Alternativa Galega de Esquerda


O Concello de Cambre acaba de tramitar a cesión dun baixo municipal á asociación de persoas con discapacidade e familiares Arela.
O acto levouse a cabo despois de que a administración procedese a reformar o baixo en cuestión.

Cambre, 30 de marzo de 2011.-
A cesión do local municipal recoñece o labor da asociación de discapacitados Arela

O espazo está emprazado na rúa de Río Miño, na urbanización da Barcala. Trátase dun local onde os socios da entidade poderán desenvolver diferentes actividades e programas de atención de diversas modalidades, tanto físicas como sensoriais, como explican desde a administración local.


O goberno local fixo efectiva a cesión deste baixo logo de levar a cabo distintos traballos de acondicionamento, a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e Sustentabilidade Local.

Nun acto festivo, a dependencia foi entregada de xeito oficial onte ás sete da
tarde, nun acto inaugural ao que acudiu o concelleiro de Patrimonio, José Francisco Parcero e o primeiro tenente de alcalde, Xabier Iglesias. Ademais da representación municipal, tamén acudiron ao evento un bo número de socios da asociación Arela, que mostraron a súa gratitude cos concelleiros por esta actuación.





O local está dividido en dúas grandes zonas.

Nunha delas, sitúase un espazo habilitado para a realización de exercicios físicos, con distinto equipamento apropiado. A segunda das áreas está destinada a atencións médicas e prácticas de fisioterapia e logopedia.

A asociación Arela promove diferentes accións de integración social para este colectivo coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida. A entidade, que desenvolve os seus traballos no municipio, solicitou ao Concello un local para establecerse e mellorar as súas condicións e servizos.

Un reto que foi aceptado “de bo agrado” polo goberno local, coa finalidade de apoiar uns programas “moi necesarios para as persoas con discapacidade”, tal e como sinalaron os concelleiros.

Fonte-www.elidealgallego.com


Categoría: IGUALDADE - Publicado o 30-03-2011 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido
id

foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos

Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis





© by Abertal