POR UNHA MAREA GALEGA


Pacto de goberno 2003/2007







O 25 de maio de 2003 os cidadáns e decidiron co seu voto que o goberno do Concello de Cambre se sustentase nunha maioría plural, ó non outorgar a maioría absoluta a ningunha das candidaturas concorrentes.

Esta vontade expresada polos cidadáns nas urnas esixe das forzas políticas de progreso un esforzo de diálogo e entendemento para respectar a vontade popular e contribuír responsablemente á estabilidade e a gobernabilidade da corporación , promovendo e impulsando unha maioría alternativa, ao Partido Popular, de orientación progresista.

Este sentido da responsabilidade institucional é o compromiso mutuo de impulsar desde o concello políticas positivas de mellora das condicións de vida dos seus cidadáns é o que anima ó PSdeG-PSOE e ó BNG a establecer as bases do presente acordo de gobernación.

COMPROMISOS PROGRAMÁTICOS

O PSdeG–PSOE e o BNG subscriben o presente acordo de gobernación, para a presente lexislatura comprometéndose a impulsar na acción municipal:

Un goberno cimentado na proximidade aos cidadáns e aos seus problemas, no compromiso inequívoco co noso país, con Galicia e os seus intereses, e tamén na solidariedade, na procura dun maior nivel de benestar e cohesión social, cun horizonte de igualdade cos territorios e os sectores sociais máis necesitados.

Un Concello forte para ofrecer un maior nivel de benestar. Comprometémonos a reclamar para o concello un modelo de financiamento capaz de garantir suficiencia e dinámica bastante para xestionar as súas competencias.

Un Concello que traballe pola mellora da calidade de vida dos cidadáns impulsando políticas activas de benestar social que garantan o acceso da poboación ás infraestructuras básicas, ós servicios educativos, sanitarios, sociais, culturais e deportivos, universais e de calidade. Un Concello que faga do acceso a unha vivenda digna un dereito real e efectivo para todos os seus cidadáns.

A garantía do goberno de coalición PSdeG-PSOE/BNG en Cambre leva consigo a responsabilidade da transformación política do concello. Valoramos o ámbito local como un espacio de privilexio para o compromiso cidadán e a participación social. Impulsaremos unha política de participación democrática, transparente e eficaz, fomentando a organización social e a participación popular na conformación da vontade política; xestionando a administración municipal con eficacia, axilidade e modernidade.

Un Concello comprometido coa vertebración política de Galicia e a promoción e potenciacións dos seus sinais de identidade colectivos. Potenciaremos o súo do galego en todas as actividades públicas e sociais, cumprindo rigorosamente coa lei de Normalización Lingüística e contribuiremos á difusión e posta en valor da cultura galega, ao coñecemento da nosa historia e a recuperación do noso patrimonio colectivo. Entendemos a nosa identidade cultural e lingüística como un factor de enriquecemento colectivo.

Un Concello comprometido co medio ambiente, co desenvolvemento rural e co equilibrio do territorio. Apostando por un modelo de crecemento sustentable respectuoso co medio e coas persoas.

Facer do concello un espacio máis habitable e solidario, incidir nunha transformación progresiva e sostida, dar resposta efectiva ás demandas dos veciños. Apostar pola posta en valor do noso patrimonio urbanístico e por unha planificación do espacio municipal no que as necesidades e o protagonismo das persoas estean por riba de calquera outra consideración.
Impulsar políticas de promoción económica e de fomento do emprego, que actúen como axentes dinamizadores do desenvolvemento socioeconómico.

E, para o desenvolvemento destes plantexamentos programáticos, ambas formacións DECLARAN:

1.O goberno basearase na corresponsabilidade efectiva, solidaria e leal de ambas as dúas forzas na acción de Goberno, así como na concepción de Goberno como órgano unitario.

2.Os acordos subscrito polo PSdeG-PSOE e o BNG fundaméntanse nunha concepción da relación entre ambas forzas como unha relación en pé de igualdade baseada no respecto á autonomía de cada organización.

3.O reparto das tarefas e responsabilidades nos distintos ámbitos institucionais estará en relación coa representatividade acadada por cada unha das forzas políticas acordantes.

4.As direccións locais do PSdeG–PSOE e BNG constitúense en garantes destes acordos en Cambre. Estabelecendo a tal fin unha comisión paritária de seguimento deste acordo, e que mediarán na interpretación do pacto e na solución de diverxéncias e/ou disfuncións.

É por esto que, na procura e defensa dos fins citados e en concordancia cos compromisos adquiridos, acadamos os seguintes ACORDOS:

1.Estimular a participación social na vida política e a democratización da sociedade.

2.Impulsar os valores éticos no exercicio da política.

3.Mellorar os indicadores sociais e as condicións de vida dos cidadáns e cidadás.

4.Conservar, protexer e poñer en valor os recursos naturais do noso Concello.

5.Fomentar a transparencia como principio de actuación en tódolos ámbitos da xestión municipal. Este principio será de aplicación:
a.Transparencia na provisión de postos de traballo.
b.Transparencia na concesión de subvencións.
c.Transparencia na contratación de servicios e suministros.

6.Impulsar o desenvolvemento económico e o fomento do emprego.

7.Impulsar e comprometerse nas políticcas metropolitanas.

8.Fomentar a participación dos cidadáns na vida política, social e cultural.

9.Promover a cultura e a identidade propias de Galicia, con especial énfase nas políticas de normalización lingüística.

ACORDOS ORGANIZATIVOS

Presidencia.

A Alcaldia será ostentada polo PsdeG-PsPSOE

Comisión de Goberno.

A Comisión de Goberno estará formada polo Alcalde-Presidente, e cinco concelleiros, dos que tres serán do PSdeG-PSOE e dous do BNG.
Tenencias de alcaldia que corresponderán ao PsdeG-PSOE a 1ª, 3ª,4ª
Tenencias de alcaldia que corresponderán ao BNG a 2ª e a 5ª.

A Comisión de goberno ostentará, por delegación, as competencias da alcaldia, excepto aquelas delegadas nos concelleiros responsábles de área e as propias atribuidas por lei o alcalde.
Comisións informativas permanentes e especiais
Constituiránse catro comisións informativas permanentes máis a Comisión especial de contas.

Todas elas manteran unha composición equilibrada, segun a proporción resultante das eleccións, que é a seguinte: tres membros do PsdeG-PSOE, dous membros do BNG e dous membros do PP.

A presidéncia e competéncias das comisións é como sigue:

COMISIÓN INFORMATIVA DE PARTICIPACIÓN E COMUNICACIÓN- DEPORTES E XUVENTUDE.......PsdeG-PSOE.
COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO- FACENDA- REXIME INTERIOR ...............PsdeG-PSOE
COMISIÓN INFORMATIVA DE INFRAESTRUTURAS-SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL E TRANSPORTES......PsdeG-PSOE
COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA-DESENVOLVIMENTO LOCAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA- FORMACIÓN E EMPREGO- SERVICIOS SOCIAIS-MULLER-SANIDADE-EDUCACIÓN..........BNG.
COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS. Igual que a de facenda.

Áreas de Goberno.

Para a xestión e funcionamento da administración local propoñemos a sua división en tres grandes áreas de xestión, baixo a dirección dun teniente de alcalde coa capacidade de xestión, dirección e sinatura para actos administrativos, tal como comtempla os artigos 48 e 52 c) do ROM.

Dependeran de Alcaldía as concejalías de Participación Ciudada, Comuncación Social, Xuventude e Deportes.

1.Urbanismo e medioambiente, Facenda, Réxime interior, Patrimonio e Contratación, dirixida por D.Andrés López Arcay (PsdeG-PSOE)

2.Infraestruturas, Seguridade cidadá e protección civil, transportes, dirixida por D. Augusto Rey Moreno (PsdeG-PSOE)

3.Cultura, Desenvolvimento local-promoción económica-formación e emprego, servicios sociais, sanidade, educación, muller, dirixida por D. Xabier Iglesias Oviedo (BNG).

Estas Areas de Goberno estarán dotadas de medios persoais e orzamentarios para o desenvolvemento da súa xestión. Dentro deste acordo está tamén o compromiso da dotación da plantilla de persoal vacante nas respeitivas áreas.

Na preparación do Orzamento xeral do Concello para o ano 2004, a partir de setembro, debaterase e definirase a dotación económica das distintas áreas en función dos obxectivos políticos programáticos do goberno municipal.
Dotación de médios de xestión.

Observando princípios de moderación e austeridade no gasto, xunto coa necesária racionalidade nos médios do goberno para xestionar os intereses públicos acórdase:

1-Conxelar o importe das retribucións que en concepto de dedicacións (total ou parcial) ou de indemnizacións por asisténcia efectiva a órganos colexiados estaban vixentes até o momento no orzamento.
2-As dedicacións exclusivas estarán asumidas polo Alcalde máis os tres concelleiros responsábeis de área.
3-Cada área de xestión poderá, asi mesmo contar cunha média dedicación.
4-Cada área de xestión poderá contratar tamén unha persoa eventual de gabinete.
5-Continuará vixente a Xunta de Coordenación como órgano municipal formado polos componentes dos dous grupos políticos asinantes, con reunións periódicas, para o debate e coordenación das políticas municipais.

Cambre, a 26 de Junio de 2003.
Comentario (1) - Categoría: MUNICIPAIS 2007 - Publicado o 31-01-2007 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario de (30-06-2007 23:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal