POR UNHA MAREA GALEGA


Cambre dentro da Rede Galega de Escolas Infantís
Co novo ano bota a andar a Rede Galega de Escolas Infantís

BASES XERAIS CONVOCATORIA PRAZAS PERSOAL LABORAL TEMPORAL


O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar estrea no 2007 a Rede Galega de Escolas Infantís, un dos seus proxectos fundamentais para o primeiro ano de traballo da entidade. A rede de galescolas bota a andar con seis centros na provincia da Coruña, dous en Lugo, sete en Pontevedra e catro en Ourense, polo que nun período breve de tempo se iniciará o proceso de selección de persoal e se abrirá a matrícula para os nenos e nenas.

Nunha primeira fase está previsto que se abran un total de 16 galescolas e se deixen 7 para abrir durante o segundo trimestre do ano. O número de prazas que se ofertan superan as 600 e créanse máis dun cento de postos de traballo.

Boiro, Cambre, Ortigueira, Rianxo e Fene son as localidades coruñesas que van contar con galescolas neste primeiro trimestre, igual que Pantón e Taboada en Lugo; Cerdedo, Vilaboa, Covelo, Crecente e Oia en Pontevedra; e Entrimo, Vilariño de Conso e A Rúa, na provincia de Ourense. No segundo trimestre é a quenda das galescolas de Poio, Vila de Cruces, Vigo e Moraña (Pontevedra); Toén e Vilamarín (Ourense); e Ponteceso.

Un total de 23 centros que ofertan, no seu conxunto, máis de 600 prazas e dan lugar a máis dun cento de postos de traballo e que botan a andar en dúas quendas. Unha primeira durante o primeiro trimestre do ano e unha segunda que abrangue o segundo trimestre.

Escolas de apertura no primeiro trimestre

* Boiro: Seis unidades, 94 prazas, comedor e cociña.
* Cambre: Seis unidades, 82 prazas, comedor e cociña.
* Ortigueira: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Rianxo: Cinco unidades, 74 prazas, comedor e cociña.
* Fene: Catro unidades, 61 prazas, comedor e cociña.
* Portas: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Pantón: Unitaria (dúas aulas), 20 prazas.
* Cerdedo: PAI en funcionamento.
* Vilaboa: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Covelo: Unitaria (dúas aulas), 40 prazas.
* Crecente: Unitaria, 20 prazas.
* Oia: Unitaria (dúas aulas), 40 prazas.
* Taboada: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Entrimo: Unitaria, 20 prazas.
* Vilariño de Conso: Unitaria, 20 prazas.
* A Rúa: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.


Escolas de apertura no segundo trimestre do ano

* Poio: Seis unidades, 74 prazas, comedor e cociña.
* Vigo
* Toén: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Ponteceso
* Moraña: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña. Convenio de equipamentos
* Vilamarín: Tres unidades, 41 prazas, comedor e cociña.
* Vila de Cruces

Que son?

As Galescolas son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.

As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, superador do concepto de garda e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran as encargadas da tarefa.

********************************************************************

'En defensa do mandilón', un artigo de Manuel Bragado

Este artigo viu a luz por vez primeira en Xornal.com



Galescolas
Área Igualdade
Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Categoría: GALESCOLA - Publicado o 26-01-2007 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal