundamenta, logo, na trasposición legal das normativas estatais, senón na creación dun marco de políticas propio, innovando os programas de intervención e a súa xestión para adaptalas ás necesidades e especificidades demográficas, sociais e territoriais do noso país. Así, por exemplo, o Servizo Galego de Atención á Dependencia, integrado no Sistema Galego de Benestar, non é unha clonación da Lei de Dependencia, é unha política propia que vai moito máis alá: integra unha rede propia para a valoración das situacións de dependencia, sostén
programas de prevención e de achega de recursos aos coidadores
(Coidanet), dispón diversos servizos -como o de transporte adaptado, teleasistencia , fornece de prazas residencias e centros de día de xestión pública, ou promove programas de promoción social dos maiores ou dos discapacitados. O Sistema Galego de Benestar define políticas propias para a sociedade do benestar en Galiza.

4. Un sistema de colaboración interinstitucional. O Sistema Galego de Benestar constrúese en rede e mediante a cooperación entre o Goberno e a administración autonómica e as corporacións locais a traves de políticas conveniadas. O noso modelo non é o baleiramento das iniciativas do Goberno galego en beneficio da xestión directa dos recursos do benestar por parte dos concellos. A través do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar definimos un novo marco de colaboración interadministrativa coas corporacións locais para a coxestión e cofinanciamento de equipamentos (Centros de Día...) e o desenvolvemento territorializado de plans especiais de acción social (Plan de Inclusión...). O Sistema Galego de Benestar, baseado na colaboración interinstitucional, quere estender os seus programas e servizos por todo o país superando as visións localistas.

5. Un sistema participativo e transformador. Sostemos que a iniciativa pública debe ser o centro reitor do impulso e desenvolvemento das políticas de benestar abríndoas á participación cidadá e propiciando un marco de colaboración coas organización sociais e comunitarias para o desenvolvemento de actuación sociais complementarias ás desenvolvidas desde a rede pública do benestar. Ás políticas sociais impulsadas polo Partido Popular foron un instrumento clientelar empregado para fomentar a pasividade e a dependencia social. O Sistema Galego de Benestar ten como obxectivo estratéxico promover o artellamento comunitario e a participación dos axentes sociais para garantir un major impacto transformador das súas accións. A nosa política de benestar é unha política para as persoas, aberta á participación das persoas.

17 de Novembro de 2007

Artigos relacionados:

Quintana aposta polo Sistema Galego de Benestar como ferramenta para construír “un país máis forte e cohesionado socialmente”
Categoría: Benestar - Publicado o 17-11-2007 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
O Sistema Galego de Benestar

Introdución

O Sistema Galego de Benestar organiza as infraestruturas, recursos, servizos e prestacións coas que a Vicepresidencia da Xunta quere asegurar institucionalmente a cohesión social, promover a autonomía das persoas e construír participativamente unha sociedade do benestar accesible a todos os galegos e galegas.

O Sistema Galego de Benestar baséase no protagonismo das institucións do autogoberno na planificación, dirección e xestión dos programas, servizos e infraestruturas. A iniciativa pública é o principal axente para o impulso e desenvolvemento das políticas de benestar en Galiza e, desde esa posición reitora, procura novos marcos de colaboración e de actuación complementaria coas iniciativas sociais e comunitarias.

O Sistema Galego de Benestar responde a un modelo propio, de país, para impulsar novas políticas sociais facendo do autogoberno galego o garante fundamental dun réxime de dereitos sociais e a construción dun espazo social baseado nos principios da solidariedade, a igualdade de oportunidades, a equidade, e a cohesión social e territorial.

Definición do Sistema Galego de Benestar

O Sistema Galego de Benestar é un sistema público galego de infraestruturas, recursos, servizos e prestacións de benestar que, con carácter universal, teñen por obxectivo:

~ Reforzar a cohesión social e comunitaria.
~ Favorecer a autonomía persoal.
~ Promover a inclusión social.
~ Favorecer a normalización social.

Ao mesmo tempo, é un instrumento para impulsar a participación e a
corresponsabilidade sociocomunitaria, garantir a igualdade de oportunidades e actuar sobre as orixes de desavantaxe social.

Criterios reitores do Sistema Galego de Benestar


~ Universalidade: é un sistema de recursos dirixido a toda a cidadanía, tanto no eido preventivo como asistencial, establecéndose os dereitos de acceso aos servizos en función das situacións concretas e das necesidades valoradas.

~ Planificación e sostenibilidade. Atende ao diagnóstico de necesidades sociais cartografiado no Mapa de Servizos Sociais para establecer as súas actuacións ao curto, medio e longo prazo co obxectivo de achegar os recursos, servizos e prestacións de xeito sostible e con estándares de calidade equiparables en todo o territorio de Galiza.

~ Transparencia e eficacia para garantir a dispoñibilidade e acceso aos seus servizos e prestacións públicas mediante a regulación e achega dos medios humanos, técnicos e financeiros e dos equipamentos necesarios.

~ Preventivo: As súas políticas de servizos sociais teñen vocación preventiva, para abordar de xeito anticipador os problemas sociocomunitarios, paliando e corrixindo de xeito temperá as súas manifestacións.

~ Profesionalidade e interdisciplinaridade: as intervencións nos programas e servizos do Sistema Galego de Benestar farase atendendo á conformación de equipos profesionais interdisciplinares.

~ Participación: promoverase a implicación e protagonismos dos usuarios, dos seus familiares e das organizacións da sociedade civil no deseño, programación e xestión dos servizos e prestacións.

Piares nos que se sustenta o Sistema Galego de Benestar

Os piares do Sistema Galego de Benestar son dúas áreas de intervención transversais a todos os colectivos:

~ Área de Autonomla Persoal

~ Área de Inclusión Social

Area de Autonomla Persoal: grande área de actuación que ten como obxectivo a atención e promoción social das persoas en situación de dependencia, tanto maiores como menores de 65 anos. Trabállase, por primeira vez, cun enfoque preventivo e de participación social dos maiores, así como na visibilización das persoas con discapacidade.

~ Servizo de Valoración da Dependencia conformando un ha rede propia con catorce equipos nas sete grandes cidades e 104 profesionais nos demais concellos para a atención e valoración a domicilio das situacións de dependencia.

~ Servizo de Prevención da Dependencia:

.Coidanet, portal telemático para achegar servizos e recursos (autocoidado, axuda mútua, programas de respiro...) aos coidadores de persoas en situación de dependencia.
.Programas de sensibilización e promoción social de maiores. .Unidade de estimulación en todos os centros de
Vicepresidencia.
.Xantar na casa.
.Lavandería.
.Podoloxía

~ Servizo de atención á Dependencia:
.Residencias
.Centros de día
.Libranza de servizos sociais
.Libranza de asistentes persoais e libranza de coidados no
contorno
.Axuda no fogar
.Servizo de transporte adaptado e apoio á mobilidade
.Teleasistencia

~ Plan de atención ás persoas con discapacidade.

Área de Inclusión Social: área desde a que se traballan os procesos de integración social e normalización das condicións de vida das persoas socialmente máis desfavorecidas. Aténdense as problemáticas específicas de minorías étnicas, persoas con escasos niveis de renda, menores en situación de desprotección, persoas sen fogar, etc.

As principais actuacións son:

~ Políticas de rendas mínimas.

~ Plan de Inclusión Social.

~ Plan de actuación coa colectividade xitana.

~ Pensións non contributivas.

~ Plan Estratéxico da Infancia e da Adolescencia.

Instrmentos de xestión

Para o desenvolvemento destas grandes áreas de actuación a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Benestar, ocúpase da xestión directa de equipamentos, prestacións económicas, axudas e subvencións, e de programas e servizos do benestar, pero a maiores cóntase con instrumentos de xestión específica como o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, SOGASERSO e FUNGA.

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar é un mecanismo de colaboración interadministrativa para achegar á relación institucional cos concellos un novo escenario de diálogo, financiamento e cooperación para a provisión de equipamentos de educación infantil (Galescolas) e de proximidade na área de Autonomía persoal como son os Centros de Día, ademais de posibilitar un enfoque territorial izado de acción social no desenvolvemento de plans especiais (Plan de Apoio ás Familias, Inclusión Social...). Actualmente está integrados no Consorcio máis de 200 concellos.

Desde a SOGASERSO conseguimos unificar esforzos nun proxecto común para aumentar o número de prazas residenciais e diúrnas da Administración autonómica co retorno á sociedade de parte dos beneficios das dúas grandes caixas de aforro de Galiza a través das súas obras sociais. A finais da lexislatura poderemos dispor de 1.340 prazas residenciais públicas adicionais e 275 diúrnas.

O reto de desenvolvemento do Servizo Galego de Autonomía Persoal vese reforzado co cambio que desde Vicepresidencia se promoveu para converter a FUNGA, ata daquela só con competencias na tutela de adultos, nunha Fundación para o estímulo e promoción da autonomía persoal, unha entidade, cunha misión máis ampla e mellor dotada, que viu triplicado o seu orza mento e que xestiona programas para a implementación de prestacións básicas deste servizo como son o Transporte Adaptado e o Programa de Asistente Persoal.

Alén da xestión directa da Secretaría Xeral de Benestar e destes instrumentos específicos, a Vicepresidencia sostén un Plan Concertado para a provisión de recursos humanos, programas e mantemento de servizos sociais de atención primaria por parte das corporacións locais.

Por último, a Secretaría Xeral de Benestar conta cunha arde de subvencións no ámbito de maiores, menores, discapacidade e inclusión social; esta convocatoria única permite ordenar os recursos e as achegas que, con carácter xeral, se destinan ás entidades de iniciativa social para financiar actuación s complementarias da iniciativa pública por parte do terceiro sector.

Finaciamento do Sistema Galego de Benestar

O Sistema Galego de Benestar, na súa condición de servizo público, financiase cos ingresos achegados polo pagamento dos impostos por parte dos contribuíntes galegos, segundo a participación financeira da Xunta nos impostos do Estado.

A construción do Sistema Galego de Benestar comporta unha nova estrutura orzamentaria da Xunta de Galicia para acrecentar substancialmente os investimentos en materia de benestar. Desde que as competencias de servizos sociais recaen na Vicepresidencia, o orzamento dispoñible aumentou un 51%, o que subliña o seu interese por situar as políticas sociais en primeira liña do esforzo orzamentario.

A suficiencia de recursos para soster as novas políticas sociais esixe ademais reclamar do Estado un financiamento adicional para paliar o déficit de investimentos en materia social que padeceu historicamente Galiza. Así, como consecuencia das negociacións desenvolvidas poi a Vicepresidencia, o Estado español admitiu a existencia dunha débeda co noso país e asinouse un convenio para achegar fondos adicionais destinados á construción do Servizo Galego
de Autonomía Persoal.

Por último, procúrase tamén dotar dunha major sostenibilidade fnanceira ao Sistema Galego de Benestar da buscando alianzas estratéxicas coas forzas sociais e económicas para incorporar nun proxecto común as sinerxías dos seus investimentos no ámbito social.

Categoría: Benestar - Publicado o 17-11-2007 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
A secretaria xeral da Igualdade visita a Galescola de Cambre, a primeira da comarca de A Coruña

[12/11/07] A secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, sinalou hoxe que a Galescola de Cambre é unha boa mostra do maior reto educativo da década emprendido polo Goberno galego para estender a educación infantil de 0 a 3 anos a todo o país. Durante unha visita ao novo centro, que abriu as súas portas o pasado 5 de novembro, Adán asegurou que as galescolas son a "expresión do compromiso estratéxico da Vicepresidencia para garantir, en condicións de igualdade de oportunidades, o acceso a unha educación infantil de calidade".


A nova escola infantil de Cambre, a primeira de titularidade pública que se abre neste concello e a primeira galescola da comarca, conta con seis unidades e ten capacidade para 82 prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos. A Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, investiu un total de 438.879 euros para a construción e equipamento do edificio.

Segundo dixo na súa intervención a secretaria xeral da Igualdade, o centro supón un importante paso para incrementar a feble oferta de prazas públicas na educación 0-3 existente na comarca e no concello. Coa posta en marcha da galescola, as prazas públicas no municipio pasan dunha taxa de cobertura do 0 ao 11,24%, e se se ten en conta tanto as prazas públicas como as sostidas con fondos públicos, pásase dun índice de cobertura do 6,5 ao 17,83%.

Un total de dezaseis profesionais de diferente perfil conforman o equipo da galescola: 4 mestras, 10 educadoras e 2 persoas para servizos xerais. O centro abre as súas portas de 7.30 a 21.30 horas, para garantir a máxima flexibilidade aos usuarios e facilitar a conciliación.

O novo centro de Cambre forma parte da Rede Galescola que a Vicepresidencia e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar están a impulsar por todo o país e que contará, ao final da lexislatura, con 121 escolas infantís.

Rede Galescola

A secretaria xeral da Igualdade explicou, na súa visita á galescola de Cambre, que a Rede de Galescola supón "a transformación educativa de maior calado emprendida pola Xunta de Galicia", marcándose dous obxectivos básicos: a ampliación das taxas de cobertura, solucionando o déficit de prazas públicas herdado, e a superación dos déficit na súa distribución territorial. Dentro da mellora das coberturas de prazas públicas, Carme Adán lembrou que entre 2006 e 2007 se crearon 47 novas escolas infantís e máis de 1.800 prazas, que en 2008 se porán en marcha 2.300 prazas máis, e en 2009 outras 1.800 novas prazas.

A secretaria xeral indicou que esta Rede Galega de Escolas Infantís supón a ampliación dun sistema educativo público e de calidade, un compromiso que se apoia cun esforzo investidor continuado por parte da Xunta de Galicia. Recordou que así, en 2008, destínanse máis de 17 millóns de euros ao desenvolvemento da Rede Galescola, un incremento superior ao 36% respecto a 2007.

Calidade

Carme Adán explicou que as galescolas "son sobre todo boas escolas". Trátase, segundo dixo, de centros que apostan pola calidade, pola mellora da oferta educativa e pedagóxica, vertebrándose arredor de dous elementos fundamentais: a redución do número de alumnas e alumnos por educador, a través da parella educativa, e a formación continua. Ademais, destacou a importancia de que se trata dun proxecto para todo o país "con escolas que traballan por primeira vez en rede con criterios e obxectivos compartidos". Son, por tanto, un servizo público e un proxecto de calidade, que supera o concepto de garda e custodia dos nenos e potencia a educación, en galego, na tolerancia, no respecto, na identidade e no compromiso co país.

Igualdade


Á parte de ser un servizo educativo, Adán afirmou que a nova galescola de Cambre é tamén un instrumento a favor das políticas de igualdade e conciliación. Asegurou que as galescola son un "piar esencial da nosa política de apoio ás familias, un servizo de proximidade para que todos os membros da familia teñan mellores condicións para conciliar a vida persoal, familiar e laboral".

Ver fotos (+)
Fotos da galescola de Cambre
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 12-11-2007 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
REDE VIARIA NO ENTORNO DE A CORUÑA
02/11/2007 Fonte: Concello de Oleiros

REDE VIARIA NO ENTORNO DE A CORUÑA


RAFAEL ASTOR CASALDERREY, ENXEÑEIRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE OLEIROS.

En decembro de 1.998 presentouse no Concello da Coruña o "PLAN ESPECIAL DE LA RED VIARIA DE LOS MUNICIPIOS DE LA CORUÑA, ARTEIXO, CAMBRE, CULLEREDO Y OLEIROS", realizado por este Concello, coa colaboración dos técnicos dos Concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Devandito PLAN é o froito dunhas reunións itinerantes na contorna da Coruña ás que asistiamos os técnicos aludidos, sendo anfitrión o entón Concelleiro de Obras Públicas de Coruña, Florencio Cardador. Ao longo das mesmas analizáronse os maiores problemas que se observaban nos diversos municipios e facendo prospectiva, definíronse as diversas solucións que posteriormente foron debatidas polos estamentos políticos dos concellos e deron lugar ao contido técnico que se recompilou e redactou por parte de ICEACSA dando forma a devandito Plan.

Neste Plan definíronse deste xeito e de forma consensuada as futuras actuacións nas novas vías da contorna da Coruña, exceptuando naturalmente, as que se realicen nos eixos administrados polo Ministerio de Fomento e as que contemplen cada un das achaiaduras dos diversos Municipios.

A definición das solucións no tráfico Metropolitano segue un proceso diferente ao utilizado en estradas interurbanas, nas que a IMD é o parámetro que indica e guía para a adopción de solucións que, coas normas de trazado en vigor, permiten o deseño final.

O tráfico Metropolitano, en cambio, realízase en rede e con características de axitación. Créanse uns vectores horarios de conxestión, e sinalo vectores e non segmentos, ao estar definidos con sentido de circulación e en determinadas horas, que normalmente reproduce o vector en sentido contrario a outras horas. A observación deste Campo Vectorial de Conxestión, indica por onde deben ir os tiros para definir as novas vías. Os denominados tramos de trenzado, que en vías interurbanas tamén se producen, é na axitación periurbana onde dificultan máis o tráfico e producen a maioría dos accidentes. Obsérvese o existente entre a conexión da AP-9 e Afonso Molina e a saída desta vía para acceder a Pocomaco, ou os que hai en ambos os sentidos na Ponte da Pasaxe. Tamén se dá a particularidade da atracción de tráfico multifocal. Fai anos isto non era así e só o centro da urbe era o definidor da máis importante atracción vehicular. Hoxe esta atracción chega a ser algunhas veces difusa, pero normalmente con diversos focos perfectamente definidos de produción e atracción do tráfico

Ó estudar o trafico de acceso e saída á contorna da Coruña, e na súa termino municipal, obsérvase que este se resolveu dende fai anos, se exceptuamos os viarios en dirección Fisterra, con dous eixos paralelos, Avenida de Afonso Molina e a Avda. da Ponte da Pasaxe, cun pequeno viario entre eles (o de Eiris). E que soportan a maior parte dos movementos xerados na contorna da cidade.

Se nos movemos en sentido de entrada a Coruña, é fácil ver que practicamente todolos focos de atracción de tráfico sitúanse á esquerda destes dous eixo de penetración (previamente o Aeroporto, a Universidade, o Polígono de Pocomaco, Polígono da Grela, Polígono de Arteixo, Refinería, a maior parte da urbe coruñesa e, nun futuro o Porto Exterior

Á dereita destes dous eixos está a Ría, zona de valores ecolóxicos, ambientais e de alto valor paisaxístico, utilizado polos diversos plans urbanísticos como zonas residenciais ou zonas verdes e desde logo a zona de protección de Costas.

Nesta zona xérase un tráfico, moitísimo menor que o proveniente das N-VI, (Betanzos, Sada, Cambre, a maioría do territorio de Oleiros e os seus Polígonos comerciais e industriais, así como a zona comercial asentada ao longo da N-VI) e resólvese no Plan Xeral de Oleiros, pendente de aprobación definitiva, cun viario que iniciándose en Coruxo, recolle o futuro tráfico de circunvalación de Santa Cruz, posteriormente o proveniente dos Regos e A Mastelle e conéctase á A-9, baixo a N-VI e por un viario contemplado no Plan Sectorial, que une O Seixal coa Autoestrada. Este eixo xa se chama coloquialmente "A Artabriña"

É por esta razón de carácter "topolóxico", pola que hai que dar grazas ó Ministerio de Fomento co seu trazado definitivo da A-6, que accede aos diversos focos de atracción de tráfico doutra banda non construído, non ocupado. O problema de non chegar á cidade da Coruña directamente dende a A-6, hai que achacarllo á nula presión política para a realización urxente das conexións deste eixo con eses focos de tráfico, a base dun sistema de viarios que a modo de peite permita unha accesibilidade fluída. Se se estudan as realizacións viarias en Vigo e Santiago, vese o diferente tratamento en canto a investimentos en infraestrutura viaria.

Dalgún xeito esta era a idea de Pablo Igrexas Atocha cando suxeriu no seu día o viario Viramontes. Tiña este sentido (perpendicular a Afonso Molina) de distribuidor cara aos futuros (entón) focos de atracción do tráfico por zonas non ocupadas e non insistía na penetración radial que tantos problemas causa. Hoxe en día o tramo final da A-6 é aquel viario posto ao día.

Para suxerir ó Ministerio de Fomento para que se resolvan na Nacional VI os problemas de conxestión do tráfico, a instancias dos alcaldes da Coruña e Oleiros, realizáronse reunións entre os técnicos municipais de ambos os Concellos, dado que o mencionado PLAN SECTORIAL xa se dixo que non estudou naturalmente estas actuacións a resolver no seu día polo Ministerio. Froito destas reunións e da colaboración de técnicos de Consultoría e con acordo tácito dos políticos de ambolos dous concellos, definiuse como solución na contorna de Ponte da Pasaxe, a que se expón no debuxo. Cabe destacar nela a separación de tráficos de modo que o de curta distancia circule por unha ponte anexa e paralelo ao existente, deixando o actual para a media distancia, eliminándose así os perigosos tramos de trenzado.

Non se entenden en todo o debate xerado, varias cousas:

- Como políticos que empuxaron o plan Sectorial, e cando aínda non se realizou ningunha obra do mesmo e só estudos sobre algún eixo, xa están suxerindo e empuxando solucións non contempladas nel. Para que se fixo o Plan financiado polo Concello da Coruña?

- Como de todas as conxestións (atascos) que se producen a diario na contorna da Coruña e na propia Coruña (p.e o impresionante atasco diario na zona de Lonzas) é o paso de Oleiros a Coruña e viceversa, o que concita maiores preocupacións, sendo un problema, con gravidade estacional e como se dixo con diversas solucións no mencionado Plan?

- Por que a Escola de Enxeñeiros de Camiños da Coruña intenta solucionar o "problema" a base dunha solución estrutural exclusivamente, sen expor un necesario estudo de mobilidade na contorna da cidade e sen atender ás solucións dadas polos equipos multidisciplinares que redactaron os plans de Ordenación de ambos os municipios, que non contemplan esa solución. Bótase en falta a voz de verdadeiros entendidos, que os hai, en tráfico e transportes e que non se obsesionan coa estrutura. (esta é un medio non un fin)?

- Por que nos dous cursos sobre transporte impartidos nos dous últimos veráns na Coruña pola Universidade Internacional Menéndez y Pelayo, e en particular no último "Transporte en Áreas Metropolitanas", magníficamente dirixidos pola Cátedra de Ferrocarrís, con asistencia de importantes técnicos europeos nesta materia, non había ninguén dos que agora insistentemente propón "a súa ponte", onde hai un territorio a ordenar e que pode admitir solucións distintas?

- Por que as propostas da "gran ponte" non están sostidas por estudos de mobilidade e de ordenación territorial, así como a total indefinición das repercusións nas redes viarias de ambas as marxes?

- Por que determinados estamentos apoian un descomunal investimento para intentar solucionar un problema susceptible de ser resolto con propostas máis vantaxosas e cun custo da orde de 25 veces menor?

- Por que desde o Plan Xeral do 63, no que se define unha circunvalación (Rolda de Outeiro), non se realizou outro anel, insistindo na penetración radial ao centro da cidade como único foco de atracción do tráfico rodado?

Houbese moito máis interesante destinar os fondos utilizados para desenvolver o anteproxecto da "gran ponte" a analizar a mobilidade na contorna da Coruña, considerando o transporte público como prioritario e desde os puntos de vista social, ambiental e económico cal debería ser a mellor opción para resolver un problema que, como case sempre, vai presentar unha solución tardía.

VER MAPA
Duplicación da Pasaxe
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 04-11-2007 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal