POR UNHA MAREA GALEGA


O Concello completa o pintado da sinalización horizontal nos cruces das parroquias de Pravio e Cela


id
Cambre, 22 de setembro de 20009.-

O Concello de Cambre executou entre o día de onte e o de hoxe o pintado dos sinais horizontais nas interseccións da rede viaria das parroquia de Pravio e Cela que así o requirían segundo a Policía Local. A brigada municipal completou deste xeito o acondicionamento dos cruces situados nestas parroquias, como informa o concelleiro responsable de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Xabier Iglesias. A instalación da sinalización vertical xa se acometeu no pasado mes de xuño.

No verán, os operarios tiveron que interromper os seus traballos debido á necesidade de emprender distintas melloras e reparacións nos centros de ensino do municipio, ante o comezo do curso escolar. Á súa vez foi necesario agardar a unhas condicións meteorolóxicas adecuadas, polo que se pospuxeron os traballos ata esta semana.

En total, foron 12 as interseccións que, en función de informe elaborado pola Policía Local, necesitaban de sinalización horizontal para avisar de forma correcta aos usuarios da vía. O resto, ou ben xa dispuñan dunha sinalización óptima ou ben só requirían da instalación de sinais de tipo vertical.
Agora, tan só resta por pintar algún cruzamento que se atopa en obras, polo que até que finalicen non resultará posible efectuar o pintado. É o caso, apunta o primeiro tenente de alcalde, de zonas onde levan a cabo traballos de canalización de abastecemento de auga e saneamento que obrigaron a abrir gabias na calzada.

Coa actuación, mellorarase sensiblemente a seguridade viaria tanto para os condutores como para os peóns.




Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Non somos un pobo durmido

ididididid

id id













mareadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS
 Anteriores
 Fotos





© by Abertal