POR UNHA MAREA GALEGA


Sobre os actos de violencia no pleno do día 29
Condena da escalada de violencia en Cambre

Responsabiliza ao PP de instigar e alentar a violencia por intereses políticos e particulares.

Venres, 30 de xaneiro de 2009.- O BNG de Cambre, a través do seu responsábel de comunicación, Antón Otero, pronunciouse esta tarde sobre os acontecementos vividos onte no transcurso do pleno ordinario da corporación cambresa. Otero quixo manifestar a condena máis rotunda do BNG diante da escalada de violencia que se está a xerar en Cambre provocada pola intoxicación e manipulación dos sentimentos de propietarios e familias aos que se está a enganar. Dixo, ademais, que esixen de todas as forzas políticas do concello a mesma condena deste tipo de manifestacións. “Sabemos” dixo, “que a maioría xa o fixo en diferentes momentos pero agardamos que tamén o PP se pronuncie con claridade”.

O portavoz nacionalista afirmou que non chega con lamentar, que as forzas políticas democráticas teñen que saber onde están situadas e que a cidadanía agarda que ningunha forza política ampare, alente ou xustifique este proceder. Insistiu en que por estes motivos hai forzas políticas que están ilegalizadas en aplicación da lei de partidos. “ Lamentan a violencia pero non a condenan, e iso non chega”, comentou en referencia ao que está a ocorrer en Euskadi cos agrupacións que non condenan a violencia. “Preguntámoslle ao Sr. Feijoo se se vai a pronunciar e tomar medidas no caso de que o PP de Cambre non se desmarque do alento ás prácticas violentas”, e continuou, “Gustaríanos coñecer a postura oficial do PP d Galiza e do seu candidato a presidente da Xunta sobre a actitude e actividades do presidente popular de Cambre e candidato nas listas autonómicas”, en relación ao protagonismo de Cubeiro en todos estes feitos.

Quixo remarcar que non critican que o PP estea en contra do Plan de Vivenda, “sabemos o que fixo o PP en políticas de vivenda e non esperabamos outra cousa”, dixo,”o que rexeitamos é a manipulación e o uso de calquera medio para servir aos seus obxectivos”.
Otero foi firme na afirmación de que paro o BNG non vale todo, que hai que respectar os principios democráticos e que as posicións políticas, por discrepantes que sexan teñen canles para ser expresadas sen recorrer a tales métodos. “O BNG nunca estará no desprezo á lei”, concluíu.

Ademais de acusar ao PP de estar detrás desta alteración da convivencia pacífica en Cambre, Otero lanzou outra pregunta da que esixiu explicacións públicas. Instou aos populares a que desmintan os múltiples rumores que apuntan a que un concelleiro da súa formación está axitando o descontento cidadán por un lado, e cobrando minutas como avogado a afectados na tramitación das súas alegacións. Dixo que sería moi grave que isto fora así, pois se trataría de utilización dun cargo público para xerar o seu propio negocio. “Queremos que desmintan estes rumores e que declaren que nin el nin o seu entorno se aproveitan o aproveitarán deste conflito para gañar clientes”.

No remate da súa intervención, Antón Otero, apuntou a algunhas das cuestións que están sendo manipuladas e, nomeadamente, aos prezos dos diferentes proxectos sectoriais para Cambre. Así, dixo, tiñan informado por activa e por pasiva aos propietarios de cales eran os prezos medios do valor estimado de adquisición do terreo. Comentou que no caso de Cambre o máis baixo de todos era de 85€ /m2, nunca os 4, 6, ou 8, que o PP se cansou de propagar entre os veciños afectados. Lamentou que algúns veciños prefiran crer nas mentiras do PP que nos datos e declaracións da Consellaría de Vivenda e, reiterou, o compromiso dos responsábeis de Vivenda e Solo a reunirse cos afectados cantas veces foxe preciso. “Esta mañá, así mo confirmou persoalmente o delegado provincial que , ademais me informou que, el mesmo, e a Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, chamaron telefonicamente ao Alcalde para reiterar o ofrecemento de diálogo e colaboración con Cambre”.

Por último, Otero, expresou en nome do BNG, a súa solidariedade e apoio ao portavoz nacionalista no Concello, Xabier Iglesias, sobre o que se centraron as manifestacións máis agresivas. “Demostrouse que non había interese en escoitar argumentos nin coñecer a verdade, que por parte dalgúns só se tratou dun intento de linchamento”. E quixo aproveitar a oportunidade para agradecer, en nome da súa formación, as manifestacións de apoio e solidariedade recibidas de moitos sectores da sociedade cambresa e dos portavoces das formacións políticas coas que comparten representación na corporación. “De todas menos dunha, claro”, rematou.

BNG de Cambre
Categoría: Comunicados - Publicado o 31-01-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Propostas do BNG ao pleno ordinario do xoves 29 de xaneiro de 2009

...máis
Categoría: Comunicados - Publicado o 27-01-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario 29 de xaneiro de 2009
No salón de plenos ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión ordinaria do día 30 de outubro de 2008, e sesión extraordinaria do día 11 de novembro de 2008

2º Proposta de prórroga da delegación da xestión tributaria e recadatoria na Deputación Provincial da Coruña

3º Proposta de aprobación do expediente de modificación de créditos núm. 1/2009, de crédito extraordinario:

- Crear crédito de 6.000 euros para Banco de Tempo.

4º Proposta de modificación do nome do CEIP do Graxal II:

- Que o novo nome sexa CEIP Graxal.

5º Mocións

6º Informes da Alcaldía

Rogos e preguntas:
- Consecuencias do temporal e colaboración cos afectados.
- Apagón analóxico e a cobertura de TDT.
- Alumeado público fonte ao CEIP Portofaro .
- Sobre a perda de subvencións.
- Mala execución de obras municipais.
- Auditoría de consumos enerxéticos municipais.
- Posta en funcionamento da Escola Municipal de Música.










Categoría: Plenos - Publicado o 23-01-2009 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Discurso na Convención Nacional
Categoría: Eleccións Galegas - Publicado o 21-01-2009 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno extraordinario e urxente, 22 de xaneiro de 2009
Resolución do Alcalde de 21 de xaneiro:

“Vista a necesidade de levar a cabo a substitución de determinadas obras incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local, segundo acordo adoptado polo pleno da corporación o día 19 de xaneiro actual, como consecuencia da necesidade de solicitar autorizacións, etc., que poderían dar lugar a que non se puidese iniciar o expediente de contratación dentro de prazo.

Visto que o citado asunto leva implícita a urxencia na súa resolución dado que a solicitude de inclusión no Fondo Estatal de Investimento Local debe levarse a cabo como último día o 24 de xaneiro actual, e que a dita solicitude debe formalizarse a través de medios telemáticos, e co fin de poder contar con tempo suficiente para realizar esa tramitación e subsanar posibles dificultades que puideran xurdir.

Vista a proposta de Alcaldía do día de hoxe.

En uso das atribucións que me son conferidas no artigo 21.1 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigos 95 e 97 do Regulamento orgánico municipal, RESOLVO:

Primeiro: Convocar sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación para o día 22 de xaneiro de 2009, ás 14:00 horas, coa seguinte orde do día:

1º Pronunciamento do pleno respecto da urxencia da convocatoria e do seguinte asunto a tratar

2º Proposta de substitución de obras incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local, segundo acordo adoptado polo pleno da corporación o día 19 de xaneiro actual

Segundo: Notifíquese aos señores concelleiros.”
LISTA DEFINITIVA DE ACTUACIÓNS APROBADAS NO PLENO
Categoría: Plenos - Publicado o 21-01-2009 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Eu son Anxo Quintana
Categoría: Eleccións Galegas - Publicado o 17-01-2009 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os nacionalistas manifestan a súa satisfacción co acordo acadado sobre o Fondo Estatal de Investimento Local


O BNG logra incluir a práctica totalidade das súas demandas ao Fondo de Inversión na proposta que presentará o Concello e que irá a pleno o vindeiro luns

Cambre, 16 de xaneiro de 2009.- O BNG de Cambre manifestou hoxe a súa satisfacción polo acordo acadado no reparto dos fondos do Plan estatal para o Concello de Cambre.

O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias , confirmou que o acordo recolle a práctica totalidade das propostas formuladas pola súa formación, á que se engadiron peticións recollidas de entidades veciñais. Neste senso, expresou a súa satisfacción polo acordo e o seu desexo de que este proxecto sexa apoiado polo conxunto das forzas políticas de Cambre no pleno. Sinalou que tralo acordo é agora o goberno local quen ten a responsabilidade de non demorar as tramitacións dos proxectos e da súa execución “para que non se perda un só euro destes fondos”, insistiu, afirmando que o BNG “estará vixiante sobre a boa marcha dos investimentos”...máis

PLENO EXTRAORDINARIO
20:30 h
Orde do día:

Proposta de aprobación, se procede, dos investimentos a incluír no Fondo Estatal de Investimento Local creado por Real Decreto-Lei 9/2008, de 28 de novembro.
O QUE PROPUXO O BNG
DOCUMENTO APROBADO NO PLENO
Categoría: Plenos - Publicado o 16-01-2009 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
Moción sobre Palestina

O BNG presentará unha moción no pleno que terá lugar mañán xoves na la que proporá á corporación Local a condena a agresión militar sionista contra Gaza, reclamando o fin de calquera operación militar e do bloqueo criminal á que e estado israelí está a someter á franxa de Gaza.

Ao mesmo tempo, proporá que o concello de Cambre inste a Xunta de Galicia a que demande do goberno Español:

a)A suspender as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel.
b)A paralizar calquera cooperación militar co estado de Israel.
c)A instar o cumprimento das resolucións 242 e 338 da ONU, relativas á retirada israelí dos territorios ocupados e ao dereito do pobo de Palestina ao retorno e a súa Autodeterminación nacional.
d)A promover no marco das Nacións Unidas o envío inmediato dunha misión de observación e interposición que garanta o fin da agresión e do bloqueo contra a franxa de Gaza...máis

A perda da terra dos palestinianos, 1946 - 1999 [mapa]
Moción sobre Palestina
Categoría: Comunicados - Publicado o 08-01-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Pleno Ordinario 8 de Xaneiro de 2009
Sesión ordinaria do Pleno da Corporación, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:

1º Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 25 de setembro de 2008
2º Mocións
Moción sobre Palestina
3º Informes da Alcaldía
4º Rogos e preguntas
Categoría: Plenos - Publicado o 02-01-2009 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal