POR UNHA MAREA GALEGA


Os orzamentos da Vicepresidencia para o 2008 ascenden a 494 millóns de euros, case un 22% máis que o ano anterior

[23/10/07] O 74% do presuposto investirase na área de Acción Social, que atende ás persoas con dependencia, maiores, menores e persoas con discapacidade. A implantación do Sistema Galego de Benestar eleva o orzamento nun 27,4% con respecto ás contas do 2007. Dende o 2005, o orzamento destinado ao Benestar e á Igualdade incrementouse nun 51%, o que demostra o compromiso do Goberno coas "políticas para a xente". (+)
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 24-10-2007 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG propón modificar a ordenanza da auga

O BNG propoñerá no Pleno de mañá a modificación da Ordenanza fiscal de subministro de auga, para que contemple medidas de xustiza coas familias numerosas


O BNG de Cambre proporá mañá, durante o Pleno Ordinario da Corporación unha serie de modificacións ás propostas de novas ordenanzas fiscais para 2008 que presenta o goberno local. Precisamente, atendendo a suxestións formuladas por cidadáns, membros de familias numerosas, quen explicaron que están a sufrir unha discriminación no pago da auga con respecto a unidades familiares ou domicilios nos que conviven menos de cinco persoas.

A idea é que ao estar establecido en bloques de consumo con diferente prezos por m3. Unha familia numerosa (de máis de catro membros), sempre vai superar o bloque mínimo (de 30m3) e, polo tanto pagar máis caro que unha unidade familiar máis reducida.

Neste sentido a proposta nacionalista é que se establezan diferencias e que o tipo de prezos e de bloques de consumo se definan en función do número de persoas empadroadas na vivenda e non atendendo ao enderezo da vivenda, como até agora. Desta maneira conseguiríase que prezo pagado por todos os cidadáns sexa o mesmo. “Non se trata de reducir o prezo da auga” explicou o portavoz nacionalista en Cambre, “trátase de que os pertencentes a familias numerosas ou unidades de convivencia ampla non se vexan discriminados e paguen máis polo que custa igual”.

Iglesias explicou que era pesimista respecto da aprobación desta proposta. “Onte, na comisión informativa, demostramos que era unha demanda solicitada por veciños de Cambre e que era viábel técnica e economicamente posto que son varios os concellos que teñen establecidas e funcionando medidas deste tipo”, “Nembargantes a coalición de goberno PP-PSOE, unha vez máis , fixo ouvidos xordos e anunciou o seu voto contrario”.“Terán que lle explicar as familias numerosas de Cambre porque rexeitan aprobar unha medida xusta, igualitaria e que ademais non xera ningún prexuízo ás arcas municipais“ .

Outras das emendas defendidas polo BNG serán a reducción do 50% dos dereitos de inscrición nos exames cando se trate de prazas interinas, que chegan agora aos 50€ e, a reducción, tamén do 50%, para maiores de 55 anos na inscrición en actividades deportivas municipais. As dúas xa co voto en contra anunciado PP-PSOE.

Noutra orde de cousas o BNG denunciou, durante a celebración da comisión informativa de onte, a falta de respecto do goberno ao resto da Corporación. Víronse obrigados a retirar da orde do día a proposta de modificación da ordenanza se servizos sociais, diante da incapacidade de ningún membro do goberno para defendela. Chegados a este punto do debate, nin a concelleira de SS, nin ningún outro cargo do executivo local amosou a súa disposición e preparación a explicar e defender esta proposta súa. Diante da bochornosa situación, o portavoz do BNG esixiu do Alcalde a retirada deste punto, cousa que fixo ante a evidencia de estarse a vivir un auténtico “esperpento político”.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 24 de outubro de 2007
Comentario (0) - Categoría: Comunicados - Publicado o 24-10-2007 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas Pleno Ordinario de Outubro 2007
PRIMEIRA

As obras da beirarúa da Xira en Sigrás comezaron pouco antes das eleccións e, pouco despois, pasadas estas, paráronse con menos da mitade do recorrido acabado.

¿Cal é o motivo desta parada e cando se rematarán?

SEGUNDA

A finais de agosto a Concelleira de Servizos Sociais e Participación Cidadá anunciou que ía inaugurar a Galescola a mediados de setembro. Isto non sucedeu e tampouco o 1º de outubro, como se anunciou posteriormente. Sorprendidos por declaracións públicas nas que se imputaban os atrasos á responsabilidade dos anteriores responsábeis políticos, preguntamos:

- Cal é o motivo de non ter aberta a Galescola e que está facendo a concelleira para solucionar os problemas que poidan existir?

TERCEIRA

¿Coñece o goberno local o número aproximado de empresas de Cambre, especializadas en obra civil, que poderían optar a contratos coa administración local inferiores a 12.000€?

CUARTA

¿Parécelle ao goberno municipal unha práctica política correcta a adxudicación directa de contratos de obras a militantes e candidatos socialistas?

QUINTA

Cal é a situación dos comedores escolares asumidos pola Xunta no comezo do curso?

SEXTA

¿Ten intención o goberno local de comezar as obras da Escola Municipal de Música ou xa decidiu anula esta inversión?


Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 23-10-2007 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Vicepresidencia porá en marcha máis de 30 centros de día grazas ao convenio asinado hoxe en Madrid entre Quintana e Caldera

[22/10/07] O vicepresidente da Xunta e o ministro de traballo asinaron hoxe a primeira partida dos 60 millóns de euros adicionais comprometidos polo Estado para saldar a débeda histórica con Galiza en materia de servizos sociais. Nove millóns de euros para 2007 que permitirán a creación de 1.000 novas prazas en Centros de Día. (+)
Comentario (0) - Categoría: Benestar - Publicado o 22-10-2007 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Preguntas para as Comisións informativas conxuntas de 25 de setembro de 2007
Para as comisións informtaivas conxuntas:


1. Logo das conversas co novo Delegado de Educación:
- sobre a necesidade de novos centros escolares no término municipal? Que propostas de ubicación contemplan desde o Goberno Local?
- Como están os trámites para a construcción do pavillón no Ceip Portofaro?
- Como estan os trámites para a ampliación do Ceip do Graxal?

2. Que xestións se fixeron coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para a instalación dos locais de ensaio gratuitos para os xóvenes en Cambre?

3. Por que aínda non se conctou ao saneamento aos veciños de Aian sen ter que esperar a poñer os sonados caudalímetros cando non hai ningún problema por parte do Concello de Culleredo?

4. Que xestións se fixeron desde os últimos verquidos á Ría?

5. Que tipo de seguimento se está facendo as obras da Costa da Tapia?

6. Sobre os recheos ilegais da Graveira do Barcés en Cecebre, cal é a situación legal a día de hoxe e que medidas hai pensadas desde o Goberno Local?

7. Sobre o futuro viario desde o polígono de Espiritu Santo, de Lendoiro a Volteiro á estrada da Xunta planificada conxuntamente entre a Deputación e o Concello, cal é o estado actual de tramitación do expediente e do proceso de expropiación? Hai feito un estudo de impacto ambiental?

8. Por que o Goberno Local non puxo en marcha as actividade sociais?

9. Que explicación pode dar o Goberno Local despois de ofrecer a Casa da Concepción para a futura Área Metropolitana da Coruña?
Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 21-10-2007 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
PLENO ORDINARIO 25 de outubro ás 20:30 h.
Orde do día:


1.Aprobación, se procede, do borrado da acta da sesión anterior.

2.Proposta de aprobación de contía de prezo público correspondente á ordenanza número 22, reguladora do prezo público por actividades culturais.

Ordenanza número 22

Prazo para reclamación e anuncio de aprobación de contía de prezo público


3.Proposta de aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais nº 4, 6, 8, 9, 12, 14, 15 e 19 para o exercicio 2008.

ORDENANZA FISCAL Nº 4

Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras
ORDENANZA FISCAL Nº 6
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Expedición de Documentos Administrativos.
ORDENANZA FISCAL Nº 8
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Outorgamento de Licencias de Apertura de
Establecementos.
ORDENANZA FISCAL Nº 9
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Servicio de Rede de Sumidoiros.
ORDENANZA FISCAL Nº 12
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Entrada de Vehículos a través das Beirarrúas
e as Reservas de Vía Pública para Aparcamento, Carga e Descarga de Mercancías
de calquera clase.
ORDENANZA FISCAL Nº 14
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola Utilización das Instalacións Deportivas
Municipais e pola Prestación de Servicios Deportivos.
ORDENANZA FISCAL Nº 15
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Subministración de Auga.
ORDENANZA FISCAL Nº 19
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Servicio de Axuda a Domicilio e Outras
Prestacións Sociais. Esta ordenanzo foi retirada da orde do día na Comisión Informativa porque o Goberno Local non tiña preparada a súa exposición e defensa.

Prazo para presentar reclamación e anuncio de aprobación inicial de modificación ordenanzas fiscais

4.Proposta de aprobación da moficación das ordenanzas nº 22, 23 e 24 reguladoras de prezos públicos por actividades culturais, xuvenís e actividades deportivas de verán, e do acordo de estabelecemento de prezos públicos por actividades extraescolares.

ORDENANZA FISCAL Nº 22
Ordenanza Fiscal Reguladora do Prezo Público por Actividades Culturais.
ORDENANZA FISCAL Nº 23
Ordenanza Fiscal Reguladora do Prezo Público por Actividades Xuvenís.
ORDENANZA FISCAL Nº 24
Ordenanza Fiscal Reguladora do Prezo Público por Actividades Deportivas de Verán.

Prazo para reclamación e anuncio de aprobación de modificación de prezos públicos


5.Proposta da Alcaldía de nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados.

6.Proposta de modificación da Ordenanza reguladora das medidas de apoio á inserción socio-familiar para persoas que participen no Programa de intervención familiar.

7.Coñecemento da Resolución de Alcaldía de data 10 de outubro de 2007, relativa á delegación da presidencia das comisións informativas especiais.

8.Mocións.

9.Informes da Alcaldía.

10.Rogos e preguntas.

Acta do Pleno

Actas das Comisións Informativas
Ordenanzas fiscais Cambre
Acta do Pleno
Acta das Comisións Informativas
Comentario (0) - Categoría: Plenos - Publicado o 19-10-2007 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Adiviña, adiviñanza...

Este flamante auto ocupa un espazo reservado para persoas discapacitadas (e non ten tarxeta) Xusto diante das oficinas de Servizos Sociais.

Pero xa vedes, hai persoas que abusan e as autoridades non fan respectar as normas...quen será? porque é unha vista moi habitual.

En Cambre, como decía Orwell, todos somos iguais pero algúns son máis iguais que outros (ou outras)
Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2007 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal