POR UNHA MAREA GALEGA


Comunicados
O BNG de Cambre manifesta o seu apoio á manifestación do vindeiro sábado contra o trazado do AVE proposto por Fomento

Apostan por un sistema ferroviario galego



O BNG de Cambre informou hoxe que apoian a convocatoria de manifestación do vindeiro sábado, día 23, diante do Concello de Cambre, convocada pola Asociación de afectados AVE-Trazado Coruña-Betanzos.

Desde o BNG Cambres quérese animar á poboación de Cambre e do contorno metropolitano a mobilizárense en defensa dun territorio que se vería afectado en valores paisaxísticos e patrimoniais senlleiros e irremplazábeis.

Recordaron os nacionalistas que ademais da agresividade do proxecto co patrimonio territorial e medioambiental, a proposta leva aparellada o desmantelamento da vía do ferrocarril entre As Xubias e Guísamo, desaparecendo toda posibilidade de convertela en sustento do ferrocarril de proximidade que esta comarca precisa con urxencia.

O portavoz nacionalista en Cambre, Xabier Iglesias, denunciou o silencio do Ministerio de Fomento, a punto de se cumprir o ano da presentación de miles de alegacións ao trazado proposto. “Non é de recibo que non se dea ningún tipo de resposta e, que se manteña a tantos afectados na máis completa incertidume”.

Iglesias afirmou que é momento de manterse firmes na defensa do trazado actual do ferrocarril para que serva na posta en marcha dunha auténtico servizo de proximidade e, insistiu na coherencia da proposta dos nacionalistas na Coruña, referíndose ao uso de San Diego como estación intermodal do sistema de transporte metropolitano demandado.

A próxima cita electoral será determinante, segundo explicaron as mesmas fontes nacionalistas, por canto a próxima cámara de deputados será quen determine a transferencia a Galiza das competencias ferroviarias en proximidade que, posibilitarían a creación dunha empresa galega de camiños de ferro, como xa existen hai anos en outros territorios. O peso de Galiza e a súa capacidade de negociación das políticas de Estado será fundamental para sacar adiante estes proxectos e impedir a agresión proxectada, dixeron.


Gabinete de comunicación do BNG de Cambre, 22 de febreiro de 2008
Comentario (0) - Categoría: AVE - Publicado o 26-01-2007 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
E-Mail: Non aparecerá publicado
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal