POR UNHA MAREA GALEGA


Acordos do BNG de Cambre
id




O acordo para as contas de 2008 comeza a dar resultados
...máis desde o blog de Xabier Iglesias

Terreos para o novo colexio

Parcela para a Galescola e Centro de Día
Categoría: Facenda - Publicado o 31-10-2008 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
O remate das obras públicas no Temple e o aumento de prazas de comedor no Colexio de Cambre, centrarán as iniciativas do BNG no Pleno de outubro


O Pleno tamén tratará a cesión ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dunha parcela no Temple para a construción da segunda Galescola de Cambre e un Centro de Día...máis
Categoría: Plenos - Publicado o 29-10-2008 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno ordinario 30 de outubro de 2008
No salón de Penos, o día 30 de outubro de 2008, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2008

2º Proposta de recoñecemento de obrigas de exercicios anteriores (expediente núm.1/2008).

3º Proposta de aprobacion do expediente de modificacion de créditos núm. 3/2008, de suplemento de crédito.

4º Ratificación, se procede, da Resolución de Alcaldía de data 3 de outubro de 2008, respecto da conformidade para constituír e formar parte da Asociación Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”.

5º Ratificación, se procede, da Resolución de Alcaldía de data 22 de outubro de 2008, respecto da incoación de expediente para a resolución do contrato formalizado coa empresa IDASA, Ingeniería del Atlántico, S.A.

6º Proposta de adhesión ao Convenio marco entre a administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia.

7º Modificación da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cambre, en cumprimento de sentenza de 3 de xullo de 2008 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

8º Mocións

9º Informes da Alcaldía

10º Rogos e preguntas

Preguntas do GM do BNG para o Pleno:



PRIMEIRA. O comedor do colexio de Cambre

En que sitación está o comedor do coléxio WFF despois de pasado máis dun mes desde o comezo do curso e, non se solucionara o problema do de deficit de prazas de comedor?


SEGUNDA. Escola municipal de música

Cal é o estado actual da obra da Escola Municipal de Música e cal é a previsión para o seu remate.?


TERCEIRA, sobre o uso dos topónimos e a lingua Galega na comunicación municipal

Cal é a política do goberno local, respecto do uso da língua Galega na comunicación pública municipal?


CUARTA, Situación das obras no Temple


Como están as diversas obras nas vías públicas que afectan á parroquia do Temple e que previsións teñen para o seu remate?
Categoría: Plenos - Publicado o 24-10-2008 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
O Plan Urbanístico da Coruña na rede


Revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal...máis
Categoría: Urbanismo - Publicado o 24-10-2008 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG VALORA "OS PASOS ADIANTE", MÁIS INSTA A "ACELERAR O TRASPASO DAS VÍAS E A CREACIÓN DUN SERVIZO DE CERCANÍAS"

O presidente da Xunta responde a Carlos Aymerich que éste é “un obxectivo irrenunciábel do goberno galego”


Santiago de Compostela, 21 Outubro 08.- O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich urxíu esta mañá na súa intervención no pleno do Parlamento á creación dun ente ferroviario galego e dun servizo de cercanías propio...máis
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 22-10-2008 20:40
# Ligazón permanente a este artigo

"O BNG é unha forza decisiva na política estatal e iso é bo para Galiza", dixo Francisco Jorquera





Santiago de Compostela, 18 Outubro 08.
Explicou os catro apartados do pacto: 125 millóns máis, financiamento da atención á dependencia, creación da subcomisión de seguimento das infraestruturas e execución das competencias pendentes...máis

Categoría: Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera - Publicado o 19-10-2008 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Mudega, a loita pola igualdade tamén chega ao deporte
...máis
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 16-10-2008 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Computadores para autónomos e autónomas
Industria subvenciona computadores con Linux para autónomos ...máis

O prazo de solicitude das axudas estará vixente durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado polo Goberno, de 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no 2009.
Categoría: Axudas e subvencións - Publicado o 15-10-2008 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Jorquera solicítalle a Zapatero un maior control público sobre os decretos financeiros
















Francisco Jorquera e José Luis Rodríguez Zapatero durante a reunión de hoxe


Madrid, 15 Outubro 08. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, declarou hoxe, despois da entrevista mantida co Presidente do Goberno español, que o BNG vai pedir o luns próximo no Pleno que os dous decretos de medidas financieras aprobados se tramiten como proxectos de lei porque “estas medidas deben contar coa participación do Parlamento para introducir melloras e modificacións”.

O deputado do BNG subliñou que “temos importantes diferenzas coas medidas propostas”. Por un lado, aludiu ás formas, xa que “estas medidas deberían contar coa participación do Parlamento”, e puxo como exemplo o Plan de choque norteamericano que tivo que agardar semanas para a súa aprobación até rematar o seu paso pola Cámara...máis
Categoría: Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera - Publicado o 15-10-2008 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Anuncios - Publicado o 03-10-2008 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: Anuncios - Publicado o 03-10-2008 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cultura adxudica o estudo dos territorios históricos para a delimitación do Camiño Inglés, o Portugués e o de Fisterra


A Consellaría investirá 723.000 euros nestes estudos, e adxudicará nos próximos días os correspondentes ás rutas da Vía da Prata

Os traballos compilarán a análise e información previa necesaria para elaborar a proposta de delimitación do trazado dos camiños e das zonas
de protección

O estudo do Camiño de Inglés foi adxudicado á empresa Centro de Observación y Teledetección Espacial, S.A. (COTESA), por 236.250 euros.

[ler máis]
Categoría: Cultura - Publicado o 01-10-2008 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
A instancias do BNG, o Congreso empraza ao Goberno a dialogar coa Xunta para o traspaso de infraestruturas para as cercanías ferroviarias



Madrid, 30 setembro 08.
O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou este serán, e grazas a iniciativa do BNG, instar ao Goberno a iniciar antes de fin de ano un proceso de diálogo coa Xunta para abordar o traspaso das infraestruturas para destinalas á implantación dos servizos ferroviarios de cercanías, e estudar co Goberno galego a interconexión dos tramos vellos coa nova rede.


[ler máis]
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 01-10-2008 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal