POR UNHA MAREA GALEGA


Pleno extraordinario.-2 de febreiro de 2010



Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:


1º.- Proposta de aprobación, se procede, dos investimentos a incluír no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local creado por Real Decreto-Lei 13/2009, de 26 de outubro

2º.- Coñecemento das resolucións de Alcaldía en materia de: modificación das áreas de goberno, modificación dos membros da Xunta de Goberno Local, modificación dos tenentes de alcalde, modificación das delegacións de atribucións pola Alcaldía en membros da Xunta de Goberno Local

3º.- Proposta de modificación dos acordos adoptados polo pleno da corporación o 22 de agosto de 2009, respecto da creación e composición das comisións informativas permanentes e da Comisión Especial de Contas



4º.- Proposta de modificación do acordo adoptado polo pleno da corporación o 22 de agosto de 2009, respecto da determinación dos cargos da corporación a desempeñar en réxime de dedicación parcial

5º.- Proposta de modificación de nomeamentos de representantes da Corporación nos consellos escolares

6º.- Proposta do equipo de goberno en relación co borrador do Decreto do galego no ensino

7º.- Rogos e preguntas do grupo municipal de EU-IU presentados ao pleno ordinario de 28 de xaneiro de 2010
Categoría: Plenos - Publicado o 30-01-2010 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
O próximo martes o pleno debatera o pronunciamento da corporación contra o "decretazo" do Galego

Cambre, 29 de xaneiro de 2010.-

Despois de que no pleno ordinario de onte non obtivera os votos necesarios para a súa declaración de urxencia, a moción contra o borrador de decreto do Galego será novamente debatida en Pleno, pero esta vez como un punto da orde do día e como unha proposta do goberno local.

Así o explicou o portavoz do BNG no concello, e primeiro tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, que lamentou a deriva política da que algúns grupos da oposición están impregnando a política cambresa. Explicou que independentemente da posición de cada grupo na votación final das mocións, viña sendo práctica acostumada que todos votasen a "urxencia" das propostas para permitir o seu debate. Da falta de "modales democráticos" do PP manifestou non sentirse extrañado, pero sí consternado pola actitude do único representante do Partido Galeguista, quen ao non apoiar a declaración de urxencia imposibilitou o seu debate. "É lamentábel que o que representa a unhas siglas históricas, as do partido fundado por Bóveda e Castelao, non apoie unha declaración contra a maior agresión que se tenta contra a nosa língoa no que levamos de democracia", dixo.

Iglesias aclarou que Cambre se pronunciará contra o "decretazo de Feijoo e Galicia Bilingüe", e será o vindeiro martes durante un pleno extraordinario que xa está convocado. Desta vez, informou o Tenente de Alcalde, non será como moción senón que irá incluída dentro da orde do día da sesión como unha proposta ao Pleno do goberno municipal.

PROPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE CAMBRE SOBRE O BORRADOR DE DECRETO DE GALEGO NO ENSINO:

Categoría: Educación - Publicado o 29-01-2010 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello adxudica a ampliación das redes de saneamento de Anceis, Piñeiro e San Lourenzo tras a resolución do contrato coa anterior adxudicataria



Cambre, 25/1/2010.-

O Concello reactiva a ampliación das redes de saneamento e abastecemento de Anceis, Piñeiro e San Lourenzo. Despois de que a primeira empresa concesionaria, que asinou o contrato co Concello en xullo de 2007, paralizase os traballos en febreiro de 2008 e despois de que o Consello Consultivo de Galicia aprobase a rescisión do mesmo o pasado decembro, o goberno local impulsa a adxudicación da obra para que a nova empresa encargada complete a actuación.

O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Iglesias, anunciou que a mesa de contratación mantivo unha sesión na mañá do pasado venres e decidiu outorgar a obra a outra das empresas que concorrera ao procedemento aberto por un montante de 414.389,36 euros. A concesionaria confía en lograr finalizar os traballos, que a súa predecesora abandonou sen ter o 15% concluídos, nos próximos meses.

Dado que a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Ancéis, Piñeiro e San Lourenzo se trata dunha obra incluída no Plan de Obras e Servizos, da Deputación da Coruña de 2007, o equipo de goberno viuse obrigado a reclamar prórrogas, que a institución provincial concedeu, ante a paralización do proxecto adoptado de forma unilateral pola empresa. A previsión da nova empresa apunta a que os traballos concluiranse a tempo.

Iglesias lamenta o atraso que acumula a actuación, pero celebra que a decisión favorable do Consello Consultivo permita ao Concello a tramitación inmediata da nova adxudicación. “En canto recibimos a resolución favorable, puxémonos mans á obra para contratar de novo a actuación”, sinala. De feito, a reunión da mesa de contratación prodúcese ao mes logo de dispor da decisión do Consultivo.




Precedente

En febreiro de 2008, a anterior adxudicataria paralizou unilateralmente os traballos e alegou que existían deficiencias no proxecto, polo que pediu a tramitación dun modificado. O Concello reclamou á dirección de obra que se pronunciase e esta emitiu un informe no que considerou improcedente que se modifique o contrato da obra e apuntou que a decisión da concesionaria de parar os traballos non ten xustificación e é contraria á lei. Por iso, o Concello requiriu á empresa que renovase as obras, pero este presentou alegacións á resolución no mes de setembro.

Xa en 2009, a dirección de obra emitiu un novo informe no que alertaba de que os traballos continuaban paralizados e que o volume de obra executado non alcanzaba o 15% do total, polo que se considerou que se producía un suposto de causa de resolución de contrato en virtude do artigo 111 da Lei de Contratos de Administracións Públicas.

Iglesias explicou que no mes de agosto abordou cos técnicos municipais a solución deste problema e tomou a decisión de iniciar a rescisión do contrato, para o que contou co respaldo de toda a administración municipal.

En decembro produciuse a resolución da institución autonómica, que dá a razón ao Concello ao informar favorablemente da proposta de resolución do contrato ao constatar un suposto de incumprimento contractual imputable ao contratista por falta de execución da obra en prazo. O Consello Consultivo establece que isto leva aparellado necesariamente a incautación da garantía definitiva e unha indemnización ao Concello polos danos e perdas ocasionadas no que excedan ao importe da garantía incautada. O Consello opta por non pronunciarse agora sobre a contía en cuestión xa que admite que depende de variables aínda non determinadas como a necesidade de abrir ou non unha nova licitación.

Por último o primeiro tenente de Alcalde manifestou a súa satisfacción camiño de solución que se abre e, lembrou, que é a segunda rescisión de obras que se produce nun prazo de dous meses debido ao incumprimento contractual das empresas. “Imos estar especialmente vixiantes, todo o mundo ten que cumprir coa súa parte e nós imos velar polos intereses dos veciños”, concluíu.

Categoría: Infraestruturas - Publicado o 27-01-2010 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario - 28 de xaneiro de 2010

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º.- Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 29 de outubro de 2009, sesión ordinaria do día 26 de novembro de 2009, sesión ordinaria do día 21 de decembro de 2009, con carácter supletorio da correspondente ao día 31 de decembro de 2009, e sesión extraordinaria do día 12 de xaneiro de 2010

2º.- Toma de posesión como concelleiro do Concello de Cambre de don José Francisco Parcero Rial, polo PSdeG-PSOE

3º.- Aprobación, se procede, da revisión de tarifas do servizo urbano de transporte en auto-taxi do Concello de Cambre




4º.- Proposta de nomeamento de membros da Comisión para o deslinde cos concellos de Carral e Culleredo

5º.- Mocións

6º.- Informes da Alcaldía

7º.- Rogos e preguntas

Categoría: Plenos - Publicado o 25-01-2010 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
continuidade das obras en Espírito Santo e en Lema
O executivo autonómico comezará a próxima semana os traballos de instalación do saneamento para que a institución provincial poida acometer rematar logo as reformas nos dous lugares


Cambre, 23 de xaneiro de 2010.-

Unha reunión celebrada onte entre Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Cambre marcou o calendario de traballo para reactivar dúas importantes actuacións na mellora da seguridade viaria no municipio. En concreto, trátase da remodelación da CP-1703, que posibilita o acceso ao polígono de Espírito Santo desde Fraís (Cecebre), e da construción dunha senda peonil na CP-0102, que enlaza Lema con Orto. As dúas obras son competencia da institución provincial, pero o goberno local solicitara a súa paralización temporal para coordinalas coas que o executivo autonómico ía desenvolver de mellora do saneamento que afectará ás dúas vías.

O primeiro tenente de alcalde, o nacionalista Xabier Igrexas, visitou xunto aos técnicos das dúas administracións o estado das obras e coordinou o inicio dos traballos, que se veñen demorando debido ao atraso na adxudicación do proxecto de mellora do saneamento da Xunta, cuxo anuncio de licitación foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril do ano pasado pero cuxa adxudicación definitiva foi anunciada no do 17 de decembro.

A previsión da Xunta consiste en comezar a obra a próxima semana. Iglesias solicitou que se dea prioridade á realización dos distintos cruces da rede de saneamento necesarios no enlace con Espírito Santo. “Queremos acelerar estes traballos para que se poda rematar canto antes a reforma da calzada, pola que circula moito tráfico pesado cara o polígono industrial”, sinala.





Así, os técnicos estiman que a actuación no saneamento desta vía prolongaranse durante un mes, para que logo, a Deputación, poida proceder ao remate do asfaltado e das obras complementarias nas beirarrúas. Unha vez finalizada, procederán a realizar os traballos oportunos na estrada de Lema a Orto, para que posteriormente a Deputación poida concluír a construción da senda peonil. Esta obra provincial consiste na construción dun beirarrúa entre o cruceiro de Lema e o encoro de Cecebre e está practicamente rematada á espera da construción dun pequeno tramo de saneamento, non superior aos 300m que lle corresponde á Xunta.

O concelleiro de Medio Ambiente, Obras e Servizos confía en que a celebración deste encontro a tras bandas sente as “bases definitivas” para que se finalicen os dous proxectos e garantir a seguridade viaria en dúas estradas moi frecuentadas. Iglesias informou que xa se puxo en contacto con algún representante veciñal das zonas afectadas e que, nos vindeiros días, farao cos restantes para lles informar dos acordos acadados e das previsións de traballo nestas zonas.

A intervención na CP-1703, entre os puntos quilométricos do 1,440 ao 2,400, consiste na ampliación da plataforma actual, que dispón dun ancho de cinco metros, que pasará a contar con dous carrís de 3,5 metros, e beiravías dun metro. O investimento supera os 300.000 euros. Mentres, a actuación na CP-0102 refírese á construción dunha senda peonil de 1.80 metros de ancho e de máis de 2,5 Km de longo. O orzamento alcanza os 363.000 euros.

Polo seu lado, o proxecto de mellora do saneamento emprendido pola Xunta, que ademais destas dúas actuacións inclúe traballos noutros puntos do municipio, ascende a 136.000 euros.
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 25-01-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
A axuda de Cambre a Haití destinarase ao proceso de reconstrución do país a través do Fondo Galego de Cooperación



O Concello admitirá achegas na conta bancaria habilitada ata o 28 de febreiro


A contribución económica que realizará Cambre ante a catástrofe sucedida en Haití será destinada ás tarefas de reconstrución do país centroamericano a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Tratarase da cantidade recadada na conta bancaria que se acaba de habilitar co obxectivo de solicitar fondos para axudar ás miles de persoas afectadas polo sismo.




Unha vez concluído este proceso de petitorio, o equipo de goberno remitirá o recadado ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que Cambre forma parte desde febreiro de 2004. A entidade contactou co goberno local e o resto de administracións que o compón para solicitar que as achegas a Haití se remitan conxuntamente. Otero explicou que Cambre pertence a esta institución que agrupa un bo número de concellos e deputacións galegos e que foi precisamente por iniciativa nacionalista na pasada lexislatura. “Para nós é a garantía de solidariedade eficiente e de poder controlar o destino e bo uso dos fondos enviados”, dixo.

A acción forma parte da campaña que acaba de iniciar o Concello e será coordinada pola Concellaría de Participación Cidadá, Solidariedade e Voluntariado, que dirixe o nacionalista Antón Otero, para colaborar con Haití. De feito, o goberno local destinará 23.231 euros, un euro por cada persoa empadroada no municipio, para tratar de pór o seu gran de area en combater a grave situación que atravesa o país.

A conta permanecerá aberta ata o 28 de febreiro para que os veciños que o desexen a título persoal ou de maneira colectiva poidan colaborar coa campaña de axuda. O número de conta é o seguinte:

2091-0048-97-3110000069
(Caixa Galicia)


Ademais, o Concello levará a iniciativa aos escolares cambreses, para o que se contactará cos directores dos diferentes centros. Nas aulas explicarase aos alumnos a magnitude do sucedido e tratarase de sensibilizalos sobre a necesidade de proporcionar unha colaboración inminente cos afectados. Con iso propiciarase que os nenos poidan contribuír con donativos dunha parte da súa paga á conta bancaria habilitada.

Así mesmo, Antón Otero informou de que o Alcalde xa remitiu unha carta ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para lle informar da iniciativa levada a cabo en Cambre e para pedirlle que traslade ao resto de concellos a idea de destinar un euro por veciño nos orzamentos de 2010.
Categoría: SOLIDARIEDADE - Publicado o 20-01-2010 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello Consultivo da razón a Cambre na rescisión do contrato coa concesionaria da mellora do saneamento en Anceis, Piñeiro e San Lourenzo

Iglesias amosa a súa satisfacción polo desbloqueo desta importante obra

O Concello emprende os trámites para realizar unha nova contratación de inmediato




Cambre, 18/1/2010.-

O Consello Consultivo de Galicia dá a razón ao Concello ao aprobar a rescisión do contrato coa empresa adxudicataria da ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Anceis, Piñeiro e San Lourenzo. Trátase dunha obra incluída no Plan de Obras e Servizos,
da Deputación da Coruña de 2007, e que a concesionaria abandonou en febreiro de 2008 sen ter o 15% dos traballos concluídos.

Desde ese momento prodúcense un rosario de comunicacións entre o concello e a empresa sen que haxa posibilidade de acordo. En agosto de 2009, ao pouco da súa toma de posesión, o concelleiro delegado de Medioambiente, Obras e servizos, o nacionalista Xabier Iglesias, despois de coñecer todos os pormenores do expediente, dá instrucións para que se inicie de inmediato a rescisión do contrato con esta empresa e se poda realizar unha nova adxudicación. Este proceso remata por fin coa resolución do Consello Consultivo o pasado mes de decembro no que admite as argumentacións esgrimidas polo concello cambrés.

Iglesias manifestou a súa satisfacción por este resultado e anunciou que nos vindeiros días se procederá á adxudicación da obra a outra empresa. “ Os técnicos están nestes momentos preparando a documentación e, confiamos, en que esta se produza en pouco máis dunha semana”, dixo. O primeiro Tenente de Alcalde informou, así mesmo, que esta rescisión leva aparellada a incautación da garantía depositada pola empresa e outras posíbeis sancións, pero insistiu en que para el o importante era que por fin a obra se desbloqueara e que en breve, veciños de San Lourenzo, Brexo e Anceis verían a obra rematada e poderían conectar o saneamento.

O nacionalista recoñeceu a enorme paciencia amosada polos veciños destas zonas e insistiu en que vai estar especialmente vixiante no cumprimento dos novos prazos. “Entre outras cousas, dixo, porque conseguimos unha prórroga no prazo que nos dá a Deputación e xa non hai marxe de manobra para admitir máis retrasos”.









En concreto, o Concello e a empresa asinaron o contrato para a realización da obra en xullo de 2007 por un montante de 402.206,12 euros. En agosto dese mesmo ano procedeuse a levantar o acta de comprobación do replanteo, na que o director de obra presenta a súa conformidade á viabilidade do proxecto e a concesionaria non ofrece reserva algunha. Ademais, establecíase que o prazo de execución dos traballos, marcado en seis meses, comezase a contar no momento en que o goberno local aprobe o Plan de Seguridade e Saúde, o que sucedeu o 16 de novembro.
Posteriormente, en febreiro de 2008, a adxudicataria paraliza unilateralmente os traballos e alega que existen deficiencias no proxecto, polo que pide así mesmo que se tramite un modificado.



Iglesias abondou en que este fora un asunto recorrente, obxecto de debate en innumerábeis ocasións nos plenos municipais estes dous anos pasados. “Nós mesmos desde o BNG ao igual que os outros grupos temos promovido diferentes iniciativas diante da paralización das obras e, agora, é unha satisfacción ter contribuído a desbloquear a situación.
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 20-01-2010 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
“Somos como compramos” Bando do Concello da Coruña a prol do comercio xusto, por Yolanda Castaño
Cando miramos únicamente ese pedaciño de tea que é o noso peto, desviamos a vista deses máis grandes toldos que serven de teito e cobixo a outros e outras, noutros lugares do mundo onde a vida é máis difícil por mor dun sistema desigual. Cando miramos por mercar un pano un par de euros máis barato, probablemente non queiramos ver que eses fíos leven impresas as pegadas dixitais dunhas mans nenas, explotadas, marxinadas, colonizadas ou infravaloradas. Coma un turbio pan para hoxe e para mañá unha fame global, transversal e conxénita.

Manifesto
Fondo Galego de Cooperación
Categoría: COOPERACIÓN - Publicado o 15-01-2010 20:46
# Ligazón permanente a este artigo


letra capital

"Señor Feijóo, faga caso do rexeitamento social e retire o decreto do galego"

“Co decreto vaise pasar dun 50-50 a un 70 por cento en castelán e un 30 por cento en galego”[+]


letra capital
------------------- A viñeta por Gonzalo Vilas
----------------------- www.gznacion.com/



GZnacióntid

A viñeta do día. Por M.B.Rei-------------------___________________--------------------______________________Éche o que hai. Por López
www.galicia-hoxe.com/ -------------------___________________------------------------- ______________________ www.gznacion.com/


Categoría: Anuncios - Publicado o 13-01-2010 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
letra capital

O Plano de ordenación do litoral defende os intereses dos grandes promotores

“Supón un grave retroceso a respecto da Lei vixente, posto que vai deixar desprotexida a maior parte do litoral galego”, explicou Carlos Aymerich[+]

letra capital

"Por vez primeira o Goberno galego lexisla contra o idioma do País", di Guillerme Vázquez no 60 cabodano de Castelao

"O nacionalismo é hoxe a alternativa plural e posíbel para contribuír a vertebrar este País, que lexitimamente queremos gobernar".[+]
Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario.-12 de xaneiro de 2010
Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 13:30horas, coa seguinte orde do día:

Toma de coñecemento da renuncia ao cargo de concelleiro presentada por don Francisco Javier Varela Tejedor e da proposta de Alcaldía coa designación da persoa á cal corresponde cubrir a vacante

Toma de coñecemento da renuncia a formar parte do grupo municipal socialista presentada por dona Mª Beatriz Ramos Padín e solicitude para ser considerada como membro non adscrito, e da proposta de Alcaldía para o efecto
letra capital

Categoría: Plenos - Publicado o 08-01-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
O grupo municipal nacionalista de Cambre rexeita a mascarada protagonizada por catro militantes de Galiza Nova



Anuncian que “agasallarán” ao GN cun disco da película “a morte de Bryan”, dos Monthy Phyton, máis apropiada ao que representan


Cambre, 5 de xaneiro de 2010.-

O portavoz municipal do BNG de Cambre, Xabier Iglesias, pronunciouse esta tarde, preguntado por diversos medios de comunicación, sobre o “espectáculo” que catro militantes de Galiza Nova representaron no Concello de Cambre esta mañá. Referíase o portavoz nacionalista á escenificación de visita real para entrega de agasallos ao goberno municipal de Cambre.

Xabier Iglesias informou, así mesmo, que o primeiro que fixo foi poñerse en contacto coa responsábel comarcal do BNG quen lle comunicou que estaba tratando por todos os medios de impedir tal barbaridade e que, por suposto, esta acción non contaba co aval do BNG.

letra capital Daniel Carballada responsable local do BNG de Cambre asinando a entrega do agasallo

Preguntado por se esta actuación se podía ler en clave da dialéctica interna do BNG, Iglesias foi contundente: “ o nacionalismo galego, o BNG, é moitas cousas, é plural”, dixo, “ pero nunca será iso: esperpento, irresponsabilidade, e gamberrismo”.

letra capital

Rematando a súa declaración, e tentando quitar ferro ao asunto, falou de que o agasallo da película de Francis Ford Coppola “O Padriño”, sería compensada pola entrega a Galiza Nova dunha copia da “morte de Bryan” dos Monthy Python. “Retrata moito mellor a realidade duns rapaces inmaturos que aínda non comprenden o irresponsábel da súa actitude”.






letra capital

O primeiro tenente de Alcalde manifestou a súa consternación e tristura por estes feitos que cualificou de “vergonzosos”. “É un auténtico esperpento e sinto vergoña allea por esta manipulación e uso abusivo das nosas siglas e do que significa o nacionalismo”, dixo. Iglesias confirmou que ninguén se puxo en contacto con el para informarlle deste acto e que cando recibiu as primeiras noticias na tarde de onte –polo luns, día catro- pensou que se trataba dunha inocentada extemporánea.Comentou que nun principio non daba crédito e pensou que esta acción viña instigada polo PP –en consonancia cos niveis de crispación que pretende instaurar na política municipal en Cambre-. Afirmou que quedou consternado cando comprobou que eran autodenominados militantes nacionalista os actores deste “evento”.

Agardase unha condena pública da dirección nacionalista e que se deteña esta cadea de despropósitos


O portavoz nacionalista en Cambre non puido ocultar a súa indignación ao falar deste asunto. Manifestou que “xa estaba ben” de utilizar unhas siglas e un patrimonio (en referencia ao que representa o nacionalismo galego) en actos de gamberrismo e de provocación que raian no delito. “Quen teña probas ou simplemente sospeitas fundadas, o que debe facer é acudir ao xulgado”, comentou, “e se as teñen, teranme ao seu carón para asinar, o resto son inxurias e difamacións”, sentenciou.

Afirmou que o BNG se dedicaba a facer política seria, a defender á xente e mellorar as cousas, non ao “vandalismo” político nin a inxuriar. Comentou que agardaba unha descualificación pública destas actuacións por parte da dirección nacionalista. “Agardo que sexa inmediata”, dixo. Manifestou así mesmo que o asunto era máis lamentábel tendo en conta que a persoa que está manexando os fíos de GN é o actual responsábel do consello local do BNG de Cambre, Daniel Carballada- protagonista non-enmascarado da entrega de agasallos. Lamentou que sexan persoas coas que comparte organización as que se signifique neste tipo de actos, pero manifestou que non lle doen prendas en condenar estas accións, “veñan de onde veñan”.


Categoría: Anuncios - Publicado o 05-01-2010 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal