POR UNHA MAREA GALEGA


Os concelleiros e concelleiras nacionalistas de Cambre satisfeitos coa sentenza firme que condena a un militante do PP
Queda demostrado que o único acoso que houbo foi a unha concelleira nacionalista


Cambre, 26 de febreiro de 2011.-

Fontes do grupo de concelleiros nacionalistas de Cambre manifestaron hoxe a súa satisfacción unha vez que o Xulgado de Instrución nº 5 da Coruña fixo ‘firme’ e inapelábel á Sentenza de 15 de xaneiro de 2009 do Xulgado de Cambre que condenaba a un militante do PP de Cambre por inxurias á súa compañeira de corporación e concelleira nacionalista Sindi Becerra. Informaron que ademais da confirmación da Sentenza o Xulgado imponlle as ‘costas’ do xuízo ao condenado.

Para os nacionalistas de Cambre remata así un longo proceso que arranca hai xusto catro anos, cando nos prolegómenos da compaña das eleccións municipais de 2007 levantouse unha ‘terríbel campaña’ de desprestixio e difamación persoal e política contra unha persoa e todo un grupo con fins claramente partidistas e vexatorios.

O actual Primeiro Tenente de Alcalde de Cambre, Xabier Iglesias, trouxo á memoria aqueles feitos que tentaron condicionar os resultados dunhas eleccións e lembrou que foi precisamente nos últimos días de campaña de maio de 2007 e, mesmo, na xornada de reflexión cando se lles deu maior eco nos medios de comunicación.



A concelleira nacionalista sindi Becerra, no centro, dirixíndose á xente durante a celebración do Día da Árbore o pasado ano.

Naquel momento, lembrou, a utilización por parte do PP foi absolutamente miserenta o mesmo que nos días posteriores cando intentaron condicionar a formación do novo goberno aproveitando unhas acusacións falsas. Os nacionalistas cambreses afirmaron que o PP está obrigado a desculparse publicamente e a tomar medidas e censurar ao militante condenado. Dixeron que resultaba patético ver como esta persoa é un dos acompañantes habituais do candidato popular á alcaldía de Cambre, tal e como se puido observar no último Pleno da corporación o pasado xoves, cando xa coñecían a sentenza, en referencia a que foi precisamente un concelleiro Popular, Felipe Andreu, o avogado defensor dese militante.

Confesaron a súa felicidade e satisfacción porque se fixera Xustiza e, sobre todo, porque quedara definitivamente sentada a verdade sobre este caso. ‘Queda demostrado que nin houbo acoso laboral e nin tan sequera denuncia presentada’, afirmaron. No mesmo sentido indicaron que só resta saber a que intereses obedecía esa funcionaria cando se dedicou a propagar a difamación, posto que a utilización política do PP e o silenzos elocuentes e cómplices doutros quedaron en evidencia.

Estudarán accións legais contra os que orixinaron e propagaron estas difamacións

Iglesias comentou tamén que este asunto foi utilizado na ‘guerra sucia’ interna que lles fixeron sectores da organización onde militaban, os mesmos que agora teñen o control do BNG e que chegaron a recorrer a este asunto con escritos e debates internos con total deslealdade e mala fe.
Afirmaron que agardaban esta sentenza condenatoria e esclarecedora e que agora, restituída a verdade e posto cada un no seu sitio, estudarán a posibilidade de exercer accións legais contra as persoas que deron orixe ás inxurias que hoxe se demostran falsas.

Categoría: Novas - Publicado o 26-02-2011 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal